Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

AnaCastro

Modesto Gomez

Created on April 16, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Essential Business Proposal

Essential Dossier

Essential One Pager

Akihabara Dossier

Akihabara Marketing Proposal

Akihabara One Pager

Education Dossier

Transcript

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

Cal é a túa actividade? Explícanos, en poucas palabras, a que te dedicas? Son taxadora de pezas de arte e antigüidades e o meu traballo consiste en indicar de maneira obxectiva o valor de mercado de pezas con certa importancia artística e/ou histórica. Ademais, dedícome á organización de exposicións artísticas en distintas localizacións, dou clases na Universidade de Santiago de Compostela sobre o valor da arte e son a encargada de formar os axentes do Seprona, no eido nacional, sobre a identificación de marfil.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

Cando descubriches o teu xene emprendedor?Descubrín que quería emprender despois de traballar tres anos en Barcelona nunha casa de poxas. Quería volver a Galicia e, ao ver que non existía unha empresa que se adaptase aquí aos meus coñecementos e experiencia, decidín montar a miña propia empresa

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

Que ten de especial quen emprende? Hai que ser moi valente e saber que vai haber momentos moi duros. A persoa emprendedora proponse facer as cousas doutra maneira, segundo o seu propio criterio, moitas veces para mellorar un mercado que considera insuficiente para a súa realización laboral e persoal. Ser galega axuda a emprender? Non creo que inflúa. Na miña opinión, depende da persoa, non da localización.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

Cóntanos os inicios da túa traxectoria emprendedora… Supoño que, como os de moitos outros emprendedores e emprendedoras, foron moi duros. Non tes nin idea do papelame que supón, todo o mundo che dá consellos e non sempre bos, hai moitos gastos iniciais e poucos clientes, moitas dúbidas… Eu capitalicei o paro da empresa anterior onde traballaba para afrontar eses primeiros gastos, pero enganoume a empresa que me fixo a páxina web e practicamente quedei sen fondos nada máis empezar... Son cousas das que se aprende e que te fan forte.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

Recordas como pasaches da idea á empresa? Claro que si, co que é agora o meu marido, decidín o nome, fixen a páxina web, asentei as bases dos servizos que quería ofrecer (aínda que logo cambiasen), informeime moito, asistín a cursos de montaxe e desenvolvemento de empresas para intentar facer as cousas o mellor posible...

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

E logo de toda esta singradura, onde se atopa a túa empresa agora? Independente, manténdose, en ascenso e con clientes que me volven chamar ou que me recomendan. Con novos proxectos no campo da montaxe de exposicións e con proxectos moi interesantes no eido nacional.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

Cales son, para ti, as claves da túa evolución empresarial? Perseveranza e apoio familiar. É moi raro que atopes algún emprendedor ou emprendedora que diga que todo foi un camiño de rosas. Hai momentos moi duros e necesitas ser forte a nivel emocional, e tamén o apoio do teu ámbito. Así mesmo, é importante non caer na monotonía e tratar sempre o cliente como alguén especial, ademais de ser profesional e de realizar o mellor traballo posible.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

Como axudou o galego a desenvolver a túa empresa? Teño que dicir que non tiven nin axudas nin impedimentos nese ámbito. Eu falo e redacto no idioma no que se comunique o meu interlocutor sen ningún problema.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

E como pensas que che podería axudar a crecer máis? Penso que moitas veces os autónomos estamos afogados en gastos, que se se reducen poderían ser un considerable aforro para realizar melloras na propia empresa e no seu crecemento, oara facer cursos de formación, para mellorar as instalacións... Hai países nos que se paga a cota por facturación e aquí é fixa cobres o que cobres, algo que fai que para as pequenas empresas crecer sexa máis complicado.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

Se ou teu negocio se puidese resumir nunha palabra en galego esta sería…? Profesionalidade. E nunha expresión…? Que expresión galega é habitual na túa empresa? Nunca choveu que non escampara. Existe xerga en galego específica e apropiada para ou teu sector? No meu sector úsase unha linguaxe técnica.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

Estamos nun momento de incerteza no que #ACulturaSegue. Pensas que poderemos saír reforzados desta crise sanitaria? Penso que as cousas van cambiar moito. Non sei se para o sector da cultura será para ben, xa que entramos nun momento de recesión importante... Os recortes en sectores de primeira necesidade como a sanidade son un erro, a ver se se propón o mesmo coa cultura, necesaria para a evolución dun país. Van ser anos duros, a ver como se desenvolven.

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"

Ana CastroGalantiqua

Profesional Autónoma das Antigüidades

Ocórreseche algunha idea que nos axude a saír reforzados economicamente desta situación? Non reducir os orzamentos nas cousas máis importantes, e a cultura é unha delas. Ao meu modo de ver, a cultura entra dentro do que sería a educación e debe de ser un dos alicerces na nosa sociedade e na nosa economía. Abril de 2020

"Sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"