Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

A literarrúa salta os muros

dplingua

Created on April 1, 2020

Percorrido literario a través de grandes murais exteriores

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Corporate Escape Room: Operation Christmas

Secret Code

Reboot Protocol

Christmas Escape Room

Horror Escape Room

Witchcraft Escape Room

Desert Island Escape

Transcript

IDEADOR@S en

A literarrúa salta os muros

Un percorrido literario a través de grandes murais exteriorespara ampliar os espazos da palabra

Carta a un fillo (Kipling), de González Abal e Ares Fondevila, Silleda

A ENCARGA

salta os muros

Deberás visitar todos os murais do noso traxecto para demostrar que coñeces as bases de cada un. Acadarás así unha clave para acceder a outras intervencións que conseguen traspasar especialmente os seus muros, as fronteiras ocultadoras das mensaxes. Desde o seu valor, seguro que podes realizar unha boa proposta.

A literatura está a saír á rúa tamén a través da imaxe. Comeza a encher grandes espazos comúns e cotiás á marxe da publicidade. Para impulsar este salto, precisamos ideas que enriquezan os eventos de arte urbana que temos no país e que descubrirás ao final. Contribúes a tinxir as paredes da cor das palabras?

COMEZAR

EN EQUIPO

A ENCARGA

A literarrúa salta os muros

COMEZAR

A ENCARGA

EN EQUIPO

EXPLORA

autor@s voces

autor@s LETRAs

LENDAS POPULARES

OBRAS EN OBRAS

VERSOS EN IMAXES

Ao final debes retirarlle a lona ao edificio !

VOLVE INTENTALO

Maruxa Mallo, de Xoana Almar, en Ordes

AUTOR@S DESDE AS VOCES

Achegámonos a varios murais que homenaxean figuras literarias. Nestes casos, escoitaremos algún fragmento da súa obra.

COMEZAR

1. Isaac Díaz Pardo é o protagonista deste espectacular mural de Lula Goce (en Sada).Isaac foi un intelectual, empresario galeguista e artista plástico, sobre todo. Mais tamén escribiu ensaios, obras de teatro e carteis de cego. A un destes, O marqués de Sargadelos, pertence o fragmento ligado, no que se enumeran distintas persoas que participan no asasinato deste nobre pioneiro da industrialización do país. Foi linchado por xente instigada polos seus inimigos e iso transmíteo literariamente Díaz Pardo ao...

basear a acción no paralelismo

inserir unha rima asonante

manter un ton de carraxe

acumular adxectivos e alcumes despectivos

2. Yolanda Castaño, Ledicia Costas, Inma López, María Reimóndez, María Xosé Queizán e Silvia Penas ficaron representadas neste mural de Vanesa Álvarez (en Vigo).Aquí podes ler e escoitar o poema Metrofobia, de Yolanda Castaño. O texto contén múltiples comparacións e metáforas, pero a figura que o vertebra é a...

personificación

aliteración

anáfora

antítese

3. A viguesa María do Carme Kruckenberg conta con este mural na súa cidade, obra de MM Puhinger, Ewa.Atende este poema de María do Carme e decide: por que a guerra non rematou?

Por ser sempre destrutiva

Porque non hai memoria

Porque quere mentir

Por sermoscompetitiv@s

MOI BEN

A primeira letra que debes teclear é o

Anótaa e volve. Ao final servirache para retirarlle a lona ao edificio.

Jues Verne, de Fernández, Alonso e Bárbara , Vigo

AUTOR@S DESDE AS LETRAS

Un par de murais de literat@s protagonistas das Letras, que representan multitude de iniciativas deste tipo impulsadas por concellos e centros de ensino.

COMEZAR

1. María Victoria Moreno está presente nunha rúa de Pontevedra grazas a este mural de Tania Solla e Polo Correo do Vento.Aquí podes escoitar o inicio de Leonardo e os fontaneiros (e toda a obra, lida por alumnado). Quen narra?

Leonardo e diríxese aos seus amigos

Un narrador omnisciente

O neno Tono e diríxese a un can

2. Lois Pereiro ficou así representado na súa vila natal, Monforte de Lemos, por Humberto Loureiro e Miguel Rodríguez. Na obra Poesía última de amor e enfermidade, Lois inclúe un texto titulado Acróstico (podes lelo ampliado). Que verso rompe coa formación agardada nun acróstico lateral (para acentuar a caída)?

deixar na terra

ó fondo dunha interna

Somentes

a súa alma cunha dor eterna

XENIAL!

A segunda letra que terás que engadir é o

Anótaa e volve. Ao final servirache para retirarlle a lona ao edificio.

Mar de lenda, de Rakele, en Carballo

AS LENDAS POPULARES

Algunhas lendas referidas a espazos concretos están presentes tamén en grandes deseños. Veremos dous realizados polo colectivo Cestola na Cachola (Xoana Almar e Miguel Peralta).

COMEZAR

1. A pena da Moura (Carballo), como di Miguel Peralta, o autor da intervención plástica, é unha homenaxe á muller galega, ao tempo que se inspira na lenda homónima. Le aquí o texto e decide sobre o que pretende explicar fantasiosamente esta lenda.

