Guía para un Diario de Aprendizaxe
Guía para un Diario de Aprendizaje
O Pensadeiro
Harry atravesou o despacho e abriu a porta do armario. Había alí unha vasilla de pedra pouco profunda, con tallas moi raras ao redor do bordo: eran runas e símbolos que Harry non coñecía. A luz prateada proviña do contido da vasilla, que non se parecía a nada que Harry tivera visto nunca.—Que é? —preguntou con voz tremente.—Isto? Chámase pensadeiro —explicou Dumbledore —Ás veces paréceme, e estou seguro de que ti tamén coñeces esa sensación, que teño demasiados pensamentos e recordos metidos no cerebro.—Eh... —dixo Harry, que en realidade non podía dicir que sentise nunca nada semellante.—Nesas ocasións —seguiu Dumbledore, sinalando a vasilla de pedra— uso o pensadeiro: non hai máis que abrir a billa dos pensamentos que sobran, deitalos na vasilla e examinalos a pracer. É máis fácil achar as pautas e as conexións cando están así, enténdesme?
J. K. Rowling: Harry Potter e o Caliz de Fogo (2000)
Guía para un Diario de Aprendizaxe
É importante que sexas consciente de que é o que estás a aprender e, sobre todo, de como o estás aprendendo. O diario de aprendizaxe é unha boa ferramenta para conseguilo. Como no Pensadeiro, vas poder examinar máis amodo as túas experiencias de aprendizaxe. Trátase de manter un diálogo contigo mesmo no que aprendes dos teus propios procesos mentais. Para iso levarás un Diario de aprendizaxe dixital que irás completando coa periodicidade que che indique o/a profesor/a.En cada entrada do diario debes contestar, como mínimo, a algunha destas 5 cuestións:
3- Cal foi o meu rendemento?
4- Para que me vai servir o que aprendín?
1- Que aprendín? (Descrición breve)
5- Novos obxectivos de aprendizaxe
2-Como o aprendín?
1- Que aprendín?
Con que se relaciona do que ya sabía sobre outros temas ou materias? Queaprendín que poida utilizar noutras áreas? (aporta evidencias)
Non é necesario que percorras todo o que fixeches. Abonda con que, de todo o que aprendiches, fagas referencia ao que consideras máis importante ou máis útil ou máis difícil... Pero é o teu diario. Se prefires deixar constancia de todo, faino. Neste caso non esquezas resaltar o que che parece máis relevante.Non só aprendes contidos curriculares. Tamén é importante que reflexiones sobre se adquiriches maior destreza no desenvolvemento de habilidades non cognitivas.
Que é o que máis me gusta ou me motiva? Por que?
Que habilidades ou capacidades estou desenvolvendo?
Que sei agora sobre o tema que non sabía antes? (Aporta evidencias obxectivas e específicas)
Que é o que considero máis importante? Por que?
2- Como aprendín?
Esta é a parte máis importante do diario, a que che axuda a "aprender a aprender".A aprendizaxe é un proceso persoal, diferente en cada persoa, que se produce como resultado dunha experiencia. Cando aprendes algo, aínda que quizais de maneira inconsciente, realizaches dúas ou máis destas accións:
OBSERVAR OU PERCIBIR
MEMORIZAR OU LEMBRAR
COMPARAR
ANALIZAR
- Quen me axudou ou a quen axudei?
- Aprendín por ensaio e erro? Como corrixín os erros cando me equivoquei? Como sei se está ben?
- Que recursos empreguei?
- Que pasos adoito seguir?
- Como me resulta máis fácil aprender?
- Que me produce maiores dificultades? Cales son? Como as superei?
- A aprendizaxe realízase nun contexto: O lugar, con quen estabas ou o que estabas a facer axudouche a aprender?
CLASIFICAR
INFERIR, DEDUCIR OU INTERPRETAR
Lorem ipsum dolor sit
SINTETIZAR
3- Cal foi o meu rendemento?
- Fun constante? Souben aproveitar ben o tempo? En que parte tardei demasiado?
- Dedico suficiente atención e concentración no que fago? Como podo concentrarme máis?
- Que tiña que facer e que fixen?
- Cal foi o meu grao de implicación nesta tarefa? Alto, medio, baixo...? Con que datos ou feitos concretos se demostra?
- Fun responsable coas tarefas que por acordo nos asignamos no grupo?
- Que fixemos especialmente ben como equipo de traballo?
- En que mellorei desde a última reflexión?
CONSTANCIA
CONCENTRACIÓN
COMPROMISO
IMPLICACIÓN
RESPONSABILIDADE
Lorem ipsum dolor sit
COOPERACIÓN
PROGRESO
4- Para que me vai servir o aprendido?
Mirando CARA ao futuro
En que podo axudar co que aprendín? A quen?
Que cousas non volvería facer? Que é o que fixen mellor (de que me sinto orgulloso/a)?
En que mellorei como persoa? En que podo mellorar tanto a nivel de organización persoal como de resultado da tarefa?
En que me axudou persoalmente o que aprendín?
5- Que novos obxectivos me propoño?
En relación a estas aprendizaxes que estás a describir, que consideras necesario aprender para mellorar as túas habilidades, para afondar nos conceptos? Que che axudaría nun futuro máis ou menos próximo a mellorar o que aprendiches agora:?
Que me falta por aprender?
Sobre que aspectos do traballado hoxe me gustaría afondar máis?
Hai algo que poida mellorarse? Vou melloralo?
Que aspectos querería ter aprendido?
¿Podo facer algo para que a tarefa do meu equipo sexa máis eficiente? Que?
* É importante que concretes, que te propoñas obxectivos definidos, etapas...E rematar formulando unha pregunta que amose que entendiches o que aprendiches
Guía para un Diario de Aprendizaxe
Lucía Castro Varela
Created on March 22, 2020
Nesta guía o alumnado atopará un conxunto de cuestións que poden servirlle para organizar as entradas do seu diario de aprendizaxe
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Essential Map
View
Akihabara Map
View
Discover Your AI Assistant
View
Match the Verbs in Spanish: Present and Past
View
Syllabus Organizer for Higher Education
View
Hand-Drawn Infographic
View
Visual Thinking Infographic
Explore all templates
Transcript