Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Programa CUALE 2023-2024
mlauralopezpe
Created on June 29, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Programa CUALE
ÍNDICE
Que é o CUALE?
O MCERL
As EEOOII
Características
Certificación
Modalidades CUALE
Comezo das clases
Preinscrición
Inscrición
Gracias
10
Cursos para a formación complementaria en Linguas Estranxeiras do alumnado.
- Gratuítos, dependen da Consellería de Educación.
- Os centros deben solicitalo cada curso escolar.
- A consellería autorizará a súa impartición considerando a demanda (nº de alumnado preinscrito) e a dispoñibilidade horaria do profesorado.
- O curso é impartido por profesorado con destino definitivo no centro.
O QUE NON É
O QUE É
- Clases particulares
- Clases de reforzo para aprobar ou mellorar a materia de Inglés na ESO ou no Bacharelato.
Preparar ao alumnado para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas, en consonancia co MCERL.
Marco Común Europeo de Referencia das Linguas
O MCER =
- É o documento elaborado polo Consello de Europa que unifica as directrices para a aprendizaxe e o ensino de linguas.
- É marco internacional de referencia para describir o dominio dun idioma, ampliamente aceptado en toda Europa e cada vez máis no resto do mundo.
- Recoñece 6 niveis de competencia...
As EEOOII =
Escolas Oficiais de Idiomas
O alumnado CUALE debe matricularse como candidato libre nunha Escola Oficial de Idiomas para certificar os niveis A2, B1 e B2. Son centros educativos públicos de recoñecido prestixio, dependentes da administración autonómica, que certifican oficialmente a competencia no uso efectivo nunha lingua. Os certificados otorgados polas EEOOII son os únicos con validez oficial en determinados trámites. Ademáis, na actualidade hai que acreditar un nivel B1 dunha lingua estranxeira para poder obter o título de grado en moitas universidades. Outras xa solicitan o nivel B2.
Modalidades CUALE
CUALE A2
O alumnado debe cumprir un destes requisitos:
- Estar matriculado en 4º ESO e ter superadas todas as materias de cursos anteriores
- Estar matriculado nun Ciclo Formativo de Grao Medio.
Modalidades CUALE
CUALE B1
O alumnado debe cumprir un destes requisitos:
- Estar matriculado en Bacharelato, 1º ou 2º
- Estar matriculado nun Ciclo Formativo de Grao Medio ou Superior
- Estar en posesión do certificado de Nivel A2 expedido polas EEOOII ou, se é o caso, outro certificado de Nivel A2 debidamente acreditado, segundo o que dispoña a Consellería de Educación.
Características
Durante o curso escolar, fóra do horario lectivo, en 3 sesións semanais agrupadas nunha tarde.O horario establecido é de 15:50 a 18:10
É voluntario e gratuito , para alumnado do propio centro e tamén doutros centros sostidos con fondos públicos.
O número de alumn@s para constituir os grupos será de entre 10 e 20.
Certificación do centro
Certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación de EEOOII.
Certificación do nivel de competencia
O alumnado debe matricularase como candidato libre na EOI nos niveis A2 e B1 ; o IES tramita a documentación. Ser alumnado CUALE dalle dereito a matrícula gratuíta e a 2 convocatorias de exame: ordinaria en xuño e extraordinaria en setembro. No caso de non ter avaliación positiva, o alumnado poderá matricularse na mesma modalidade por 2ª e última vez.
Preinscrición
ONDE: - na secretaría do centro, recolle o teu imopreso, cúbreo e entrégao alí mesmo.
- a través deste formulario
A preinscrición precísase para que a Consellería coñeza cal é o índice de demanda que ten cada modalidade de curso, e actuar en consecuencia, aprobando ou denegando a súa impartición.
Inscrición
ONDE: na secretaría do IES ou online
CANDO: previsiblemente na primeira quincena de setembro. De haber alumnado procedente doutros centros, deberán acompañar a súa solicitude dunha certificación expedida pola dirección do seu centro que acredite que está a cursar os estudos requiridos, ou a certificación do nivel de competencia lingüística necesaria para a modalidade correspondente.
Inicio das clases
OUTUBRO
Normativa: o centro deberá comunicar á Consellería a relación do alumnado por modalidade e idioma. Os servizos provinciais de inspección educativa velarán para que as modalidades impartidas cumpran o previsto, en especial a programación didáctica, o horario e duración dos cursos, así como a ratio mínima para a formación de grupos.
See you in class.
ESCRIBE UN TÍTULO AQUÍ
Escribe un subtítulo aquí