Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

experimentos

sanchezamor.m

Created on April 1, 2020

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Visual Presentation

Vintage Photo Album

Transcript

EXPERIMENTAMOS COA AUGA

Seguindo co proxecto que estamos a traballar este curso "Ríos, mares e océanos" resulta interesante investigar máis sobre a auga, polo que propoñemos unha serie de experimentos con materiais que podedes ter nas casas. Ademáis se queredes facer algún diferente estaremos encantadas de ver os vosos experimentos!!

01

Flota ou afunde?

MATERIAIS

  • Recipiente grande
  • Auga
  • Diferentes materiais (pedras, pequenos xoguetes, tapóns...)

Trátase de que os nenos/as fagan hipóteses sobre os diferentes obxectos e se cren que flotan ou non. A partir de aí irán comprobando cada un deles.

02

Pescamos cubitos de xeo

Que necesitamos?

  • Recipiente con auga
  • Cubitos de xeo
  • Sal
  • Fío groso

Como facemos?

  1. Introduce os cubitos de xeo na auga
  2. Toma o fío e colócao sobre un dos cubos de xeo, asegurándote de que estea en contacto co xeo. Cerciórate de que ambos extremos do fío sobresaian polos bordes do recipiente.
  3. Engade un pouco de sal ao xeo e espera entre 1 e 5 minutos.
  4. Colle ambos extremos do fío e "pesca" o cubito de xeo da auga.

03

Cores que se comunican

Materiais:

  • 3 botes de cristal transparente
  • pintura para a auga (acuarela, colorante alimentario, témpera...)
  • Servilletas de papel
  • Auga

Como facemos?

04

Volcán en erupción

Que necesitamos?

  • 2 vasos
  • Bicarbonato de sodio
  • Colorante alimentario ou pintura.

Como facemos?

  1. Enche ¼ dun dos vasos con bicarbonato de sodio.
  2. Enche ¼ do outro vaso con vinagre.
  3. Agrega entre 6 e 7 pingas de colorante alimentario ou pintura azul ao vaso de vinagre
  4. Verte lentamente o vaso de vinagre no vaso con bicarbonato de sodio e mira o que sucede.

05

O mar nunha botella

Materiais:

  • Botella de plástico ou cristal transparente
  • Auga
  • Aceite vexetal
  • Colorante azul (colorante alimentario, témpera, acuarela...)

Como facemos?

  1. Enche 1/3 da botella con auga
  2. Agrega unhas pingas do colorante, colócalle a tapa e móveo ben
  3. Reenche a botella co aceite vexetal.
  4. Volve colocar a tapa, axítaa e mira o que sucede.
  5. Podes engadirlle algún peixiño de xoguete, cunchas...

06

Facemos chuvia

MATERIAIS

  • Frasco de cristal
  • Prato pequeno
  • Auga

PROCESO

  1. Fervemos auga.
  2. Metemos a auga quente no frasco e tapamos co prato.
  3. Deixamos pasar uns minutos e colocamos uns xeos sobre o prato.
  4. Agora temos que esperar e ver como comeza a chover.

Acordádevos de enviarnos as fotos dos vosos experimentos!!!