Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
liricamedieval
nachorodino
Created on November 26, 2019
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
Transcript
Literatura Medieval Galego-Portuguesa Lírica e Prosa
Conceptos básicos para entendermos a nosa literatura medieval
Índice
1. Xéneros profanos 2. Forma das cantigas 3. Cantigas de amigo 4. Cantigas de amor 5. Cantigas de escarnho e maldizer 6. Xéneros menores 7. Cantigas de Santa María 8. Prosa medieval
Xéneros profanos
Tipos de cantigas segundo o contido
- Temática amorosa
- Suxeito lírico feminino
- Namorado = "amigo"
CANTIGA DE AMIGO
- Temática amorosa
- Suxeito lírico masculino
- Amor non correspondido da amada, "senhor"
- Temática satírica e burlesca
- Voz poética masculina
- Temas variados: sexo, guerra, burlas, críticas, trobar...
CANTIGA DE AMOR
CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR
Temas das cantigas
Forma das cantigas
Métrica e recursos estilísticos
Terminoloxía medieval
Métrica medieval ≠ métrica actualTermos diferentes aos actuais:
- estrofas = cobras
- versos = palavras
- rima macho (verso agudo) e rima femia (verso grave)
- verso solto, sen rima = palavra perduda
Recursos estilísticos
Moi repetitivos (facilitan a memorización)
- refrán: repetición de 1-3 versos ao final de cada cobra
- cantiga de refrán ≠ cantiga de mestría
- paralelismo: repetición dunha palabra/frase/idea en cobras diferentes (v. 1I= v.1II; v 2I= v.2II)
- leixaprén: conecta pares de estrofas (v. 2I=v1III, v. 2II=v.1IV)
Cantiga paralelística
Cantiga paralelística
Recursos estilísticos
- dobre: repetición dunha ou varias palabras en lugares simétricos nunha estrofa
- mordobre: variación morfolóxica do dobre
- fiinda: cobra máis breve ao final da cantiga, a modo de resumo
- atehuda: cantiga con encabalgamentos entre as estrofas
- atehuda ata a fiinda: cantiga atehuda con encabalgamento tamén na fiinda
Tipos de cobras segundo as rimas
- cobras unisonantes: son as que repiten as mesmas rimas en idéntica distribuición en todas as estrofas
- cobras singulares: son aquelas que, co mesmo esquema, presentan rimas diferentes en cada estrofa
- cobras doblas: son as que repiten as mesmas rimas cada dúas estrofas
- cobras alternas: son as que repiten un esquema de rimas nas cobras pares e outro nas impares
Cantigas de amigo
Temática amorosa
- Xénero autóctono e antigo
- Posibles orixes:
- canción de amor feminina popular
- kharjas mozárabes, vinculadas ás muwaxahas, de temática semellante
- 475 cantigas de amigo
- tema: o amor non correspondido
- voz poética feminina
Temas e subtemas:
- mariña ou barcarola: referencias ao mar ou ambientación mariña
- c. de romaría: ambientadas en capelas, santuarios, ermidas, romarías... punto de encontro dos namorados
- bailada: referencias ao baile
- alba: despedida dos amantes ao mencer
Personaxes
Natureza
Nai, irmás, amigas
Amigo
Amiga
Elementos cos que dialoga a amiga: ondas, flores, árbores...
conselleiras, convidadas, cómplices a nai pode ser obstáculo ou impedimento
namorado, lonxe da amiga, voluntaria ou forzadamente
doncela inxenua e/ou sensual triste pola ausencia do namorado
Simboloxía
- o namorado: o cervo, o vento
- a namorada: as aves
- o encontro amoroso: a auga (fonte, lago, río...) > fertilidade
- o encontro sexual: lavar o cabelo, revolver a auga
Cantigas de amor
Temática amorosa
- Xénero adaptado da cançó provenzal
- reflexo da relación feudal:señor -vasalo = senhor - trobador
- 725 cantigas de amor
- tema: o amor non correspondido
- voz poética masculina
O amor cortés:
- - reflexo da relación feudal: señor -vasalo = senhor - trobador servir = amar
Campos sémicos:
- louvanza da dama: a senhor é perfecta física e moralmente; non hai trazos físicos
- amor do poeta: confesa os sentimentos pola senhor
- reserva da dama: a dama non corresponde o amor do trobador
- coita de amor: pena polo amor non correspondido que pode levar á loucura ou á morte por amor
Cantigas de escarnho e maldizer
Temática satírica e burlesca
- escarnio: xogos de palabras, equívocos
- maldicir: crítica directa de vicios, defectos, comportamentos...
