Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Son consultora de comunicación e estou especializada en proporcionarlles contidos de calidade e ferramentas personalizadas a empresas innovadoras, centros tecnolóxicos e de investigación, universidades e outras entidades do ecosistema de I+D+I para que difundan a súa actividade do xeito máis eficaz.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Cando descubriches o teu xene emprendedor? Decidinme a iniciar unha aventura profesional por conta propia ao detectar que había unha necesidade no mercado que se correspondía coa miña experiencia e co coñecemento que eu adquirira traballando en comunicación institucional e prensa. Que ten de especial quen emprende? Quen emprende debe ter a habilidade de convivir en paz coa incerteza e de xestionala como unha oportunidade, en lugar de como unha constante ameaza.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Ser galega axuda a emprender? Os galegos e galegas temos unha cultura do esforzo, da disciplina e da superación que sen dúbida é un bo caldo de cultivo para calquera iniciativa emprendedora. Cóntanos os inicios da túa traxectoria emprendedora. A miña traxectoria emprendedora comezou a principios de 2007, logo dun período de tres anos como subdirectora dunha axencia de noticias. A miña experiencia anterior estivera centrada na comunicación da I+D+I e quería volver traballar neses temas, polo que aproveitei o oco que había no mercado para poñerme en marcha e prestarlles servizos a empresas e entidades relacionadas coa ciencia e coa innovación.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Recordas como pasaches da idea á empresa? O primeiro que fixen foi testar a idea retomando contactos do sector que poderían ser potenciais clientes, o que me permitiu constatar que había unha ampla demanda sen unha oferta de servizos especializados no mercado. Nese momento, non o dubidei e lanceime á aventura con moi bos resultados desde o principio.
Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria empresarial? O primeiro foi a constitución da sociedade limitada, logo dun período inicial de ano e medio como autónoma.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
O segundo, a configuración dun equipo que achega todas as capacidades necesarias para dar resposta a proxectos cun grao elevado de especialización e complexidade. O terceiro, a entrada no sector audiovisual, que neste momento representa unha parte importante da nosa actividade. E logo de toda esta singradura, onde se atopa a túa empresa agora? Neste momento, temos unha carteira de clientes moi variada nun sector que, polas súas características, nos obriga a ofrecer solucións innovadoras, o que representa un reto continuo. A empresa está consolidada e sempre mantivo unha evolución positiva, mesmo nos anos de crise económica.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Cales son para ti as claves da túa evolución empresarial? Principalmente, conter o crecemento para poder garantir a que considero que é a nosa principal vantaxe competitiva: o trato personalizado. A isto súmase a capacidade de falar a mesma linguaxe dos nosos clientes, que aprecian especialmente tratar cun provedor que conta con coñecementos previos sobre o seu ámbito de actividade. Como axudou o galego a desenvolver a túa empresa? A maioría dos proxectos que desenvolvemos son exclusivamente en galego ou en formato multilingüe, polo que para min é unha gran vantaxe ter o galego como lingua nai.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
E como pensas que che podería axudar a crecer máis? Afortunadamente, existe unha sensibilidade importante por parte das entidades e empresas galegas sobre o uso da lingua, o que fai que o coñecemento do galego supoña para os provedores galegos unha vantaxe competitiva fronte aos de fóra. E aproveitar a riqueza e a expresividade da nosa lingua para enriquecer os produtos que ofrecemos é algo que reforza esa vantaxe de cara ao futuro. Se o teu negocio se puidese resumir nunha palabra en galego, esta sería…? Calidade.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
E nunha expresión? Que expresión galega é habitual na túa empresa? Alá imos! Existe xerga en galego específica e apropiada para o teu sector? Moitas veces é un reto atopar os termos correctos en galego para referirse a conceptos científicos ou tecnolóxicos que proceden do inglés ou do castelán, pero co apoio dos expertos sempre se atopa unha boa solución.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Estamos nun momento de incerteza no que #ACulturaSegue. Pensas que poderemos saír reforzados desta crise sanitaria? Penso que si, sempre que sexamos capaces de aprender do que estamos a vivir. Por exemplo, adoptar e consolidar algunhas das prácticas ás que nos vimos obrigados a recorrer, como o teletraballo. E isto inclúe as reunións telemáticas, unha fórmula que podería asentarse perfectamente e que contribuiría a eliminar o impacto ambiental e reduciría tamén o impacto na produtividade que supoñen os desprazamentos a continuas reunións presenciais.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Ocórreseche algunha idea que nos axude a saír reforzados economicamente desta situación? A crise de subministración de material esencial como máscaras e respiradores espertou iniciativas de colaboración a grande escala nas que empresas, universidades e mesmo particulares donos de impresoras 3D puxeron o seu coñecemento e os seus medios en común para producir eses bens que neste momento son de necesidade extrema. Explorar e explotar estas dinámicas pode ser unha fonte de desenvolvemento económico moi competitivo para o futuro.
ManoeleDeFelisa
Modesto Gomez
Created on April 29, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vertical Genial One Pager
View
Mobile App Dossier
View
Color Shapes Dossier
View
Notes Dossier
View
Futuristic Tech Dossier
View
Crowdfunding Campaign
View
Company Dossier
Explore all templates
Transcript
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Son consultora de comunicación e estou especializada en proporcionarlles contidos de calidade e ferramentas personalizadas a empresas innovadoras, centros tecnolóxicos e de investigación, universidades e outras entidades do ecosistema de I+D+I para que difundan a súa actividade do xeito máis eficaz.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Cando descubriches o teu xene emprendedor? Decidinme a iniciar unha aventura profesional por conta propia ao detectar que había unha necesidade no mercado que se correspondía coa miña experiencia e co coñecemento que eu adquirira traballando en comunicación institucional e prensa. Que ten de especial quen emprende? Quen emprende debe ter a habilidade de convivir en paz coa incerteza e de xestionala como unha oportunidade, en lugar de como unha constante ameaza.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Ser galega axuda a emprender? Os galegos e galegas temos unha cultura do esforzo, da disciplina e da superación que sen dúbida é un bo caldo de cultivo para calquera iniciativa emprendedora. Cóntanos os inicios da túa traxectoria emprendedora. A miña traxectoria emprendedora comezou a principios de 2007, logo dun período de tres anos como subdirectora dunha axencia de noticias. A miña experiencia anterior estivera centrada na comunicación da I+D+I e quería volver traballar neses temas, polo que aproveitei o oco que había no mercado para poñerme en marcha e prestarlles servizos a empresas e entidades relacionadas coa ciencia e coa innovación.
Sandra RodríguezXornalista
Profesional da Comunicación
Recordas como pasaches da idea á empresa? O primeiro que fixen foi testar a idea retomando contactos do sector que poderían ser potenciais clientes, o que me permitiu constatar que había unha ampla demanda sen unha oferta de servizos especializados no mercado. Nese momento, non o dubidei e lanceime á aventura con moi bos resultados desde o principio. Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria empresarial? O primeiro foi a constitución da sociedade limitada, logo dun período inicial de ano e medio como autónoma.