BACK TO SCHOOL year 5 - INFANTS copia
rosafersa
Created on August 31, 2020
Over 30 million people build interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
AC/DC
Presentation
ENGLISH IRREGULAR VERBS
Presentation
ALL THE THINGS
Presentation
SANTIAGOVR_EN
Presentation
WWII TIMELINE WITH REVIEW
Presentation
BLENDED LEARNING
Presentation
TAKING A DEEPER DIVE
Presentation
Transcript
year 5 - INFANTS
ENGLISH
BLOG DE AULA
CONTACTO
RUTINAS
AVALIACIÓN
CASA
INTRODUCIÓN
METODOLOXÍA
RECURSOS
ÍNDICE
Estableceremos unhas rutinas e un ambiente acolledor e divertido, de xeito que os nenos/as se sintan cómodos, contentos e seguros na aula, buscando un vínculo afectivo con eles/as.
Teremos 2 sesións semanais de inglés, de 25 minutos cada unha, nas que traballaremos a comprensión e expresión oral a través do xogo e de temas cercanos ao voso fillo/a.
Na etapa de educación Infantil realízase unha primeira aproximación á lingua inglesa cun enfoque globalizador e por competencias. Despois dun ano de cole, o voso fillo/a xa está familiarizado coa nova lingua, co seu ritmo e entoación: xa entende pequenas frases, segue historias breves e pode responder con expresións sinxelas. Así, este curso potenciaremos e melloraremos esas destrezas.
Back to School
INTRODUCIÓN
A clase divídese en 2 partes:
HANDS-ON TIME
CIRCLE TIME
RUTINAS
1.- Rutinas diarias: saudámonos, contámonos, vemos o tempo que vai, expresamos como nos sentimos... 2.- Tema: presentación do tema a través dun problema que nos conta Cookie. 3.- Repaso: sempre repasamos o aprendido anteriormente.
1.- Actividades: realizamos distintas tarefas para reforzar o aprendido (exercicios no encerado dixital, cancións, xogos, dramatizacións, concursos...). 2.- Recapitulación: vídeo final para incidir no traballado na clase.
COOKIE
- A clase desenvolverase maioritariamente en inglés, de xeito que o neno/a se atope inmerso nun ambiente de apego seguro que se desenvolve nese idioma de forma natural. - Non utilizaremos libro de texto: o xogo é a mellor maneira de que os nenos/as aprendan sen decatarse e, asemade, disfruten e se sintan cómodos nun novo idioma, practiquen as súas primeiras palabras e vaian asimilando vocabulario e expresións básicas. - Empregaremos multitude de materiais e recursos diferentes coa axuda da nosa mascota de aula: Cookie the Cat, un gato que só fala inglés. - Traballaremos por competencias, con actividades motivadoras e cercanas aos nenos/as, e cun enfoque globalizador, polo que estableceremos unha coordinación constante co titor/a.
METODOLOXÍA
- A avaliación será global, continua e formativa, e valorará o nivel de desenvolvemento das aprendizaxes dos alumnos/as de xeito cualitativo. - Utilizaremos instrumentos de avaliación variados e adaptados ás necesidades do alumnado, baseándonos principalmente na observación directa e sistemática. - Realizaremos unha avaliación inicial para detectar posibles carencias e necesidades, coa fin de implementar medidas de atención á diversidade.
AVALIACIÓN
BLUE SCHOOL:http://blueschoolinenglish.blogspot.com
BLOG
BLUE SCHOOL
BLOG DE AULA
No blog de aula publicaremos regularmente o que traballamos cada día na clase, así poderedes seguir o que o voso fillo/a está aprendendo en todo momento. Ademáis atoparedes material de reforzo e ampliación: vídeos, xogos online, cancións, ligazóns a páxinas web, historias... Só tedes que premer na pestana correspondente: 4-YEAR-OLDS.
RECURSOS
RECURSOS
- Preguntade ao voso fillo/a polas actividades da clase. - Pedídelle que vos diga as palabras e cancións novas. - Poñédeo en contacto co inglés o máximo posible, pero SEN FORZALO: TV en inglés, cancións, contos, teatro, páxinas web, actividades extraescolares... - Contactade co centro para seguir o seu progreso.
COMO PODEDES COLABORAR
CASA
a través do titor/a
Abalar
CONTACTO
CONTACTO