Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

xornal medieval

carmela.armesto

Created on May 29, 2020

O érbedo dixital

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Audio tutorial

Pechakucha Presentation

Desktop Workspace

Decades Presentation

Psychology Presentation

Medical Dna Presentation

Geometric Project Presentation

Transcript

O ÉRBEDO

23 de outubro de 2020

#0120

DIXITAL

Ourense

Xornal CEIP Vistahermosa

ACHADO HISTÓRICO

O alumno, abraiado pola caligrafía do manuscrito, consultou co profesorado, que lle explicou a importancia que podía ter o documento que atopara.

Códice medieval atopado

nun colexio de Ourense

Cando buscaba documentación para un traballo de historia, un alumno do CEIP Vistahermosa de Ourense atopou na Biblioteca Escolar un manuscrito que data do século XII.

Os expertos colaboran

Xestións posteriores

As autoridades educativas puxéronse en contacto co centro educativo.

O museo arqueolóxico da cidade interesouse polo manuscrito iluminado.

OUTRO SUCESO MISTERIOSO

"Libro de oración e guía do peregrino dos nosos antergos"

O 5 de xuño de 2011, o medievalista do Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela decatouse de que faltaba da caixa forte o Códice Calixtino, obra de valor incalculable. O "Codex Calixtinus" data de mediados do xéculo XII e reune himnos, pezas musicais, relatos da traslación do corpo do apóstolo Santiago e consellos prácticos para percorrer o Camiño.

Un ano despois, a policía atopou o manuscrito roubado. A obra apareceu intacta, envolta nun pano, no garaxe do electricista que traballaba na Catedral, El tiña as chaves das estancias e levara para a súa casa cartos doados polos peregrinos e tesouros da Catedral; pero non era consciente do valor do códice que roubara.

Libro atopado no CEIP Vistahermosa

Códice medieval catalogado como auténtico

"Examinaremos o libro

antes de decidir",

Auténtico ou falso ?

declaran os expertos.

A pesar do entusiasmo que supuxo o achado do texto manuscrito, toda a comunidade educativa e os expertos que os están a asesorar pregúntanse como puido chegar un exemplar tan antigo ata unha biblioteca escolar.

Podería tratarse dunha falsificación ou dun texto "envellecido" artificialmente. Unha rapaza que se achegou ao libro manifestou: "Cheira a café con leite"

En caso de tratarse dun códice medieval, debería pasar a un museo onde o puideran desfrutar todas as persoas da cidade e turistas interesados na Historia e literatura da Idade Media.

Elvira Blasón, especialista en arte e literatura medievais.

"Tememos que se repita o acontecido co Ecce Homo de Borja ou o San Xurxo de Estella.

Estatua de San Xurxo, en Estella, antes e despois de ser restaurada.

Final feliz

Obradoiro na Biblioteca

Os nenos e nenas crean.

O Equipo de Biblioteca do CEIP Vistahermosa, ante o interese amosado polo alumnado cara o manuscrito supostamente medieval, organizará obradoiros de caligrafía medieval, encadernación e escritura de pergameos.

Para aprender outro xeito de escribir e debuxar, imos trasladarnos á época medieval, antes da imprenta, cando copiar un manuscrito a man era a única maneira de crear a obra de arte que é un libro.