Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Xogos e xoguetes

profetamaraef

Created on June 16, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

CEP Sequelo

xogos e xoguetes

Realizado polas nenas e nenos do CEP Sequelo

ÍNDICE

Aro

Billarda

Bolas/canicas/guá

Carreira de sacos

Bolos celtas

Carrom

Chave

Ovo,pico,araña

Comba

ÍNDICE

Pita cega

12

Petanca

11

Palito

10

Raiola

15

Peletre

14

13

Pincho

16

Trompo

ARO.

Aitor Moreira Malvar 4ºB

O aro /chinco

Nº de xogadores: 1 a varios Materiais: Un aro. Unha orquilla.

Regulamento

O xogo consistía, tradicionalmente, en facer rodar, en equilibrio, un aro (que antiguamente se fabricaba a partir dun caldeiro vello, unha roda dunha bicicleta, ... aínda que hoxe en día, usamos máis os de diferentes plásticos e similares ). Para suxeitar o aro, podemos usar unha guía, que é un pao con forma de gancho na punta (inicialmente era un arame, pero foi substituido polos mesmos materiais que usamos hoxe en día para os aros). Cando acadamos a habilidade necesaria, podemos facer xogos e competicións varias de velocidade, habilidade, realizar circuitos, …

ÍNDICE

Billarda.

Iria Argibay Pidre 3º

Billarda/Estornela

Nº de xogadores: Mínimo 2. Materiais: Precisamos dous paus: O palán. A billarda (este terá puntas).

Regulamento

Os xogadores sitúanse na zona de saque, dende o que golpearán a billarda que estará colocada no chan. Golpearase a billarda nunha das súas puntas, para que dea un chimpo, cando estea situada no aire, golpearemola de novo co palán para lanzala o máis lonxe posible. Debemos chegar o varal no menor número de golpes posible. Gaña o xogador que chegue o varal con menos golpeos que o contrario/a.

ÍNDICE

Bolas/canicas/guá.

Mateo Barcala Díaz 4ºBPedro Castro 4ºBHugo Dalman Barcala 4ºAAitor Moreira Malvar 4ºB Estrella Jiménez Lagos 4ºB

Bolas, guá.

Estrella Jiménez Lagos 4ºB

Nº de xogadores: 3 ou 4 Materiais: Bolas

Bolas, canicas.

Pedro Castro Martínez 4ºB

Nº de xogadores: Varios. Materiais: Bolas ou canicas. (pequenas esferas de cristal ou barro)

Canicas, bolas.

Aitor Moreira Malvar 4ºB

Nº de xogadores: Mínimo 2 Materiais: Canicas ou bolas (son unha pequena esfera de vidrio ou barro).

Canicas

Mateo Barcala Díaz 4ºB

Nº de xogadores: Non ten límite. Materiais: Canicas. (son bolas redondas de cristal de varios tamaños e cores),

Guá, laberinto.

Hugo Dalmau Barcala 4ºA

Nº de xogadores: Máximo 6 xogadores/as. Materiais: Canicas de cristal

Guá

Facemos un burato no chan chamado “Guá", os xogadores/as colocaranse a un metro de distancia, deberán lanzar as súas canicas cos dedos polgar e índice, tratando de golpear as bolas dos demais xogadores 3 veces. Pódese golpear a canica de calquera adversario. 1º golpe “chiva”. 2º golpe “pé” (o xogador/a ten que poñer o seu pé entre a súa canica e a do adversario). 3º golpe “tute” para eliminar o xogador ten que tirar a “guá” e meter asúa bola dentrodo burato, gañando así a canica do contrario. Se non golpeas unha canica perdes quenda.

Pídese “pido pardo”cando cae entre obstáculos, como pedras, follas,…

ÍNDICE

Bolos celtas.

Miguel Cadilla Santaclara 4ºB

Bolos Celtas

Nº de xogadores: Dúas parellas ou Dous equipos de tres xogadores. Materiais: 18 bolos cónicos en liña. 1 bola. 2 placas de pedra.

Regulamento

O obxectivo do xogo é lanzar a bóla contra os bolos para derrubalos e ao mesmo tempo facer que a bóla e o maior número posible de bolos sobrepasen a liña de tanteo. Para puntuar, a bóla sempre deberá sobrepasar a liña de 10. Lánzase a pé parado desde a zona de lanzamento, caendo diante desta unha vez soltado a bóla. Cada bolo que pase a liña de tanteo valerá 10 tantos e o resto dos bolos caídos valerán un tanto cada un.

ÍNDICE

Carreira de sacos.

Pablo Torres 5ºA

Carreira de sacos

Nº de xogadores: Mínimo 2 xogadores. Materiais: Sacos. Cordas para establecer a saída e a meta.

Regulamento

Márcase nun rectángulo unha liña de saída e outra de chegada; a distancia será variable dependendo das idades dos participantes. Na liña de saída cada xogador métese de pé nun saco agarrándose coas dúas mans. Cando se indique o comezo do xogo, iniciarán unha carreira dando pulos ata chegaren á meta. Pódese facer o percorrido de ida e volta ou relevos entre varios corredores do mesmo equipo.

