Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Coplas Carvalho Calero
mariabelencouto
Created on May 23, 2020
Realización de coplas en homenaxe a Carvalho Calero por parte do alumnado do IES Perdouro
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Visual Presentation
View
Vintage Photo Album
Transcript
Coplas en homenaxe a Carvalho Calero 2020 IES PERDOURO
Coplas de 2ºESO A
Entre aqueles muros sufriu e viviu moitísimas penas e deses recordos xurdiu “Scórpio”, unha obra mestra. Debatendo cos compañeiros as normas de ortografía dos que moita falta tiña o noso idioma galego. Dúas correntes xurdiron: a reintegradora e a isolacionista. Sempre leal aos seus principios pois declarouse reintegracionista. A pesares de que o goberno e os seus compañeiros o marxinaron, el mantívose sempre íntegro, os seus pensamentos non mudaron. Da nosa lingua materna, irmá da do pobo luso, o idioma de Castela non podía ser intruso.
Naceu en Ferrol Vello, formouse en Compostela e foi estudante estupendo en Dereito e Filosofía e Letras. Tivo moita e gran relación co Seminario de Estudos Galegos e foi alí onde profundou moito cos seus compañeiros. Tanta confluencia había no pensar daqueles estudantes que fundaron o Partido Galeguista nunca tal se vira antes! A República un día espertou sumida nunha dura e triste guerra e ás nosas letras chegou unha longa noite de pedra. Carvalho Calero foi á fronte loitar nesta contenda, rematou dous anos no cárcere sen poder volver á súa terra.
Imos falar de Carvalho un home moi privilexiado xa que se lle adica o Día das Letras este mesmo mes de maio Este mesmo mes de maio deicámoslle a Ricardo un día moi importante por facer moi bo traballo por facer moi bo traballo imos falar da súa vida escoitádeme moi ben imos mostrar alegría O noso querido Ricardo naceu en Ferrol foi filólogo e novelista e tamén foi historiador
Os galegos, a nosa fala escondémola nas cociñas, pero hai que falala e sentila en todos os eidos da vida! Con honra hai que mostrala, con fachenda e valentía, levala ao traballo e de foliada, practicar sempre a nosa lingua! Carmen Fraga
e tamén foi historiador na carreira tivo un sobresaliente no teñades dúbida de que era alumno excelente era alumno excelente chegou a ser secretario xeral el foi detido inxustamente por defender o seu ideal por defender o seu ideal dous anos estivo preso pero esquezamos este tema mellor non falar diso mellor non falar diso aquí termino e xa me despido un aplauso por Carvalho sempre serás o noso amigo! Abril Bassa
Gran novelista, tamén escritor. gran lingüista. do galego defensor. Varias novelas sacou. estivo de profesor. o galego divulgou, este gran autor. Iria Calveche
Carvalho Calero foi crítico literario, filólogo, novelista... foi tantas cousas que xa parecía un mero pero escribindo era todo un artista. Pero escribindo era todo un artista estivo no servizo militar obrigatorio participando na Guerra Civil, defendendo aos galeguistas mentres el participaba na guerra escribía co cerebro frío Mentres el participaba na guerra escribía co cerebro frío ao volver a Galiza, fíxose profesor despois de quince anos el deixárao porque el quería facer o que lle saía do corazón Porque el quería facer o que lle saía do corazón que era escribir con moita paixón quería expresarlle á xente as súas emocións e cumprir a súa misión . Juan Bernardo Farroñán
Carvalho Calero naceu en Ferrol, e aos galegos deunos cor. defendendo o galego coma un galeguista, ensinounos a todos que era un artista. Este anos dedicámoslle o Día das Letras Galegas, por defender o galego e escribir historias na nosa terra. Luna Alonso Carvalho un gran artista filólogo, historiador e incluso novelista son xa todo un seguidor. Dos seus moitos traballos poderíase dialogar pero agora non hai que esquecer de alguén bo estás a falar Un tesouro nacional e en Galiza xa que contar, ata o vocabulario el nos axudou a formar. Raúl Cayón
Neste ano raro Por fin o elixiron Nun maio triste Todos confinados. Un home educado moi afortunado con moitos coñecementos e moi preparado O ano que vén, Todo irá ben E o 17 de maio Irá por Carvalho. Marta Rubal
Coplas de 3º ESO A
Ao acabar dereito na cidade Compostela, entrou no Seminario das “Letras Galegas”. Das “Letras Galegas” falou moito Carvalho, co reintegracionismo moi ben explicado. Moi ben explicado todo o seu traballo, pero tamén foi militar cargado. Militar cargado na guerra civil, e a República defendeuna a mil. Defendeuna a mil como o noso idioma, que foi profesor en ocasións moitas.
