Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

De Primaria a Secundaria copia

analiliotero

Created on October 6, 2019

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

O TITOR REÚNESE COAS FAMILIAS

ESO

CARACTETÍSTICAS XERAIS DO NOSO CENTRO

Nº de grupos ESO:1º ESO:2 2º ESO:3 3º ESO:2 4º ESO:3

NÚMERO DE ALUMNOS:342

Nº de grupos en Bacharelato:1º Bach: 2 2º Bach: 2

NÚMERO DE PROFESORES: 37

Personal non docente: 5

EQUIPO DIRECTIVO

XEFA DE ESTUDOS: Laura Fernández SECRETARIO: Fernando Vidal

DIRECTOR: Agustín Fernández VICEDIRECTOR: Xosé Antón Rodríguez

CALENDARIO ESCOLAR

Períodos non lectivos:- NADAL: do 21de Decembro ao 7 de Xaneiro, ambos incluídos - ENTROIDO: días 24, 25 e 26 de Febreiro

Períodos non lectivos:-SEMANA SANTA: desde 4 ata o 13 de Abril, ambos incluídos. A Xunta de Galicia declarou como día non lectivo 31 de Novembro. Os días non lectivos escollidos polo Centro son o 20 de marzo e o 4 de maio

A ASISTENCIA Á CLASE

A asistencia a clase é un dereito do alumnado pero tamén unha obriga e soamente serán xustificables nos seguintes casos: a) Citacións que impliquen un deber inescusable, sendo xustificable o tempo necesario. b) Morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao.

c) Tramitación de documentos oficiais, presentación a exames e probas oficiais ou similares, sendo xustificable o tempo necesario. d) Indisposicións, podendo ser xustificables ata un máximo de 2 días lectivos. e) Enfermidade, sendo xustificable o tempo de prescrición médica.

COMO ACTUAR CANDO UN ALUMNO TEN QUE AUSENTARSE DO CENTRO

O procedemento a seguir para o alumnado, que por diversos motivos, ten que ausentarse do centro durante a xornada lectiva, será: O familiar que acuda o centro para recoller ó alumnado terá que cubrir e asinar un xustificante que se lle facilitará na conserxería do centro

XUSTIFICANTE

INICIO DA XORNADA

O inicio da xornada o timbre soará dúas veces. A primeira para achegarse á porta e a segunda para entrar.

A porta da entrada ao centro permanecerá aberta uns dez minutos. Se algún alumno entra nese período de tempo será advertido da falta de puntualidade quedando esto rexistrado. Se chega máis tarde farase cargo deste alumno un profesor de garda

TELÉFONOS MÓBILES E OUTROS APARATOS ELECTRÓNICOS

O Alumnado non poderá usar móbiles, cámaras nen outros medios de gravación ou imaxes en todo o recinto do centro. En casos excepcionais poderán ser utilizados con aprobación e a supervisión dun profesor. En caso de incumprimento, serán requisados pola Xefatura de Estudos. Se a situación se repite será a familia quen recollerá o móbil.

MATERIAL DE CLASE

O alumnado deberá ter consigo o material necesario para cada unha das sesións. É convinte que o teña preparado para dúas sesións consecutivas e o resto que quede na taquilla. As mochilas que permanecen nas aulas deberán ser recollidas para que non molesten nos corredores das mesmas.

CORREDORES E OUTRAS INSTALACIÓNS

Durante as horas de clase, o alumnado non poderá permanecer nos corredores, nin nos baños, nin na cafetería do Instituto.

Entre sesión e sesión, o alumnado sairá ó corredor, pecharase a porta da aula e agardarán para volver a entrar, cando chegue o profesor seguinte

Hai que organizarse para acudir ao baño no tempo de lecer e non pedir no medio dunha sesión de clase..

PROFESORADO DE GARDA

No caso de ausencia dun profes@r, o alumnado quedará a cargo do profesorado de garda. O alumnado de bacharelato que teña o documento de permiso asinado pola familia, poderá abandonar o centro se a ausencia do profesor corresponde coa última sesión, sempre despois de que o profesor de garda pase lista.

MOBILIARIO E RESTO DE MATERIAIS

o alumnado ten a responsabilidade de manter os pupitres e outros materias no debito estado de orde e limpeza así como un uso adecuado do mobiliario. No caso de ser detectado algún desperfecto deberán informar a calquer profesor.

A ASISTENCIA Á CLASE

Iniciarase un expediente de absentismo cando se verifique que que un alumno presenta un número de faltas de asistencia a clase sen xustificar superior ao dez por cento (10 %) do horario lectivo

Non + do 10%

DATAS DAS AVALIACIÓNS

Avaliación inicial: 23 E 24 de Outubro. A súa función é coñecer a situación de partida de cada un dos alumos para tomar medidas tanto grupais como individuais, no caso de ser necesario. 1ª AVALICIÓN:17-18 de Decembro 2ª AVALIACIÓN: 31 marzo-1 de abril 3ª AVALIACIÓN: 18-19 de Xuño

