Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ABAU 2020

sdanslagoa

Created on June 3, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

ABAU 2021E ACCESO Á UNIVERSIDADE

AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE

QUE MATERIAS SE VAN AVALIAR?

ACCESO E ADMISIÓN

Parámetros ponderación

BACHARELATO

  • Superar a parte obrigatoria a lo menos cun 4.
  • A nota de acceso será a nota media ponderada entre esta parte (40%) e a cualificación final de bacharelato (60%). O resultado debe ser igual ou superior a 5.
  • A nota de admisión pódese mellorar presentándose á fase específica (voluntaria). titulación.

CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR

  • A nota de acceso será a nota media acadada no Ciclo Superior
  • Esa nota pódese mellorar presentándose á parte voluntaria (nota admisión)

TÍTULO BACHARELATO E MATRÍCULA NA ABAU

ALUMNADO DE BACHARELATO

Impreso matrícula ABAU

Documento Taxas

Prazo : do 20 ao 24 de maio

  1. Solicitar o título de bacharelato na secretaría do centro cumprimentando a instancia e facendo o pagamento da TAXA que corresponda.
  2. Imprimir e cubrir o documento de TAXAS (da ABAU) e facer o pagamento no Banco. Tamén se pode facer o pagamento de Taxas de forma telemática, utilizando unha tarxeta de crédito.(consultar condicións de reducción e exención).
  3. Cubrir o impreso de matrícula indicando as materias das que te queres examinar.
  4. Entregar no centro educativo de secundaria , copia DNI, unha copia do xustificante do pagamento de Taxas ou o de exención e o impreso de matrícula.
  5. O centro de secundaria cubre os datos de matrícula e os de pagamento de Taxas na aplicación Nerta e envía un listado ao LERD.

Cubrir por triplicado

NOTA

Da materia troncal da modalidade cursada xa te matriculas na parte obrigatoria, non tes que facelo na parte voluntaria

O alumnado recibirá no seu correo electrónico un "código de activación" dunha conta de usuario en Nerta. Esta conta Nerta é necesaria para realizar as solicitudes de revisión e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazs do SUG

MATRÍCULA NA ABAU

ALUMNADO DE CICLO SUPERIOR

Impreso de matrícula

Prazo : do 7 ao 25 de maio

  1. O centro grava as cualificacións do alumnado en Nerta e asina un certificado de estudos ( o expediente figura con pendente da FCT)
  2. O alumno imprime o documento de TAXAS e fai o pagamento no Banco.
  3. O alumno cubre o impreso de matrícula indicando as materias da parte voluntaria das que te queres examinar.
  4. O alumno enviará por correo electrónico ao LERD a documentación (impreso de matrícula, DNI, xustificante de ter pagadas as taxas)

Documento de Taxas

Certificado

O alumnado recibirá no seu correo electrónico un "código de activación" necesario para realizar na aplicación NERTA as solicitudes de revisión e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazs do SUG

CALENDARIO

En xornada de mañá e tarde

MODELOS DE EXAME

HORARIO

LUGAR DA ABAU

O alumnado do IES As Mariñas realizará o exame na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Campus da Zapateira- A Coruña.

Comisión Delegada 11Código SASUG 181 Código do centro 15001148

REQUERIMENTOS QUE DEBE CUMPRIR O ALUMNADO PARA ACCEDER AOS EXAMES

Uso obrigatorio de máscara para todo o alumno mentres se estea nas filas de acceso e dentro da aula. O uso de pantalla non está autorizado.

Recoméndase o uso de xel desinfectante individual.

Entradas e saídas do centro e da aula ordenadas, en fila , usando máscara e mantendo a distancia interpersoal de seguridade

Pódense levar panos de usar e tirar e bebida (auga ou refresco en botella de plástico transparente sen etiquetado)

O alumno/a pode introducir na aula mochila, carteira ou bolsa de deporte coas súas pertenzas. Custodiada polo alumno.

DOCUMENTACIÓN

DNI ou Pasaporte

NON ESTÁ PERMITIDO

Resgardo de matrícula e xustificante de pago

Xogo de etiquetas adhesivas con código de barras identificativas (serán entregadas no momento de entrar)

  • Teléfono móbil
  • Reloxio dixital (smarwatch)
  • Dispositivos electrónicos activados

OLLO!!!

Pluma ou bolígrafo azul ou negro, indeleble

O acceso á aula con algún destes dispositivos é motivo de medida diciplinaria ( expulsión da aula e cualificación do exame con 0 puntos)

Material para debuxo (para o exame de Debuxo Técnico II

Calculadora non programable e sen capacidade gráfica, para Matemáticas, Física, Química e Economía da empresa

DIccionarios de Latín e Grego: cos apéndices gramaticais, pero non contidos literarios (estas páxinas deben graparse ou extraerse) Non está permitido ningún caderno solto nin ningún dicionario que non sexa orixinal. Os diccionarios serán revisados para comprobar se hai anotacións

NORMAS E INSTRUCIÓNS

Presentación primeiro día das probas ás 9:00h. Se o alumno só se presenta á parte voluntaria e non ten erros na súa matrícula pode presentarse no momento de realizar os exames.