Imos memorar a Carvalho Calero, que tanto logrou para o noso galego. Para o noso galego falado todo o ano, pero celebrado este día de Maio. Carvalho Calero en Ferrol naceu, un 30 de Outubro de mil novecentos dez. De mil novecentos dez é o noso escritor, que aprendeu a ler co periódico da Voz. Fixo a primaria nunha escola ferrolá, pero o bacharelato cursouno pola súa man.
En ocasións moitas tamén escribiu historias, A xente da Barreira e Farsa das zocas. E Farsa das zocas xunto con Scórpio, As pitas baixo a choiva destaca coma conto. Chega ata aquí esta nova copla, espero que vos guste de Carvalho a historia. Laura Rodríguez
Este día das Letras Galegas Homenaxeando a Ricardo Carballo Calero Lendo e facendo poesías Como facía Calero Foi un bom escritor Estudou filosofía e dereito Sete poetas galegos, Pretérito imperfeito Son algúns dos libros que escribiu aquel escritor Libros interesantes Dunha persoa intelixente coma el Aínda que iso non sexa coma antes Non hai ninguén coma el Na nosa lembranza queda Esperando que retroceda Todos temos saudade da súa fala Dos ensinos que nos daba Noemy
Ricardo Carvalho Calero da súa vida imos falar gran escritor galego no Día das Letras Galegas ímolo homenaxear. Sobresaíu como historiador dedicouse á cultura galega, un gran promotor. O autor foi un lector precoz, das obras de Rosalía e Curros foi un grande amante, da nosa lingua foi portavoz na súa biografía hai exemplo abundante. Pola súa ideoloxía foi desprezado, de moitos anos rompeu amizades, por seguir coa súa idea seguiu admirado por todo tipo de personalidades. Daniel
Ai, señor Carvalho emocionabas a xente parecía que nos dabas un agasallo coas túas novelas sorprendentes. Coas túas novelas sorprendentes nos gustaba como alegrabas a Galicia e enchías de ímpetu a xente sen ningún tipo de cobiza. Ramiro
Relegado da súa función pública refuxiouse no ensino privado, e dende o 1950 ata o 1965, ao colexio Fingoi estivo dedicado. Nos seus últimos anos de vida escribiu unha moderna novela, Scórpio púxolle de nome, que gañou premio da Crítica Galega. Irene
Este ano o 17 de maio celebramos con moito esmero o Día das Letras Galegas dedicado a Carvalho Calero. Dende que naceu en Ferrol e ata o seu falecemento, escribiu poesía en castelán e galego, sempre con moito sentimento. Licenciouse en Santiago na carreira de Filosofía e Letras, e participou no movemento galeguista, canda outros amigos poetas. Estivo dous anos preso, recluído nun cárcere de Xaén; pois foi considerado separatista, por alguén que non pensaba coma el. Chegado o ano 1941 coa liberdade provisional regresou á súa orixe, ao seu Ferrol natal.
Ricardo Carvalho foi moitas cousas e hoxe dedicarémoslle as nosas coplas As nosas coplas falan da súa vida tamén da súa obra que é moi entretida Que é moi entretida é a súa vida e este naceu na Galiciña Na Galiciña, na parroquia de Ferrol o 30 de outubro con moito esplendor Con moito esplendor aprendeu a ler axudado da súa nai e con moito saber
E con moito saber comezou bacharelato e fixo unha carreira e entrou no seminario E entrou no Seminario de Estudos Galegos no que chegou a ser secretario e conselleiro Secretario e conselleiro foi só uns anos. Participou na Guerra Civil e ao cárcere foi condenado E ao cárcere foi condenado durante doce anos e só cumpriu dous deses anos Dous deses anos foron un borrador na vida de Ricardo que traballou de profesor
Que traballou de profesor en Santiago e Lugo e está considerado un ideólogo moi chulo Un ideólogo moi chulo do reintegracionismo que defendeu o galego e o puxo en compromiso E o puxo en compromiso porque el dicía que o galego e o portugués son case a mesma lingua Son case a mesma lingua pero estaba equivocado xa que o galego é extraordinario É extraordinario todas as obras que Ricardo fixo tratando moitas cousas
Tratando moitas cousas dende o rural, pasando pola súa vida, e tamén polo teatral E tamén polo teatral fixo varias pezas onde destacou a obra Catro pezas A obra Catro pezas foi considerada a máis coñecida e representada E representada tamén foi outra, A farsa das zocas e con moita honra E con moita honra Os contos populares da provincia de Lugo foron inalcanzables
E na lingua falada tamén publicou narrativa galega como Scorpio Como Scorpio Ricardo ademais fixo literatura e gramática, ao alumnado ía dirixido Ao alumnado ía drixido e para o profesorado xa que non tiñan gramática en galego explicado En galego explicado fixen esta copla para facerlle a Ricardo a súa merecida honra A súa merecida honra regalámoslle este día porque sempre estivo a servizo de Galicia María
