OS MAIOS
Tradición galega
O día 1 de maio, celébrase o “día dos maios” que seguramente terás celebrado na escola ou viches na televisión algunha vez. En Galicia é moi típica e, sobre todo, en Pontevedra. Consiste na elaboración dunhas estruturas que poden ter diversas formas (cono, cruceiro, barco…) e que están forradas con fiuncho, herbas, flores, ovos, laranxas….
Esta é unha tradición que nos chega dun tempo moi afastado, dos celtas concretamente, que tiñan celebracións relacionadas coas colleitas, e aquí queremos explicar un pouquiño de onde procede esta tradición.
A festa celta chamada BELTANE (“bo lume” / “lume luminoso”), que actualmente se chama FESTA DOS MAIOS, celebrábase ó 1 de maio para celebrar a nacente vexetación.
Esta é a festividade da sexualidade e a fertilidade. En pleno ciclo de fecundación e floración, Beltane lémbranos a capacidade divina de creación e pracer que posúen os nosos corpos, é a reivindicación do corpo como algo sacro.
Esta festa marca o inicio da metade iluminada do ano que estaba dedicada ao deus celta Belenos ou Bel, divindade da luz e o lume. Na outra metade do ano celebrábase outra festa, que seguro que coñeces, O Samaín, que se corresponde co período de outono e inverno e por tanto onde hai menos luz.
A data é importante xa que o comezo do verán para os celtas era cinco semanas antes do solsticio e cinco despois do equinoccio – é importante ter en conta que as semanas celtas eran de 9 días-. Os druídas guiábanse pola estrela Maio da constelación das Pleides. Nesta festa os druídas tamén acendían fogueiras e era costume que o gando as atravesase para que, daquel modo, quedasen libres de enfermidade durante o ano. Ademais, levaban o lume de casa en casa para identificar o ano novo dos celtas. Isto recórdanos ao noso San Xoán.
O día 1 de maio, celébrase o “día dos maios” que seguramente terás celebrado na escola ou viches na televisión algunha vez. En Galicia é moi típica e, sobre todo, en Pontevedra. Consiste na elaboración dunhas estruturas que poden ter diversas formas (cono, cruceiro, barco…) e que están forradas con fiuncho, herbas, flores, ovos, laranxas….
Esta é unha tradición que nos chega dun tempo moi afastado, dos celtas concretamente, que tiñan celebracións relacionadas coas colleitas, e aquí queremos explicar un pouquiño de onde procede esta tradición.
A festa celta chamada BELTANE (“bo lume” / “lume luminoso”), que actualmente se chama FESTA DOS MAIOS, celebrábase ó 1 de maio para celebrar a nacente vexetación.
AS COPLAS DOS MAIOS
Chega a primaverae con ela os maios vén a alegría neste novo ano Neste novo ano volvemos aos maios traemos estes cantos moi ben entoados
Como facer as coplas para os maios Animámosvos a ver a esta moza que nos explica moi ben como facer as coplas típicas dos maios Esperamos que poidades facer algunha copla
#cantademeunmaio
Clicade aquí abaixo para ampliar a información
Como facer un maio
Os maios de Redondela
Os maios en Ourense
Os maios de Vilafranca
OS MAIOS
Rocío Rodríguez Conde
Created on April 26, 2020
Tradición galega
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Explore all templates
Transcript
OS MAIOS
Tradición galega
O día 1 de maio, celébrase o “día dos maios” que seguramente terás celebrado na escola ou viches na televisión algunha vez. En Galicia é moi típica e, sobre todo, en Pontevedra. Consiste na elaboración dunhas estruturas que poden ter diversas formas (cono, cruceiro, barco…) e que están forradas con fiuncho, herbas, flores, ovos, laranxas…. Esta é unha tradición que nos chega dun tempo moi afastado, dos celtas concretamente, que tiñan celebracións relacionadas coas colleitas, e aquí queremos explicar un pouquiño de onde procede esta tradición. A festa celta chamada BELTANE (“bo lume” / “lume luminoso”), que actualmente se chama FESTA DOS MAIOS, celebrábase ó 1 de maio para celebrar a nacente vexetación.
Esta é a festividade da sexualidade e a fertilidade. En pleno ciclo de fecundación e floración, Beltane lémbranos a capacidade divina de creación e pracer que posúen os nosos corpos, é a reivindicación do corpo como algo sacro. Esta festa marca o inicio da metade iluminada do ano que estaba dedicada ao deus celta Belenos ou Bel, divindade da luz e o lume. Na outra metade do ano celebrábase outra festa, que seguro que coñeces, O Samaín, que se corresponde co período de outono e inverno e por tanto onde hai menos luz.