Carvalho Calero letras galegas 2020
luciabellopardo
Created on March 25, 2020
Resumo da vida e obra do autor homenajeado nas Letras galegas do 2020.
More creations to inspire you
PROMOTING ACADEMIC INTEGRITY
Presentation
ARTICLES
Presentation
AGRICULTURE DATA
Presentation
THE OCEAN'S DEPTHS
Presentation
C2C VOLUNTEER ORIENTATION
Presentation
LAYOUT ORGANIZATION
Presentation
TALK ABOUT DYS TEACHER-TEACHER
Presentation
Transcript
Letras Galegas 2020- EDLG Vismaedlg.visma
RICARDO CARVALHO CALERO
Ricardo Leopoldo Ángel José Gerardo Carballo Calero naceu o 30 de outubro do 1919 en Ferrol e foi o maior de seis irmáns.O falecemento da súa nai fixo del, nas súas propias palabras, un neno triste.Dende moi axiña destacou no académico. O seu mestre Manuel Comellas deixou nel unha fonda marca.Con 16 anos marchou a Compostela a comezar a carreira de Dereito.
PRIMEIROS ANOS (1910- 1926)
Dende 1931 comeza a súa militancia no Partido Galeguista. Participa en mitins a favor do Estatuto de Autonomía e, xunto con Lois Tobío, redacta un dos seus borradores.
É un estudante brillante que remata a carreira de Dereito en 4 anos. Forma parte do Seminario de Estudos Galegos e ten contacto co Grupo Nós.
O paso pola Universidade e o achegamento ao Galeguismo
ANOS DE XUVENTUDE (1926- 1932)
No 1935, remata a carreira de Filosofía e Letras e prepara as oposicións a mestre de instituto. Marcha examinarse a Madrid e aproba, pero, estando aínda na capital, estala a Guerra Civil. Ao mesmo tempo coñece o nacemento da súa primeira filla, Margarita.
No 1932, cos estudos e o servizo militar rematados, volta a Ferrol. Alí , aproba as oposicións ao corpo administrativo do Concello. Nese mesmo ano, casa en Baleira (Lugo) con Mª Ignacia Ramos, a quen coñecera na universidade.
Vida persoal e profesional
OS ANOS PREVIOS Á GUERRA (1932- 1936)
OS ANOS DA GUERRA E POSTERIORES (1936- 1941)
Formou parte do batallón Félix Bárzana, do sindicato FETE-UGT. Participou na defensa de Madrid, Valencia e Andalucía. Ao remate da guerra, en abril de 1939, foi feito prisioneiro en Xaén, onde combatía. Foi condenado a 12 anos de cadea que acabaron sendo dous. Pasounos nun convento convertido en cárcere.Voltou a Ferrol no 1941.
ETAPA LUCENSE (1950- 1965)
Os seus anos no Colexio Fingoi
Ao regresar a Ferrol no 1941, en liberdade condicional, atópase con que non pode exercer nin a docencia nin a avogacía. Por fin pode reunirse coa súa familia: coñece á súa filla Margarita, que ten 5 anos. No 1942, nace a segunda, Victoria.A súa muller, Mº Ignacia, ten relación con empresario e humanista Antonio Fernández López que ten en marcha un novidoso proxecto educativo en Lugo: o Colexio Fingoi. Alí se trasladan. Carvalho exercerá como director, do centro aínda que non pode figurar oficialmente. Nesta etapa recupera a súa produción literaria.
Real Academia Galega
No 1958, Carvalho entra a formar parte da Real Academia Galega, cun discurso de ingreso sobre Rosalía de Castro. O acto tivo lugar un 17 de maio. Otero Pedrayo respondeu ao seu discurso.
Editorial Galaxia
No 1950, fúndase a Editorial Galaxia e Carvalho participa na súa posta en marcha. Nesta editorial tamén publican os seus traballos de investigación como "Sete poetas galegos" no 1955.
"Salterio de Fingoi" 1961
O autor regresa á poesía con "Anxo de terra" no 1950. No 1952, publica "Poemas pendurados dun cabelo". Esta produción poética remata no 1961 coa publicación da obra que escribiu mentres estaba en Lugo.
"A xente da Barreira" 1949
Esta obra en galego gaña, sorprendentemente, un premio da editorial Bibliófilos Gallegos.É a primeira novela publicada en galego dende a Guerra Civil.
Carvalho volta a escribir. Participa na creación da Editorial Galaxia. Entra na Real Academia Galega.
A DÉCADA DOS 50
RIcardo Carvalho Calero
"O galego ou é galego- portuguêsou é galego- castelhano.Ou somos unha forma do sistema occidental ou somos unha forma do sistema central. Non há outra alternativa"
Na última etapa da súa vida, segue unha corrente dentro da lingüísitica galega que busca unha aproximación desta lingua ao portugués: o reintegracionismo. Para el era unha postura coherente co obxectivo de garantir o futuro da lingua.
No ano 1965, comeza a impartir a materia de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Santiago. Compaxinará os dous traballos ata 1972. Nese ano foi designado como primeiro catedrático de galego da universidade compostelá.
Ao chegar á universidade detecta que non hai textos de referencia para o alumnado e decide elaborar os fundamentais. Así, publicou "Historia da literatura galega contemporánea" e "Gramática elemental do galego común", ámbalas dúas coa editorial Galaxia.
No 1965, con 54 anos, aproba novamente a oposición para o ensino secundario. Elixe como destino o Instituto Rosalía de Castro de Compostela.
Nombre del autor
" Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat volutpat"
OS DERRADEIROS ANOS
Foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e da AssociaÇom Galega da Língua (AGAL), así como da Academia de Ciências de Lisboa.No 1984 recibiu a medella de Castelao da Xunta de Galicia, na primeira edición que se outorgaba este galardón xunto con outros persoeiros como Ánxel Fole, Antonio Fraguas ou Valentín Paz Andrade.No 1990, o concello de Ferrol outorgoulle o título de Fillo Predilecto da súa cidade natal. O 25 de marzo do mesmo ano, Ricardo Carvalho Calero faleceu na súa casa da Carreira do Conde en Santiago de Compostela.