Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

TEAconsellos: AXUDAR A APRENDER NA CASA

FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

Created on May 14, 2020

Aínda que xa levamos tempo confinados, sabemos que está sendo unha tarefa complexa a aprendizaxe na casa. Fomentar as rutinas para realizar do propio traballo das persoas con TEA pode supoñer a superación de forma máis satisfactoria das dificultades que podamos atopar. Material elaborado por www.autismogalicia.org

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

TEAconsellos

AXUDAR A APRENDER NA CASA

#quedanacasa

Aínda que xa levamos tempo confinados, sabemos que está sendo unha tarefa complexa a aprendizaxe escolar/ académica na casa. Fomentar as rutinas para realizar do propio traballo das persoas con TEA pode supoñer a superación de forma máis satisfactoria das dificultades que podamos atopar.

É importante marcar no seu horario o tempo de traballo ou deberes. Cando prestemos axuda, debemos ter en conta se a persoa é autónoma na realización das tarefas, se é autónomo pero require do apoio do adulto, se require de apoio constante, se podemos facer visitas de supervisión, etc, e ir adaptándonos e flexibilizando ese apoio.

Se require apoio constante e sabemos que pode ser máis autónomo, podemos pactar con el as veces que poderá pedir axuda, sempre cando isto non poida xeral estrés, e indicarlle cando fará as tarefas con papa, cando con mama, cando só, etc.

PARTIR DE:

É importante ter presente que con estrés ou a vulnerabilidade á sobrecarga emocional e sensorial ,non se pode aprender. Non debemos presionar; se un día non se estudia non debemos esaxerar, non pasa nada. Debemos ser o apoio na aprendizaxe da persoa, non a persoa que poida ser percibida como causante dun malestar emocional insufrible.

O estrés pode aparecer se non hai unha comprensión das tarefas que lle está pedindo o profesorado. É importante que lle deamos apoio e lle axudemos a traducir o significado da tarefa. Pode axudar a isto dicirlle que para que capte o obxectivo da tarefa vaia o verbo da pregunta: ¿ Cal de todas as palabras da pregunta representa unha acción solicitada?

QUE DEBEMOS TER EN CONTA

CREAR UN HÁBITO DE ESTUDO

Teñen que entender que o curso non rematou, que aínda non chegaron as vacacións e que pola situación que nos toca vivir temos que realizar as tarefas do colexio na casa e seguir as indicacións que nos chegan por parte do profesorado.

Para facilitar a toda a familia a xestión do día, considera a posibilidade de establecer un horario para cada membro da familia ó que a persoa con TEA poda remitirse para pescudar que actividades están programadas durante o día. Podemos comezar polas tarefas que lle gusten, seguir por tarefas fáciles e pasar as máis difíciles, e rematar cunha tarefa que lle guste de novo

LUGAR DE TRABALLO

Debemos habilitar un lugar de traballo preferiblemente con luz natural, sen elementos de distracción, e só co material que necesite para desenvolver as tarefas. Pero sempre tendo en conta que se cadra o feito de levantarse e moverse lle resulta positivo.

ORGANIZACIÓN

Axudarlle non significa facer as cousas por el, senón explicarllas e darlle un pouco de marxe. Podes explicarlle as tarefas pola mañá coa axuda do calendario ou traballar con el para elaborar unha lista de tarefas que debe facer, para que o poida ter a man e acudir a el cando precise. Outra opción nestes momentos podería ser un calendario semanal ou quincenal no que se pacten as tarefas que envían os profesores.

Podemos planificar o tempo con períodos de descanso, tal e como se fai durante a xornada escolar. É importante acoutar un tempo para cada materia o tarefa. Ten en conta á hora de estudar o ritmo das tarefas: se necesita máis tempo, podedes tratar de pedir estas adaptación falando cos profesores. As tarefas largas podemos fragmentalas.Podemos deixarlle que escolla el/ela a orde das actividades.

MOTIVACIÓN

É importante fomentar a motivación en cada actividade ou paso realizado. Para isto é importante que teñamos unha posición firme e calmada pactando con eles e dando a instrucións de que a realización das tarefas nos permitirá acceder a outras tarefas máis gratificantes. Incluso pode ser convinte incluír algunha tarefa na que nos prevexamos o éxito.

Podemos ter en conta, se a persoa lle pode ser útil ,a opción dos reforzos visuais, tanto en imaxe, pictograma como unha palabra escrita, para lembrar a actividade seguinte ou como pedir axuda.

EXPLICACIÓNS

Podes axudarlle coas explicacións apoiándovos en vídeos, imaxes, debuxos ou exemplos da vida cotiá.

ESTAR ATENTOS O CANSANCIO

Se vemos que o teu fillo ou filla está con pouco ánimo ou enfadado, propón un descanso. Asomarse á fiestra ou moverse pode ser un momento bo de desconexión entre exercicios que requiren de un esforzo.Se vemos que lle custa moito, debemos facer esixencias máis pequenas.

ACTIVIDADES QUE PODEN SER DE UTILIDADE

Practicar ioga ou mindfulness pode axudar a relaxación e mellorar a concentración, entre outras actividades. Podedes recorrer a vídeos como o seguinte:

¡Graciñas, e en breve máis TEAconsellos

www.autismogalicia.org