Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Grego I-2-ALFABETO GR

jose.mares

Created on July 13, 2019

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Animated Chalkboard Presentation

Genial Storytale Presentation

Blackboard Presentation

Psychedelic Presentation

Chalkboard Presentation

Witchcraft Presentation

Sketchbook Presentation

Transcript

Tema 1

O alfabeto grego

Orixe e características.

ÍNDICE

Espíritos, acentos e signos de puntuación

As letras do alfabeto

Breve historia

Resumo

Videoteca e apps

Actividades

Próximo capítulo

Breve historia

Breve historia

Os seres humanos inventaron a escritura para se poder comunicar visualmente e para perpetuar as mensaxes, a diferenza dos xestos e da palabra falada, que son instantáneos.

Breve historia

En Grecia empregáronse diversos sistemas de escritura, algúns dos cales aínda non puideron ser descifrados. Mencionaremos dous tipos de escritura utilizados para escribir a lingua grega:

Breve historia

a) A escritura lineal B, usada durante o segundo milenio a.C., que consta duns noventa signos silábicos e dalgúns ideogramas. Esta escritura foi descifrada por M. Ventris o ano 1952.

M. Ventris e o lineal B

Breve historia

b) A escritura alfabética, que nalgúns caracteres foi distinta en cada polis. Nós aprenderemos o alfabeto ático, que se fixo oficial a finais do século V a.C. Considérase que a primeira manifestación da escritura alfabética é a inscrición gravada nunha xerra de estilo xeométrico de Dípilon, do século VIII a.C., que se conserva no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas.

+info

Os gregos xa eran conscientes da procedencia da escritura alfabética, tal como explica o historiador Heródoto :

Estes fenicios, que chegaron con Cadmo, ao se establecer no país, introduciron na Hélade moitos coñecementos, entre outros o do alfabeto, xa que, na miña opinión, os gregos até entón carecían del. Nun principio foron as letras que utilizaban os fenicios; pero co paso do tempo cambiaban non só o son das letras senón tamén a forma.

HERÓDOTO, Historia, 5, 58

Un pouco de mitoloxía: o rapto de Europa

Breve historia

Do alfabeto grego derivan os outros alfabetos que actualmente se utilizan en Europa: o alfabeto latino e o alfabeto cirílico.

Breve historia

O alfabeto latino procede dun alfabeto grego occidental. A transmisión do alfabeto grego ao latín debeuse de producir en Cumas, preto de Nápoles. Ese é o motivo polo que o latín ten a letra H, que en ático era un e longo, e a F, procedente da digamma F, signo non usado no alfabeto ático.

Inscripción Duenos

+info

+info

Breve historia

O alfabeto cirílico, atribuído a san Cirilo, evanxelizador dos eslavos no século IX, é o que utilizan con algunhas transformacións os pobos eslavos cristianizados pola Igrexa ortodoxa.

As letras do alfabeto grego

O alfabeto grego

Verás como aprender o alfabeto non che vai resultar moi difícil, nin para ler nin para escribir. Pero non esquezas que o alfabeto non é máis que un sistema de transcripción gráfica, e detrás del escóndese unha lingua descoñecida (e como calquera outra, traballosa de aprender).

O alfabeto grego

O grego poderíase transcribir en alfabeto latino (de feito, nós temos en galego e castelán moitas palabras de orixe grega con levísimos cambios), igual que o noso en alfabeto grego. Unha cousa é a lingua, e outra o sistema de escritura no que se expresa. Pois nada, ánimo, e a polo alfabeto grego.

EMPEZAMOS CO ALFABETO

ASÍ QUE ... ENTRA NO OLIMPO DAS LETRAS GREGAS

UNICAMENTE SON 24

O alfabeto grego consta das vinte e catro letras seguintes:

SECUENCIA de APRENDIZAXE

IMOS TRATAR DE APRENDELAS DE 4 EN 4 (enriba as minúsculas e debaixo as maiúsculas, OK?)

