Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

CURROS ENRÍQUEZ

patfucinos

Created on May 2, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Christmas Presentation

Business Results Presentation

Meeting Plan Presentation

Customer Service Manual

Business vision deck

Economic Presentation

Tech Presentation Mobile

Transcript

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Curros Enríquez (1851-1908) é unha das figuras que, na historiografía literaria galega serve para ilustrar o esplendor do Rexurdimento. Curros é o poeta comprometido cunha causa política e social (o progresismo galeguista e republicano) que pon a súa arte ao servizo dos obxectivos ideolóxicos. Na súa obra destacan, por riba de todo, os principios éticos e a intención cívica.

VIDA

CELANOVA E MADRID

Manuel Curros Enríquez nace o 15 de setembro de 1851 en Celanova (Ourense). É fillo de José María Curros Vázquez (Melide) e Petra Enríquez (Vilanova dos Infantes). A familia atópase ben posicionada debido a que José María Curros é escribán e notario. Dise deste último que tiña un carácter autoritario e pouco permisivo, causante da marcha de varios dos seus doce descendentes da casa. Así, o poeta abandonará o domicilio de Celanova con tan só 15 anos tras un episodio nada afortunado co seu proxenitor. Instálase en Madrid onde fará o bacharelato e comezará a estudar Dereito. Tamén será en Madrid onde cree “Cántiga”, o seu primeiro poema en galego na capital española, Curros consegue ingresar como redactor no periódico “La Gaceta de Madrid” e colabora tamén en “El Porvenir”. Nesta mesma época coñece á súa futura muller (Modesta Vázquez). Ademais, Curros Enríquez traballará como correspondente da Terceira Guerra Carlista durante os anos 1875 e 1876. No 1876, e tras verse animado pola familia, o poeta presenta tres poemas a un concurso promovido por Modesto Fernández González, quen o axudara economicamente na súa estancia en Madrid. As citadas composicións líricas son: “A Virxe do Cristal”, “O gueiteiro de Penalta” e “Unha voda en Einibó”.

+info

ACTIVIDADE 1

Ourense, regreso a Madrid e Cuba

Despois dunha época de escaseza económica, o seu protector conséguelle un posto de traballo na Delegación de Facenda ourensá. Polo tanto, volta a Galicia. O poeta non cesa na súa faceta de escritor. Tamén se adicaba de forma continua ao xornalismo. Nese mesmo 1880, o autor celanovés publica o poemario “Aires da miña terra”. Cesado en Ourense, Curros volta coa súa familia a Madrid. En 1888, publícase “O divino sainete” na Coruña. Ten problemas matrimoniais e trasládase dende Madrid a Viana do Bolo .Curros decide marchar de España, ben polos problemas matrimoniais, ben por desgustos relacionados cos seus artigos en “El País”. O 5 de marzo de 1894, chega a La Habana co obxectivo de dirixirse a México. No obstante, uns amigos anímano a quedar na illa. O 19 de xuño do 1904, Curros volta a Ourense. Ao día seguinte, parte para Madrid. Posteriormente, viaxará á Coruña, cidade na que o 21 de outubro do 1904 o coroarán como Poeta Nacional. Dous días despois, voltará para Cuba.

Ao ano seguinte de regresar a La Habana, fúndase a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia, na que Curros ocupa o cargo de presidente. El nomeará a Murguía coordinador da comisión que creará a futura Real Academia Galega. Así, o 30 de setembro do ano 1906, inaugúrase na Coruña a citada institución, nomeando a Curros Enríquez membro de honra da mesma. O noso poeta continúa residindo en Cuba, lugar no que falecerá o 7 de marzo do 1908. Tras o seu falecemento, a cidade herculina reclama os seus restos, que permanecen no cemiterio de San Amaro da citada cidade. Os xornais do entón apuntan que ao funeral de Manuel Curros Enríquez asistiron 40.000 persoas.

Por poemas como “A Igrexa Fría”, “Mirando ó chau” ou “Pelegrinos, a Roma”, incluídos en "Aires da miña terra", O bispo de Ourense, denuncia a obra e pide a súa retirada por incluír contido que ridiculizaba varios dogmas da relixión católica. Comeza un proceso xudicial que será trasladado á Audiencia da Coruña. O 11 de marzo de 1881, o xuíz absolve a Curros, o que produce que se reedite o poemario . Tamén se publica neses meses o famoso poema “N´a chegada a Ourense da primeira locomotora”, que comparte temática. Os ataques públicos e o procesamento fixeron que a sona de Curros se espallase por toda Galiza e que a obra tivese moi boa acollida (a primeira edición esgotouse en apenas quince días), de xeito que o celanovés acabou por ser o poeta galego do século XIX máis coñecido popularmente, mesmo por riba da sona de Rosalía.