Comunicar neste momento ao presidente da comisión delegada si se detectou algún erro na matrícula mediante unha solicitude no formulario oficial que estará a disposición na Sede para o alumnado.

Despois o alumno presentarase a cada un dos exames na hora de comezo

No momento da presentación un vogal da comisión delegada colocará ao alumnado en fila. Chamarase individualmente de viva voz, identificarase ao alumno e asignaráselle un posto que será o mesmo durante todos os exames.

Neste momento entrégaselle ao alumno un xogo de etiquetas adhesivas con código de barras que o identifican. Evitar que entren en contacto co xel desinfectante. Acompañarán sempre ao alumno. En caso de pérdida ou deterioro avisar. Os exames son anónimos, entregar coa etiqueta adhesiva.

Dende que se inicia o exame, debe permanecerse na aula como mínimo 30 minutos

O acceso ao exame implica entregar o exame etiquetado ainda que estea en branco.

Manter pabillóns auditivos despexados para comprobación por parte dos membros da comisión delegada.

CADERNO DE EXAME

En cada exame entregarase un caderno de exame con: 2 follas A3 (portada), unha cabeceira adhesiva e 7 páxinas A4 en branco que é nas que debe escribir. Non se pode engadir nin arrincar páxinas.

Cada exame consta dun número de preguntas, todas susceptibles de ser elixidas, e o alumno debe responder o número máximo que se indica. Se se responde a máis das permitidas só serán corrixidas as primeiras respondidas ata o número máximo permitido.

Os exames son anónimos. Non poden asinarse nin poden levar marcas que permitan unha eventual identificación.

Se se detecta a un alumno copiando ou non respectando as instrucións despois da súa identificación, poderá ser obxecto de medida disciplinaria.

Recollida de exames evitando aglomeracións.

Cando o alumno saia da aula non pode permanecer nos pasillos, debe abandoar o centro.

Datas revisión: do 18 ao 22 de xuño (ata as 14:00h)

PREINSCRIPIÓN NA UNIVERSIDADE

A solicitude de acceso deberá facerse a través da aplicación informática NERTA ou entregándoa debidamente cuberta nos LERD.

DATAS: Do 22 ao 30 de Xuño

UNHA ÚNICA SOLICITUDE

POR ORDEN DE PREFERENCIA

UN MÁXIMO DE CINCO TITULACIÓNS DIFERENTES

MÁXIMO DE DEZ TITULACIÓNS IMPARTIDAS EN DIFERENTES CENTROS

OPCIÓNS POSIBLES DE ESTADO NO NERTA

  • CONVOCADO/A
  • EN ESPERA
  • PECHADA
  • LIBERADA

Se o solicitande aparace convocado/a para matricularse na titulación da súa primeira preferencia, deberá matricularse no prazo establecido, do contrario perderá todos os seus dereitos.

Se o solicitante aparace convocado/a para matricularse nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia, poderá esperar a matricularse nela en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. É necesario reconfirmar o interese de continuar nas listaxes da CIUG No caso de matricularse nela decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso.

O peche de matrícula dunha determinada titulación implica a desaparición automática das listas de espera, de xeito que non se dvolverá a abrir de novo a matrícula desa titulación.

Calendario provisional. Pendente de aprobación

Fai clic para acceder ao calendario

(*) Nota: Os días festivos non hai soporte para resolver os problemas que poidan xurdir. Suxírese que se faga a matrícula no primeiro día do prazo para poder resolver calquera incidente que poida xurdir. Durante o período de matrícula, o alumnado que non se matricule, deberá confirmar o interese en seguir nas listaxes da CiUG (de non confirmalo, entenderase que xa non ten interese nas titulacións solicitadas e decaerá nos seus dereitos).

LUGARES DE MATRÍCULA

A matrícula deberá facerse na Internet (https://matricula.udc.es/MatriculaPrimeiro/)

A matrícula deberá facerse na Internet (https://matricula.usc.es/MatriculaPrimeiro/)

A matrícula deberá facerse na Internet (https://matricula.uvigo.es/MatriculaPrimeiro/)

IMPORTANTE:

  • Indicar no momento de realizar a matrícula si se solicita bolsa.
  • O alumnado que acceda despois de cursar un ciclo superior pode solicitar a validación de créditos. Consultar o catálogo.

Para máis información...

Acceso a Nerta

Lerd Coruña (acceso y admisión) lerdcoruna@udc.gal

Asesoramento

SIE