Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Relaxámonos!

sanchezamor.m

Created on April 28, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Practical Presentation

Smart Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Nature Presentation

Higher Education Presentation

Transcript

RELAXÁMONOS!!

Algúns dos beneficios que conleva realizar técnicas de relaxación de forma continuada son:

  • Aumento da confianza nun mesmo.
  • Mellora da memoria e da concentración.
  • Mellora da calidade da aprendizaxe.
  • Redución do estrés muscular e mental.
  • Canalización da enerxía dos nenos e nenas.
  • Diminución da ansiedade.
  • Mellora da calidade do sono.
  • ...

Conto "Respira"

Cubito de xeo

O noso recuncho especial

PROPOSTAS

Mandalas

Botella da calma

Ioga

RESPIRA

No conto "RESPIRA" de Inés Castel Branco podemos ver varias propostas para aprender a respirar correctamente, ademais dalgún exercicio de relaxación.

Cubito de xeo

Trátase de que os nenos/as pasen dun estado de tensión muscular a outro de relaxación. Os nenos/as convértense en cubitos de xeo, totalmente conxelados. Neste momento estarán todo o tensos que poidan. Despois comeza a facer máis calor e vámonos derretindo pouco a pouco e de forma progresiva iremos destensando os músculos, estirándonos e relaxándonos.

Botella da calma

Que é? Trátase dun recurso que nos axuda a recuperar un estado de maior tranquilidade cando nos sentimos alterados Como funciona? simplemente axitando a botella e concentrándose no movemento do líquido que contén. Que necesitamos? un bote de vidro ou de plástico transparente, pegamento líquido ou aceite para bebés, purpurina e auga quente. Como facemos? Enchemos a botella con auga quente, despois incorporamos o pegamento ou aceite e finalmente a purpurina. Para os nenos/as máis pequenos sería preciso pegar a tapa para que non se derrame o líquido. Podemos facer outras variantes incluíndo colorante alimentario, pompóns, botóns, pedriñas...

IOGA

Trátase dunha disciplina que favorece tanto o movemento do corpo como o da mente. A través de diferentes posturas e movementos, acompañados dunha respiración adecuada, obtemos múltiples beneficios: desenvolvemento muscular, flexibilidade, equilibrio, relaxación, mellora da atención, concentración e memoria...Para levalo á práctica debemos estar nun lugar tranquilo, ventilado, silencioso ou con música relaxante ou ambiental; empregar roupa cómoda que facilite os movementos e ademais empregar algunha colchoneta ou alfombrilla para poder estar descalzos. No vídeo podedes ver algunhas posturas relacionadas cos animais mariños.

Mandalas

É unha actividade que favorece a relaxación, a concentración e a creatividade. Aquí vos deixamos tres opcións para colorear, aínda que podedes escoller outras diferentes.

O noso recuncho especial

Trátase de crear un recuncho dentro da nosa casa nun lugar acolledor que transmita calma, seguridade... e ao cal podemos ir sempre que o necesitemos ou nos apeteza. Podemos ir construíndo ese lugar con teas de diferentes texturas, coxíns, alfombras, luces... así como tamén podemos ter unha pequena selección de materiais que nos transmitan serenidade (o noso peluche favorito, o conto que máis nos gusta, mandalas, cores, a nosa botella da calma...)