Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Malala
Cris Soto - CEIP PLU
Created on April 23, 2020
A nena cun lapis máxico que cambiou o mundo. Educación en Valores.
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Malala
A nena cun lapis máxico que cambiou o mundo
Coñezamos a súa historia
Malala Yousafzai, medrou nunha rexión desgarrada pola guerra, mais atopaba a maxia da esperanza onde fora que mirase. Co tempo, o seu mundo cambiou, todo viuse ameazado por ser ...unha nena! Entón en lugar de usar o que ela chamaba o seu lapis máxico, colleu un de verdade , e todo aquilo que escribiu na súa habitación chegou a oídos de xente de todo o mundo. Agora é apersoa máis nova en conseguir o Premio Nobel da Paz.Mirade este vídeo no que fala acerca da súa vida , que relata no libro "O lapis máxico de Malala"
Neste vídeo podedes ver e escoitar "O lapis máxico de Malala"
Que che pareceu a historia de Malala? Cres que é xusto que iso aínda esté a pasar en moitos lugares do mundo? Tomade exemplo da súa valentía e dotádevos de ferramentas para evitar as inxustizas. Ela usou o seu lapis e comezou a escribir, non lle fixo falta usar a violencia, que podedes facer vós? Pensádeo, entre todos e todas podemos facer do mundo un lugar mellor, pero temos que empezar por nós mesmos. Agora pulsa na imaxe e completa a ficha interactiva . Se non lembras algún dato , pulsa para ir á páxina web onde poderás atopar máis información. Agardamos que a historia de Malala deixe pegada en vós. ❤