Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2020
covadonga
Created on June 11, 2020
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán.
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Akihabara Microsite
View
Essential Microsite
View
Essential CV
View
Practical Microsite
View
Akihabara Resume
View
Tourism Guide Microsite
View
Online Product Catalog
Transcript
RECOMENDACIÓNS LECTORAS. VERÁN 2020
Ola familias! Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o verán.
LECTORESEXPERTOS
PRIMEIROS LECTORES
LECTORESAUTÓNOMOS
BIBLIOTECA DA VACA PEPA
PRIMEIROS LECTORES
Ás nosas xanelas asoman un verán diferente, que todavía non sabemos como afrontar. É posible que unha boa selección de lecturas axude neste trance...
LECTORES AUTÓNOMOS
Ás nosas xanelas asoman un verán diferente, que todavía non sabemos como afrontar. É posible que unha boa selección de lecturas axude neste trance...
LECTORES EXPERTOS
Ás nosas xanelas asoman un verán diferente, que todavía non sabemos como afrontar. É posible que unha boa selección de lecturas axude neste trance...
PRIMEIROS LECTORES
se che pica un mosquito
Jordi Gastò KALANDRAKA
Estes divertidos remedios rimados que alivian as molestias dunha picadura non se atopan nas boticas, nin se obteñen das plantas. Para que che deixe de picar e de doer, este libro tes que ler.
PRIMEIROS LECTORES
SOY UN ARTISTA
Marta Altés BLACKIE LITTLE BOOKS
O protagonista é un neno que se considera todo un artista e por iso plasma as súas obras en calquera parte, experimentando coas cores, as formas, as texturas… A súa creatividade é incrible! Pero a súa nai non comparte o seu punto de vista. El ve arte por todas partes, ela parece que non. En definitiva, o protagonista sente que a súa nai non lle comprende.
PRIMEIROS LECTORES
EL LOBO EN CALZONCILLOS
Wilfrid Lupano, Mayana Itoïz, Paul Cauuet.ASTRONAVE
Todos os animais do bosque viven aterrorizados coa presenza dun terrible lobo. Víronlle polas noites co seu pelo erizado e os seus ollos terribles. Polo que convén esconderse Pero de verdade pode ser tan malvado se leva calzóns?
PRIMEIROS LECTORES
CUADERNO DE LUNAS
María Canosa BULULÚ
A que neno non lle chama a atención a lúa? Quen mellor que un avó para axudar a descubrir os seus misterios? A protagonista desta historia, coa axuda inestimable do seu avó, leva a cabo un “exhaustivo traballo de investigación”, observando as cambiantes caras da lúa e plasmándoas neste persoal caderno de lúas.
PRIMEIROS LECTORES
O LADRÓN DE SOÑOS
Sabela Fernández Trelles XERAIS
Todas as noites, na cidade de Soñovai, Uxío o Mago encárgase de que os nenos e nenas teñan soños marabillosos. O que non sabe aínda é que preto de alí vive o ladrón de soños, que desexa levar canda el todas esas fantasías. Cal pode ser o motivo de que queira roubar as ilusións?
PRIMEIROS LECTORES
ABORRÉCESTE, MINIMONI?
Rocio Bonilla ALGAR EDITORIAL
Minimoni xa medrou e, aínda que continúa a pintar, tamén fai moitas outras cousas: ir de excursión, reencontrarse cada luns cos seus amigos e amigas no colexio, practicar hóckey, ler na biblioteca, xogar coa súa avoa... Mais os domingos non hai nada que facer. Que aborrecemento! Ou quizais non?
PRIMEIROS LECTORES
QUEN VEN ESTA NOITE?
Ana Meilán García ENTRE NUBES Y CUENTOS.
Sempre se deu por suposto que era o mesmo Ratiño Pérez para todos, pero isto non ten nada de certo. Quen vén esta noite? A historia está a piques de cambiar…
PRIMEIROS LECTORES
PÁPOTE A BICOS
Carmen GilNUBE OCHO
Peludo é un monstro moi grande. Peludo sempre está enfadado. Peludo está moi só. Terá que ver co seu mal humor? Os pequenos rapónchigos foxen de el O agarimo e a risa poden facer que un monstro enfadado (ou un neno) deixe de estar de mal humor.
PRIMEIROS LECTORES
RA DE TRES OLLOS.
Olga de Dios APILA
Ra de Tres Ollos medra nun lugar contaminado. Chouta moi alto para entender o que acontece. Axiña descobre que quere mudar as COUSAS… Conseguirao?
PRIMEIROS LECTORES
O VELEIRO VERDE.
María Fumaça SONÁRBORE
Proba a embarcar e verás como podes cambiar o mundo! A familia María Fumaça inicia unha nova viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións para compartir de xeito inclusivo.
LECTORES AUTÓNOMOS
VAIA TROPA!
