Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Son fotógrafo e deseñador visual, e axudo a visibilizar e a potenciar a imaxe de profesionais, empresas, proxectos ou eventos diversos.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Cando descubriches o teu xene emprendedor? Cando vin que podía desenvolver proxectos interesantes e que iso se podía converter nunha forma de vida, á vez que lles podería axudar aos demais a visibilizarse neste mundo cada vez máis competitivo.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Que ten de especial quen emprende? Penso que, sobre todo, a determinación e a vontade firme de levar a cabo aquilo que tes na cabeza, o feito de poder materializar as ideas. Ser galego axuda a emprender? Ser galego imprime carácter, sen dúbida. Somos un pobo traballador que sempre tivo que saír adiante polos seus propios medios, tanto en Galicia coma alá onde existe un galego.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Cóntanos os inicios da túa traxectoria emprendedora. Os inicios foron ilusionantes, á vez que existían moitas dúbidas e incertezas, pero todo iso suplíase coa ilusión e coas ganas de ir avanzando. E, afortunadamente, a traxectoria é moi positiva, así que me atopo moi satisfeito e recordo con agarimo eses comezos.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Lembras como pasaches da idea á empresa? O punto de pasar da idea á empresa ten que ver coa análise e co estudo primeiro da miña situación actual, así como co potencial que vía e no que confiei para plasmar esa idea inicial.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria empresarial? Os principais momentos correspóndense, en primeiro lugar, co primeiro traballo, que supuxo o arranque real. Despois veu a realización de proxectos complexos que implicaron a moitas persoas. E outro momento é o actual, sen dúbida un desafío importante e tamén interesante.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
E logo de toda esta viaxe, onde se atopa a túa empresa agora? Como dicía, despois dunha traxectoria satisfactoria, agora preséntanse desafíos importantes, con motivo da situación excepcional que estamos a vivir.
.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Cales son para ti as claves da túa evolución empresarial? Para min as claves son ter unha visión realista de cada momento, atender as necesidades reais dos clientes e satisfacelas do mellor xeito posible, e tamén avanzar na estrutura e na maneira de implementar solucións.
.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Como axudou o galego a desenvolver a túa empresa? O galego axudoume á hora de ter unha personalidade propia e de establecer unha canle de comunicación que emprega gran parte da clientela. E, por suposto, tamén supuxo un sinal de identidade da marca. E como pensas que che podería axudar a crecer máis? Podería axudarme á hora da diferenciación e da comunicación en xeral.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Se o teu negocio se puidese resumir nunha palabra en galego, esta sería...? Esencia. E nunha expresión? Que expresión galega é habitual na túa empresa? Traballar con agarimo, tanto aplicado aos proxectos coma ás persoas.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Existe xerga en galego específica e apropiada para o teu sector? Non existe demasiada linguaxe específica para a fotografía e a comunicación visual en xeral. Estamos nun momento de incerteza no que #ACulturaSegue. Pensas que poderemos saír reforzados desta crise sanitaria? Si que penso que poderemos saír reforzados e con novos folgos tras estes momentos complexos.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Ocórreseche algunha idea que nos axude a saír reforzados economicamente desta situación? Penso que deberemos afondar nas nosas fortalezas e reflexionar profundamente de cara ao futuro para saír reforzados desta situación inédita en todo o mundo. Por iso, máis ca nunca, as nosas singularidades como galegos, e como parte dun pobo loitador que tivo que afrontar moitas situacións complicadas como a actual, servirannos para ser máis fortes e flexibles.
PersonaxesXaimeCortizo
Modesto Gomez
Created on April 28, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vertical Genial One Pager
View
Mobile App Dossier
View
Color Shapes Dossier
View
Notes Dossier
View
Futuristic Tech Dossier
View
Crowdfunding Campaign
View
Company Dossier
Explore all templates
Transcript
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Son fotógrafo e deseñador visual, e axudo a visibilizar e a potenciar a imaxe de profesionais, empresas, proxectos ou eventos diversos.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Cando descubriches o teu xene emprendedor? Cando vin que podía desenvolver proxectos interesantes e que iso se podía converter nunha forma de vida, á vez que lles podería axudar aos demais a visibilizarse neste mundo cada vez máis competitivo.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Que ten de especial quen emprende? Penso que, sobre todo, a determinación e a vontade firme de levar a cabo aquilo que tes na cabeza, o feito de poder materializar as ideas. Ser galego axuda a emprender? Ser galego imprime carácter, sen dúbida. Somos un pobo traballador que sempre tivo que saír adiante polos seus propios medios, tanto en Galicia coma alá onde existe un galego.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Cóntanos os inicios da túa traxectoria emprendedora. Os inicios foron ilusionantes, á vez que existían moitas dúbidas e incertezas, pero todo iso suplíase coa ilusión e coas ganas de ir avanzando. E, afortunadamente, a traxectoria é moi positiva, así que me atopo moi satisfeito e recordo con agarimo eses comezos.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Lembras como pasaches da idea á empresa? O punto de pasar da idea á empresa ten que ver coa análise e co estudo primeiro da miña situación actual, así como co potencial que vía e no que confiei para plasmar esa idea inicial.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria empresarial? Os principais momentos correspóndense, en primeiro lugar, co primeiro traballo, que supuxo o arranque real. Despois veu a realización de proxectos complexos que implicaron a moitas persoas. E outro momento é o actual, sen dúbida un desafío importante e tamén interesante.
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
E logo de toda esta viaxe, onde se atopa a túa empresa agora? Como dicía, despois dunha traxectoria satisfactoria, agora preséntanse desafíos importantes, con motivo da situación excepcional que estamos a vivir. .
Xaime CortizoFotógrafo
Licenciado en Física
Cales son para ti as claves da túa evolución empresarial? Para min as claves son ter unha visión realista de cada momento, atender as necesidades reais dos clientes e satisfacelas do mellor xeito posible, e tamén avanzar na estrutura e na maneira de implementar solucións. .