ÍNDICE

Carrom

Roberto Armada Aneiros 5ºB

Carrom

Nº de xogadores: Dous xogadores/as, sentados un fronte ao outro/a. Materiais: Un taboleiro cadardo con troneiras en cada esquina. 9 discos de madeira negros. 9 discos de madeira brancos. Un disco vermello. Un batedor.

Regulamento

No centro do taboleiro colócase o disco vermello, e ao redor deste iránse alternando as fichas brancas e negras. Antes de comezar debemos decidir quen realiza o primeiro lanzamento, este/a terá as fichas brancas. O batedor lánzase cun golpe de dedos e deberá realizarse o lanzamento dende as liñas vermellas. O obxectivo é meter as fichas da nosa cor nas troneiras. Se non metemos ningunha ficha perderemos a quenda.

ÍNDICE

Chave

Rubén Argibay Pidre 5ºB

Chave Asturiana

Nº de xogadores: 2 xogadores. Por parellas. Por grupos. Materiais: Chave: elemento a golpear que consiste nun ferro duns 75 centímetros de altura e tres aspas de 15, 10 e 6 centímetros. Pellos: discos de ferro que se lanzan contra a chave, teñen un diámetro de 6/8 centímetros e un peso entre 400 e 750 gramos.

Regulamento

O xogo consiste en golpear cos pellos na chave, sen tocar con anterioridade ningún outro lugar, é dicir, non se contan os rebotes. En cada turno os xogadores tiran 6 pellos, e gaña o xogo o xogador/a ou equipo, que despois de realizar 10 tiradas sumen máis puntos, Puntuacións: 15 puntos na aspa pequena. 10 puntos na aspa mediana. 5 puntos na aspa grande. 1 punto no eixe,

ÍNDICE

Comba

Iker Crespo Pesqueira 5ºA

Comba

Nº de xogadores: Mínimo tres xogadores/as. Materiais: Unha corda longa e algo pesada.

Regulamento

Para poder xogar, colócanse dous nenos/as en cada extremo da corda, facendo xirar en forma circular esta. Un neno/A salta dentro sen que a/o toque, mentras os/as que non están dentro cantan unha canción. Se lle toca a corda perde quenda. Existen moitas cancións como: "cocherito leré", "pasar a barca", "o abecedario",...

ÍNDICE

Ovo, pico, araña.

Carlota Martínez Cortegoso 4ºB

Ovo,pico,araña.

Nº de xogadores: Ilimitado. Materiais: Non precisamos materiais.

Regulamento

Divídense os/as xogadores/as en dous equipos. Un/unha dos xogadores/as dun dos equipos, colócase pegado a parede coas pernas abertas, un dos integrantes do equipo coloca a cabeza entre as súas pernas, e o resto do equipo fai o mesmo. O outro equipo, vai subíndose enriba deles, candotodo os membros do equipo están subidos sen caer, o que está máis preto do contrario/a apoiado na parede ten que facer un dos tres sinais: ovo (coa man pechada), pico (man aberta) ou araña (man aberta cos dedos abertos). Se o que está apoiado na parede acerta o xesto , gaña o seu equipo.

Se algún dos membros dun dos equipos cae, perde o seu grupo.

ÍNDICE

10

Palito.

Inara Cáceres Martín 2º

10

Palito

Nº de xogadores: De 4 a 20 xogadores/as. Materiais: Un pau por equipo.

10

Regulamento

Os membros de cada equipo colócanse en fila. A 4 metros do punto de saída cravase un pau. Cando se da o sinal, un/unha xogador/a de cada equipo, corre cara o pau, e sen dobrar os xeonllos debe tocar con un dedo o pau e realizar 5 voltas ao seu redor, para posteriormente saír correndo de novo cara o seu equipo. O segundo xogador/a para poder saír debe esperar a que o anterior lle choque a man. Gaña o equipo no que antes completen o recorrido todos/as os/as seus integrantes.

ÍNDICE

11

Petanca

Marcos Blanco Recaman 4ºB

11

Petanca

Nº de xogadores: Entre 4 e 8 xogadores/as. Materiais: Boliche, bola de madeira ou material sintético, Bolas de petanca: son metálicas con un diámetro de 70,5 a 80 mm. Precisamos entre 6 ou 8 bolas. Medidor, por si é preciso medir a distancia de lanzamento.

11

Regulamento

Consiste en guindar unha serie de bólas metálicas co propósito de achegarse o máis posible a unha pequena bóla de madeira que foi lanzada anteriormente por un dos xogadores. Quen se achegue máis ao remate da quenda de lanzamentos, obtén un punto. O primeiro que consiga trece puntos gaña. Cada xogador lanza, por quenda, tres bólas na modalidade individual e dúas se se xoga por equipos. Os lanzamentos poden ser de tres tipos: de aproximación; de "tiro", para intentar afastar unha bóla dun xogador contrario batendo nela; e de "empuxe", facendo rodar a bóla para achegar máis unha propia ao boliche ou para afastar unha contraria.