A orixe do costume de levar as cargas na cabeza

A presenza dun dolmen ao que se lle chamou así

O xurdimento da calceta como técnica

os inicios da actividade comercial en carballo

2. A lenda da Serpe de Vilaescura podes lela tamén na páxina de Cestola na Cachola. Pódese dicir que ten unha compoñente (como se "aprecia" na imaxe) claramente...

consumista

cultista

hedonista

ecoloxista

ESTUPENDO!

A terceira letra da serie é o

Anótaa e volve. Ao final servirache para retirarlle a lona ao edificio.

Martin Codax, de Pedro Sardiña, Vigo

DE OBRAS EN OBRAS

A seguir, tres obras literarias que, cando menos aparentemente, nutriron o deseño doutros tantos murais.

COMEZAR

1. O lapis do graffiteiro é un mural de Sokram realizado na vila de Carballo. Nel parece xogar co título da novela O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas, ben coñecida ao ser unha obra fundamental, adaptada tamén con éxito ao cine e ao teatro. Nesta novela, o lapis rehumaniza o posuidor e sabemos xa ao inicio de onde lle vén ese poder. Le o fragmento ligado e indica a orixe do lapis.

Procedía da carpintería do tío do narrador

Era dun artista que asasinouquen fala

foi un agasallo do tío do narrador

Era dun cazador que anotaba as pezas

2. Carapuchiña Vermella transfórmase neste mural de Susana Llorente e Carlos Concheiro en Carapuchiña Feroz (na vila de Carballo).Na versión parella de Roald Dahl que podes ler aquí, quedou sen poñer un substantivo referido a unha vestimenta, a sobrepeliz. Procura o lugar onde debería estar e fíxate en que a súa presenza esixiría cambiar a palabra de rima do verso anterior. Cal tería que ser ese vocábulo?

Infeliz

Perdiz

Desliz

Actriz

3. Lidia Cao é a autora deste mural, A costureira das Casillas ou Fiando a revolución, en Ordes. A denuncia das condicións de traballo e a perspectiva feminista conecta esta composición cun poemario de Antía Otero cuxo título fai referencia, en oxímoro, ao ruído continuo das máquinas de coser. Cal será o seu título?

A folga laboriosa

Os silencios atronadores

O son da xordeira

O branco non pinta

PERFECTO!

En cuarto lugar coloca un

Anótaa e volve. Ao final servirache para retirarlle a lona ao edificio.

Mural de Viki Rivadulla con versos de Marta Dacosta e Paco Souto, en Muxía

OS VERSOS EN IMAXES

Aquí recollemos tres murais, alén deste inicial, inspirados en versos determinados e reproducidos na propia parede.

COMEZAR

Proletario/a: obreiro/a, relativo ou pertencente ás persoas que perciben un salario

1. Un verso de Celso Emilio Ferreiro é o fío deste mural de Xosé Vizoso que podemos ver en Foz. Pertence ao arquicoñecido poema Deitado frente ao mar, no que Celso Emilio reivindica o uso da lingua, recrimina a quen renega dela e abre o canto á solidariedade. Podes ler e escoitar o texto aquí. Por que cres que lle chama proletaria á lingua cando a maioría dos seus falantes nesa altura eran campesiñ@s e mariñeir@s?

Para identificala coa xente sinxela

para que a clase obreira fose solidaria

Para animar o empresariado a usala

2. Este mural está adicado a Julia Becerra, unha nobre nacida en 1892, cantante, galeguista e defensora da igualdade de xénero. Os seus creadores, Xoana e Miguel, incorporaron fragmentos dunha canción popular, cantada actualmente, por exemplo, por Luar Na Lubre. Nela (podes ampliala) é clara a dicotomía: a conexión entre un apuntamento sobre a natureza e mais un sentimento. En que cantiga das seguintes se aprecia tamén?

Verde caravel na horta,botas por riba do muro; así dorme descansado quen seu amor ten seguro

chamácheme moreniña, branquiña vaite lavar. disme que non teño amores: inda chos podo emprestar.

3. Laura Tova creou este mural, pintado por nenas e nenos en Malpica, partindo do título dun poema de Paco Souto. Cal será ese título? Telo abaixo cortado en bloques para montar.

E a perca illa unha beira

A percebeira é unha illa

A eira Percebilla é unha

QUE BOA!

A última letra vai ser o

Anótaa e volve. Ao final servirache para retirarlle a lona ao edificio.

Insire o código

OK

Insire o código

OK

Insire o código

OK

**

Insire o código

OK

**

Insire o código

OK

***

Insire o código

OK

***

Insire o código

OK

****

Insire o código

OK

****

Insire o código

OK

PREME OK

Insire o código

OK

PREME OK

Insire o código

OK

INCORRECTO

Insire o código

OK

PARABÉNS!

A Poppins do Sar, de Yoseba MP... ... Os Murais para os océanos, de Fernández, González e Draw, que inclúen versos en galego de Keith Payne, tradutor á súa vez de poetas galegas no libro Six Galician Poets... ... Os deseños de Castelao e Rosalía feitos por Vanesa Álvarez en Nova York... ... E ti que propós facer?