1-4

Pica en cada letra para ver como se escribe

minúscula

Delta /d/

Alfa /a/

Beta /b/

Gamma /g/

pronuncia

MAIÚSCULA

5-8

Épsilon /e breve/

Dseta /ds/

Ceta /θ/

Eta /e longo/

9-12

Lambda /l/

Iota /i/

Kappa /k/

My /m/

13-16

Ómicron /o breve/

Pi /p/

Ny /n/

Ksi /ks/

17-20

Sigma /s/

Tau /t/

Ýpsilon /ü, y/

R(h)o /r/

21-24

Psi /ps/

Khi/Ji /x/

Fi /f/

Omega /o longo/

Pica na imaxe e accederás á táboa das letras gregas cos seus nomes, as súas formas maiúsculas e minúsculas, e a súa pronuncia. Despois podes ver un vídeo en Youtube pinchando na imaxe do portátil e ampliándoa a continuación.

ESPÍRITOS e ACENTOS. SIGNOS de PUNTUACIÓN.

ESPÍRITOS e ACENTOS

Espíritos

Os espíritos (spiritus en latín significa "aspiración") son dous signos moi peculiares do grego. Todas as palabras que empezan por vogal e por rho (ρ) lévanos. O espírito colócase sobre a letra se esta é minúscula, e á súa dereita, se é maiúscula.

centos

No grego clásico o acento era musical ou politónico, baseábase nunha variación de ton (de aí os nomes dos acentos, de resonancias musicais), aínda que nós o pronunciamos como intensivo (igual que o noso). No grego, a diferenza do latín, o acento é libre e pode caer en calquera das tres últimas sílabas da palabra.

centos

Hai tres tipos de acentos (que no seu día indicaban tres tonalidades distintas), e cada un úsase dunha maneira determinada. Non te obsesiones cos acentos, non é fácil saber onde se teñen que pór, aínda que si o é saber onde non se poden pór (iremos aprendendo pouquiño a pouco como colocalos), pero tampouco os despreces coma se non existisen. Sempre que escribas en grego, trata de non te esquecer do acento que leva a palabra.

centos

centos

Observacións:1.- Nos diptongos, os acentos escríbense na segunda letra (a vocal pechada), pero pronúncianse sobre a primeira. p.ex.: ταύρος pronúnciase [táuros]; θοίνη pronúnciase [zóine].2.- Cando un acento e un espírito caen sobre a mesma vocal, o espírito ponse á esquerda do acento (se o acento é agudo: p. ex., ἵππος, "cabalo"), e debaixo (se é circunflexo: οἶκος, "casa"). Se a palabra empeza por maiúscula, ponse igual que se dixo, pero á esquerda da letra (sempre que non empece por diptongo): Ἄρης, "Ares".

SIGNOS de PUNTUACIÓN

ignos de puntuación

Os signos de puntuación do grego son como os do alfabeto latino, coas seguintes diferenzas: non ten signos de admiración, o seu punto alto [ ˙ ] equivale ao noso punto e seguido [ . ], punto e coma [ ; ] ou dous puntos [ : ]. O seu signo de interrogación só se pon a final de frase e é como o noso punto e coma [ ; ]. O punto, coma, as comiñas e os guións son exactamente iguais que os nosos.

Apunta co teu móbil ao código QR ou pica no icono da ligazón e accederás a unha presentación en castelán.

ACTIVIDADES

A trabajá!

A trabajá!

ACTIVIDADES OBRIGATORIAS

Actividade 1: Ler grego é facil

Actividade 3

Actividade 2

VIDEOTECA & APPS

Alfabeto grego: vídeos

Curso de Grego Clásico: Lección 1 (O alfabeto)

Curso A1 de Grego Moderno: Lección 1 (O alfabeto)

Alfabeto grego: apps

Magnífica aplicación para practicar o alfabeto grego (está en inglés polo que hai que coñecer o nome das letras gregas nese idioma)

Excelente app para contar cun teclado adicional en grego politónico (con acentos e espíritos).

Tamén en IOS

Tamén en IOS

Alfabeto grego: teclado de grego politónico no ordenador

Queres escribir en grego no ordenador? Eiquí tes un estupendo controlador de teclado de grego politónico apto para sistemas Windows.

RESUMO

Pincha na imaxe e accederás a unha síntese do tema

PRÓXIMO CAPÍTULO

próximo capítulo

Do indoeuropeo ao grego

puedes escribir un subtítulo