Want to make interactive content? It’s easy in Genially!

Un alfabeto con textos de e sobre Carvalho e a súa obra

Over 30 million people build interactive content in Genially.

Check out what others have designed:

Transcript

Idea original: @MrCuarter

ALFABETO CARVALHÉS

Letras Galegas 20

A farsa das zocas, teatro é a súa peza máis popular. Ambientada na vida rural galega da posguerra, está baseada nun relato popular recollido en San Sadurniño. Caricaturesca, humorística, próxima ás grandes farsas do noso teatro, aborda o tema do interese económico. Henrique Rabuñal, https://adiante.gal/carvalho-calero-na-historia-do-noso-teatro

A xente da Barreira, a primeira novela escrita en galego após da Guerra Civil. ... É unha novela histórica no sentido de que parte da súa aczón se situa no pasado. A novela comeza a princípios do século XIX. Fala-se do exército de Sir John Moore, que perseguido polo exército francés entra en Galiza para embarcar-se na Coruña despois da batalla de Elviña. Mas é unha novela pola que o tempo transcorre rapidamente. Hai várias xerazóns de señores da Barreira, e os últimos indivíduos da família dos Frade de Eirís aos que se cita ou aos que se alude na novela son xa contemporáneos meus. É unha novela histórica nese sentido... Por que escrivin esta novela?... A causa determinante foi, como teño dito en algunha ocasión, o contacto que estabelecin, através doutras persoas, cun mundo que a min, nado no Ferrol vello, xunto ao mar, me era descoñecido. O mundo rural coa relazón complicada, intensa e pintoresca entre os diversos estamentos da decadente aristocrácia que vive no pazo e a paisanaxe que rodea o pazo. Aínda que nesta novela, que algunhas veces foi calificada como “novela de pazo”, nunca se chama pazo á casa da Barreira. Relatos de persoas que viviran ese mundo, que nasceran nese mundo, trouxeron ao meu coñecimento formas de vida que eu non tiña experimentado directamente. Seduziron-me muitas das notícias sobre ese tipo de vida rural, como, por outra banda, as vivéncias que se me comunicavan rexistavan a decadéncia da clase señorial, que se precipitou depois da revoluzón de Mendizával, sentin-me inclinado a articular, nunha obra literária que tivese mais ben o carácter dunha crónica, pero que eu trataria con absoluta liberdade, eses feitos, eses acontecimentos, eses tipos que realmente me seduzian. E asi nasceu A xente da Barreira. FERNÁN-VELLO, M. A. e PILLADO MAYOR, F., Conversas en Compostela con Carballo Calero, Sotelo Blanco, 1986, páx 113

Vieiros, libro de poesía Vieiros publicou-se no ano 1931... Hai, si, evidentes relazóns coa vangarda, ainda que é un vangardismo bastante moderado o deste livro. Efectivamente, xa conectara coas liñas fundamentais de desenrolo da poesia galega naqueles tempos. E hai, ainda que mui escasamente rexistáveis, certas conexóns coas tendenzas neotrovadorescas ou hilozoístas. Si, recordo que hai un poema escrito con arreglo aos critérios da poética trovadoresca, versos escritos con paralelismo, con leixaprén. FERNÁN-VELLO, M. A. e PILLADO MAYOR, F., Conversas en Compostela con Carballo Calero, Sotelo Blanco, 1986, páx. 74

Umha voz na Galiza. Artigos de jornal (1933-1989), Sotelo Blanco, 1992,. 330 pp. Publicación póstuma

Os tumbos, relato curto Condúcenos a esa casa de veraneo con horta e merlo, con coellos e galiñas, con caza de grilos e moscas. Era a casa dos trasnos vividos por unha crianza que aínda non chegou ao decenio. A anécdota revélanos como nas noites daquela case se ouvían "tumbos” e como a neneira cría ver un fantasma na súa alcoba. Tamén como un consumeiro era alcanzado por misteriosas mazás voadoras. Coa Benemérita presente, a cociñeira confesa o seu pecado de amor: un mozo mariñeiro na cidade á que ela pretende volver de contado. O dos tumbos e o das mazás foron cousa súa, pecado que deberá pagar co seu despedimento, pero tamén coa simpatía do narrador. Rabuñal, Henrique, Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, Galaxia, 2020, páx. 138

Scórpio, a súa última novela ... unha as obras de Carvalho máis celebradas pola crítica literaria, tanto pola súa orixinalidade técnica e polas súas achegas estilísticas como por servir de reflexión e memoria individual e colectiva para o período 1910-1939 nunha interacción premeditada entre ficción e memoria e nunha meditación sobre a guerra e as súas consecuencias para a xeración de Carvalho e para os seus ideais... Esa riqueza e pluralidade de voces narradoras, a axilidade do relato, a a contradición entre as luces e as sombras que acompañan o protagonista mudo, a honestidade con que viaxamos ao pasado e a presenza de figuras femininas son elementos moi determinantes. Rabuñal, Henrique, Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra, Galaxia, 2020, pp. 143-45

