Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

PROTOCOLO ALUMNADO EOIVGA

mgp.eoivga

Created on August 17, 2020

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoivilagarcia/?q=node/548

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

End of the Year Wrap Up

Christmas Promotion Video

Santa’s Sleigh Christmas video

Happy Holidays Video

Elves Christmas video

HALLOWEEN VIDEO MOBILE

Halloween Illustrated Video

Transcript

Protocolo de Medidas Hixiénico Sanitarias ALUMNADO

PROBAS de Certificación e Promoción convocatoria ordinaria XUÑO 2021

Segundo as medidas establecidas pola Xunta de Galicia

Protocolo de Adaptación ao Covid 19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021

MEDIDAS

1. Antes de acudir ó centro 2. Acceso ó centro 3. Protección colectiva 4. Protección individual 5. Probas escritas 6. Probas orais 7. Alumnado con necesidade específica de apoio educativo 8. Uso dos espazos comúns e aseos

1. Antes de acudir ó centro

Auto-enquisa do estado de saúde

Febre maior de 37,5ºC

Anexo I DO PROTOCOLO

Tose seca

Dificultade respiratoria

Diarrea

Non poderá vir ó centro se presenta unha temperatura de 37,5 ºC ou máis

OUTROS SÍNTOMAS:- Fatiga severa - Dor muscular - Falta de olfacto - Falta de gusto

1. ANTES DE ACUDIR Ó CENTRO

AUTO-ENQUISA DO ESTADO DE SAÚDE

Anexo I DO PROTOCOLO

NAS últimas 2 semanas

Tivo contacto ou conviviu con

Algunha persoa COVID-19 confirmado?

Algunha persoa en illamento por sospeita de infección pola COVID-19?

Deberá comprobar a súa aula de exame ou de agarda. Así mesmo, deberá ter en conta as horas de acceso graduado ás instalacións en función da aula para evitar aglomeracións innecesarias.

01

1. ANTES DE ACUDIR Ó CENTRO

Deberá vir provisto do material necesario para a realización das probas escritas, dado que non é recomendábel partillar material e o profesorado non partillará o seu.

02

03

Recoméndase que veña provisto de auga ou líquidos para beber dada a longa duración das probas escritas. Non se poderá abandonar a aula durante toda a proba, salvo caso de abandono.

2. ACCESO Ó CENTRO

Para asegurar o mantemento da distancia de seguridade nos accesos ás aulas, empregarase a escaleira norte, entrando á dereita, (xunto ao ascensor) para a subida ás aulas e a escaleira central para a baixada e saír do centro.

O tránsito de persoas no centro está claramente sinalizado para facilitar os desprazamentos: - Como norma xeral, mantéñase á dereita do espazo que está a empregar. - As marcas azuis identifican traxectos interiores no edificio. - As marcas laranxas identifican rutas de saída.

ACCESO Ó CENTRO DE FORMA GRADUAL para evitar na medida do posible as aglomeracións

2. ACCESO Ó CENTRO

Lembre a distribución de aulas:

baixo

primeiro andar

segundoandar

Aulas 01, 02 e 03 Salón de Actos Biblioteca Obradoiro da Biblioteca

Aulas 11, 12, 13, 14, 15 e 16

Aulas 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, e 27

2. ACCESO Ó CENTRO

chamamento graduado

Para as probas escritas, establecerase un chamamento graduado no hall exterior do acceso principal en función do andar no que realice o seu exame:Aulas no baixo: 09:55 e 15:55 Aulas no primeiro andar: 09:50 e 15:50 Aulas no segundo andar: 09:45 e 15:45 Para as probas orais, as persoas candidatas deberán acudir ós espazos de agarda indicados nas convocatorias.

*Teña en conta que estas medidas poderán ampliar os tempos totais das probas.

3. PROTECCIÓN COLECTIVA

1,5

DISTANCIA

MÁSCARA

XEL

ASCENSOR

VENTILACIÓN

PAPELEIRA

MÁSCARA

Tal e como se establece na Resolución do 17 de xullo de 2020, o uso da máscara é obrigatorio en todo momento. Polo tanto, o alumnado deberá vir ao centro provisto de máscara.

xel hidroalcólico

No acceso de cada andar e nas aulas están dispostos dispensadores de xel hidroalcólico, que permitirán realizar unha hixiene de mans adecuada.

distancia de seguridade

1,5

Establécese unha distancia mínima de seguridade de 1,5 metros nos espazos de atención ao público, nas probas orais e escritas, sempre que a capacidade da aula o permita. De non ser así, garantirase a distancia de seguridade indicada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional: un metro entre pupitres para probas escritas.