- 430 cantigas de escarnio e maldicir
- tema: crítica de usos e costumes
- voz poética masculina
- relación co sirventés provenzal
Temas:
- sátira política: loitas e conflitos políticos (covardía, traizón...)
- sátira literaria: parodia do amor cortés, burlas polo oficio (cantar e compoñer mal...)
- sátira moral: crítica da relaxación moral, da falta da verdade...
- sátira de costumes e persoal: crítica de modas e costumes (crenzas, astroloxía...), crítica de persoas (fealdade...), crítica dun grupo social (infanzóns...)
Xéneros menores
Temática satírica e burlesca
Cantiga dialogada: trob.-trob. / trob.-xogr. o 1º marca o esquema
Pastorela
Tenzón
Encontro entre unha pastora e un cabaleiro
Xéneros menores
Poema lírico ou narrativo sobre a materia de Bretaña (mundo artúrico)
Lamento pola morte dun nobre, eloxio das súas virtudes
Lai
Pranto
Son cantigas que non pertencen aos grandes xéneros de amor, amigo ou escarnio. Número reducido de exemplos.
Cantigas de Santa María
Lírica relixiosa
Cantigas de Santa María
- 427 cantigas
- 2ª met. s. XIII
- Corte do Rei Afonso X
- loanzas á Virxe María e/ou milagres
- consérvase a música
- Códice de Toledo, Manuscrito da Biblioteca Nacional de Florencia, Códice dos músicos, Códice Rico
Autoría
- Afonso X compuxo algunhas; idea orixinal e supervisión
- un obradoiro literario de xograres e trobadores compuxo a maioría
Tipos de Cantigas de Santa María
Outras
Líricas
Narrativas
- relatan un miragre da Virxe
- Forma: resumo + refrán + cobras que contan o suceso
- Contido: resumo + presentación do personaxe e do problema + petición de axuda á Virxe + intervención da Virxe + agradecemento á Virxe
- non se parecen ás anteriores
- contan episodios da Virxe
- loanzas e oracións dedicadas á Virxe, modelo de perfección moral e espiritual
- cantigas de loor
- algunha recrea a cantiga de amor (rei vasalo da Virxe, senhor)
Cantigas de Santa María, por que en galego?
Prosa medieval
Máis tardía que a poesía
Obras traducidas doutras linguas romances
Conexión das literaturas europeas na época medieval
Prosa literaria Prosa non literaria
Prosa literaria
Ciclo troiano
Ciclo carolinxio
Ciclo artúrico
Materia de Francia, emperador Carlomagno, o cabaleiro Roldán Pseudo-Turpín
Materia de Bretaña: rei Arturo e os cabaleiros, Santo Graal... Livro de Joseph de Arimatea Livro de Merlín (fragmentos) A demanda do Santo Graal Livro de Tristán (fagmentos)
Materia de Roma, guerra de Troia, Aquiles, Helena... Crónica troiana Historia troiana
Prosa non literaria
Prosa tabeliónica
Prosa historiográfica
Prosa haxiográfica
Mestura de realidade e fantasía, case ficción. Livro de linhagens General estoria de Afonso X Crónica geral de Afonso X Crónica geral de Espanha (1344) Crónica galega (1404) Crónica de Santa María de Iria
Textos lexislativos, manuais, regulamentos, escritos notariais... Tratado de alveitaría Livro de cambeadores de Santiago Sete partidas de Afonso X
Vidas de santos. Miragres de Santiago