Reticências, poemario póstumo. Eu fum alguém? Talvez ninguém? Anacos esparguidos que sucessivamente hóspedes forom dum espaço ausente, cántaro fornecido de buracos? Mil sentinelas fum que se revelam no oco estrutural de umha guarita? Que jerarca estas guardas necessita que o seu segredo no silêncio escrevam? Furnas que encherom vagas incessantes, pousada de incontáveis peregrinos, ámbito para múltiplos destinos, molde só de moedas circulantes. Talvez nom fum ninguém. Tam só unha estrada por onde os pés dos deuses fam jornada.

Provérbios otomanos "De Selim a Solimám" relato curto publicado en Agália, nº 4 (1985) pp. 475-76 Velaquí o inicio:

Os xefes, peza teatral (1982) ... eu busquei expresar a ambigüidade da política mediante dous actos simétricos: o que se desenrola no cuartel xeral dos sitiadores e o que se desenrola no cuartel xeral dos sitiados; e despois, unha síntese, representada no acto terceiro; e a escena final cuxo protagonista é o reloxio... Ten unha estrutura interna inteiramente realista, pero, sen embargo, efectivamente, é expresión dun pensamento e, claro, nese sentido pódese considerar como unha parábola... O que utilicei da guerra civil foron certos coñecementos da vida militar. Por exemplo as personaxes que falan de estratexia e de táctica cunha certa soltura que dificilmente podería eu supoñer nos seus labios se non tivera vivido dalgún modo a guerra mesma e aproveitei frases que se pronunciaron durante a guerra civil: "Imporei a miña vontade coa vitoria"; isto dixérao Franco. "Non pasarán" tamén está... A ministra de propaganda do bando sitiado... Da Pasionaria, si. O pulo, a enerxía con que actúa, a completa seguridade con que fala son proprios dela... A esencia do pensamento da obra consiste en expresar a certeza dos xefes de que están eventualmente en situación de adversarios, pero que en realidade pretenden o mesmo... A ambigüidade da política, a ambigüidade da vida pública, é, se cadra, a idea que subxace á obra... É un drama inteiramente político, aínda que non é un drama partidista en nengún sentido. (in Carmen BLANCO, Conversas con Carballo Calero, Galaxia, 1989, pp. 260-69 )

Orfo de nai (unha das vítimas da gripe do 18) con nove anos E calquei a soleira bretemosa. E guirlandas de rostos ensoñados de destinos co meu onte cruzados, cercaron-me en benvida silenciosa. Coa lenidade do abalar da rosa, de doce néboa os ollos ateigados, femínea sombra, os pes de paz calzados chegou-se a min sorrindo garimosa. Semellaba-me. ¡Deus! Vin-me a min nela. Pero era nova máis ca min. Por ve-la acaroei-me. – ¿O teu nome? E alguén: – Di-llo. – Na terra foron os meus anos menos –falou–, mais vin primeira os teus acenos. Dixen eu entón: –Nai. Dixo ela: – Fillo. in Pretérito imperfeito (1927-1961), 1980, páx. 195

María Silgar, pseudónimo María Ignacia Ramos Díez profesora e escritora, desde 1933 cónxuxe de Carballo Calero e é a súa colaboradora. No período de guerra e posguerra en que Carballo estivo preso en Xaén, mantivo á familia traballando en varias academias de Ferrol, acompañando con posterioridade ao seu marido en Lugo e Santiago, cidades onde tamén exercerá a docencia. É autora da obra de teatro Avoas na modista. Ao enviuvar, dedicouse a manter viva a memoria do seu marido. Te he precedido, niña de los ojos castaños, pocos meses en venir a este mundo triste; a tí el peplo sutil de la dicha te viste, yo perdí la fragancia de nuestros quince años. Y no han sido traiciones, no han sido desengaños; es, niña de castaños ojos, que en mi alma existe algo que debe ser como un extraño alpiste que seduce a los pájaros oscuros de los Daños. ¡Oh niña de castaños ojos! Tú eres dichosa y yo infeliz. Tú tienes en el pecho una rosa fragante; yo un espino implacable y esquivo que me produce una herida dolorosa. ¿y te enoja esta divergencia, misteriosa? Niña de ojos castaños ¡tú sueñas y yo vivo! (“Los ojos de María” in Trinitarias, poema que lle dedicou Carvalho na época de noivado)