actividade 2

Mira o vídeo e despois realiza a actividade

Curros xornalista republicano

  • 1873 Redactor na «Gaceta de Madrid».
  • 1875 A partir de decembro convértese en cronista de «El imparcial» de Madrid onde traballará como corresponsal de guerra no País Vasco durante a terceira guerra carlista publicando “Cartas del norte”. Abandónao en 1977 e volta a Ourense para gañar o certame literario que o dará a coñecer como poeta.
  • 1883 Volve ó xornalismo: «El Porvenir».
  • 1887 Entra na redacción do periódico recién fundado como redactor jefe: «El País».
  • 1894 Funda e dirixe, na Habana, a revista «La Tierra Gallega» que desaparece dous anos despois.
  • 1896 Entra na redacción do «Diario de la Marina».

ACTIVIDADE 3

Mira o vídeo e despois realiza a actividade

OBRA

Clica para ir vendo a información

POESÍA

IDEARIO

Progresismo

O DIVINO SAINETE

AIRES DA MIÑA TERRA

Poema narrativo

Anticlericalismo

LÍRICA

SOCIAL

COSTUMISTA

Carácter cómico

Ben chegado

Unha voda en Einibó

Compromiso social

Xustiza social

Lorem

Lorem

Lore

Ai!

Parodia da Divina Comedia

Liberdade

O gueiteiro

Galeguismo

Na morte de miña nai

A Virxe de Cristal

Progreso

A Rosalía

Título 2

Título 1

Esto es un párrafo de texto listo para escribir un contenido genial.

Esto es un párrafo de texto listo para escribir un contenido genial.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit.

+info

+info

A importancia de Curros na literatura galega

  • É o poeta cívico por antonomasia do noso Rexurdimento.
  • Na súa obra atopamos o mesmo espírito de rebeldía e de compromiso na loita contra a inxustiza que o guiou durante toda a súa vida.
  • Foi un poeta de gran popularidade, que soubo adecuar a súa lingua poética á situación e á competencia lingüística dun importante sector dos lectores galegos.
  • Foi o primeiro dos nosos escritores que gozou en vida da honra de ser homenaxado publicamente.
  • A súa vea crítica de intención social serviu de modelo a toads as escolas poéticas que con posterioridade asumiron os principios da literatura comprometida.
  • É o iniciador da literatura satírica na nosa literatura moderna (corrente que xa dera bos froitos no período medieval).
  • A súa obra contribuiu decisivamente á consolidación do galego como unha lingua moderna de cultura. É unha das bases onde se asenta o longo proceso de recuperación e normalización da nosa lingua.

ACTIVIDADE 4

O MAIO

Podes escoitar no vídeo a versión que fixo do poema Emilio Batallán. Ou ler o texto escrito en +info. Despois, realiza as cuestións:1.- Indica cal é a temática do poema e sitúao dentro dunha das liñas temáticas de Curros. 2.- Dentro da temática aparece unha visión anticlerical. Fíxate nas palabras que fan referencia á igrexa e xustifica esa visión. 3.-O poema iníciase cun motivo folclórico, cal? 4.- Nun dos versos o poeta identifícase co pobo que sofre, indica en cal. 5.- Quen son os seus interlocutores? 6.- Localiza unha antítese e explícaa.

+info

ACTIVIDADE 5

Na chegada a Ourense da primeira locomotora

No vídeo veredes a importancia da chegada da primeira locomotora. O texto do poema podédelo ler en +info.1.-Quen é a voz poética do texto e a quen se dirixe? 2.- Con que compara a locomotora? 3.- No poema aparecen simbolizados o que Curros consideraba o progreso e o atraso. Con que símbolos os identifica? 4.- A que liña temática de Curros pertence e por que ?

+info

ACTIVIDADE 6

¡Que triste está a aldea, que triste e que sola! ¡A terra sin frutos, a feira sin xente, sin brazos o campo, sin nenos a escola, sin sol o hourizonte, sin fror a semente! A pedra i as nubes a sembra arrasando, agoiran un ano de fame sombría; sin pan os labregos, nin herba pró gando, ¿que vai a ser deles na crúa invernía? Manadas famentas de lobos montesos baixaron das chouzas na noite calada, e postos en ringla, cos ollos acesos, acenan dos probes prá porta pechada... Mociños honrados de sangue bravía, si ó mal dos petrucios non fordes alleos, librádeos da morte, ¡facei montería nos lobos da terra, nos lobos dos ceos!.

ÓS MOZOS

1.- Cada estrofa da composición representa unha das súas partes. Indica que contido expresa cada unha.2.- A quen se refire cando fala de "os lobos da terra" e "os lobos dos ceos". 3.- Enuncia nuha soa frase o tema, xustificando por que se encadra dentro da liña cívica. 4.- En quen deposita a súas esperanzas de salvación?