ORGANIZACIÓN DA ESO SEGUNDO A LOMCE

1º ESO2º ESO 3º ESO

1º CICLO ESO

Ens académicas

2º CICLO ESO

Ens aplicadas

CRITERIOS DE PROMOCIÓN

  • EXCEPCIONALMENTE pódese pasar de curso con dúas suspensas, que sexan Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas cando a equipo de profesores así o considere.
  • EXCEPCIONALMENTE pódese pasar de curso con tres suspensas cando o equipo de profesores así o considere pero non poden ser Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas
  • Aprobar todas as materias
  • Suspender dúas materias como máximo que non sexan Lingua Castelá e Matemáticas ou Lingua Galega e Matemáticas

CRITERIOS DE TITULACIÓN

  • Aprobar todas as materias
  • Suspender 2 como máximo que non sexan Lingua Galega/Lingua Castela e Matematicas
  • As materias coa mesma denominación considéranse materias distintas.
  • Se non se consegue o título hai dereito a unha certificación que poderá validar alguhha parte da proba de acceso a ciclos de grao medio ou as probas para obter o título de Graduado en ESO

Cantas veces se pode repetir na ESO

  • Cada curso de Educación Secundaria poderá ser repetido unha única vez .
  • O número máximo de repeticións é de dúas
  • Excepcionalmente poderá repetirse unha segunda vez en 4º de ESO sempre e cando non se repetira en cursos anteriores

MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Profesores de Pedagoxía Terapéutica que apoian na posta en práctica das anteriores medidas

Desdobramentos en 1º de ESO nas materias:- Lingua Galega - Lingua Castelá - Matemáticas

-Reforzos educativos -Adaptacións Curriculares

ACTIVIDADES DA HORA DE TITORÍA PRESENCIALCO ALUMNADO

  • Actividades de acollida e presentación
  • Establecemento de normas de aula
  • Elección de delegado
  • Técnicas de estudo
  • Habilidades socio-emocionais e de resolución de conflictos
  • Actividades relacionadas coa toma de decisións

PROXECTOS E PLANS DO CENTRO

PROXECTOS E PLANS DO CENTRO

PROXECTO EDIXGAL

Os alumnos de 1º de ESO traballarán con libros dixitais en determinadas áreas

  • Dispoñen dun ordenador portátil cada un dos alumnos
  • Utilizan unha plataforma para traballar esas materias

PROXECTO DA BIBLIOTECA: DISTOPÍA

A metodoloxía baseada, na aprendizaxe por proxectos, estase a fomentar dende o equipo da biblioteca. A finais de cada trimestre e coa colaboración dos diferentes departamentos elabóranse produtos finais, tratando de encaixar os distintos elementos curriculares das programacións , utilizando as TICs como ferramentas.

MEDIACIÓN E CONVIVENCIA

No Centro temos un Equipo de Mediadores que interveñen cando hai algún conflito entre iguais. Está coordinado por un equipo de profesores que forman parte do Departamento de Convivencia e Mediación.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E ESTRAESCOLARES

-Saída a Casa das Ciencias, A Domus e Muncit -Participación en “ Ciencia na Rúa” -Saída ó museo arquitectónico Actividades de Remo e Surf

Esta é unha mostra dalgunhas actividades programadas: -Viaxe Europea -Intercambios con Francia -Visitas ás facultades da Universidade de A Coruña e Santiago -Charlas temáticas da Univesidade de Santiago de Compostela -Saída ó Courel -Saída á Terra Cha -Saída ó parque acuático de Cerceda

PLANIFICACIÓN DO ESTUDO

HÁBITOS E ORGANIZACIÓN DO ESTUDO. COMO AXUDAR?

Axudándolles a evitar présas de última hora, na entrega de traballos ou preparación de exames.

Recordándolles horarios.

Falando sobre as materias que están vendo na clase.

Supervisando a axenda escolar, no caso de tratarse de alguén despistado e desorganizado.

Mantendo un ambiente de estudo axeitado, tratando de eliminar todas aquelas distraccións que poidan interferir.

Asegurándose de que dispón do material necesario.

SEGUIMENTO DO PROCESO DE APRENDIZAXE

Manter entrevistas ao longo do curso co titor@s e profesores, acudindo sempre que se lle requira e adoptando medidas que se lle aconsellan, se fose necesario.

Os pais deben de estar informados da marcha do seu fill@ e non esperar aos resultados das avaliacións

Na web do centro estará dispoñible unha ferramenta de Google que permite coñecer as datas das probas escritas e outras actividades que se estimen oportunas.

Desconfiade das mensaxes pouco cribles tipo " non teño nada que estudar", "non hai exames", todos os compañeir@s fan o mesmo. NON VOS DEIXEDES ENGANAR. CONTRASTADE A INFORMACIÓN

CONTROLAR O TEMPO EN INTERNET

En algúns casos, é necesario que a familia negocie co seu fillo e estableza un especie de contrato.

Nestas idades pode aumentar significativamente o tempo que pasa por causas das redes sociais.

En algúns casos, é necesario que a familia negocie co seu fillo e estableza un especie de contrato..

Dende un principio é convinte marcar uns horarios, unhas normas estrictas sobre o seu uso que haberá que supervisar.

Nestes casos, o fill@ poderá disfrutar dunha serie de privilexios se cumple o horario de estudo e acada resultados axeitados.

Os abusos neste aspecto, adoitan ser o principio de fracasos nos estudos.