Antón CortizasXERAIS
Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Ao final do libro convidámoste a que inventes algún compañeiro para toda esta xente. Trátase, xa que logo, dun libro xogo, no que a sorpresa da lectura e das ilustracións conforman un conxunto que non pasará desapercibido ao lector.
LECTORES AUTÓNOMOS
O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA
Fina Casalderrey SM
Á gata Lúa desaparécenlle os gatiños ó día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. David, que busca explicación para todo, non entende este misterio. Quen lle lleva os fillos a Lúa? David, coa axuda da súa novia Branca, non ha parar ata te-la resposta.
LECTORES AUTÓNOMOS
CUENTA CONMIGO
Miguel Tanco LIBRE ALBEDRIO
Todo o mundo ten unha paixón. Para algúns, é a música. Para outros, é a arte. Para a nosa heroína son as matemáticas. Cando mira o mundo, ve matemáticas en todas as cousas fermosas que a rodean: os círculos concéntricos que fai unha pedra nun lago, a curva dun tobogán, as formas xeométricas no patio de recreo. Outros non entenden a súa paixón, pero a ela non lle importa.
Material adicional
LECTORES AUTÓNOMOS
A MONTAÑA DE LIBROS MÁIS ALTA DO MUNDO
Rocío Bonilla. ALGAR.
Lucas estaba convencido de que nacera para voar. Un día, súa nai explicoulle que había outros xeitos de cumprir o seu soño e púxolle un libro nas mans. Ese mesmo día, voou…
LECTORES AUTÓNOMOS
A TODOS LOS MONSTRUOS LES DA MIEDO LA OSCURIDAD
Michaël Escoffier y Kris Di Giacomo, KÓKINOS
Neste conto son os monstros os que teñen medo á escuridade, tanto que choran, tremen, gritan e escóndense, pero só conseguen asustarse aínda máis. A única forma de tranquilizalos é comprendelos, bicalos e contarlles un conto. É que son como nenos! Moi divertido.
LECTORES AUTÓNOMOS
LA AVENTURA PIRATA DE BRUNILDA
Valerie Tomas y Korky Paul BLUME EDICIONES
A bruxa Brunilda ten o pracer de anunciar que neste libro ela é en realidade a pirata Brunilda, e que Bruno non é o seu gato, senón o seu papagaio. Úneche a eles nunha festa de disfraces que se converterá nunha aventura inesquecible. A bruxa Brunilda sempre se ve envolvida en desternillantes situacións e en poucas ocasións sonlle de proveito os seus poderes máxicos. Os feitizos adoitan traerlle consecuencias inesperadas, e xustamente este feito é o que fai que as súas historias resulten tan divertidas.
LECTORES AUTÓNOMOS
LA INCREÍBLE HISTORIA DE.... LA ABUELA GÁNSTER
David Walliams MONTENA
David Walliams xa conseguiu enganchar a miles de mozos ás súas historias disparatadas, algo vándalas, ás veces con toques crueis, pero sempre equilibrándoas ben con humor e dose de tenrura. Un pouco ao estilo de Roal Dahl. Nesta ocasión o libro narra a historia de Ben, un mozo que odia pasar os venres pola noite en casa do seu aburridísima avoa. Ata que descobre o seu gran secreto: en realidade é unha ladroa de recoñecido prestixio internacional. Xuntos planearán o roubo máis difícil de todos: o da coroa da mismísima raíña de Inglaterra. Conseguirano?
LECTORES AUTÓNOMOS
MALENA BALLENA
Davide Cali LIBROS DEL ZORRO ROJO
Na piscina, as nenas rían de Malena. E é que Malena pesaba moito, demasiado. Tanto que a chamaban «balea». Pero un día, o monitor de natación ensinoulle un truco e a súa vida comezou a cambiar. Un personaxe entrañable que vive a realidade de moitos nenos e nenas; un tema delicado tratado con sentido do humor, desde o respecto e o fomento da autoestima.
LECTORES AUTÓNOMOS
LA BALLENA LLENA
Paloma Gajate SINPLÁSTICO
“Chea é unha balea que está chea”... Así comeza esta tenra historia acerca dunha preciosa balea empachada de plásticos e a súa amiga Lola, unha nena disposta a todo por axudala. As súas poéticas ilustracións e as súas rimas pegadizas farán deste conto infantil un imprescindible á hora de irse á cama. Mentres que o final do conto axudará ás túas fillas, sobriñas ou netas a entender que as súas propias accións son vitais para deter a contaminación plástica nos océanos. Un libro delicioso para grandes e pequenas!
LECTORES AUTÓNOMOS
ILUMINATURALEZA
Rachel Williams y Charnowsky SM
A estas idades hai moitos nenos que se enganchan aos libros de coñecementos e non hai que menosprezar iso, porque hai auténticas marabillas neste xénero, como o demostra " Iluminaturaleza". Dez dos ecosistemas máis impresionantes do mundo vistos a través de tres filtros de cores para descubrir a súa vexetación (filtro verde), os animais que se moven de día (filtro vermello) ou os seres vivos que habitan de noite (filtro azul).
