Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

MotivaPresenta

Modesto Gomez

Created on May 5, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Transcript

motivación

en 10 puntos

MOTIVACIÓN

Unha persoa motivada é unha persoa soñadora que é capaz de comprometerse cos seus soños. É alguén que cre que utopía é tan só unha palabra chea de prexuízos.

PUNTO 1

MOTIVACIÓN

Unha persoa motivada é unha persoa con actitude e pensamento positivo que vai pola vida cun sorriso nos beizos e que cre que pode conseguir todo o que se propoña.

PUNTO 2

MOTIVACIÓN

Unha persoa motivada é unha persoa que é capaz de aventurarse a ir máis aló da súa zona de confort e que se atreve a penetrar na zona de aprendizaxe, que é esa área na que os retos persoais florecen continuamente e na que os cambios se suceden provocando melloras continuas.

PUNTO 3

MOTIVACIÓN

Unha persoa motivada é unha persoa que busca sen medo a felicidade, que se atreve a ser feliz aprendendo a concentrarse no que ten e pensando só no que realmente necesita.

PUNTO 4

MOTIVACIÓN

Unha persoa motivada é unha persoa que goza co que ten e co que fai e que se coida dos excesos de control e apego. É alguén que, lonxe de concentrarse no que lle falta, congratúlase polo que a satisfai e o que posúe.

PUNTO 5

MOTIVACIÓN

Unha persoa motivada é unha persoa que pensa de maneira ordenada nas súas necesidades, sen esquecerse de visualizar as súas metas e de aliñar os obxectivos precisos para alcanzalas.

PUNTO 6

MOTIVACIÓN

Unha persoa motivada é unha persoa que aprende a sortear os que se empeñan en convencelo de que nada é posible, de que nada é mellorable e de que nada é alcanzable. É alguén proactivo que non se deixa guiar pola reactividade nin se deixa influír pola radioactividade das persoas tóxicas que se empeñan en empequenecelo.

PUNTO 7

MOTIVACIÓN

Unha persoa motivada é unha persoa afeita a inhibir os bloqueadores da felicidade, que son a ansiedade, a seguridade, o desexo e o medo.

PUNTO 8

MOTIVACIÓN

Unha persoa motivada é unha persoa afeita a desaprender para aprender. Que desaprende como ser perfecta, porque sabe que na imperfección está a diferenza. Que desaprende como ser correcta, porque sabe que na asertividade está a verdade. Que desaprende como ser certeira, porque sabe que no erro está a refutación que orienta cara á razón. Que desaprende como ser intolerante, porque sabe que na tolerancia está a pluralidade que maximiza o coñecemento.

PUNTO 9

MOTIVACIÓN

Pero, sobre todo, unha persoa motivada é unha persoa que recarga constantemente a súa enerxía e a dos demais a través dos seus hábitos. E así, sen postergar, reinventándose constantemente e procurando gañar e facer gañar a un tempo, goza das pequenas cousas, camiña sempre cun sorriso e ilusiona a cada paso a todas as persoas coas que se cruza.

PUNTO 10

grazas