Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
ADMISIÓN CICLOS GRAO MEDIO E SUPERIOR
Patricia Romero
Created on May 19, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vaporwave presentation
View
Animated Sketch Presentation
View
Memories Presentation
View
Pechakucha Presentation
View
Decades Presentation
View
Color and Shapes Presentation
View
Historical Presentation
Transcript
Presentación
ADMISIÓN CICLOS GRAO MEDIO E SUPERIOR
Patricia Romero Rey "O curruncho da orientadora"
ÍNDICE
Procedemento para a solicitude
Vídeo explicativo para a preinscripción
Prazo de presentación de solicitudes
Adxudicación con praza noréxime ordinario
Requisitos de acceso graos superiores
Requisitos de acceso graos medios
Alumnado con discapacidade
Distribución de prazas
Matrícula e renuncia
12
10
11
Liberación de prazas
Adxudicación continuada
Matrícula simultánea
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- PERÍODO ORDINARIO
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- PERÍODO EXTRAORDINARIO:
PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE
- A solicitude vía web é obrigatoria e realizarase para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
- No réxime ordinario deberá cubrirse unha única solicitude para cada grao, onde constarán por orde de preferencia os ciclos que desexe cursar e os cetros onde se impartan. Hai un máximo de 5 peticións de ciclos e centros.
- Logo de realizar a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instruccións individualizadas para cada solicitante. Este impreso indica a documentación que cómpre achegar.
- Este impreso deberá ser debidamente entregado e en prazo, en calquera centro público de Galicia onde se imparta a Formación Profesional.
- No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata xa dun documento validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso este trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE
- AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE SOBRE COMO REALIZAR A SOLICITUDE WEB (SEGUIDE BEN OS PASOS).
PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE
- AQUÍ VOS DEIXO O ENLACE DAS INSTRUCIÓNS XERAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN (SEGUIDE BEN OS PASOS).
VÍDEO EXPLICATIVO PARA FACER A PREINSCRIPCIÓN
AS PERSOAS CON PRAZA ADXUDICADA NO RÉXIME ORDINARIO PODEN:
- MATRICULARSE: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos.
- RENUNCIAR Á PRAZA: deberase facer nos prazos establecidos en calquera centro que imparta Formación profesional ou a distancia a través da aplicación informática. A renuncia afectará á praza que foi adxudicada e todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza a que se renuncia.
- NON MATRICULARSE NIN RENUNCIAR: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para o réxime e só poderán matricularse en prazas que queden vacantes ou liberadas.
REQUISITOS DE ACCESO GRAO MEDIO
- Título da ESO (por calquera itinerario).
- Título técnico auxiliar.
- 2º BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos.
- 2º curso de primeiro ciclo experimental da REM.
- Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, 3º curso do plan de estudos de 1963 ou 2º curso de comúns experimental.
- Título profesional básico.
- Módulos obrigatorios dun PCPI.
- Outros estudos declarados equivalentes a algún dos anteriores.
- Quen superase un curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
- Quen superase a proba de acceso a ciclos de grao medio ou superior, proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e a proba de acceso a ciclos de grao medio e superior das Ensinanzas Deportivas ou Artes Plásticas e Deseño.
REQUISIOS DE ACCESO GRAO SUPERIOR
- Título universitario.
- Título de técnico superior ou de técnico especialista.
- Títuto de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de Bacharelato LOMCE.
- Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE.
- COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou equivalentes.
- BUP.
- Título técnico.
- Outros estudos equivalentes aos anteriores.
- Quen superase a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS NOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DO RÉXIME ORDINARIO
GRUPO A: persoas que posúan o título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
70%
GRUPO B: persoas que teñan o título profesional báisco ou módulos obrigatorios dun PCPI.
20%
GRUPO C: persoas que teñan certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos.
10%
AS PRAZAS OFRECIDAS PARA CADA CENTRO E CICLO DISTRIBÚENSE EN TRES COTAS:
- COTA XERAL
- COTA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE LEGALMENTE RECOÑECIDA
- COTA PARA DEPORTIVAS DE ALTO NIVEL OU ALTO RENDEMENTO.
PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA GRUPO (CICLOS MEDIOS)
- Alumnado con título de graduado en ESO.
- Outras titulacións equivalentes :
- Alumnado con título técnico auxiliar.
- Alumnado cun máximo de 2 materias pendentes nos dous primeiros cursos de BUP.
- Alumnado co título de bacharelato superior.
- Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos , o 3º curso do plan de 1963 ou 2º de comúns experimental.
GRUPO A
PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CACDA GRUPO (CICLOS MEDIOS)
- Alumnado con título de Formación Profesional Básica que recolla no seu currículo ter preferencia para a admisión ao ciclo formativo de grao medio que solicita.
- Alumnado co título de Formación Profesional Básica que non recolla no seu currículo a preferencia para a admisión ao ciclo de grao medio que solicita.