ÍNDICE

12

Pita cega

Mario Villaverde Rodríguez 4ºB

12

Pita cega

Nº de xogadores: 2 ou máis xogadores/as. Materiais: Un pano.

12

Regulamento

Xógase nun terreo chairo e sen obstáculos, para evitar caídas. Sortéase entre os/as xogadores/as quen "a queda" para facer de pita cega e véndanselle os ollos, os/as demais colócanse en corro arredor dela e preguntanlle :"pita cega, que se che perdeu? " ao que "o que a queda" responde: "Unha agulla e un dedal". Entón o resto de xogadores respóndelle: "dá tres voltiñas e encontraralos". Logo de realizar tres voltas sobre si mesmo/a, a pita avanzará cos brazos estendidos intentando tocar a algún compañeiro/a, se o consegue debe adiviñar de quen se trata só tocándolle, se o adiviña intercambiaranse os papeis, se falla, volverá a comezar o xogo.

ÍNDICE

13

Pincho.

Clara Lamas Seijo 5ºATiago Rodríguez Iglesias 4ºB

13

Pincho.

Clara Lamas Seijo 5ºA

Nº de xogadores: Non ten límite. Materiais: Un pincho, que pode ser un desaparafusador, un cravo grande,... ten que ser ter un pincho e estar afiado para que se crave na terra.

13

Pincho.

Tiago Rodríguez Iglesias 4ºB

Nº de xogadores: Dous ou máis. Materiais: Un desaparafusador ou un ferro afiado.

13

Regulamento

Márcanse na terra varios círculos ou cadrados numerados, as casas, duns 40 cm de diámetro. Establécese a quenda de xogo e o que empece lanzará o cravo para chantalo na casa número 1. Se o consegue, poñerase nesa casa e lanzará á número 2 e así sucesivamente ata chegar á última. Se o cravo non se chanta cedéselle a vez ao seguinte. O que remate pode comezar outra vez, pero lanzando agora á casa número 2.

ÍNDICE

14

Peletre.

Roberto Armada Aneiros 5ºB

14

Peletre.

Nº de xogadores: Todos/as os/as que teñan ganas de xogar. Materiais: Unha pedra que estea lisa.

14

Regulamento

O peletre ou mariola é un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa.

ÍNDICE

15

Raiola.

Sergio Villaverde Rodríguez 6ºB

15

Raiola, caracol.

Nº de xogadores: De 1 ata os que queiran participar Materiais: Pedras. Xiz para pintar no chan.

15

Regulamento

Marcaremos os cadros no chan, adaptándoos no tamaño ás idades dos e das participantes. Se alguén lanza fóra do sitio que lle corresponda, deixa o obxecto enriba dunha raia ou ben pisa esta, cederá a súa vez ao xogador seguinte. Os/as máis pequenos/as só lanzarán e recollerán o obxecto, pasando á pata coxa ou parando cos dous pés nos cadros marcados. Os/as medianiños/as terán que ir golpeando co pé o obxecto lanzado. Os/as mayores terán que ir á pata coxa e golpear o obxecto lanzado, pasando por todos os números marcados en cada cadro do chan.

ÍNDICE

16

Trompo.

Daniel Graña Portela 4ºBPablo Roibás López 4ºB

16

Trompo, buxaina, peonza.

Daniel Graña Portela 4ºB

Nº de xogadores: Mínimo un xogador/a. Materiais: Trompo e corda.

16

Trompo, peón, sevillana, peónza.

Pablo Roibás López 4ºB

Nº de xogadores: De 1 a 10 xogadores Materiais: Trompo: é un xoguete de madeira cunha espiga metálica. Corda.

16

Regulamento

É un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro (o ferrón) que fai que vire con xeito. Para poder practicar este xogo, precísase tamén dunha piola, unha corda que se amarra arredor do enredo que fará posible o baile do peón. A parte de arriba chámase “pirucho” e a máis ancha é a “barriga”. Para decidir quen empeza a xogar pódese botar a sorte da “raia”, que consiste en lanzar o peón cara unha raia. A orde de colocación para empezar dependerá da distancia á que quede cada peón desa raia, sendo o primeiro o que estea máis próximo. Existen moitas posibilidades que se acostuman facer cos peóns; entre elas temos:

ÍNDICE

16

Podemos facela xirar

Individual: Ponte ou teleférico. Facelo bailar na man. A bailarina. ... Colectiva: Rompetrompos. Saca trompos. ....

ÍNDICE

Coa festividade do Día das letras galegas, fíxose a proposta para o noso alumnado de que recolleran xogos e xoguetes tradicionais e populares, a través dunha entrevista que realizarían a unha persoa adulta da súa casa, non buscamos que recollan só xogos e xoguetes de Galicia polo que neste recopilatorio puidemos descubrir propostas doutros lugares, obtendo deste modo uns resultados máis ricos e motivadores.

GRAZAS A TODOS/AS!

Tamara Murias F.