LECTORES EXPERTOS
OS CONTOS DA AVOA PEPA
Francisco Fdez Naval KALANDRAKA
Relata a memoria dos maiores, dun pasado con menos comodidades e sen os adiantos tecnolóxicos, pero falan dunha Galicia coa autenticidade e co encanto da paisaxe rural.
LECTORES EXPERTOS
GALICIA PEQUENIÑA
César Cequeliños, Jorge Campos AIRA
Libro ilustrado pensado para crianzas de todas as idades que percorre moitas áreas da identidade nacional galega: xeografía, historia, lendas, personaxes célebres, festas e celebracións, símbolos… Un percorrido visual útil para aprender a coñecernos mellor como pobo
LECTORES EXPERTOS
LAS HERMANAS GRÉMILLET
Barbucci Di Gregorio ASTRONAVE
Un día atopan unha misteriosa foto da súa nai embarazada… Quen é o bebé? E por que a foto estaba escondida no ático? A única forma de saber a verdade é aventurarse no encerellado bosque dos segredos da familia Grémillet.
LECTORES EXPERTOS
NIÑAS QUE IMAGINARON LO IMPOSIBLE (Y LO CONSIGUIERON)
Amago, T. ALGAR
Aviadoras, navegantes, arqueólogas, motoristas, zoólogas, naturalistas, periodistas... Este álbum ilustrado recolle as historias de case unha vintena de mulleres de todo o mundo que se fixeron famosas por atreverse a soñar o imposible... e conseguilo!
LECTORES EXPERTOS
SECRETOS ARCANOS
Ángel Antón Svoboda DIBBUKS
O Dr. Mento foi vítima dunha terrible maldición, capaz de anular a súa vontade. Para buscar unha cura decide partir, xunto co seu axudante, Harry Callahan, a visitar a Selma Pratchett. Talvez esta poderosa vidente, alá no seu pantano de Nova Orleans, poida proporcionarlles algunhas respostas. Unha sorte que Elvis o Heliogabalo acompáñalles na súa difícil misión. Pero quen é o responsable da maldición? E cal é o seu propósito? Quizá para cando consigan pescudalo xa sexa demasiado tarde.
LECTORES EXPERTOS
UNHA CIDADE CHAMADA PERFECTA
Helena Duggan SUSHI BOOKS
Quen quere vivir nunha cidade onde todo o mundo ten que levar lentes para evitar quedar cego? E quen quere ser limpo e ordenado e portarse ben todo o tempo? Violet descobre rapidamente que algo estraño pasa nesta vila: oe voces, a súa nai fai cousas raras e o seu pai desaparece.
LECTORES EXPERTOS
VAMPIRA DE BIBLIOTECA.
Ledicia Costas. XERAIS.
Esta é a historia de Eleonora, unha vampira que papa insectos que roen as páxinas dos libros da biblioteca na que vive. Cres neste tipo de criaturas?
LECTORES EXPERTOS
DENÉBOLA A ROXA
Héctor Cajaraville BAÍA EDICIÓNS
Denébola a Roxa é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, que relata o desafío dunha muller brava nun mundo de homes. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras.
LECTORES EXPERTOS
COCIÑANDO CON BOLBORETAS NO BANDULLO
Diana Fernández Gómez, David Díaz DíazXERAIS
En cocinando con Bolboretas no bandullo cada receita garda una historia, pequenos relatos que vos engaiolarán, moito sabor e, sobre todo, moita, moita diversión. Metemos as mans na masa, xogamos coa comida, argallamos pratos sorprendentes e só de pensar nos resultados ... non podemos parar de babexar. Entre estas páxinas agóchanse momentos para gozar e sabores por conquistar. Adiante, bolboreteiras e bolboreteiros. Podedes seguir todo o proceso de elaboración das receitas na súa canle de YouTube a través dos códigos QR que aparecen en cada unha das recetas.
LECTORES EXPERTOS
corazón de hielo
Jamie LittlerMOLINO
Na parte máis afastada do mundo, hai unha pequena fortaleza custodiada por monstros que axexan baixo o Mar de Neve. Alí, un neno chamado Ash canta cancións prohibidas en honra aos seus pais desaparecidos, mentres se escabulle do seu titor, Tobu, un yeti requetegruñón. O que non sabe é que está a piques de vivir unha aventura en grao sumo rocambolesca: tras protagonizar un intento de rescate que revela os seus asombrosos poderes máxicos, Ash acaba a bordo do Corazón de Xeo, un trineo con peculiares exploradores a quen pode vir ben a súa axuda. Pero poderán eles axudarlle a atopar á súa familia?