Full screen

Share

día das escritoras "mulleres  amor e liberdade"

Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

escritoras galegas

biblioteca

Created on October 10, 2019

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Transcript

día das escritoras "mulleres amor e liberdade"

Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuíño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegoría nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema.

Rosalía de castro

cantares gallegos

escritoras galegas

Xela Arias

denuncia do equilibrio

escritoras galegas

Os dragóns existen e están aquí, entre nós. Agochan as súas pegadas para evitar a súa extinción e preservar a súa maxia, mais a memoria da súa presenza entre nós, máis vella que a humanidade, aínda persiste en todo o mundo. O seu achado entre os restos arqueolóxicos de civilizacións desaparecidas, en antiquísimos pergameos esquecidos, sobre as pedras de vellos templos en ruínas ou nos textos sagrados de todas as relixións, non é un feito illado e fortuíto.

Elena Gallego

dragal

escritoras galegas

A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia, que se agacha como polisón nunha expedición científica que parte para explorar o Pacífico.A acción que se desenvolve no século XIX, non renuncia a estar escrita desde este fin de século. As ideas feministas, a polémica entre o darwinismo e o creacionismo a paixón polo coñecemento están nas páxinas desta excepcional novela.

Marilar Aleixandre

A expedición do pacífico

escritoras galegas

Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas.

Marica Campo

Confusión e morte de maría balteira

escritoras galegas

Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego poderiamos traducir por «Cómic Poético».40 poemas interpretados en viñetas por 40 dos nomes máis salientables da escena galega. 40 textos seleccionados de entre os 25 anos de aventura literaria de Yolanda Castaño

Yolanda Castaño

o puño e a letra

escritoras galegas

A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada. Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.

Antía Yáñez

senlleiras

escritoras galegas

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora.

Olga Castro e María Reimóndez

feminismos

escritoras galegas

Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contedor. É a noite do 12 de novembro de 2002; e mentres as dúbidas e o seu enzoufado estado de ánimo a consomen por dentro, unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar. Entón, Alba, bióloga nunha piscifactoría da Costa da Morte, ten que se enfrontar á cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan, con monstros e silencios, desde a súa chegada a Lira unha década antes.

Rosa Aneiros

veu visitarme o mar

escritoras galegas

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo.

Ledicia Costas

o corazón de xúpiter

escritoras galegas

Show interactive elements