Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

ManoelCarretePersonaxes

Modesto Gomez

Created on May 5, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Business Proposal

Essential Dossier

Essential One Pager

Akihabara Dossier

Akihabara Marketing Proposal

Akihabara One Pager

Education Dossier

Transcript

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Eu son avogado e historiador, especialista en temas de emigración e etnografía. Nestes momentos, son parte dun proxecto que leva a cabo a Deputación de Ourense, como é a creación do Museo da Emigración Galega e do Museo de Antropoloxía da Ribeira Sacra.

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

Cando descubriches a túa vocación profesional? Descubrín que quería dedicarme ao tema da emigración galega e da etnografía desde que era neno, xa que son fillo de emigrantes e sempre vin o traballo que facían na diáspora os fillos e fillas de Galicia e como gardaban as súas tradicións.

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

Que ten de especial desenvolver unha actividade como a túa? Dar a coñecer o esforzo que tiveron moitos galegos e galegas na diáspora, xa que esta é a grande epopea de Galicia e que, a día de hoxe, non ten un museo dedicado a ela, por iso estamos ultimando a súa creación. Referente ao Museo de Antropoloxía, será o primeiro destas características na zona candidata a ser Patrimonio da Ribeira Sacra.

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

Que lle achega á túa profesión o feito de seres galego? No meu caso, son fillo de emigrantes, co cal o sentimento de deixar a terra por parte dos meus pais e retornar co paso do tempo como emigrante creo que me fai coñecedor dun sentimento que busco canalizar nesta andaina creativa.

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

Cóntanos os teus inicios profesionais. Desde pequeno, tiña conciencia de Galicia e, a medida que pasaba o tempo, fun traballando esa conciencia e especializando os meus estudos e publicacións na diáspora, o que me levou a ser o presidente máis novo dun centro galego centenario e o primeiro presidente dese centro non nado en Galicia.

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

Recordas como foi o salto da formación á ocupación? O meu primeiro traballo foi como profesor de repaso de química, literatura e catalán dun fillo de emigrantes, o que compaxinei con ser axente cultural en temas migratorios, ata que chegou o meu primeiro libro. Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria profesional. O primeiro sería cando publiquei o meu primeiro libro sobre a emigración.

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

O segundo cando acabei o que agora sería un mestrado sobre a diáspora galega. O terceiro cando o presidente Baltar se fixou en min para levar a cabo o Museo da Emigración. E logo de toda esta singradura, onde te atopas profesionalmente agora? Nestes momentos, como xa anunciei anteriormente, estamos finalizando a creación do Museo da Emigración de Galicia e do Museo de Antropoloxía da Ribeira Sacra en Castro Caldelas, e estou acabando un libro que sairá en breve.

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

Cales son para ti as claves da túa evolución profesional? No meu caso, primeiro foi decidir o que quería facer e poñer o esforzo nesa idea e a renuncia a moitas cousas, como foi deixar unha vida nunha grande urbe e trasladarme a Galicia, co que iso supón: deixar a familia, os amigos, a casa...

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

Como che axudou o galego a desenvolver a túa carreira profesional? A lingua deume conciencia de Galicia e falar na lingua que os meus pais falaban na diáspora daba lugar a comprender a moitos emigrantes. Neles, a lingua uníase a un sentimento de pertenza a unha terra que non se esquecía aínda que pasasen os anos.

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

E como pensas que che podería axudar a crecer máis? O galego é unha lingua e, como tal, enriquece a persoa que a sabe. Nestes momentos, as pontes abertas entre o mundo luso-galaico son moitas, e por iso é unha lingua que entende unha gran maioría da poboación do mundo, o que multiplica as oportunidades laborais e sociais, entre outras.

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

Se a túa carreira se puidese resumir nunha palabra en galego, esta sería... Diáspora. E nunha expresión? Que expresión galega é habitual para o teu traballo? O carallo 21!!! Xa que fai referencia a un artigo dunha lei migratoria. Existe xerga en galego específica e apropiada para o teu sector?

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

O barallete, que era a xerga dos afiadores e paraugueiros de Ourense, que teñen presenza no Museo da Emigración e no Museo Antropolóxico. Estamos nun momento de incerteza no que #ACulturaSegue. Pensas que poderemos saír reforzados desta crise sanitaria? Eu creo que si, vendo os datos da gripe do 18 e os dos chamados felices anos vinte, unidos ao sentimento que expresa e xente. Ler, escoitar música, ver películas, pintar... reforzaranse como fixeron no seu momento Lorca, Buñuel, Dalí, Maruja Mallo, unidos despois dunha pandemia.

Manoel CarreteAvogado e historiador

Profesional dos Movementos Culturais

Ocórreseche algunha idea que nos axude a saír reforzados economicamente desta situación? Eu non entendo nin de macro nin de microeconomía, só sei que todas as administración terán que facer plans económicos, como fixo Keynes despois da Gran Depresión, con investimentos para que o mercado non pare e volva a momentos anteriores da pandemia.