papeleiras

Deben empregarse as papeleiras con tapa para a xestión dos residuos de especial risco: panos desbotábeis, mascarillas, luvas.

ascensor

O emprego do ascensor está limitado aos casos xustificados e co límite de aforo indicado: un 50% da súa capacidade. Existirán carteis indicativos para lembrar o aforo.

ventilación

Reforzarase a limpeza do centro con ventilación de aulas durante a proba, se é posible, e nos descansos entre proba e proba

4. PROTECCIÓN INDIVIDUAL

Deberá acudir ao centro provisto dun documento de identificación persoal. Non poderán entrar no centro persoas alleas á proba, excepto os acompañantes do alumnado con necesidade específica de apoio educativo que o teña xustificado previamente. Asegúrese de chegar no tempo asignado á súa franxa horaria.

Deberá levar máscara que cubra dende o nariz ata o queixo.

Deberá manter a distancia de seguridade de 1,5 metros no acceso ao centro, respectando as vías de subida e baixada sinaladas.

Non se permitirá agardar no vestíbulo ou corredores do edificio: asegúrese de coñecer a súa aula de antemán.

Extreme as medidas de hixiene persoal durante a súa estadía no mesmo: tusa ou esbirre no cóbado, empregue panos desbotábeis e deposíteos nas papeleiras con tapa sinalizadas tras o seu uso.

Durante a proba, non poderá partillar material con outras persoas e non poderá saír da aula excepto en casos excepcionais.

Cando remate a proba, deberá saír ordenadamente do centro, seguindo as instrucións do persoal e mantendo sempre a distancia de seguridade. Poderá empregar os aseos, se o desexa.

5. PROBAS ESCRITAS

Chegue con antelación, nos horarios previstos para a súa aula asignada

A máscara deberá levarse en todo momento.

Non poderá saír da aula salvo abandono. Traia suficiente líquido para manterse hidratado/a.

Ao entrar na aula, desinfecte as mans

Durante os descansos poderá levantarse para realizar pequenos estiramentos ou exercicios posturais que non impliquen moverse do pupitre ou reducir a distancia interpersoal. En casos excepcionais, durante os descansos entre as distintas partes das probas, poderase saír ao baño co permiso do profesorado encargado ou coordinador da proba.

Sente no pupitre indicado, mantendo a orde establecida e poña o documento de identificación na esquina dereita.

wc

6. PROBAS ORAIS

Chegue con antelación, nos horarios previstos na convocatoria publicada na web. Comprobe o espazo de agarda.

A máscara deberá levarse en todo momento.

1,5

Durante os intervalos de espera, deberá manter a distancia de seguridade coas demais persoas candidatas, levando a máscara en todo momento

Ao entrar na aula, desinfecte as mans

Unha vez rematada a proba, as persoas candidatas deben abandonar o centro sen permanecer nos corredores, empregando as rutas de saída e escaleiras sinaladas para tal fin.

SAÍDA

Sente no pupitre indicado, mantendo a orde establecida e facilítelle ó documento de identidade ó profesorado

6. PROBAS ORAIS

7. ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O alumnado que teña unha adaptación para a realización das probas con auriculares deberá, na medida do posible, traer os seus propios auriculares da casa, coa finalidade de garantir unha máxima hixiene. Con todo, de non dispoñer de auriculares propios, a escola facilitaralle uns procurando unhas condicións de hixiene óptimas. Recoméndase desinfectar as mans despois da súa utilización. As persoas con mobilidade reducida poden empregar o ascensor, coa única restrición da capacidade deste.

8. USO DOS ESPAZOS COMÚNS E BAÑOS

wc

En casos excepcionais, durante os descansos entre as distintas partes das probas, poderase saír ao baño co permiso do profesorado encargado ou coordinador da proba. Serán desinfectados con frecuencia e os usuarios contribuirán á súa conservación en estado óptimo. Comprobe previamente na convocatoria publicada na web a aula ou espazo de agarda asignado para as probas, empregue a descrición de espazos máis arriba neste documento. Evite aglomeracións innecesarias no vestíbulo. Na circulación no interior do centro, sempre que o espazo dispoñible o permita, circule xunto á parede á dereita no sentido da marcha, deixando o lado esquerdo para o sentido contrario. Non se deberá circular en paralelo, senón en fila e mantendo unha distancia de 1,5 metros.

1,5

Protocolo de Medidas Hixiénico Sanitarias ALUMNADO

PROBAS de Certificación e Promociónconvocatoria ordinaria XUÑO 2021

consúlteo na nosa web

www.eoivga.org

986 56 64 40

eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal

@EOIVilagarcia

eoivilagarcia

GRACIAS