Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
xOGOS TRADICIONAIS
pablomart.ef
Created on May 7, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Memories Presentation
View
Pechakucha Presentation
View
Decades Presentation
View
Color and Shapes Presentation
View
Historical Presentation
View
To the Moon Presentation
View
Projection Presentation
Transcript
Semana das letras galegas
xogos tradicionais
Ceip O Vicedo
¿Que son os xogos tradicionais galegos?
- Son xogos típicos de Galicia, que presentan unhas características propias dependendo da rexión onde se practiquen.
- Transmítense de xeración en xeración. É dicir, os maiores xa xogaban hai moitos anos, e son eles os que nolos poden ensinar.
- Agora nós temos que aprendelos e practicalos para manter viva a tradición e así poderllos ensinar nun futuro aos máis pequenos.
¡desfrútaos!
Índice
1. Os birlos 2. Carreira de sacos 3. A galiña cega 4. A rá 5. A zoadeira 6. A mariola 7. As chapas 8. Os pelouros 9. A chave
OS BIRLOS
MATERIAIS- 9 birlos (podedes empregar tubos de papel hixiénico ou cociña, botellas de plástico...) - 1 bola de papel - 1 caixa de cartón á que no xogo se lle chama "cega".
OS BIRLOS
DÍNÁMICA DO XOGO- Colócanse no chan os 9 birlos formando un cadrado - Detráis deles, a 50 cm. colocamos a "cega" (que é a caixa de cartón) - O obxéctivo é conseguir o maior número de puntos. Cada birlo derribado suma 3 puntos. Golpear a "cega" suma 5 puntos. .- A ver cantos puntos conseguides nunha tirada.
CARREIRA DE SACOS
MATERIAIS- Un saco ou unha bolsa o suficientemente grande para meterse dentro e que nos cubra ata a cintura
CARREIRA DE SACOS
DINÁMICA DO XOGO- Éste xogo é para facer nun espacio amplo e libre de obstáculos. - Teredes que metervos no saco ou bolsa e mantelo agarrado coas mans á altura da cintura. - O obxectivo é irse desplazando a saltiños, con coidado de non caer.
Podedes crear unha liña de saída e outra de meta, simulando unha carreira e medir o tempo que vos leva
a galiña cega
MATERIAIS- Un pano para tapar os ollos
a galiña cega
DINÁMICA DO XOGO - Un xogador cos ollos tapados deberá coller ou tocar aos demáis participantes. - O que panda está no medio e os demáis formando un corro ao seu redor e sen escapar. - Cando se toca a alguén tense que adiviñar o seu nome.
a rá
MATERIAIS - Garrafa de auga - Pinturas - Rotuladores de cores - Tesoiras - Cartóns ou folios brancos - 5 tapóns de plástico
PREPARACIÓN Pintamos de verde a garrafa e facémoslle uns ollos para que semelle unha verdadeira rá. Unha vez seca facémoslle un furado, que será a boca. Cos tapóns faremos as fichas. No interior deles, cun folio e un rotulador, marcamos diferentes números: 20, 15, 10, 5 e 3. DINÄMICA DE XOGO - Lanzamos as fichas intentando introducilas na boca da rá. - Imos xogando coa distancia do lanzamento, podemos comezar de cerca e irnos alonxando pouco a pouco. - Sumaremos tantos puntos como os valores das fichas que conseguimos meter na boca da rá. - Por exemplo, se encestamos as fichas de 10 e de 3 puntos, conseguiriamos un total de 13 puntos. 10+3=13 ¡A ver cantos puntos es quen de conseguir!
a rá
Fonte: http://xogos-tradicionais-corentena.weebly.com/
a zoadeira
MATERIAIS- Un botón mediano ou grande - Un cordel ou fío de lá
a zoadeira
DINÁMICA DE XOGO -Collemos o cordel polos seus extremos. - Dámoslle voltas ata enroscar o fío e deixamos que se desenrosque. - Coa inercia volverá a enrolar. A zoadeira empezará a fungar e o xogo rematará cando o decida o xogador/a
PREPARACIÓN- Collemos o cordel ou fío e pasámolo polos dous buratiños do medio - Atamos cada un dos extremos para deixar preso o botón
a mariola
PREPARACIÓN- Para comezar teremos que facer o campo de xogo cun xiz ou con cinta. -Tedes a imaxe ao carón. Non tedes que facer os debuxos, só numerar os cadrados do 1 ao 9. - Precisaredes tamén dunha pedriña ou algún obxecto para lanzar aos cadrados.
Fonte: edu.xunta.gal
a mariola
DINÁMICA DE XOGO
- Tírase a pedra na casiña un e sáltase á pata coxa, sen pisar na casiña que ten a pedra. - Ao chegar ás casiñas divididas con dous números (as casiñas 4 e 5, e as casiñas 7 e 8 ), porase un pé en cada unha simultaneamente. - Ao chegar á derradeira casiña, ou ben podemos dar por rematada a ronda ou dar a volta e repetir o percorrido. O obxectivo do xogo é facer o percorrido lanzando a pedriña a todos os números.
as chapas
MATERIAIS- Chapas de refresco ou tapóns de botellas - Moedas ou plastilina - Garavanzos
Preparade as chapas colocando unha moeda ou plastilina no fondo da chapa ou do tapón para que lle dea consistencia e peso.
as chapas
-A chapa podemos decorala con caras ou debuxos e pasarlle celo por enriba para que non se despegue. -Debuxade cun xiz ou con cinta un circuíto no chan, cunha saída e unha chegada. Neste circuíto poden facerse estacións do tipo de cárceres, pontes… -Golpeade co dedo índice a chapa, sin que saia dos límites do camiño debuxado, ata chegar á meta. -Quen saia do circuíto, debe comezar de novo.
os pelouros
MATERIAIS- 5 pedras pequenas, ás que se lle chaman os "pelouros" - En lugar de pedras pode valer algún obxecto pequeno que teñamos pola casa. Podedes probar con garavanzos
os pelouros
DINÁMICA DE XOGO - Esparcimos 4 pedriñas no chan e quedamos con unha na man. - Lanzamos a pedra (o pelouro) ao aire e mentres voa, coa mesma man, recollemos unha das que están no chan. - Cando o consigamos, repetimos o proceso ata recoller as 4.
Se o conseguides, podedes probar tamén a recoller as pedriñas de dúas en dúas, mentres que o pelouro está no aire.
E o último xogo que traio non é para que o practiquemos (de momento), senon para que o vaiades coñecendo. O seu nome non ten nada que ver co obxecto ao que fai referencia. Trátase de......
a chave
É un xogo de puntería que consiste en lanzar uns discos metálicos chamados pellos para acertar nunha peza metálica que se chama chave (que nada ten que ver coa chave de abrir as portas). Dependendo da rexión na que se xogue varían as súas normas, e mesmo a forma da chave. As máis coñecidas son 3: - Chave de Ourense - Chave de Ferrol -Chave de Santiago
O obxectivo é lanzar os pellos e golpear con eles a chave o maior número de veces posible, acadando unha serie de puntos en función do sitio da chave que se golpea.
Chave de Ourense
Chave de Ferrol
Chave de Santiago
¡pasádeo xenial!