Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
PROTOCOLO COVID-19
NATALIA LONGO
Created on August 24, 2020
Resumo da adaptación do protocolo Covid ao CEIP P "Condesa de Fenosa"
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Animated Chalkboard Presentation
View
Genial Storytale Presentation
View
Blackboard Presentation
View
Psychedelic Presentation
View
Chalkboard Presentation
View
Witchcraft Presentation
View
Sketchbook Presentation
Transcript
Protocolocovid-19
CEIP PLURILINGÜE CONDESA DE FENOSA
IDEA ORIXINAL @CRISTI_JP DEL CEIP ANTONIO GALA (El Cuervo de Sevilla) ADAPTADO por CEIP P Condesa de Fenosa
O Barco de Valdeorras
reutilizar
ÍNDICE
ASEOS ALUMNADO
HIXIENE RESPIRATORIA
INFORMACIÓN SOBRE MEDIDAS XERAIS BÁSICAS
USO DE AULAS. GRUPOS ESTABLES DE CONVIVENCIA
RECREO
PROTOCOLO DE ENTRADAS E SAÍDAS
MATERIAIS DE USO COMÚN E INDIVIDUAL
DISTANCIA SOCIAL. USO DE MÁSCARAS
USOS DOUTROS ESPAZOS
ENFERMIDADE
DESPRAZAMENTOS POLO CENTRO
HIXIENE DE MANS
INFORMACIÓN SOBRE MEDIDAS XERAIS
1º.- Lavar frecuentemente as mans (Cando menos cinco veces ao día)
2º.-Cubrirse o nariz e a boca cun pano ao tusir e esbirrar. Se non se dispón de pano, utilizar o cóbado para non contaminar as mans.
3º.-Despois de soarse, tirar o pano ao lixo e desinfectar as mans.
4º.- Evitar tocarse os ollos, o nariz e a boca coas mans.
5º.- Manter o distanciamiento físico.
6º.- Usar a máscara de protección (Obrigatorio para o alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria e recomendábel para Educación Infantil.
CANCIÓN CON NORMAS PARA FACER FRONTE AO CORONAVIRUS
COMIC COVID -19 AO SAÍR DA CASA
PROTOCOLO DE ENTRADAS e SAíDAS
Temos tres entradas ao centro.
Esta é a que empregará o alumnado de Ensino Infantil non transportado para acceder e saír ao centro.
PORTA Rúa DAS AREAS
Entrada Infantil
PORTA DA RÚA coruña
Esta Porta será a que empregue o alumnado de 5º e 6º de primaria para acceder ao patio e dirixirse en fila ao pavillón.
Entrada Primaria
3 PORTAS DA RÚA cALABAGUEIROS
Estas portas serán as empregadas polo alumnado transportado (cancela amarela) e o alumnado de 1º e 2º de primaria (porta pavillón) e máis o de 3º e 4º de primaria (porta peonil).
ONDE FACEMOS A FILA PARA ENTRAR AO COLEXIO?
Alumnado de Primaria
O alumnado de Primaria entrará por Quendas, a Quenda A estará composta por todo o alumnado dos grupos A, e a Quenda B polo alumnado dos grupos B. A Quenda A entrará co primeiro timbre (9:15 h) na porta que lle corresponda e se dirixirá á súa zona do pavillón, respectando nas filas a distancia de seguridade. A Quenda B entrará co segundo timbre (9:30h) e do mesmo xeito se dirixirá ao pavillón facendo as filas na zona asignada ao seu curso.
ONDE FACEMOS A FILA PARA ENTRAR NO COLEXIO?
Alumnado de Infantil
A entrada farase por Quendas, a Quenda A co alumnado dos grupos A e a Quenda B co alumnado dos grupos B. A Quenda A entrará co primeiro timbre (9:15 h) e farán as filas nos lugares habituais respectando a distancia de seguridade. A Quenda B entrará co segundo timbre (9:30 h), unha vez que entre no centro a primeira quenda, e farán as filas nos lugares habituais respectando, así mesmo, a distancia de seguridade. As nais e pais non poderán entrar no recinto escolar neste espazo de tempo.
SAÍDAS DO CENTRO PRIMARIA
14:50 15:00
quenda A 14:50
quenda B 15:00
O profesorado que imparta na última hora acompañará ao alumnado á saída na hora indicada á súa quenda. Cómpre a maior puntualidade para recollelos.