En Lugo pasou 15 anos da súa vida PARQUE (LUGO) Nesta hora de cedo, un mendigo dormindo nun banco, o guarda, o sol e eu estamos sos. No tanque, as brancas aves que tanto amou Rubén Darío, douses feitos con giz, escreben na auga clara: 2222. Todo o lume do sol non pode derreter a plumage de neve. Cheias de doces chios, as árbores son as gaiolas voluntárias da paxariada ceibe. La baixo vai o Miño, Presidente da Unión de Rios da Terra. A paisage galega destacou duas ringleiras de ameneiros para cubrir-lle a carreira. As torres de catedral, lamentando que se non deteña, renden-lle desde longe a homenage do seu sorriso de pedra. Lugo, en lembranza do seu paso, feira-lle un peite de honor -a ponte- para peitear as suas barbas crechas. in Vieiros (1931)

Um dos perigos que espreitam o galego quando se trata da sua normalizaçom, é o perigo do seu isolamento como conseqüência da aceitaçom inconsciente por parte dos normalizadores dumha situaçom histórica anormal: a sua separaçom política das demais pólas do mesmo tronco. Que o galego se desenvolvesse de costas aos demais falares da franja peninsular ocidental, deveu-se à integraçom de Galiza no reino de Castela. As distintas opçons morfológicas, sintácticas ou léxicas que se davam no romance antigo, forom objecto de selecçom distinta ao norte a ao sul da fronteira como conseqüência da falta de contacto entre os falantes. O português escolheu umhas formas e o galego outras porque estavam adscritos a administraçons diferentes (...) os dialectos do galego estam fora de Galiza, e hai que tê-los en conta se nom queremos ser o Robinson lingüístico dos tempos modernos(...) os problemas do galego som, ou forom, em grandíssima medida, os problemas do português (...) O português é galego-português, o mesmo que o galego. Seríamos um Robinson voluntário que renuncia às vantages da comunicaçom social, se nos isolássemos rejeitando o trato dos nossos congéneres(...) É evidente que hoje o galego é distinto do português; mais as vantages dumha inteligência entre os dous co-dialectos que facilite a difusom das nossas letras e permita aproveitar a experiencia da língua literária mais desenvolvida, parece ser a conduta natural e razoável. Carvalho Calero, R., “Nom estamos sós” in Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (editora.: Mª Pilar García Negro), Laiovento, 2019 (2ª ed. revisada e acrecentada), pp. 160-162

A Historia da literatura galega contemporánea .. foi a obra en que invertín, efectivamente, un maior número de horas de traballo e na que consumín un maior número de anos en reunir datos, consultar textos e organizar sistematicamente a materia. Esa obra non vai máis alá da miña propia xerazón. Foi concebida desde o primeiro momento por min dentro dos límites que se me sinalaron... (in Carmen BLANCO, Conversas con Carballo Calero, Galaxia, 1989, páx. 113)

Galego (de lingua e nación) Non vemos a Galiza falando noutra língua que o galego. Unha língua non pode perpetuar-se se non se exercita, unha língua non pode realizar-se se non proxecta sobre un mundo real. (...) Se queremos de verdade que o galego viva, temos que facé-lo viver todas as vivéncias da sociedade actual. Non só as vivéncias estéticas... senón tamén as vivéncias do uso coloquial, do uso comercial, do uso notarial, do uso administrativo, do uso relixioso e do uso político. A língua galega ten que ser a língua normal dos galegos. (...) Moito máis urxente que a consagrazón dunha forma normativa que exclua as formas dialectais... é a normalización do idioma en todas as esferas da vida... de xeito que os habitantes desta terra, como dicia Castelao, saiban usar con igual prestáncia o galego e o castelán, o que lles conferirá un estatuto privilexiado dentro dos falantes de línguas románicas, pois aos trescentos millóns de usuários do castelán hispanoamericano haberá que acrecentar, polo menos, a metade dese número de usuários do galego-portugués: de xeito que os galegos que dominen esas duas línguas están en condicións de entender-se co maior bloco de falantes románicos do mundo. (...) Mais non se concebe que, se hemos ter algunha forma de autogoberno, renunciemos ao uso do idioma próprio, que é o signo sacramental da nosa personalidade, tanto máis canto non se trata dun idioma puramente doméstico, condenado a non asobardar endexamais as fronteiras do país, senón, como temos visto, do segundo romance máis falado, pois non é senón unha modalidade do galego-portugués, extendido pola superfície do globo e cun censo de cento sesenta millóns de falantes que non amostran entre as distintas normas en que se realiza o sistema, variantes máis significativas que as que matizan as diversas modalidades do español xeral, ou hispano-americano. Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (editora.: Mª Pilar García Negro), Laiovento, 2019 (2ª ed. revisada e acrecentada), pp. 187-190 e 273

