Os pasos do Verdugo
" Reliquias do pasado " Susana Trigo Arcos e Isa Torres Jack, profesoras do IES de Ponte Caldelas.
1 Definición 2 A Calzada 3 Situación 4 T. construtiva 5 Sabiduría popular 6 Estado actúal 7 Equipo
Índice
As Poldras ou Pasos
01
As poldras ou pasos son bloques de pedra que están colocadas no río e que permiten cruzalo
As poldras ou pasos son bloques de pedra que están colocadas no río e que permiten cruzalo. Se o río non vai moi cheo pode pasar unha persoa saltando de pedra en pedra. Están situados nos vaos, é dicir, naqueles lugares dos ríos onde hai moi pouca profundidade, entre 20 e 30 cm. Antigamente usábanse para poder cruzar o río co gando para cambialo de leira, ademais de permitir a comunicación entre as parroquias. Algúns veciños contáronos que ían por eles para ir vender á feira ou cruzaban para ir ao médico. Eran camiños de misa e para enterrar aos mortos. Tamén eran parte do camiño dos arrieiros que traían o viño do Ribeiro cara á costa en mulas ou carros.
+info
A Calzada dos pasos
02
En moitos casos os pasos estaban acompañados por unha calzada feita a ras do fondo do río, con lousas planas, por onde ía o gando tirando do carro. Era a calzada para os carros ou porto. Os pasos están relacionados coa denominación “Porto”, (latín portus=paso). Non é de estrañar que os términos como Porta Souto, Portalaxa ou Portamedo nos leven á localización de pasos do río. Os pasos con calzada ou portos adoitan ter un peto de ánimas.Os pasos sitúanse todos en lugares de natureza salvaxe e de gran beleza. Formaban parte de antiquísimos carreiros, congostras, camiños de arrieiros, peregrinos, rutas de paso de persoas e mercadorías desde tempo inmemorial. Eran a solución máis económica, a modo de ponte, para cruzar o río. Moitos deles perduraron ao longo dos séculos. Moitos pasos teñen as pedras desgastadas polo pasar continuo das xentes durante anos e anos, quedando así testemuña da súa antiguidade. Según as nosas informantes, as avoas, desgastábanse polo paso da xente que ía calzada con “zocas con chatolas de chapa”.
+info
03
Situación dos pasos
MAPA:
Os pasos que presentamos nesta proposta son os pasos do Río Verdugo:En Ponte Caldelas temos: Pasos de Porta Souto, na Fraga e no río Pequeno (30+10 pasos) Pasos de Taboadelo (22 pasos) En A Lama temos: Pasos de Portamedo (22 pasos) Pasos no Toxal e regueiro de Portalaxa (10+16 pasos)
+info
04
Técnica constructiva
A técnica construtiva é moi similar en todo o mundo
Colocábanse pedras de forma prismática de gran tamaño aliñadas sobre o leito do río, o tamaño e número dependen da largura do río e a fondura do cauce. A distancia entre eles vén sendo o paso dunha persoa.
+info
San Vicente
Sabiduría popular
Meu santiño San Vicente olliños de lagarteiro quen che vai pasar o río o vintedous de xaneiro
A Fraga
Pasei os pasos da Fraga indo ao muíño da maquía pasei anda as Almiñas pedíndolle o perdón da miña vida
Descubre mas información pasando el ratón por encima
06
Estado actual
Cremos que é urxente protexer os pasos porque:
-Están esquecidos e as institucións responsables de manter o Patrimonio non fan nada para a súa conservación permitindo en moitos casos a súa destrución. Moitos estragáronse coas enchentes e a acumulación de sedimentos e nunca máis se repuxeron. -Non están catalogados como BIC (Bens de Interés Cultural) nin inventariados nos Concellos. -Non están sinalizados nin tampouco incluídos nos programas de sendeirismo. -Nós cremos que os pasos se deben conservar porque contan a historia dunha antiga Galicia rural e de quen fomos; é algo que a cultura non debe esquecer. -Tamén pensamos que se debería conservar porque seguen sendo útiles para comunicar unha aldea con outra, ademáis dánlle máis vida a paisaxe.
