Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

JuanGestalPersonaxes

Modesto Gomez

Created on April 27, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Business Proposal

Essential Dossier

Essential One Pager

Akihabara Dossier

Akihabara Marketing Proposal

Akihabara One Pager

Education Dossier

Transcript

Juan GestalCatedrático emérito

de medicina preventiva e saúde pública da USC

O coronavirus é un virus novo. Pero, co que sabemos ata o de agora, podemos afirmar que infecta máis a unhas persoas que a outras? Para ser precisos, de cada 100 persoas, cal é a proporción de persoas infectadas por idades? E por sexos? Da mesma maneira, provoca diferente hospitalización por grupos? E distinta letalidade? A afectación e a gravidade é maior canto maior é a idade, o que indirectamente se asocia tamén coa maior frecuencia de patoloxías crónicas. Nos primeiros datos de distribución por idade facilitados polo Ministerio de Sanidade o pasado 21 de marzo, dun total de 18.959 pacientes, o 75,45 % tiñan entre 30 e 79 anos, o 15,93 % tiñan entre 80 e máis anos e o 8,62 % entre 0 e 29 anos.

En canto á letalidade, a máis elevada —17,91 %— dáse tamén no grupo de 80 e máis anos, séguelle con 5,24 % o de 70-79 anos, con 2,16 % o de 60 a 69 anos, con 0,64 % o de 50-59 anos, e os demais están por debaixo destes valores. A hospitalización tamén aumenta a medida que aumenta a idade, e é superior ao 59 % nos maiores de 70 anos. Por sexos, a afectación é similar, pero a letalidade é superior nos homes.

Parece que en España e en Italia está a ser máis letal. Sábese por que? É máis. Fálase de taxas de letalidade do 5 %, 6 % e 7 %. Pero, dados os casos activos, podemos afirmar ou presupoñer que, a pesar dos ingresos hospitalarios, as taxas de recuperación finais serán do 93 %, 94 % e 95 %? En España e en Italia está a suceder algo incluso peor ao que sucedeu en Wuhan ao principio da pandemia, que os colleu por sorpresa e colapsou o sistema sanitario. Sen dúbida, a escaseza de recursos, tanto para previr as infeccións do persoal sanitario e doutros colectivos de risco coma para tratar os pacientes, está influíndo nesta maior letalidade, que se cebou cos pacientes das residencias de anciáns. En canto ao valor numérico da taxa de letalidade, descoñecemos o verdadeiro, que será inferior ao dos cálculos actuais e depende do número de tests que se realicen.

Infecta máis a persoas dunhas áreas que ás doutras? Se é así, esa diferenza zonal a que se pode deber? As diferenzas de afectación débense ao grao de illamento da poboación, que supón menos contactos e unha difusión máis lenta; ao nivel de urbanización, con maior afectación nas grandes cidades, onde son máis frecuentes os contactos entre persoas; ao grao de mobilidade da poboación, que tamén aumenta os contactos, e á precocidade na adopción de medidas de confinamento.

Os principais síntomas do coronavirus dise que son a febre, a tose seca e a dificultade para respirar. Son os máis habituais? Aparecen sempre? Aparecen nalgunha orde? Hai algunha secuencia de síntomas que nos axude a distinguir se se trata de coronavirus? Eses son os síntomas máis habituais, pero non sempre se presentan todos, nin existe unha orde, aínda que a febre e a tose seca son os máis frecuentes. Estes síntomas son pouco característicos e poden deberse a outras patoloxías, por iso os antecedentes epidemiolóxicos de exposición son máis indicativos, aínda que a medida que avance a epidemia estes síntomas será máis probable que se deban á infección por SARS-CoV-2. Se aparece dificultade respiratoria é máis indicativo e, nese caso, debe chamarse ao 061 e hai que illar a persoa dos membros da familia.

Ademais dos síntomas anteriores, cada vez fálase máis de que os positivos por coronavirus adoitan presentar dor de garganta, perda do olfacto e de gusto e conxuntivite. Son estes síntomas habituais do coronavirus? De ser así, adoitan presentarse nalgún momento concreto da evolución da enfermidade? Teñen algún patrón, orde ou secuencia de presentación? Algúns pacientes refiren dor de garganta, pero isto non é típico do coronavirus. E outros tamén manifestan perda de olfacto e de gusto, o que tamén ocorre noutras infeccións víricas. A tose seca e a febre son os síntomas máis frecuentes.

Estamos nunha época na que os catarros, as alerxias e as gripes continúan presentes. Se temos algún síntoma respiratorio típico destas datas, que síntomas nos poden facer sospeitar de que se trata dun arrefriado, dunha alerxia ou dunha gripe, e non de coronavirus? Pola contra, que síntomas nos deben facer sospeitar que o máis probable é que podemos estar ante un caso de coronavirus? No momento actual, a gripe practicamente xa pasou e, canto máis adiante vaiamos na evolución da pandemia, máis destes casos se deberán a infeccións por coronavirus. O ideal sería facerlles os tests a todas as persoas que presenten clínica, o que axudaría moito a controlar a transmisión e detectaríanse moitos casos leves e subclínicos. Pero para iso sería preciso dispoñer de gran cantidade de tests rápidos.

