Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Nova Narrativa Galega (NNG)

edlg. DAVID BUJÁN

Created on April 14, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Vintage Advent Calendar

Professional Advent Calendar

Interactive Event Microsite

January School Calendar

Genial Calendar 2026

Annual calendar 2026

School Calendar 2026

Transcript

A NOVA NARRATIVA GALEGA

PROSA DE POSGUERRA

CONTEXTO HISTÓRICO

CONCEPTO

CRONOLOXÍA

características

AUTORES

En plena posguerra europea, logo da derrota nazi na 2ª Guerra Mundial e no inicio da Guerra Fría, prodúcese un movemento de renovación literaria, asociado a novas correntes de pensamento, que afectará de maneira significativa á narrativa galega ► Cobra forza a interpretación da sociedade desde a perspectiva marxista, que impulsará unha liña de realismo social ► Esténdese unha visión angustiosa e desesperanzada da vida a partir da difusión do filosofía existencialista ► A pervivencia da ditadura franquista engade en Galiza un elemento de desesperanza, de falta de futuro

1.CONTEXTO EUROPEO

2. CONCEPTO

A NOVA NARRATIVA GALEGA (NNG) é un movemento de ruptura coa narrativa anterior (tradicional e ruralista) desenvolvido desde mediados de 1950 e ao longo dos anos 60 , inserindo temas e técnicas nunca antes empregados, influído polos movementos que están a renovar o panorama literario.

Aínda que o nome é un calco de Nouveau Roman -movemento contemporáneo francés-, non é esta a única influencia, nin sequera a máis destacábel.

3.CRONOLOXÍA

O corpus da NNG abrangue unhas vinte obras publicadas entre 1954 (Nasce un arbre, de Gonzalo R. Mourullo) e 1971 (Adiós, María, de Xohana Torres). A partir de 1968, os autores que participan neste movemento van abandonando progresivamente a experimentación formal.

Outros críticos dan por finalizado o movemnto en 1980, coa punlicación Cara Times square de Camilo Gonsar

.CARACTERÍSTICAS TEMÁTICAS E FORMAIS - TEMÁTICA: Expresión do absurdo da existencia, pesimismo, desesperanza; asasinatos, suicidios, fracasos persoais, amor insatisfeito, soidade, illamento, episodios patolóxicos... - PERSONAXES: Perdidos, desnorteados, movidos polas circunstancias, sen control do seu destino, violentos, agresivos, solitarios, desequilibrados, autodestrutivos... antiheroes - TEMPO: Gusto pola ruptura da orde cronolóxica (analepeses, prolepses, ucronía), redución radical do tempo - ESPAZOS: Maioritariamente urbanos ou suburbiais. Fuxida consciente do ruralismo. Ambientes claustrofóbicos, sórdidos. Cosmopolitismo, localizacións estranxeiras - NARRADOR: Preferencia pola primeira persoa protagonista e as perspectivas obxectivistas, que mostran a historia sen explicala, multiperspectivismo, monólogo interior - ESTILO: Simple, oracións curtas, marcada tendencia ao coloquialismo, fuxida da retórica; descricións de natureza obxectalista; gusto pola mestura de xéneros, pola narrativa “collage”

4. CARACTERÍSTICAS

5. AUTORES

Grandes escritores maduraron a súa técnica narrativa durante o seu paso polo movemento da NNG. Son autores nacidos entre 1930 e 1940 e con formación universitaria como; Rodríguez Mourullo, Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán, Xoana Torres, Suarez-Llanos, ...

Moitos destes autores abandonan este forte experimentalismo nas súas obras de madurez