Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
BENVIDA Á ESCOLA
xustomlema
Created on May 23, 2020
Acollida Educación Infantil
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
CEIP JUANA DE VEGA
benvida á escola
Recomendacións
Contos
Guías
12
11
10
Material
Normas do centro
Relación familia-escola
Axudamos ao desenvolvemento
Preparámonos
A escola
O programa de adaptación
A etapa de EI
A entrada na escola
de que imos falar
O ingreso na escola é todo un acontecemento para os vosos fillos e fillas. Supón un cambio importante nas súas vidas, pois, posiblemente, sexa a primeira vez que se separan da familia para quedar nas mans de persoas “descoñecidas” Este período vai influír moito na evolución do neno/a. Por todo iso, é recomendable que entre todos/as o preparemos para que transcorra do mellor xeito posible
a entrada na escola
a etapa de educación infantil
A etapa de Educación Infantil é unha etapa que escolariza a nenos e nenas de 3 a 5 anos.É unha etapa non obrigatoria. Ten unha función fundamentalmente educativa. A súa principal finalidade é desenvolver as competencias básicas desas idades: comunicación psicomotricidade, desenvolvemento cognitivo, as relacións sociais e a adquisición de hábitos de autonomía persoal.
No centro desenvolvemos un programa de adaptación dividido en catro fases: 1ª Fase:20 Xuño. Primeiro contacto coas familias. Información.2ª Fase: 6 Setembro. Reunión das familias coas titoras. 3ª Fase: 8 Setembro. Período de adaptación 4ª Fase: Incorporación do alumnado. Realización de entrevistas individuais da titora coas familias.
o programa de adaptación
a escola
O alumnado e o profesorado de Educación Infantil conta cunha zona no edificio e no patio reservada para eles sós. Existen seis aulas, dúas para cada nivel (3, 4 e 5 anos). Os baños están situados dentro das aulas.
O Equipo de Educación Infantil está formado por oito mestras especialistas nesta etapa educativa (seis titoras e dúas profesoras de apoio). Terán dúas sesións de 30 minutos de inglés coa especialista nese idioma, unha de psicomotricidade e unha de música cos especialistas de EF e EM. A mestra especialista en Relixión acudirá unha sesión á semana para impartir a súa área co alumnado que elixa esta opción.
o profesorado
O centro conta cos servizos de: Comedor escolar e almorzos, xestionado pola ANPA. Transporte escolar. Actividade extraescolares, xestionadas tamén pola ANPA.
servizos
preparàmonos
Os nenos/as só saben da escola o que lle contades vós. Polo tanto procurade falar dela de forma positiva, evitando frases do tipo :” Xa verás na escola!” ou “¡Xa te ensinará á mestra!”. Tampouco convén idealizala, pois vaise producir unha separación ante a que o neno/a amosará, nun primeiro momento, preocupación. Procurade manter unha actitude contenta e tranquila. Os nenos/as adiviñan o noso estado de ánimo. Tedes que entender que a escola vai ser positiva para eles/as.
Intentade que vaia facendo as cousas por si so/soa: abotoarse, desabotoarse; subir e baixar escaleiras, espirse e vestirse (abrigo, chaqueta); subir e baixar pantalóns ...
autonomía
Ensinádelle a lavar as mans e a cara; a ir ó baño e limparse, e a coller un pano para limpar os mocos ...Comezade a retirar o cueiro (pañal). Non poden vir a escola con el.
hixiene
Procurade que coma e beba só/soa. Convén ir retirando pouco a pouco a comida triturada, o chupete e o biberón.
alimentación
É importante seguir unha rutina diaria, deitándoo/a a mesma hora (cedo), sobre todo cerca de setembro. Así, pola mañá, poderá vestirse e almorzar con tranquilidade
sono
Fomentade os hábitos relacionados coa orde: recoller os seus xoguetes e o que desordenen, ordenar o seu cuarto...Así tamén desenvolvemos a súa autonomía.
orde
VS
sobreprotección
saídas
pantallas
información
axudamos ao seu desenvolvemento
linguaxe
contos, cancións...
responsabilidades
autonomía
relaciónfamiliaescola
Lorem Ipsum
mochilas
roupa
comunicacións
recollida
entradas-saídas
normas
En Educación Infantil os grupos funcionan como unha cooperativa.Cada familia aporta unha cantidade en dous prazos. Con ese importe cúbrense todos os gastos (material, saídas e excursións)
material
guías
guías
contos
recomendacións
preparativos
amizades
tranquilidade
Contacto
Centro: ceip.oleiros@edu.xunta.gal
grazas pola colaboración!