Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Exerzo de responsable de gabinete no Parlamento de Galicia. Xunto ás tarefas xornalísticas propias da miña formación, desenvolvo outras a nivel organizativo e de xestión da actividade parlamentaria.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Cando descubriches a túa vocación profesional?
Cando comecei a dar a predición meteorolóxica para os meus pais no salón da casa. Aínda non era consciente de que as miñas inquietudes tiñan que ver máis co xornalismo que co tempo, pero si sabía que quería comunicar e transmitir. Máis adiante, comecei a gravar programas de radio no vello transistor do meu pai e crecín sempre cun micrófono na man.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Que ten de especial desenvolver unha actividade como a túa? A clave do xornalismo é manter viva a actualidade e trasladarlla á cidadanía , informar, crear opinión, analizar a realidade..., pero tamén transmitir, xerar emocións, inspirar movementos sociais. Os medios actúan coma revulsivos, removen conciencias, fan pensar, promoven cambios na sociedade. Gústame formar parte desa cadea de transmisión.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Que lle achega á túa profesión o feito de ser galega? Penso que ser galega e exercer o xornalismo en Galicia e en galego é unha simbiose. A miña profesión permíteme afondar aínda máis no coñecemento da miña terra e da miña lingua e, ao mesmo tempo, transmitir mellor a actualidade, que vai ligada ao que somos e ao que queremos ser como pobo.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Cóntanos os teus inicios profesionais. A miña estrea xornalística foi na delegación da Cope en Verín. Eran as miñas primeiras prácticas e a miña primeira vez diante dun micrófono. Durante o verán, fun a responsable de que saíse ás ondas un programa de actualidade e entretemento en directo, desde os contidos á produción, pasando polo control técnico. Foi vertixinoso.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Recordas como foi o salto da formación á ocupación? Foi unha progresión totalmente natural. Comecei coas prácticas no verán e, despois, tamén durante o curso. Esa era a miña obsesión, finalizar a carreira con toda a experiencia que puidese acumular. Penso que esa experimentación previa foi clave para conseguir o meu primeiro posto de traballo.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria profesional. Os primeiros anos foron frenéticos e intensos. Recordo que quería demostrar a miña profesionalidade, pero no camiño esquecín gozar da miña vocación. O salto dos gabinetes de comunicación e do xornalismo escrito á televisión, un dos meus retos, foi un fito na miña carreira, que se completou coa entrada en televisións de cobertura nacional.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
E logo de toda esta viaxe, onde te atopas profesionalmente agora? Despois de 15 anos dedicados case exclusivamente ao xornalismo, estou explorando novas vías de creatividade, complementarias á miña profesión, nas que formarme, especialmente no campo publicitario.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Cales son para ti as claves da túa evolución profesional? Sempre tentei que cada entrevista, cada noticia, cada peza en definitiva, tivese a miña pegada, e iso implicou unha grande introspección persoal e profesional. O meu obxectivo non é outro ca transmitir, é dicir, contar e informar, pero con valor engadido.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Como axudou o galego a desenvolver a túa carreira profesional? O feito de manexar o galego normativo con fluidez abriume as portas dos medios de comunicación nos que era o idioma predominante e o coñecemento do galego era imprescindible.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
E como pensas que che podería axudar a crecer máis? As destrezas lingüísticas sempre son selos de calidade en calquera eido, pero máis aínda no da comunicación. Desenvolverme con naturalidade en galego é un valor diferencial no currículo á hora de exercer o xornalismo, non só en Galicia, senón tamén no resto do Estado e mesmo noutros países, como poden ser os de fala portuguesa.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Se a túa carreira se puidese resumir nunha palabra en galego, esta sería…? Intrepidez. E nunha expresión? Que expresión galega é habitual para o teu traballo? Gústame pensar que os xornalistas utilizamos moito aquilo de “malo será”, especialmente cando levamos tempo detrás dun entrevistado ou temos unha cobertura complicada.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Existe xerga en galego específica e apropiada para o teu sector? Seguramente a haxa, pero o argot xornalístico en castelán está moi consolidado na nosa práctica profesional. Tampouco axuda que a meirande parte dos medios de comunicación implantados en Galicia utilicen o castelán como lingua vehicular.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Estamos nun momento de incerteza no que #ACulturaSegue. Pensas que poderemos saír reforzados desta crise sanitaria? Non só podemos, é imprescindible. Penso que, despois de atender a emerxencia sanitaria, será vital avaliar as consecuencias económicas e sociais, reflexionar sobre a nosa base produtiva e o noso estado do benestar. Os nosos puntos febles están agora ao descuberto e coas feridas abertas será moito máis doado reparar aquilo que nos fixo vulnerables.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Ocórreseche algunha idea que nos axude a saír reforzados economicamente desta situación? Esta fenda está evidenciando a nosa natureza solidaria e altruísta, e estamos aprendendo que a unidade e a colaboración son as únicas saídas posibles. Unidade é renunciar á nosa liberdade para protexernos os uns aos outros, ou expoñernos á ameaza para curar e garantir servizos básicos. Pero tamén levarlle a compra a unha persoa maior ou reconverter as nosas empresas para fabricar material que salva vidas.
FlorRobledaPersonaxes
Modesto Gomez
Created on April 24, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vertical Genial One Pager
View
Mobile App Dossier
View
Color Shapes Dossier
View
Notes Dossier
View
Futuristic Tech Dossier
View
Crowdfunding Campaign
View
Company Dossier
Explore all templates
Transcript
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Exerzo de responsable de gabinete no Parlamento de Galicia. Xunto ás tarefas xornalísticas propias da miña formación, desenvolvo outras a nivel organizativo e de xestión da actividade parlamentaria.
Flor RobledaXornalista
Profesional da comunicación
Cando descubriches a túa vocación profesional? Cando comecei a dar a predición meteorolóxica para os meus pais no salón da casa. Aínda non era consciente de que as miñas inquietudes tiñan que ver máis co xornalismo que co tempo, pero si sabía que quería comunicar e transmitir. Máis adiante, comecei a gravar programas de radio no vello transistor do meu pai e crecín sempre cun micrófono na man.