Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

25n19

AMALIA P. OTERO

Created on November 14, 2019

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

INFO

Conmemoración contra a Violencia Machista

25

novembro

ou violencia contra a muller, violencia de xénero... o mesmo dá como lle chamemos porque sabemos a que nos referimos.Como falamos nas clases, este mal non so nos está a tocar de cerca senón que nos pode tocar directamente a todXs así que SAIBAMOS QUE É PARA ERRADICALO. E para isto imos profundizar no que é o machismo e nos micromachismos, feminismo, igualdade...

Na nosa biblioteca temos moitos libros adicados ao tema

catálogo

E agora... vaiamos aoCONCURSO!!!!

Troleando ao machismo

MEMES CONTRA O MACHISMO. (Tarefa que parece sinxela pero non o é)

Cómo se fai un MEME?

1.- Elixir unha imaxe (ou varias) que se adapte á mensaxe (idea contra o machismo) que vas transmitir.

2.- Engadir o texto que acompaña a imaxe.Este debe ser sinxelo, curto e preferentemente divertido e que chame a atención. Na disposición do texto debemos ter en conta as combinacións de cor, a posición dentro da imaxe e o tamaño.

1.- Publicándoo... e participando no concurso a través das nosas redes sociais:

Normas dos MEMEs?

1.- Nunca poderán ser ofensivos contra persoas concretas, si contra o MACHISMO en xeral. Non conterá nomes propios nin fotos de ninguén da comunidade educativa.

2.- As imaxes que se usen deben estar libres de dereitos de autor. Para asegurarse é mellor facelos a través dalgún programa xerador de memes, coller fotos ou debuxos de plataformas libres ou facer vós mesmxs as fotos.

3.- Coidade a ortografía. Aínda que sabemos que nos memes se usa un rexistro pouco formal, estamos nun centro educativo e gústanos coidar a linguaxe tamén ;)

4.- Publicade os vosos MEMEs e divertídeos moito pero sen faltar ao respecto a ninguén.

5.- Por suposto, deben ser ORIXINAIS, non copiados.

xerador de memes

PREMIOS:

ao + sutil

ao + currado

ao + zasca

ao + likes

Participa!