Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Reuse this genially

Unha eiruga moi larpeira. (Parte 9)

Infantil

Created on April 26, 2020

Actividades a partir do conto.

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

21

20

19

10

16

15

12

13

14

18

17

11

Fago a miña eiruga de plastilina.

Podo seguir unha serie de cores e facerlle unha folla con un folio o cartulina.

voltar

Para comezar escoitamos este conto tan fermoso.

voltar

Aprendo a escribir "ORUGA".

Descargo e imprimo a ficha ou nun folio escribo a palabra "ORUGA" varias veces. Logo debuxo unha eiruga e escribo o seu nome dentro dos círculos.

voltar

Aprendemos a rima "El gusanito" de Tamara Chuvarovsky

Esta rima fala dun verme que se converte nunha fermosa bolboreta.

voltar

O luns rillou nunha mazá.

Que pasou o luns? Que comeu a eiruga? Canta cantidade comeu? Nun folio escribo a palabra LUNS, o número 1 e debuxo unha mazá.

voltar

Facemos a seguinte manualidade:

Cun prato desbotable facemos unha mazá chea de buratos.Con cartulina ou cartón, unha eiruga. Agora collemos unha corda ou la e a pegamos con cinta adhesiva na eiruga e a xogar!

voltar

Facemos unha eiruga coas nosas mans.

Con témpera e estampando as nosas mans, facemos unha colorida eiruga. Con rotuladores de cores podemos escribir o título do conto.

voltar

A cantar!

Esta canción, de "Infantilgraciapc", fala da nosa eiruga e logo repasa os días da semana, cunha canción que todos coñecemos.

voltar

O martes rillou en dúas peras.

Que pasou o martes? Que comeu a eiruga? Canta cantidade comeu? Nun folio escribo a palabra MARTES, o número 2 e debuxo dúas peras..

voltar

O mércores rillou en tres ameixas.

Que pasou o mércores? Que comeu a eiruga? Canta cantidade comeu? Nun folio escribo a palabra MÉRCORES, o número 3 e debuxo tres ameixas.

voltar

O xoves rillou en catro amorodos.

Que pasou o xoves? Que comeu a eiruga? Canta cantidade comeu? Nun folio escribo a palabra XOVES, o número 4 e debuxo catro amorodos.

voltar

Eiruga estampando círculos.

Facemos unha folla. Dentro, con témpera e estampando círculos, creamos unha eiruga.. Precizamos un círculo para a cabeza e, para o corpo, tantos como letras teña o noso nome. Con rotuladores de cores, cando a témpera seque, completamos os detalles que falten e escribimos o noso nome.

voltar

Hoxe imos coñecer o conto "Los zapatos del gusano". É moi fermoso. Que vos parece o que fai o verme cos zapatos cando xa non os vai precisar máis?

voltar

O venres rillou en cinco laranxas.

Que pasou o venres? Que comeu a eiruga? Canta cantidade comeu? Nun folio escribo a palabra VENRES, o número 5 e debuxo cinco laranxas.

voltar

Observemos a natureza neste vídeo de "Minuscule". Parece maxia, pero é real. Menuda transformacón.! Pronto vermemos como nos trasformamos cada un de nós.

voltar

Que comeu o sábado a eiruga larpeira?

Con plastilina facemos todo o que comeu o sábado a nosa eiruga.. Por qué lle doeu a barriga? Tamén podes facer a túa cómida favorita con plastilina.

voltar

Que comeu a eiruga cada día da semana?

Chegou o momento de pensar que comeu a eiruga cada día da semana. Apuntámolo nun folio. Come máis o menos cada día que pasa? Conta o dereito e do revés o que comeu durante a semana.

voltar

Imos a cociña!

A eiruga larpeira comeu moita froita.. Parece que lle gusta! A froita ten moitas vitaminas que nos axudan a crecer. Cun adulto prepara unha receita con froita.. Sácalle unha foto e escribe os ingredientes para compartir cos compañeiros .

voltar

Como foi evolucinando a eiruga?

Como foi a evolución da eiruga? Que era ao comezo? E despois? E ao final? Ordea o que aconteceu de 1º, de 2º e de 3º.

voltar

Como fomos evolucionando?

Nós tamén evolucinamos co tempo. Con axuda da familia, buscade fotos de bebés, de medianos e actuais. Os pais tamén poden facer a súa evolución. As xuntamos nun folio e as compartimos. .

voltar

Rematamos cunha manualidade.

En que se converteu a eiruga? Nunha fermosa bolboreta.! Queres facer unha? Imos aló!

voltar