Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ROSALÍA DE CASTRO

patfucinos

Created on May 29, 2020

Actividade de repaso sobre Rosalía de Castro

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

ROSALÍA DE CASTRO

"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino."

Ver

BIOGRAFÍA

Nace o 24 de febreiro de 1837 en Conxo, filla de Mª Teresa de la Cruz de Castro, fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo. Foi coidada polas súas tías paternas en Ortoño. En 1842, vive coa súa nai en Padrón e en 1850 trasládanse a Santiago onde será testemuña da terríbel fame e do andazo de cólera de 1853-54 e vivirá o fervor revolucionario deses anos. Alí participa nas actividades do Liceo de la Juventud como actriz. En 1856 viaxa a Madrid, onde permanecerá 2 anos. Alí publica o seu primeiro poemario en castelán ( La flor) e a súa primeira novela (La hija del mar). Tamén en Madrid coñece a Manuel Murguía, con quen casa en 1858. Tras o seu casamento, comeza unha vida itinerante: Madrid, Simancas Santiago, Lestrobe, A Coruña... O matrimonio terá sete fillos.

Tamén publica un manifesto feminista: Lieders. En 1861 aparece o seu primeiro poema en galego, o que glosa o cantar "Adiós ríos, adiós fontes". En 1863 publica "A mi madre" e "Cantares gallegos", obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia e que foi editada na imprenta de Juan Compañel, en Vigo. Un ano despois publica o seu único conto en galego coñecido, Conto gallego.En 1880, publícase Follas Novas, que a consagra como poeta galega. E entre 1882-1883 edítanse un número considerable de poemas en castelán que recollerá en Las orillas del Sar(1884). Fina aos 48 anos de idade en xullo de 1885, a consecuencia dun cancro de útero, e soterrada en Iria Flavia. En 1891 foi trasladado o seu cadáver ao Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela

ACTIVIDADE 1

+ info

ROSALÍA E O REXURDIMENTO

Despois de escoitar o vídeo, responde ás cuestións

Actividade 2

  • En que imprenta se edita "Cantares Gallegos?
  • Cales son os dous fitos que marcan a súa publicación?
  • En que ideoloxía se asenta o Rexurdimento?
  • En que autor e libro se inspira Rosalía para compoñer "Cantares..."?
  • A quen está adicado o prólogo?
  • Que relación hai entre este libro e o Día das Letras Galegas?

MULLER

A reivindicación dos dereitos da muller, nunha sociedade na que a marxinación e a desigualdade eran a norma vixente, esténdese conscientemente por toda a súa obra. Foi unha precursora do movemento feminista, se temos en conta que esta ideoloxía como tal xorde arredor de 1880, podemos consider a Rosalía a primeira feminista galega. Lieders é considerado como o primeiro manifesto galeguista publicado en Galicia e probablemente en España.

actividade 3

A XUSTIZA POLA MAN

Podedes ver o vídeo que versiona o poema, ou lelo clicando no título.

Actividade 4

1.- Resume o contido do poema en non máis de 6 liñas.2.- Quen é a voz poética e cal é o seu estado anímico. 3.- Quen agraviou á protagonista? Fai unha enumeración dos agravios. 4.- A quen acode para pedir axuda? Sérvelle de algo? Por que? 5.- Cal é a situación que atopa para resolver a situación? 6.-En que partes podemos dividir o poema? 7.- Procura os nomes de animais e plantas e clasifícaos segundo sexan vistos como positivos ou negativos pola autora. 8.- Cal é o momento de máis tensión do poema?

Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ó monte, soia a vexo arder no lar. Nin na fonte nin no prado, así morra coa carrax, el non ha de virm'a erguer, el xa non me pousará. ¡Que tristeza! O vento soa, canta o grilo ó seu compás... Ferve o pote... mais, meu caldo, soíña t'hei de cear. Cala, rula, os teus arrulos ganas de morrer me dan; cala, grilo, que si cantas, sinto negras soïdás. O meu homiño perdeuse, ninguén sabe en onde vai... Anduriña que pasache con el as ondas do mar; anduriña, voa, voa, ven e dime ond'está.

ACTIVIDADE 5: - A protagonista é unha campesiña nova: describe o seu mundo e cales son os seus compañeiros. - Di que función cumpren no poema o canto da rula e o son do grilo. - Divide o poema en dúas partes, segundo se refira á realidade exterior da protagonista ou ao seu interior. - Sitúa o poema no libro de Follas Novas.