+info
Membros do equipo
Nombre
Apellidos
Isa Torres Jack
Profesora de Tecnoloxía
E o alumnado de 3º da ESO do curso 2018-19
Profesora de Xeografía e Historia
Susana Trigo Arcos
Descobre máis información sobre os pasos pinchando aqui
Os Pasos Do Verdugo
isabeltorres
Created on September 18, 2019
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Practical Presentation
View
Smart Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Nature Presentation
View
Higher Education Presentation
Explore all templates
Transcript
Os pasos do Verdugo
" Reliquias do pasado " Susana Trigo Arcos e Isa Torres Jack, profesoras do IES de Ponte Caldelas.
1 Definición 2 A Calzada 3 Situación 4 T. construtiva 5 Sabiduría popular 6 Estado actúal 7 Equipo
Índice
As Poldras ou Pasos
01
As poldras ou pasos son bloques de pedra que están colocadas no río e que permiten cruzalo
As poldras ou pasos son bloques de pedra que están colocadas no río e que permiten cruzalo. Se o río non vai moi cheo pode pasar unha persoa saltando de pedra en pedra. Están situados nos vaos, é dicir, naqueles lugares dos ríos onde hai moi pouca profundidade, entre 20 e 30 cm. Antigamente usábanse para poder cruzar o río co gando para cambialo de leira, ademais de permitir a comunicación entre as parroquias. Algúns veciños contáronos que ían por eles para ir vender á feira ou cruzaban para ir ao médico. Eran camiños de misa e para enterrar aos mortos. Tamén eran parte do camiño dos arrieiros que traían o viño do Ribeiro cara á costa en mulas ou carros.
+info
A Calzada dos pasos
02
En moitos casos os pasos estaban acompañados por unha calzada feita a ras do fondo do río, con lousas planas, por onde ía o gando tirando do carro. Era a calzada para os carros ou porto. Os pasos están relacionados coa denominación “Porto”, (latín portus=paso). Non é de estrañar que os términos como Porta Souto, Portalaxa ou Portamedo nos leven á localización de pasos do río. Os pasos con calzada ou portos adoitan ter un peto de ánimas.Os pasos sitúanse todos en lugares de natureza salvaxe e de gran beleza. Formaban parte de antiquísimos carreiros, congostras, camiños de arrieiros, peregrinos, rutas de paso de persoas e mercadorías desde tempo inmemorial. Eran a solución máis económica, a modo de ponte, para cruzar o río. Moitos deles perduraron ao longo dos séculos. Moitos pasos teñen as pedras desgastadas polo pasar continuo das xentes durante anos e anos, quedando así testemuña da súa antiguidade. Según as nosas informantes, as avoas, desgastábanse polo paso da xente que ía calzada con “zocas con chatolas de chapa”.
+info
03
Situación dos pasos
MAPA:
Os pasos que presentamos nesta proposta son os pasos do Río Verdugo:En Ponte Caldelas temos: Pasos de Porta Souto, na Fraga e no río Pequeno (30+10 pasos) Pasos de Taboadelo (22 pasos) En A Lama temos: Pasos de Portamedo (22 pasos) Pasos no Toxal e regueiro de Portalaxa (10+16 pasos)
+info
04
Técnica constructiva
A técnica construtiva é moi similar en todo o mundo
Colocábanse pedras de forma prismática de gran tamaño aliñadas sobre o leito do río, o tamaño e número dependen da largura do río e a fondura do cauce. A distancia entre eles vén sendo o paso dunha persoa.
+info
San Vicente
Sabiduría popular
Meu santiño San Vicente olliños de lagarteiro quen che vai pasar o río o vintedous de xaneiro
A Fraga
Pasei os pasos da Fraga indo ao muíño da maquía pasei anda as Almiñas pedíndolle o perdón da miña vida
Descubre mas información pasando el ratón por encima
06
Estado actual
Cremos que é urxente protexer os pasos porque:
-Están esquecidos e as institucións responsables de manter o Patrimonio non fan nada para a súa conservación permitindo en moitos casos a súa destrución. Moitos estragáronse coas enchentes e a acumulación de sedimentos e nunca máis se repuxeron. -Non están catalogados como BIC (Bens de Interés Cultural) nin inventariados nos Concellos. -Non están sinalizados nin tampouco incluídos nos programas de sendeirismo. -Nós cremos que os pasos se deben conservar porque contan a historia dunha antiga Galicia rural e de quen fomos; é algo que a cultura non debe esquecer. -Tamén pensamos que se debería conservar porque seguen sendo útiles para comunicar unha aldea con outra, ademáis dánlle máis vida a paisaxe.
+info
Membros do equipo
Nombre Apellidos