As familias de 1º a 4º de primaria esperarán na beirarrúa do Martaguisela ata que saia o seu curso. Unha vez recollido @ nen@ non se quedarán facendo faladoiros senón que deixaremos a zona libre para a saída dos cursos restantes.
SAÍDAS DO CENTRO INFANTIL
quenda B 15:00
quenda A 14:50
14:50 15:00
@s alumn@s sairán en filas e serán entregados ás familias polo profesorado. Cómpre a maior puntualidade.
As familias esperarán na beirarrúa ao outro lado do paso de peóns ata que saia o seu curso. Unha vez recollido @ nen@ non se quedarán facendo faladoiros senón que deixaremos a zona libre para a saída dos cursos restantes
DISTANCIA SOCIAL. USO DE MÁSCARA
DISTANCIA SOCIAL
Se queres ser unha superheroína ou un superheroe, cumpre as normas
Dentro dos GRUPOS DE CONVIVENCIA @s alumn@s poderán xogar e socializar entre eles sen necesidade de garantir a distancia de seguridade.
Non se relacionarán co@s nen@s doutros grupos, cos que manterán unha distancia de seguridade de 1,5m.
USO DE MáSCArAS
Como usar a mascarilla de xeito seguro
o alumnado usará máscaras hixiénicas no acceso e saída do centro, no transporte, nos desprazamentos polo centro e en calquera espazo pechado e ao ar libre.
O Uso da máscara é obrigado para todo o alumnado de ensino primario e recomendábel para o alumnado de infantil.
A máscara terá que estar ben colocada, cubrindo boca e nariz. Non se deben reutilizar máscaras dun só uso. A limpeza de mans é necesaria para que a Máscara sexa efectiva
Haberá que ter unha máscara de reposto GARDAda nun sobre ou bolsa de tea ou papel identificada co seu nome.
HIXIENE DE MANS
LAVA AS MANS!
É imprescindible para evitar o contaxio.
Como se lavan as mans?
Cando lavar as mans?
HIXIENE RESPIRATORIA
OLLO Ao tUsIr ou ao esbirrar!
Ver
Ao tusir ou esbirrar hai que cubrir a boca e o nariz cun pano desbotable e tiralo á papeleira de restos Se non tes pano, emprega a parte interna do cóbado para no contaminar as mans e evitar posibles contaxios.
USO DE AULAS.GRUPOS estables de CONVIVENCIA
GRUPOS estables DE CONVIVENCIA
@s alumn@s de cada grupo estable de convivencia poderán relacionarse entre eles/as, socializar e xogar sen ter que garantir necesariamente a distancia de seguridade.
2º
2º
6º
6º
USO DE AULAS
Os grupos estables de convivencia utilizarán a súa aula de referencia para realizar a actividade lectiva. No caso de ter que acudir a outra aula, farano en filas, respectando as medidas de seguridade, circulando pola dereita e seguindo o sentido de circulación marcado. Nos tempos de recreo estarán na zona asignada ao seu grupo sen relacionarse cos outros grupos.
Permanececen na súa aula.
Supervisan os desprazamentos cando sexan imprescindibles.
GRUPOS estables DE CONVIVENCIA
Os grupos estables de convivencia non se relacionarán cos outros grupos do centro e cando isto suceda terán que cumprirse as medidas de seguridade.
3º
2º
2º
1º
1º
4º
USO DE AULAS
A distribución do alumnado será:
- Individual mirando cara á pizarra.
- Coa maior distancia de seguridade que permita o recinto,
- Cada alumn@ terá un pupitre e unha cadeira asiganados, que poden indentificarse co seu nome. Non se permitirán cambios de sitio.
- Limitaranse ao máximo os desprazamentos na aula e só se realizarán os que sexan estritamente necesarios.
- Ao rematar a xornada escolar, as mesas e cadeiras quedarán recollidas para facilitar a limpeza das mesmas.
USO DoUTROS ESPAZOS
COMEDOR
Manterase a distancia de seguridade recomendada entre os usuarios de comedor, salvo entre os integrantes do grupo estable de convivencia. Cada nen@ manterá un sitio fixo durante todo o curso. Evitarase sentar ao alumnado fronte por fronte a outr@s nen@s.
BIBLIOTECA
- Este espazo empregarase nos recreos por quendas dos grupos estables de convivencia de 2ºa 6º.