Hoxe o Día das letras celebramos, con gran entusiasmo esta festa desfrutamos en honor a Ricardo Carvalho. Este dezasete de Maio Festexamos o gran traballo Que nos transmitiu con tanto entusiasmo O gran Ricardo Carvalho Naceu en Ferrol O trinta de outubro da súa nai aprendeu a usar o galego
Hoxe volvemos coas coplas falareivos de ricardo carvallo espero que o pasedes ben escoitándoas recítaas martín, listo coma un allo. Ricardo Carvallo naceu en Ferrol , na cidade o 30 de outubro de 1910 alí pasou a súa mocidade era fillo de María Dolores e Gabriel. O ensino primario realizouno en Ferrol , nunha escola na rúa Madalena nun colexio dirixido polo escritor Manuel Comellas, o bacharelato fíxoo por libre facendo exames, a súa cualificación foi de sobresaliente En 1931 acabou a carreira en Santiago obtendo altas cualificacións xa que estudou duramente e non foi un vago e non puido tomarse nin unhas pequenas vacacións Santiago
Estudou a carreira en Santiago con sobresaliente facéndoa en só catro anos coa súa cabeza e a súa mente Escribiu un montón de libros coma A xente da Barreira cada un mellor que os outros coma As pitas baixo a choiva Por desgraza morreu en 1990 pero será recordado por toda a súa lenda. Raúl
Non quedará no esquecemento foi un gran profesor non pasou desapercibido e naceu en Ferrol. Estudou dereito desde xuvenil foi facer a mili e á Guerra Civil. Á Guerra Civil defendendo a República fixo cousas sen fin e a súa vida é única. Álvaro
Volvemos coas coplas vou falar dun galego unha gran persoa, Carvalho Calero. Carvalho Calero tivo unha gran carreira por iso lle dedicamos as Letras Galegas. Defendía o portugués e facía novelas naceu no dez e morreu no noventa. Morreu no noventa deixou todo ben feito foi á universidade e estudou dereito As Letras Galegas son polo seu percorrido fixo cousas perfectas e non quedará no esquecemento
Coplas de 3º ESO B
Como todas as persoas tivo obstáculos que atravesar xa que foi detido e na cárcere dous anos tivo que estar Pero isto non lle iba impedir seguir coa súa vida, polo que comezou a escribir e chegou a ser profesor E escribiu a novela “Scórpio” e ademais de todo isto foi ideólogo do reintegracionismo E por estas cousas e máis este ano é dedicado o día das letras galegas a Carvalho Calera . Ainhoa Mia
Pois imos comezar con estas coplas para poder explicar a vida de Carvalho Calero A vida de Carvalho Calero comezou en Ferrol e non rematou alá , senón que foi en Santiago Nesta cidade, Santiago de Compostela , foi o primeiro catedrático da lingua e literatura galega Esta foi a súa lingua materna na que escribiu grandes éxitos como “Catro Pezas”, entre moitos outros Do Seminario de Estudos Galegos chegou a formar parte e a cultura galega a estudou e divulgou
Parando a escribir algo sobre A xente da Barreira que despois da Civil Guerra foi a novela primeira E logo desta primeira en galego reintegrado escribiu sobre Scorpio no que non ficou calado Calados tampouco estamos porque estamos celebrando as nosas letras galegas ai de hoxe en mil anos. Nuria Ramos Cuba
Moi bos días para todos hoxe vimos informar sobre as letras galegas ás que hoxe imos honrar Ás que hoxe imos honrar ao igual que este home que loitaba por Galiza para que o galego innove Para que o galego innove desde Ferrol a Santiago pasando por Fingoi-e parando a escribir algo
Naceu no Ferrol nun fermoso día Carvalho Calero defensor da lingua. Defensor da lingua toda a súa vida por iso este ano adicámoslle este día. Adicámoslle este día a súa figura e as súas obras que sempre perduran. Lin
Benvidiños meus amigos, xa chegou o día xa, do noso Carvalhiño, ben o imos festexar. Foi un home moi humilde, sempre pensa nos demais, ademais de boas letras, tamén ía polo pan. Deuno todo por Galiza, sempre foi moi leal, ese esforzo demesurado, hoxe é recompensado. Iria
Carvalho Calero en Ferrol naceu. Con setenta e nove anos en Santiago morreu. En Dereito e Filosofía alí se licenciou. Defendeu o galego con moita ilusión en crearlle a gramática puxo o seu corazón. Narrativa, poesía e teatro creou algún seu poema se fixo canción. Noa
Hoxe imos celebrar o día das nosas letras o Día das Letras Galeras e para celebralo ben temos que escoller a alguén e este ano escolleuse a un ferrolán de nome Carvalho. Fixo unha carreira en Compostela foron catro anos e coas mellores notas a pesar diso el vivía a nosa filosofía a do noso pobo a filosofía galega. Nicolás
Moitas grazas !