- Alumnado que superara os módulos obriatorios dun PCPI.
GRUPO B
GRUPO B
PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CACDA GRUPO (CICLOS MEDIOS)
- Alumnado con proba de acceso a ciclos de grao medio ou con curso de formación específico para o acceso a estes ciclos.
- Alumnado con proba de acceso a ciclos de grao superior.
- Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou proba de acceso a grao medio e superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño.
- Alumnado con título de técnico.
- Alumnado con certificación de ter superadas as materias do bacharelato na LOMCE.
- Alumnado con título de bacharelato.
- Alumnado con título técnico superior ou técnico especialista.
- Alumnado con título universitario.
GRUPO C
PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA GRUPO (CICLOS SUPERIORES)
- Alumnado con título de BAC da modalidade preferente e coas materias que se determinan no currículo do ciclo.
- Alumnado con título do BAC da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas que se determinan no currículo do ciclo.
- Alumnado co título de BAC sen modalidade preferente das determinadas no currículo. Alumnado que superara COU ou PREU.
- Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelatobacharelato LOMCE da modalidade preferente.
- Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato LOMCE da modalidade preferente.
- Alumnado con título de bacharelato unificado ou polivalente (BUP)
GRUPO A
PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CACDA GRUPO (CICLOS SUPERIORES)
- Alumnado co título técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
- Alumnado co título técnico de formación profesional de diferente familia profeisonal que o ciclo formativo de grao supeior que se solicita.
GRUPO B
GRUPO B
PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CACDA GRUPO (CICLOS SUPERIORES)
- Alumnado con proba de acceso a ciclos formtivos de grao superior.
- Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Alumnado con título de técnico superior ou técnico especialista.
- Alumnado con título universitario.
GRUPO C
EN CASO DE EMPATE.....
EN CASO DE EMPATE.....
SELECCIONARASE EN VIRTUDE DO SEXO MENOS REPRESENTADO NA ÁREA PROFESIONAL NA QUE SE DEMANDE PRAZA..
DE PERSISTIR O EMPATE, RESOLVERASE POLA LETRA DO APELIDO SEGÚN O RESULTADO DO SORTEO. - Letra T-G para o primeiro apelido. - Letra E-X para o segundo apelido.
VS
+info
+info
ALUMNADO QUE ACCEDE POLA COTA DE DISCAPACIDADE
- O alumnado que acceda a prazas reservadas para persoas con discapadidade asistirá a unha reunión individual convocada polo Departamento de Orientación do centro educativo que solicitou en primeira opción.
- Será obrigatorio levar o certificado do grao de discapacidade e o ditame técnico facultativo a reunión. Tamén se poderá achegar outra documentación que se estime oportuna.
- A finalidade da reunión será que a persoa reciba información sobre o currículo das ensinanzas solicitadas, en particupar sobre a dificultades que a consecuencia da discapacidade poidan aparecer para a adquisición dos resultados de aprendizaxe.
- O Departamento de Orientación emitirá un informe, que proporcionará a persoa solicitante, onde constará unha orientación específica e se incluirá unha proposta razonada de escolarización en función das necesidades da persoa solicitante.
- De ser necesario poderase contar coa axuda do EOE da provincia.
- Poderanse solicitar informes dos membros da inspección médica para valorar as solicitudes do alumnado con dispacidade e as posibles limitacións para cursar con aproveitamento as ensinanzas.
MATRÍCULA E RENUNCIA
- As persoas con praza adxudicada en cada fase do proceso teñen obriga de matricularse nos prazos que se indiquen.
- No 1º curso do réxime ordinario, quen non fose admitido na praza solicitada en primeiro lugar poderá renunciar á praza outorgada nos mesmos prazos establecidos para a matrícula. Esta renuncia implica tamén desistir de todas as demais prazas solicitadas en opcións de menor preferencia a esa, permanecento nas listas de espera das opcións con prioridade.
- A renuncia deberase realizar a través da web de admisión no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación.
10
LIBERACIÓN DE PRAZA
- A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá liberar prazas vacantes do ciclo formativo ata o 4 de outubro ás 13:00 horas para o alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso.
- Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.
- A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase atopar na páxina web de formación profesional.
11
ADXUDIACIÓN CONTINUADA
- Logo de finalizados os prazos de matriculación abrírase un proceso de adxudicación de prazas vacantes residuais nas que exista lista de espera.
- Os centros con prazas nesta situación, efectuarán chamamentos telefónicos ás persoas que corresponda segundo a lista de espera para cubrir as prazas vacantes.
12
MATRÍCULA SIMULTÁNEA
- O alumnado matriculado nun ciclo formativo, en bacharelato ou en ESO poderá solicitar a autorización de matrícula simultánea de acordo co procedemento.
- O prazo de presentación soe ser dende o 24 de setembro, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa lista de espera, ata o 27 de setembro.
¡GRACIAS!
Patricia Romero Rey "O curruncho da orientadora"