- As clases disporán dunha hora semanal para investigación e empréstamo.
- Todas as clases disporán dunha biblioteca de aula con libros adaptados ás súas necesidades.
- En infantil e primeiro de primaria o alumnado disporá de Dinochilas de luns a venres para ler na casa.
- Os libros devoltos pasarán unha corentena para a súa desinfección.
DESPrAZAMENTOS POlo CENTRO
A circulación realizarase polas zonas habilitadas. En todos os andares imos atopar sinais nas escaleiras, corredores e paredes, que indicarán por onde hai que circular e lembrarán a necesidade de manter a distancia de seguridade
O alumnado nunca se desprazará solo polo centro, agás para ir ao servizo. No resto de desprazamentos sempre irá acompañado dun mestre/a.
Para saír e volver do RECREO, os grupos de convivencia irán en fila e gardando a distancia de seguridade. Cada grupo terá asignado un espazo no patio do que non poderá saír para evitar a interacción con outros grupos.
Na súa zona de recreo o alumnado poderase mover libremente, gardando sempre as medidas xerais de seguridade para evitar posibles contaxios. Os grupos A e B terá quendas diferenciadas para o seu recreo.
ASEOS alumnado
uso dos baños
Utilizarase o baño que a aula teña asignado.Na entrada haberá un cartel cos cursos que o poden usar
Unicamente pode ir un só alumn@ por clase ao servizo ao mesmo tempo.
uso dos baños
Lembra tirar da cisterna ao rematar, pero OLLO! sempre coa tapa do váter baixada.
Hai que desinfectar as mans antes de ir ao baño e lavalas correctamente ao rematar .
RECREOS
ONDE SERÁ O RECREO?
Zona 4
No periodo establecido para o recreo, cada un dos grupos de convivencia da quenda A desprazarase co profesorado á zona que teñen asignada. Alí poderanse mover libremente pero mantendo as medidas de seguridade para evitar contaxios. Para a volta á clase tamén se formarán filas que se dirixirán as clases polas zonas sinaladas, mentres o alumnado da quenda B estará simultaneamente saíndo polas zonas determinadas ao efecto.
Zona 5
Zona 4
Zona 2
Zona 1
Zona 3
Zona 6
Zona 7
Zona 8
COMO SERÁ O RECREO?
- É obrigatorio o uso de máscara en todo momento para o alumnado de primaria, e para infantil nos tempos de espera, filas e desprazamentos ás zonas de recreo.
- Nos recreos cada grupo de convivencia ten asignada unha zona e non se relacionará co resto do alumnado.
- Cando chova o alumnado permanecerá na aula
USO DO WC NO RECREO
Ao ser os servizos do recreo de uso común, teremos que ir ao baño antes de baixar ao recreo e ao subir do mesmo. Os aseos comúns usaranse unicamente en casos excepcionais e sempre baixo supervisión.
MATERIAIS DE USO COMÚN E INDIVIDUAL
No presente curso todo o material que teña que utilizar o alumnado será de uso individual e atoparase identificado co seu nome.
María
María
Non poderá compartirse e cada alumn@ utilizará o seu propio estoxo e mochila para gardalo.
O profesorado pode prestar algún material cando un alumn@ o esqueza, procedendo á desinfección do mesmo antes e despois do seu uso. Informarase ás familias para que o repoñan .
Con respecto aos libros da biblioteca de aula, asignarase un libro a cada alumn@ e cando o teña rematado terá que pasar un período de corentena antes de o asignarllo a outr@ compañeir@.
Os materiais comúns da aula, como proxectores, pizarras, PDI, ordenadores... só serán manipulados baixo supervisión do mestre e tras ser desinfectados.Os rotuladores da pizarra serán individuais.Tanto as TABLETS como os ULTRAPORTÁTILES serán de uso exclusivo do alumnado dun aula. Empregaranse de xeito individual. O profesorado será o encargado da entrega destes recursos e da desinfección correcta dos mesmos.
Primaria
ENFERMIDADE
Antes de saír da casa farase unha "enquisa de síntomas" para comprobar que non temos ningún compatible coa COVID-19, ou tomarase a temperatura dos neno@s. Deberán detectar e avisar ao colexio se @s nen@s presentan síntomas e evitarán que acudan ao centro neses casos.
No colexio poderán facerse controis da temperatura. O alumnado debe avisar ao profesorado cando se atope mal.