Din que en determinados grupos de poboación, por exemplo os nenos, é fácil que se mostren asintomáticos. De ter síntomas, tamén é habitual que sexan máis benignos ca nos adultos? De ser así, que síntomas deben facernos sospeitar de coronavirus en nenos? Na maioría dos nenos, a infección adoita ser asintomática ou con síntomas leves do tipo de tose e febre, pero tamén, aínda que máis excepcionalmente, pode haber cadros máis graves con manifestacións de dificultade respiratoria. A sospeita na maioría dos casos será polos antecedentes epidemiolóxicos.

A carga viral ten que ver co tempo e coa intensidade de contacto cun infectado, co número de persoas infectadas coas que se ten contacto e coa súa proximidade ou con ambas as cousas? Non. A carga viral depende da capacidade de multiplicación do virus dentro do organismo da persoa infectada, que varía dunhas persoas a outras. Nesta infección, coma nalgunhas outras, hai persoas que eliminan gran cantidade de virus e contaxian a moitas persoas. A estas coñéceselles como supertransmisores.

Imaxinemos que unha persoa leva confinada na súa casa, por exemplo, dez días. E que desde fai cinco empezou a ter algún síntoma, como por exemplo algo de tose. Durante cantos días debe vixiarse e de que debe estar pendente? Se, pola razón que sexa, non accede a unha proba de COVID, cando e a partir de que síntomas se pode descartar que padeza coronavirus para volver á normalidade? Se só presenta algo de tose, se esta non é unha tose seca e vén con secrecións, e leva cinco días con ela sen ningunha outra sintomatoloxía, como febre, dor muscular, cansazo, e sobre todo dificultade respiratoria, moi posiblemente teña outra causa. O período de incubación media do COVID-19 son cinco ou seis días e pódese alongar, en moi contados casos, ata catorce días. Se nos nove días seguintes non lle aparece outra sintomatoloxía posiblemente non teña a infección, pero a única maneira de descartar que

non estea infectado polo SARS- CoV-2 é realizando o test. Algúns profesionais empezan a falar da posibilidade de que o virus se contaxie por aerosois. Que significa isto? A que distancia dos enfermos os aerosois non poden chegar? Baixo esta hipótese, teñen algún risco de contaxio as persoas que vivan preto dos hospitais e das áreas en que se trata a enfermos de COVID? Non se demostrou que exista transmisión por aerosois. De todos os xeitos, naquelas intervencións sanitarias nas que exista risco de produción de aerosois, como medida de prevención, aconséllaselles aos profesionais sanitarios que utilicen unha máscara facial de tipo FFP3. Nese suposto, non confirmado, as persoas que viven na contorna dos hospitais non teñen risco ningún.

Nas áreas onde se tratan os enfermos si o habería e deberían tratarse en cuartos individuais, idealmente con presión negativa, así como en boxes de illamento con presión negativa nas UCI. Pero repito, este non é o caso. Moitos sociólogos falan de que, tras este confinamento, asistiremos a un baby boom. Moitos psicólogos falan de que, para aliviar tensións durante a convivencia, debemos achegarnos máis ás persoas da casa e redobrar o noso afecto. E, ao tempo, moitos falan de manter a distancia social incluso na casa. Como debemos entender isto? Aconséllanse ou desaconséllanse as relacións en parella no seo familiar? Aconséllanse ou desaconséllanse as relacións afectivas familiares no núcleo familiar? Se algunha delas se desaconsella, ata que data desde o confinamento?

É difícil a resposta, pois hai moitas circunstancias diferentes e a seguridade total non é posible tela. Se na casa non hai ningún infectado, nin ninguén que estivese exposto a un caso ou a ambiente con casos, en principio cabería supoñer que ningún está infectado, aínda que iso só o saberiamos tras lles realizar o test a todos os membros da familia, e que a partir de entón ningún se expuxese á infección, o que non é factible pois algún terá que saír para facer compra, ir á farmacia ou traballar. Por iso creo que, se dentro da casa non hai ningún infectado, debemos manter as relacións normais. Porén, respecto das persoas maiores e daquelas con patoloxías crónicas que as fagan máis susceptibles, debemos establecer unha burbulla protectora, manter con elas a distancia de seguridade e a hixiene de mans e deixar as mostras físicas de agarimo para cando isto acabe.

Con base na súa experiencia epidemiolóxica, queremos acabar por lanzarlle tres preguntas: Por que este virus é máis perigoso ca pandemias anteriores, como a da gripe A? Este virus parécese ao da gripe no mecanismo de transmisión, que en ambos son por pingas; en que son virus que causan infeccións respiratorias máis propias do outono-inverno, pero o SARS-CoV-2 causa unhas pneumonías cuxa letalidade é de tres a dez veces superior á da gripe estacional (0,1 a letalidade da gripe fronte a 0,3 a 1 a estimada para este coronavirus), e a súa contaxiosidade tamén é maior (R0 do SARS-CoV-2: 2,2 (1,4 a 3,9), fronte a 1,1-1,5 da gripe. Este virus provoca nun 14 % dos casos unhas pneumonías que esixen hospitalización e no 6 % unhas pneumonías complicadas que esixen tratamento en UCI, e que provoca a morte no 40 % deses pacientes.

Cando cre que poderemos volver a unha situación de normalidade nas nosas vidas? É difícil facer unha predición, pero lamentablemente isto vai para longo. En Wuhan, o confinamento estableceuse a mediados de xaneiro, pero aínda seguen confinados e está previsto que se levante nunha semana. Debemos mirarnos en China. Considera probable que o COVID se acabe convertendo nun virus estacional? Esta é unha pregunta para a que de momento non hai resposta.