Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

AriadnaLeisPersonaxes

Modesto Gomez

Created on April 21, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Vertical Genial One Pager

Mobile App Dossier

Color Shapes Dossier

Notes Dossier

Futuristic Tech Dossier

Crowdfunding Campaign

Company Dossier

Transcript

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Son redactora e reporteira de televisión. O meu traballo consiste en falar coa xente e coñecer as súas historias. Algunhas son ledas, outras tristes, pero todas elas fascinantes. Viaxar, escoitar e contar, niso se basea o meu día a día. Un oficio que non entende de horarios nin de festivos, pero que achega moitas e moi boas experiencias.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Cando descubriches a túa vocación profesional? Sempre quixen ser profesora de música. Como no seu día non puiden ir estudar Musicoloxía a Oviedo, metinme na rama de audiovisuais porque tamén tiña relación coa música. Cando estaba facendo as prácticas da carreira nunha produtora que traballaba para a TVG, descubrín realmente que eu nacera para ser comunicadora.

Que ten de especial desenvolver unha actividade como a túa? O que máis valoro da miña profesión é que chego a lugares que doutro xeito non chegaría xamais. Descubro culturas, tradicións e formas de vida singulares, ademais da xente que se vai cruzando no camiño. Moitos dos entrevistados e entrevistadas son hoxe amigos. O noso traballo é unha cadea, e do que máis se aprende é de ser ese elo que une.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Que lle achega á túa profesión o feito de ser galega? Traballo para a canle autonómica e para unha canle nacional. Para a primeira, o feito de ser galega é esencial porque, á hora de transmitir, a naturalidade é propia e o terreo coñecido. Con respecto ao traballo para a canle nacional, ser galega fai que a xente se abra moito máis, aínda que teña que falar castelán. Séntese mais cómoda.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Cóntanos os teus inicios profesionais… Logo de mandar varios currículos a produtoras privadas e de facer varias probas, colléronme nunha delas como reporteira do Vaia Troula. A empresa confiou en min e seguiu contratándome para múltiples programas. Ao principio, moitas horas e moitas dúbidas. Pero, co paso do tempo, fun adquirindo experiencia.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Recordas como foi o salto da formación á ocupación? En realidade, o meu caso sempre combinou as dúas. Estudaba á vez que traballaba para poder pagar os estudos. Comecei moi noviña como profesora de baile, xa que son bailarina profesional. Logo viñeron as prácticas e, seis meses despois, o primeiro contrato oficial como comunicadora. O feito de coller o micro na man foi unha éxtase.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Relátanos os tres principais momentos da túa traxectoria profesional. A primeira reportaxe que fixen, na que pensaba en todas as indicacións que me dera o director, á vez que gozaba coma unha nena. O día no que unha señora de 100 anos me ensinou a facer pan nun forno de pedra centenario e o primeiro directo para informativos. Tremíanme as pernas, non só polos nervios, se non porque tiña o móbil do retorno ao 1 % de batería.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

E logo de toda esta viaxe, onde te atopas agora profesionalmente? Agora atópome explorando novas áreas. Sigo como reporteira de directos para a canle nacional e tamén agardando a que arranquen novos programas nos que traballo como guionista e copresentadora. Agora están parados polo confinamento por mor do coronavius. Mentres, preparo oposicións para profesora, o que quixen ser desde nena.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Cales son, para ti, as chaves da túa evolución profesional? Esencialmente, ser eu mesma e non querer pasar por encima de ninguén. Non son unha persoa competitiva, se non que intento sempre axudarlles aos demais, aínda que iso implique perder nalgúns casos. Co tempo, moita desa axuda veume de volta e brindoume mellores oportunidades.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Como axudou o galego a desenvolver a túa carreira profesional? O galego que falo na casa, con seseo e gheada, é o galego que emprego no traballo. Iso abriume moitas portas e fíxome gañar a confianza de moita xente que rexeitaba saír nos medios por medo a non falar correctamente. Tamén fixo que me valorasen por quen son e como son: espontánea, alegre e orgullosa da miña fala.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

E como pensas que che podería axudar a crecer máis? A día de hoxe, dominar un galego perfecto abre moitas portas. Non todos os galegos e galegas falan a súa lingua e moi poucos saben escribir e falar correctamente o galego de libro. Falar un galego propio e dominar o galego normativo fainos diferentes e somos minoría, polo que as oportunidades deberían ser máis.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Se a túa carreira se puidera resumir nunha palabra en galego esta sería…? Comunicación. E nunha expresión...? Que expresión galega é habitual para o teu traballo? Chegar e encher. Existe xerga en galego específica e apropiada para o teu sector? Que eu saiba, non.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Estamos nun momento de incerteza no que #ACulturaSegue. Pensas que poderemos saír reforzados desta crise sanitaria? Si. De feito, hai un texto que circula polas redes que di que, curiosamente, as materias que menos peso teñen na escola son as que máis necesitamos para non tolear no confinamento: música, debuxo e deporte. Ademais, a lectura e o cine son das áreas máis demandadas. Darémoslle moito máis valor despois disto, estou segura.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ariadna LeisReporteira

Profesional da comunicación audiovisual

Ocórreseche algunha idea que nos axude a saír reforzados economicamente desta situación? Esta crise sanitaria deunos unha gran lección, e é a de que a investigación está infravalorada. Ter equipos de investigación fortes é fundamental. Non só na área sanitaria, se non en todas as áreas: tecnolóxica, económica, educativa… Buscar novos métodos e aplicalos fainos ir un paso por diante. E anticiparnos aos problemas, máis.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"