Joaquín RubalGuía Turístico
Profesional do sector turístico de Galicia
Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Eu son guía turístico oficial de Galicia, e o meu traballo principal é ensinarlles Galicia aos turistas que nos visitan. Son autónomo e a miña marca comercial é Geotur Galicia.

Cando descubriches o teu xene emprendedor? Traballei noutras cousas antes como empregado, pero sobre o ano 2006 fun vendo que eu quería ser o meu propio xefe para dedicarme ao que realmente me gusta, que é ensinarlle Galicia a quen non a coñece.

Que ten de especial quen emprende? De especial ten moitas cousas, boas e malas. Ten os seus riscos porque todo depende de ti, o que vaia ben e o que vaia mal. Pero é apaixonante poder marcar ti só o teu rumbo e decidir o que vas facer ou non. A min gústame a independencia e a liberdade que che dá ser o teu propio xefe.

Ser galego axuda a emprender? Ser galego eu creo que axuda a todo. No meu traballo de guía turístico Galicia éo todo porque turisticamente temos unha terra espectacular, en poucos quilómetros temos de todo: costa, montaña, natureza, patrimonio… Eu sempre digo que non hai traballo máis fermoso para un galego ca ensinar Galicia. Nunca atopei un turista ao que Galicia non lle gustase.

Cóntanos os inicios da túa traxectoria emprendedora. Eu traballaba antes en temas administrativos como empregado. En ocasións, tiña que ensinarlles algo de Galicia aos estranxeiros que viñan aquí traballar connosco. Nese momento, descubrín que me gustaba máis a parte de ensinarlles a eles a miña terra ca o tema administrativo que eu facía a diario.

Recordas como pasaches da idea á empresa? Cando descubrín que quería ser guía turístico, o primeiro que tiven que facer foi examinarme para conseguir a habilitación da Xunta de Galicia de guía turístico oficial de Galicia. Tamén tiven que formarme en idiomas. Cando conseguín a habilitación oficial e perfeccionei os idiomas estranxeiros, xa puiden empezar a traballar de guía.

Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria empresarial. Pois podería ser cando decidín ser guía turístico, cando conseguín a habilitación de guía oficial e cando creei a miña marca profesional de Geotur Galicia.

E logo de toda esta singradura, onde se atopa a túa empresa agora? Este ano cumprimos 14 anos de traballo e podemos dicir que agora xa imos tendo unha boa carteira de clientes. Neste traballo son moi importantes a experiencia e os contactos que vas facendo ano a ano.

Cales son para ti as claves da túa evolución empresarial? No meu traballo é moi importante a experiencia que teñas, xa que isto permíteche ofrecer produtos turísticos novos e diferentes. Tamén os contactos que vas facendo día a día co traballo diario, porque iso supón novos clientes para o futuro. A materia prima coa que traballo, Galicia, é insuperable. Outra clave fundamental é que che apaixone o traballo que fas.

Como axudou o galego a desenvolver a túa empresa? Gran parte dos nosos clientes son galegos que queren coñecer mellor a súa terra. Traballamos moito con concellos, asociacións, escolas etc. e, grazas ao galego, tamén traballamos moito con clientes portugueses e brasileiros.

E como pensas que che podería axudar a crecer máis? Eu xa uso o galego moito no meu traballo no día a día cos clientes galegos. O meu próximo obxectivo é usar máis o galego na miña páxina web e nas miñas redes sociais. Se o teu negocio se puidese resumir nunha palabra en galego, esta sería…? Terra meiga.

E nunha expresión? Que expresión galega é habitual na túa empresa? Descubre connosco a Galicia máxica. Existe xerga en galego específica e apropiada para o teu sector? Existen moitos termos artísticos, históricos e xeográficos no galego que nós usamos acotío nas nosas rutas guiadas por Galicia.

Estamos nun momento de incerteza no que #ACulturaSegue. Pensas que poderemos saír reforzados desta crise sanitaria? Eu confío en que si sairemos reforzados. A actividade turística coa crise sanitaria obviamente quedou completamente paralizada. Pero eu confío en que, cando remate este pesadelo, a xente retome con máis forzas o de viaxar e coñecer a nosa terra. Moitas veces percorremos medio mundo para visitar cousas menos interesantes ca o que temos en Galicia.

Ocórreseche algunha idea que nos axude a saír reforzados economicamente desta situación? Eu creo que esta crise fará que valoremos máis a natureza, xa que estamos vendo que cando nós paramos ela recupérase. E este peche obrigatorio tamén nos dará mais folgos de saír e coñecer a nosa máxica terra. Eu creo que hai un mes eramos felices e non o sabiamos. Desde agora, temos que valorar moito máis cousas tan sinxelas coma un paseo, un solpor, un regato, unha aperta ou un bico.
JoaquinRubalPersonaxes
Modesto Gomez
Created on April 22, 2020
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Business Proposal
View
Essential Dossier
View
Essential One Pager
View
Akihabara Dossier
View
Akihabara Marketing Proposal
View
Akihabara One Pager
View
Education Dossier
Explore all templates
Transcript