GALEGA

Rosalía é consciente de que escribe nun país secularmente postrado e desconcienciado, marxinado. Por iso a súa defensa da identidade galega e da escrita en galego (nun momento en que, coma hoxe, crían que escribir noutra lingua que non fose a castelá atentaba contra a unidade de España) lévana a figurar ideoloxicamente no Provincialismo primeiro e no Rexionalismo máis tarde. Por iso tamén, é unha precursora do nacionalismo progresista, que politicamente inaugurará o Partido Galeguista, fundado, entre outros por Castelao, no ano 1931.Rosalía identifícase cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas, especialmente coas “viúvas de vivos”. Presenta unha imaxe de Galiza e dos galegos digna, normal, fronte á visión xeralizada que identificaba galego con incivilización. Desde esta perspectiva é unha precursora do anti-capitalismo, pois defende os valores sociais e morais do pobo galego fronte aos novos valores burgueses centrados no individualismo, a hipocrisía e o poder do diñeiro. Rosalía escribiu en galego, confrontando Galicia con España, consciente de que estaba a subverter algo e que esa subversión era necesaria para alcanzar o obxectivo da reconcienciación dos galegos

ESCRITORA

Actividade 6

Daquelas que cantan as pombas i as frores, todos din que teñen alma de muller. Pois eu que n'as canto, Virxe da Paloma, ¡ai!, ¿de qué a teréi?

Cando Rosalía comeza a escribir, máis do 90% das mulleres galegas eran analfabetas. As escasas escritoras que había, escribían en español e trataban temas de muller: a paisaxe, o amor romántico, a relixión…Se hoxe falamos de marxinación da muller na nosa sociedade, podemos imaxinar que suporía que unha muller do XIX quixera vivir de ser escritora en galego. Por aquela altura escribir poesía ou novelas era síntoma de frivolidade ou de depravación. Rosalía foi precursora en moitos terreos, era unha adiantada á súa época. Reclamaba o dereito a expresar coa súa escrita non só o que sentía, senón tamén o que pensaba, nunha época na que a muller non existía máis que á sombra do home. Talvez esa incomprensión provocou un sentimento de desacougo existencial, de nihilismo, que converte o seu eu-poético nunha “ánima doliente” disposta a morrer a cambio de non padecer, ou para expiar algún senti-mento de culpa, coma Polícrates.

CANTARES GALLEGOS (1863)

  • Rosalía inspírase no Libro de los cantares de Antonio Trueba, pero tamén na lírica tradicional e popular.
  • Está formado por un prólogo e 36 poemas.
  • Os obxectivos son: reivindicar a validez do noso idioma para todo tipo de poesía ; denunciar a explotación e o desprezo que sofren os labregos, as mulleres e os emigrantes galegos; combater a negativa imaxe que se tiña de Galiza.
  • A protagonista do poemario, que fala desde o inicio, é unha rapaza que simboliza o pobo de Galiza.
  • Aparecen outras voces no poema: o eu-poético trasunto de Rosalía e a voz doutras personaxes de extracción social popular e galega.
  • As temáticas son: FOLCLÓRICA, poemas costumistas (refliten a idiosincrasia do pobo galego); SOCIAL, poemas de denuncia social: contra a emigración… (refliten a ideoloxía galeguista); INTIMISTA, poemas introspectivos, de saudade e de soidade (anticipan os poemas de Follas Novas).

FOLLAS NOVAS (1880)

Rosalía escribira os poemas de Follas Novas dez anos antes da súa publicación entre (1868 e 1870). O desprezo recibido e a frustración enterrárono nun caixón até que a Sociedade de beneficiencia dos naturales de Galicia n’Habana deu en poñer os cartos para a súa publicación.

  • Está formado por un prólogo ("Dúas palabras da autora") e 137 poemas, divididos en 5 "libros" (Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra e Viúvas dos vivos e viúvas dos mortos)
  • Concebido no “desterro”. Ton pesimista
  • Obra persoal e filosófica
  • Só algúns poemas continúan a liña de Cantares
  • Galiza deixa de ser a protagonista, aparece só en ocasións, porén mantense como pano de fondo
  • Temática: poesía social, poesía intimista, a relixiosidade. o sentido da escrita

A INFLUENCIA DE ROSALÍA

  • Consolidou o renacer da moderna literatura galega.
  • Elevou o seu discurso poético en galego ao máis alto nivel.
  • Cultivou e desenvolveu todas as grandes liñas temáticas da poesía galega contemporánea: intimista e subxectiva, costumista e paisaxística e a ética e de denuncia social.
  • En 1975, co motivo do noventa ca-bodano do pasamento da poeta, o Patronato Rosalía de Castro editou un libro-homenaxe no que reuniu poetas, debuxantes e escritores varios en galego e en castelán: C. J. Cela, Uxío Novoneyra, Urbano Lu-grís,G.Torrente Ballester, Celso Emilio Ferreiro, Antón Patiño, X. Fil-gueira Valverde, Valentín Paz-An-drade, Carlos Maside, Álvaro Cun-queiro, Siro, Darío Xohán Cabana, Castelao, X. Mª Álvarez Blázquez, Laxeiro, X. Neira Vilas, Colmeiro, E. Blanco-Amor, Luís Seoane…
  • Aínda serve de inspiración para artistas novos e consagrados que versionan moitos dos seus poemas.