Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Son hostaleira, teño unha casa de turismo rural con sete cuartos e un gran terreo pechado con piscina. Alugo os cuartos, como se fose un hotel, e tamén traballo a modalidade de alugamento de casa completa. O traballo é un pouco diferente segundo sexa a maneira de alugar.
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
Cando descubriches o teu xene emprendedor? Sempre fun unha persoa con iniciativa, pero supoño que só te podes denominar emprendedora cando abres por primeira vez un negocio, así que no meu caso tiña 28 anos. Que ten de especial quen emprende? Supoño que iniciativa, unha idea, e algo de afouteza.
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
Ser galega axuda a emprender? Disque somos xente apoucada e con medo, pero tamén é certo que somos atrevidos á hora de buscar a vida fóra do noso país, e isto aínda que descoñezamos o idioma daquel sitio ao que emigramos, así que non podería responder si ou non, supoño que depende.
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
Cóntanos os inicios da túa traxectoria emprendedora. A miña familia tiña unha casa grande na aldea na que non vivía ninguén e na que sempre tíñamos colegas invitados. Ao rematar a carreira, mentres non atopaba traballo do meu, pensei que podía ser unha idea arranxar a casa e facer un negocio co que xa facía sen cobrar.
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
Recordas como pasaches da idea á empresa? Levou o seu tempo, o meu compañeiro e a miña familia non o vían claro, non tiñamos os cartos, así que eu díxenlles que iría facendo as solicitudes, os proxectos e recollendo a información precisa ata que fose necesario investir, que só buscaba ver a viabilidade do negocio, sen idea de materializalo xa. Cando conseguín a subvención de Turismo e o aval do Igape xa non había volta atrás e todos tiraron para diante; é máis, durante a obra da casa, abrimos un pub como medio para conseguir financiamento.
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
Foi unha casualidade, pechaba un bar ao lado de onde tiñamos un garaxe e vendíannos todo por moi poucos cartos, reformamos o local nós mesmos e creamos un pub de moito éxito. Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria empresarial. O día que nos concederon a subvención para poder facer a obra, o día que abrimos e o día que rematamos de pagar o préstamo e o negocio comezou a dar beneficios.
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
E logo de toda esta singradura, onde se atopa a túa empresa agora? Este ano facemos o noso 20 aniversario, temos unha empresa consolidada, recoñecida e con unha boa reputación en liña. Cales son para ti as claves da túa evolución empresarial? Pasei dunha época na que traballaba moito para poder saír adiante e na que lle dedicaba tantas horas e tanto traballo físico que desatendía a miña familia e a min mesma, a clave foi cambiar o
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
xeito de ver o meu negocio. Agora traballo menos fisicamente, dedícolle máis horas á promoción e vendo máis calidade ca cantidade. Como che axudou o galego a desenvolver a túa empresa? Pois non sei que responder a isto, o galego é a miña lingua, falo galego en todos os contextos, eu vivo totalmente en galego, só cambio de idioma cando sei que os meus clientes non me entenden, así que non considero que axudase nin que prexudicase.
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
E como pensas que che podería axudar a crecer máis? Desenvolver a miña vida e o meu negocio na miña lingua nunca supuxo ningún atranco, seguramente me permitiu ter máis facilidade para falar con clientes de Portugal, do Brasil, e incluso cos italianos, que me entendo mellor en galego con eles ca en Español, aínda que realmente o idioma que máis uso en tempada alta é o inglés.
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
Se o teu negocio se puidese resumir nunha palabra en galego, esta sería… Na aldea. E nunha expresión? Que expresión galega é habitual na túa empresa? En Outes témolo todo. Existe xerga en galego específica e apropiada para o teu sector? No meu sector a xerga é basicamente en inglés.
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
Estamos nun momento de incerteza no que #ACulturaSegue. Pensas que poderemos saír reforzados desta crise sanitaria? Gustaríame, gustaríame crer que os valores dos que tanto se oe falar estes días —solidariedade, apoio veciñal, valor do público, altruísmo, colaboración etc.— chegasen máis alá da semana seguinte á que abran o confinamento, pero non o creo. A xente o que quere é que todo volva ser coma antes, exactamente igual, así que supoño que non sairemos reforzados en nada.
Sol AgraPsicóloga
Profesional da Hostalería
Ocórreseche algunha idea que nos axude a saír reforzados economicamente desta situación? A economía e a cultura creo que vai ser o que saia máis danado desta situación, pero se grazas a isto se consegue ver que o comercio de proximidade, as tendas pequenas, e a cultura propia teñen máis valor que as grandes multinacionais e as producións artísticas globalizadas e cambiamos a nosa maneira de consumir, podemos saír reforzados.
SolAgraPersonaxes
Modesto Gomez
Created on May 4, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vertical Genial One Pager
View
Mobile App Dossier
View
Color Shapes Dossier
View
Notes Dossier
View
Futuristic Tech Dossier
View
Crowdfunding Campaign
View
Company Dossier
Explore all templates
Transcript