Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Rei Artur

carmela.armesto

Created on May 30, 2020

Intenta adiviñar antes de pasar as páxinas

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Interactive Card

Happy Holidays Mobile Card

Halloween Discount Code

Interactive Halloween Card

Halloween Invitation

Ghost Letter

Wanted interactive card

Transcript

ARTUR E EXCALIBUR Conta unha antiga lenda medieval que houbo, hai séculos, un cabaleiro chamado Artur que destacou pola súa afouteza na loita contra os saxóns. O mago Merlín acompañou a Arturo dende moi novo. Cando Arturo cumpriu dezaséis anos, foi enviado a vivir cun ........

cabaleiro chamado Sir Héctor. No seu castelo, Artur ocupábase dos cabalos e de axudar en moitas tarefas. Seguía adicando algún tempo a ler, porque Merlín encargárase de lle ensinar. No castelo de sir Héctor ningúen sabía que o pai de Artur era ..........

o rei Uther, que morreu sen herdeiro coñecido. Algúns cabaleiros propuxéronse atopar ao fillo do rei. Para ser recoñecido como futuro rei de Britania, había que arrincar unha ...

espada que estaba chantada nunha bigornia de ferro. Moitos cabaleiros o intentaran sen éxito. Artur logrouno e foi nomeado rei. Estableceu a corte en Camelot e, para gobernar mellor, contou cun ...

grupo de cabaleiros que se sentaban nunha mesa redonda, para simbolizar que todos tiñan o mesmo dereito a expresar a súa opinión. Durante moito tempo mantívose a paz e o rei viviu feliz coa raíña Xenebra. Nembargantes, en contra do rei estaba a fada Morgana, que era...

a súa propia irmá.Como ocorre con todas as lendas, non se sabe canto hai de fantasía e canto de verdade na historia do rei Artur.