Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Saída con nenas/nenos

Vanessa

Created on April 23, 2020

Recomendacións para as saídas

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

recomendacións para saír da casa a partir do domingo 26

montemogosorienta.blogspot.com

horario de saída:de 9 da mañá a 9 da noite, ata unha hora unha soa vez ao día

quen pode saír? 1 persoa adulta responsable de ata 3 nenas/os de ata 14 anos

montemogosorienta.blogspot.com

Dálle información clara

- Marcade no calendario a data na que sairedes. - Explícalle que atoparán persoas con guantes, mascarillas, mantendo a distancia... - Destacaremos o que SI está permitido: - SI podemos darnos apertas con quen convivimos na casa, fóra temos que agardar un tempo para darllas a amigas/os, familiares... - SI podemos chegar ata...: o lugar que vos propoñades, ata un kilómetro de distancia respecto á vosa casa. - SI podemos pasear da man. - SI podemos levar xoguetes, patinete, pelota... - SI podemos respirar fondo, tomar o sol, mirar o mar.

E se non quere saír?

Podemos atoparnos con que quere quedar na casa.- Se se debe a que ten MEDO, fala con ela/el e axúdalle a que se enfronte pouco a pouco, saíndo so un pequeno tempo primeiro e ide aumentando cada día. - Se é por APATÍA, ou non deixar a "pantalla", intenta motivala/o para que saia da casa un tempo.

Mantén a calma:

A actitude das persoas adultas é fundamental para transmitirlle tranquilidade cara a saída. Se os teus xestos, a túa voz... transmiten preocupación, sentirá inseguridade e non disfrutará da saída. Podes levar toalliñas, xel hidroalcohólico.... o que lle faga sentir maior seguridade.

POUCO A POUCO

Será unha miniaventura especial, unha nova realidade e precisamos asimilala. É preciso valorar as necesidades da nena/do neno (idade, carácter, tipo de vivenda...). e transmitirlle a necesidade de respectar as medidas de seguridade establecidas (distancia social, saír o imprescindible...) É recomendable que planifiquemos as saídas, aínda que é preciso ter en conta que, de haber afluencia de persoas na zona na que decidamos pasear, pode ser preciso tomar medidas de seguridade para evitar posibles contaxios como unha maior separación ou regresar a casa. Tede en conta o obxectivo da saída: disfrutar do aire libre, da luz, do ceo... (incluso da chuvia!).