Onde naceu Em Ferrol Velho nasci; minha Virgem «parrocheira» apareceu-se-me um dia espida de pé e de perna. O trevo das quatro folhas (1944) FERROL 1916 Cinco duros pagábamos de aluguer. Era um terceiro andar, bem folgado. Pola parte de atrás dava para o Campinho, e por diante para a rua de Sam Francisco. No segundo vivia a minha tia aboa: Tiña unha peza cheia de paxaros disecados que só abria os dias de festa para que os nenos disfrutásemos nela. Ainda vivia minha mãe e todos os meus irmaos viviam, e em frente trabalhava o senhor Pedro o tanoeiro, e a grande tenda de efeitos navais mantinha o seu trafego. Na casa tinhamos pombas e, por suposto, un grande gato mouro; e o mue pai era novo ainda e no mar do mundo cada dia descobria eu unha ilha. Via o mar da minha fiestra, e chegavam cornetas da marinha. E baixava os degraus duas vezes ao dia para ir à escola, e duas vezes rubia-os de volta. (de Avalon in Futuro condicional)

Evocazón da infáncia perdida, título dun poema de Vieiros (1931) (...) Eu, neno, matei a miña infáncia co coitelo da miña gravidade. No relógio adiantado da miña vida, a agulla da miña vontade asinalaba a hora da colleita cando ainda non era a hora de sementeira; asinalaba a hora do roibo amor cando era a hora do branco jogar; e ateigado cedo da ciéncia da dor, o meu rouxinol puxo-se a cantar ainda antes de aprender a voar. Cando era a hora do viver, foi para min a hora do coidar.

Carvalho Calero viviu a docencia de xeito vocacional e nela foi un pioneiro, no Lugo do colexio Fingoy: un “colexio experimental”, con definidas liñas pedagóxicas: unha educación disposta como utilidade inmediata para a vida e unha acción formativa, lonxe da erudición libresca, nunca imposta como disciplina desde o exterior. En resumo, pedagoxía viva, creativa e participativa. (FERNÁN VELLO, M. A., “Colexio Fingoi” in El Progreso, Lugo 9/12/2017) e na Compostela do instituto Rosalía de Castro ... no Rosalía de Castro, eu realicei un labor para min enormemente agradábel, cunha enorme vocación e cun enorme entusiasmo; eu tiven alí nenas de primeiro ano, ás que había que ensinar a redactar, pero todo iso o facía con enorme gosto, é dicer, que aunque fun profesor universitario, nos anos como profesor de ensino medio e, mesmo referíndome aos meus esforzos coas alumnas dos primeiros anos, para min carecían totalmente de espiñas. (in BLANCO, Carmen, Conversas con Ricardo Carballo Calero, Galaxia, 1989, páx 45) e da universidade como o seu primeiro catedrático de lingüística e literatura galega.

Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso é unha biografía sobre o homenaxeado nas Letras deste ano da que di Héctor Cajaraville, o seu autor: ... sobre todo quixen que quedase claro o seu compromiso permanente coa lingua, como creador, como intelectual e como docente. Un compromiso que o levou, como el mesmo recoñeceu, a abandonar a súa vocación de escritor, sobre todo de poeta, para desenvolver outro tipo de angueiras: elaborar unha gramática da lingua practicamente en solitario, abordar unha historia da literatura galega como nunca antes se fixera, compartir o seu coñecemento cos demais, abandeirar todo tipo de actos vinculados á defensa da lingua...

Eu quéroo lembrar neste intre no seu despacho, rodeado deses libros que el mercaba, que el colocaba, cuidaba e, sobre todo, consultaba unha e outra vez. Os libros eran para el ferramentas de traballo. Como tal os tratou, como tal os valorou, e a nosa esperanza é que no futuro sigan servindo para o mesmo a todos aqueles que queiran seguir a traballar polas mesmas causas. (Margarida Carballo Ramos, intervención no Parlamento Galego, 27 de xuño de 1997) ... que esta biblioteca que estamos a formar sirva para o que, sen dúbida algunha, houbera querido D. Ricardo: que sirva a Galicia, que sirva para acadar esa Galicia que todos queremos. (Victorino Núñez, intervención no Parlamento Galego, 27 de xuño de 1997)

Título dun poema do seu libro Vieiros (1931): Vello era o rei. Morría de friage por moito que de tenra lá o cobrian. Dixeron os seus servos, coidadosos: -Busquemos unha virgenciña nova que o agarime e o abrigue, e no seu leito durma, e o aqueza a sua carne quente. Todas as terras de Israel correron. En Sunam de Isacar rapaza acharon docemente formosa. Era o seu nome Abisag. E levaron-lla a David.