Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Son cantautor, compositor e xerente dunha empresa de produción artística. Cando descubriches o teu xene emprendedor?
Foi alá polo ano 99 cando decidín emprender o meu camiño en solitario como cantautor, e unha cousa levou a outra, ata que hai uns anos creei unha SL.
Nese camiño, coñecín moitos poetas e escritores cos que traballei e aos que lles dediquei varios librodiscos.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Xente da nosa cultura como Neira Vilas, Alonso Montero ou Xosé Luna, entre outros, que me reafirmaron en que o meu camiño era aquel, malia ser o máis lento. Que ten de especial quen emprende? Ten ilusión por plasmar as súas propias ideas. Ser galego axuda a emprender? No meu caso, máis que ser galego, foi o galego o que me abriu as portas dun camiño que vin que tiña futuro.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Cóntanos os inicios da túa traxectoria emprendedora. Empecei profesionalmente na música moi novo, con 9 anos. Desde esa idade, combinei a música cos estudos e, pouco a pouco, a música foi sendo a prioridade, ata que chegou o día no cal me decatei de que quería dedicarme de cheo a ela.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Recordas como pasaches da idea á empresa?
Facerme primeiro autónomo e pasar despois a xestionar a empresa aconteceu por pura necesidade administrativa, xa que foron cobrando peso os compromisos profesionais e foi un cambio natural necesario.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria empresarial. Poderían ser: o meu primeiro disco editado no ano 99, a creación dun grupo no ano 2000 e a creación da empresa no 2015, o que me axudou a diversificar as funcións dunha empresa de produción artística.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
E logo de toda esta singradura, onde se atopa a túa empresa agora? Ofrecemos servizos de todo tipo relacionados coa música e co espectáculo e centramos a nosa actividade na tempada de primavera-verán, época na que contamos cuns 15 empregados. Cales son para ti as claves da túa evolución? Máis que evolución, cos tempos que corren chamaríalle subsistencia, grazas ao esforzo diario, ao movemento constante e á oferta diversificada e competitiva.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Como axudou o galego a desenvolver a túa empresa? Inicialmente, o galego foi a razón de ser da miña empresa, e segue a ser a razón da miña faceta como cantautor como Manoele de Felisa ou como compoñente da Roda. De non amar a miña lingua e crer no seu potencial, probablemente non seguiría nisto. Como pensas que che podería axudar a crecer? Potenciando o consumo e o uso do galego na sociedade.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Se o teu negocio se puidese resumir nunha palabra en galego, esta sería… Paixón. E nunha expresión? Que expresión galega é habitual na túa empresa? Adiante sempre, como me adoitaba dicir Neira Vilas.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Existe xerga en galego específica e apropiada para o teu sector? No mundo do espectáculo, a xerga técnica está moi transculturalizada ao inglés, en parte por mor dos equipos técnicos que empregan ese idioma, pero cada vez emprégase máis terminoloxía traducida ao galego.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Estamos nun momento de incerteza no que #ACulturaSegue. Pensas que poderemos saír reforzados desta crise sanitaria? Creo que de todo se pode aprender e quizais saiamos reforzados, aínda que é inevitable recoñecer que isto vai mudar a concepción de espectáculo que tiñamos ata o de agora. Os cambios sempre dan medo, pero seguro que algo bo se pode sacar de todo isto.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Ocórreseche algunha idea que nos axude a saír reforzados economicamente desta situación?
Máis empatía social e máis respecto ao noso gremio ante unha sociedade mais solidaria, cívica e humana.
.
ManoeleDeFelisaPersonaxes
Modesto Gomez
Created on April 29, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Business Proposal
View
Essential Dossier
View
Essential One Pager
View
Akihabara Dossier
View
Akihabara Marketing Proposal
View
Akihabara One Pager
View
Education Dossier
Explore all templates
Transcript
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Son cantautor, compositor e xerente dunha empresa de produción artística. Cando descubriches o teu xene emprendedor? Foi alá polo ano 99 cando decidín emprender o meu camiño en solitario como cantautor, e unha cousa levou a outra, ata que hai uns anos creei unha SL. Nese camiño, coñecín moitos poetas e escritores cos que traballei e aos que lles dediquei varios librodiscos.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Xente da nosa cultura como Neira Vilas, Alonso Montero ou Xosé Luna, entre outros, que me reafirmaron en que o meu camiño era aquel, malia ser o máis lento. Que ten de especial quen emprende? Ten ilusión por plasmar as súas propias ideas. Ser galego axuda a emprender? No meu caso, máis que ser galego, foi o galego o que me abriu as portas dun camiño que vin que tiña futuro.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Cóntanos os inicios da túa traxectoria emprendedora. Empecei profesionalmente na música moi novo, con 9 anos. Desde esa idade, combinei a música cos estudos e, pouco a pouco, a música foi sendo a prioridade, ata que chegou o día no cal me decatei de que quería dedicarme de cheo a ela.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Recordas como pasaches da idea á empresa? Facerme primeiro autónomo e pasar despois a xestionar a empresa aconteceu por pura necesidade administrativa, xa que foron cobrando peso os compromisos profesionais e foi un cambio natural necesario.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria empresarial. Poderían ser: o meu primeiro disco editado no ano 99, a creación dun grupo no ano 2000 e a creación da empresa no 2015, o que me axudou a diversificar as funcións dunha empresa de produción artística.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
E logo de toda esta singradura, onde se atopa a túa empresa agora? Ofrecemos servizos de todo tipo relacionados coa música e co espectáculo e centramos a nosa actividade na tempada de primavera-verán, época na que contamos cuns 15 empregados. Cales son para ti as claves da túa evolución? Máis que evolución, cos tempos que corren chamaríalle subsistencia, grazas ao esforzo diario, ao movemento constante e á oferta diversificada e competitiva.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Como axudou o galego a desenvolver a túa empresa? Inicialmente, o galego foi a razón de ser da miña empresa, e segue a ser a razón da miña faceta como cantautor como Manoele de Felisa ou como compoñente da Roda. De non amar a miña lingua e crer no seu potencial, probablemente non seguiría nisto. Como pensas que che podería axudar a crecer? Potenciando o consumo e o uso do galego na sociedade.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Se o teu negocio se puidese resumir nunha palabra en galego, esta sería… Paixón. E nunha expresión? Que expresión galega é habitual na túa empresa? Adiante sempre, como me adoitaba dicir Neira Vilas.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Existe xerga en galego específica e apropiada para o teu sector? No mundo do espectáculo, a xerga técnica está moi transculturalizada ao inglés, en parte por mor dos equipos técnicos que empregan ese idioma, pero cada vez emprégase máis terminoloxía traducida ao galego.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Estamos nun momento de incerteza no que #ACulturaSegue. Pensas que poderemos saír reforzados desta crise sanitaria? Creo que de todo se pode aprender e quizais saiamos reforzados, aínda que é inevitable recoñecer que isto vai mudar a concepción de espectáculo que tiñamos ata o de agora. Os cambios sempre dan medo, pero seguro que algo bo se pode sacar de todo isto.
Manoele de FelisaCantautor
Arteson Producións
Ocórreseche algunha idea que nos axude a saír reforzados economicamente desta situación? Máis empatía social e máis respecto ao noso gremio ante unha sociedade mais solidaria, cívica e humana. .