Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Colocación do pronome átono

xemmafl

Created on February 26, 2020

lingua galega, pronomes átonos

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Correct Concepts

Microcourse: Artificial Intelligence in Education

Puzzle Game

Scratch and Win

Microlearning: How to Study Better

Branching Scenarios Challenge Mobile

Branching Scenario Mission: Innovating for the Future

Transcript

a familia dos

Pronomesl

a familia dos

Pronomesl

Os bebés

Os pronomes átonos son palabras-bebé. En ningún caso poden aparecer soas, e menos no inicio dunha oración!!! Normalmente van estar ao coidado das súas palabras-nai/pai (os verbos) que son moi especiais e non lle deixan coidar do seu bebé a calquera... Con todo, hai algunhas palabras-coidadoras que fan que o pronome vaia diante do verbo, porque o "peso" do pronome cae sobre elas na pronunicia.

NOS VOS LLES OS AS

ME TE CHE LLE O A SE

a familia dos

Pronomesl

Bebés adaptábeis

Os pronomes de terceira persoa O, A, OS, AS adoptan unha forma diferente nalgunhas circunstancias para poderen ser cargados máis comodamente.Cando o verbo acaba en -R ou -S, estas letras mudan a -L- Cando o verbo acaba den ditongo, engaden un -N-

a> -la, -na as> -las, -nas O > -LO, -NO os> -los, -nos

Exemplos:

  • Non a queres crer e deberías crela.
  • Telo ou non o tes?
  • Xa as viu. Viunas na festa.

a familia dos

Pronomesl

Bebés siameses

Cando O, A, OS, AS se encontran con outros pronomes átonos, fusionan nunha soa forma:

MO MA MOS MAS CHO CHA CHOS CHAS LLO LLA LLOS LLAS

NOLO NOLA NOLOS NOLAS VOLO VOLA VOLOS VOLAS LLELO LLELA LLELOS LLELAS

Exemplos:

  • Xa o sei. Díxomo onte Antón.
  • Xa o sabemos. Xa nolo dixo onte Antón.
  • Xa sabe a historia teu irmán? Xa lla contaches?
  • Xa saben a historia teus pais? Contéchesllela?

a familia dos

Pronomesl

quen pode coller o bebé?

Pais/nais

Calquera forma verbal conxugadaInfinitivo Xerundio Neste caso o pronome vai despois da forma verbal e pegada a ela (enclíticos).

Exemplos:

  • Díxomo onte.
  • Non quero velos.
  • Estou un chisco cansa, mais vou levándoo.

a familia dos

Pronomesl

quen pode coller o bebé?

Nais e pais

No caso de perífrases verbais e “asociacións” de verbos, calquera das dúas formas pode cargar co bebé.

Exemplos:

  • Estano esperando.
  • Están esperándoo.
  • Quéroo ver.
  • Quero velo.

a familia dos

Pronomes1

quen pode coller o bebé?

Familias de tres

Con perífrases verbais con tres elementos, calquera dos verbos pode cargar co bebé (a preposición pode provocar a anteposición):

Exemplos:

  • Haino que levar.
  • Hai que o levar.
  • Hai que levalo.

a familia dos

Pronomesl

quen pode coller o bebé?

Avoas e avós

Algúns adverbios e locucións adverbiais (sobre todo de tempo, negación e dúbida), fan que o pronome vaia diante do verbo. O "peso" do pronome cae no adverbio. Os avós máis neneiros: adverbios de negación e dúbida

Exemplos:

  • Nunca o vexo por iso aínda non llo contei .
  • Xa che dixen que tamén se pode facer deste xeito.

a familia dos

Pronomesl

quen pode coller o bebé?

Tíos e tías

Indefinidos: ALGO, ALGUÉN, AMBOS, BASTANTE, CALQUERA, ENTRAMBOS, MESMO, MOITO, NADA, POUCO, TODO (s)

Exemplos:

  • Todos me din que xa o entenderon.
  • Alguén che trouxo onte este paquete.
  • Moito me gustou esa película.
  • Calquera nos fará ese favor.

a familia dos

Pronomesl

quen pode coller o bebé?

Curmáns e curmás

Conxuncións QUE, SE, CANDO, etc., que introducen unha oración subordinada.

Exemplos:

  • Dixo que lle falou cando o viu.
  • Se nos fixese caso, mellor lle sería.
  • Como o viu preocupado, preguntoulle.

a familia dos

Pronomesl

quen pode coller o bebé?

Amigos/as neneiras

Exclamativos e interrogativos Expresións desiderativas ou ponderativas: unha maneira dar maíor expresividade e énfase ao dito pode ser adiantar o pronome.

Exemplos:

  • Onde te metiches?
  • Cantos puntos vos deron?
  • Oxalá nolo digan axiña!
  • Tanto como o repetiu e non lle saiu ben na proba.
  • Logo vos rendestes! Outros o farán mellor!
  • Se nos fixese caso, seríalle mellor. > mellor lle sería!