PROXECTO DOCUMENTAL DE CULTURA CLÁSICA
O XARDÍN DAS HESPERIDES
O olfato, de Rubens e Brueghel, Museo do Prado
Narcissus nevadensis
A planta chamada narciso é unha bulbosa da familia Amaryllidaceae, orixinaria de Europa, Asia e norte de África, que comprende unhas 40 variedades na súa maioría de floración primaveral. Presenta follas alongadas en tonos verde escuro e flores en forma de trompeta. Posúe propiedades medicinais: astrinxentes, eméticas, febrífugas e antiespasmódicas
Narciso
O fermoso rapaz Narciso é pretendido tanto por homes como por mulleres. Una delas é a ninfa Eco que, castigada pola deusa Hera, estaba condeada a falar repetindo as últimas palabras que oía, polo que lle custaba expresar o que sentía. Pero un día ela ocúltase nun bosque e cando Narciso pasa polo lugar, a ninfa fai ruídos, á pregunta do rapaz “hai alguén aquí?”, ela responde “aquí, aquí?”. Despois aparécese ante el cos brazos abertos en claro sinal de amor, pero Narciso rexéitaa e alónxase. Doída, a ninfa Eco reclúese nunha cova ata que desaparece, pero queda a súa voz, que continúa repetindo para sempre xamais as últimas palabras que escoita. A deusa da vinganza, Némesis, condea a actitude de Narciso facendo que este se enamore da súa propia imaxe reflexada nun estanque. Así foi como o rapaz contemplou o seu reflexo e non puido separarse de si, mesmo ata que morreu afogado, atraído e cego pola súa propia imaxe reflexada na agua
Inula helenium
Máis coñecida como helenio, esta planta composta perenne da familia das Asteraceae, é común en moitos lugares de Gran Bretaña, e está presente por todo o sur e o centro de Europa, así como en Asia. Pode alcanzar grandes dimensións e as súas flores hermafroditas son capaces de autopolinizarse.
Helena
Helena era filla de Zeus e de Leda. O seu papel foi fundamental para que se desencadease un dos enfrontamentos épicos máis famosos de Grecia, a Guerra de Troia. Foi esposa do rei Menelao de Esparta. Helena medrou en Esparta, na corte de Tindareo. Cando tiña uns 12 anos, Teseo raptouna ca intención de casarse con ela, pero os seus irmáns Castor e Pólux conseguiron liberala. Finalmente contraeu matrimonio con Menelao, un rei grego. Cando se atopaban alí os príncipes troianos, coñeceu ao príncipe Paris. Ambos os mozos namoráronse e Paris decidiu raptala e levala con el a Troia, a súa patria. Afrodita axudoulle a conseguila grazas a que este a elixiu como a deusa máis fermosa do Olimpo. Menelao, ao ver que a súa esposa fuxira co príncipe troiano, acudiu a todos os reis de Grecia para reunir un gran exército e marchar contra Troia pola afronta á que se viu sometido. Unha vez rematada a guerra, Helena voltou a casa con Menelao.
Ambrosia trifida
É unha planta herbácea da familia Asteraceae, orixinaria de América. Aínda que en Europa é considerada como unha mala herba que medra na maleza húmida ata 6 metros, non obstante os nativos americanos úsana a miúdo como planta medicinal contra dores e problemas gástricos.
Ambrosía
A ambrosía é a comida dos deuses gregos. Comida ou bebida que místicamente está asociada coa inmortalidade: quen a consumise podería vivir eternamente.
Só Tántalo tivo a osadía de roubar a ambrosía inmortal para repartila entre os seus amigos, polo que sufriu un castigo sen igual no Tártaro.
Centaurea Cynaus
A Centaurea Cynaus, tamén chamada popularmente aciano, é unha planta herbácea anual da familia das Asteraceae. De orixe europea, posúe longos talos de follas finas e vellosas e flores de tonalidades azuladas. O seu uso medicinal como antiinflamatorio ocular é coñecido dende a Antigüidade.
Centauros
Os centauros son seres fabulosos, mitade cabalos-mitade homes. Naceron da unión de Ixión, rei de Tesalia, e dunha nube que creou Zeus coa forma de Hera. Tiñan fama de violentos e de disfrutar de praceres como o viño, as mulleres e a caza. Eran considerados por todos como os representantes da barbarie e da luxuria masculina. Pero algúns centauros, como Folo e Quirón, escaparon a esta fama de salvaxismo. O mito máis famoso é o da voda de Piritoo, á que asistiron os seus parentes os centauros, e na que, ebrios, intentaron violar á noiva e ás demais mulleres. Os lapitas, coa axuda doutros heroes como Teseo, acabaron por reducir aos centauros.
Euphorbia Flanaganii
Planta fanerógama pertencente á familia das Euphorbiaceae. É un arbusto sen espiñas, con moitas ramificacións, de 5 cm de altura e 30 cm de ancho. É comunmente coñecida como Cabeza de Medusa porque os seus brazos postrados, como serpes, parécense a guedellas de pelos. O talo central fusiónase coas raíces formando un corpo tuberoso (a miúdo chamado caudal) con ramas que irradian del. É nativa da República de Sudáfrica
Medusa, filla de Fortis e Ceto, é un ser mitolóxico con aspecto de muller cuxos cabelos son serpes segundo a mitoloxía grega. Era unha das Gorgonas, a única mortal. Debido a unha maldición, era capaz de converter en pedra a todos aqueles aos que mirase. O heroe Perseo enfrontouse a ela e cortoulle a cabeza ofrecéndolla despois a Atenea, quen a puxo no seu escudo, a éxida. Polo xeral represéntase a Medusa con aspecto monstruoso pero en realidade as fontes clásicas descríbena como unha moza fermosa, sacerdotisa nun templo de Atenea. Pero tras ser violada por Poseidón, a deusa converteuna en monstro. Xunto a ese deus, foi a nai do cabalo Pegaso.
Selenicereus anthonyanus
Tamén chamada raíña da noite, esta trepadora que forma parte da familia das Cactaceae é orixinaria de México. Posúe follas moi carnosas e achatadas, ramas planas de cor verde brillante que chegan a medir ata máis dun metro de largas e flores nocturnas aromáticas de 12 centímetros. Os seus froitos son redondos e ovais.
Selene
Selene é a antiga deusa da Lúa, filla dos titáns Hiperión e Tía. Endimión foi o seu gran amor. Este era un pastor que vivía no monte Latmus cuidando os seus rebaños. Despois dun día agotador, acostábase nunha gruta para descansar e Selene, que estaba rondando os ceos na súa carruaxe, puido observar ao rapaz durmido. A deusa descendeu á terra, e tras iluminar cunha luz prateada, espertou a Endimión cun bico. O pastor observou á deusa brillante ante os seus ollos e naceu en ambos un gran amor apaixonado. Seguidamente Selene subiu ao Olimpo a pedirlle a Zeus que lle concedese un desexo ao seu novo amor. O señor do Olimpo accedeu a tal petición e Endimión puido ser novo para toda a eternidade manténdose durmido, deste xeito podería espertar só cando Selene baixara dos ceos para estar co seu amor.
Iris germánica
Comunmente coñecida como lirio, a Iris germanica é unha planta rizomatosa da familia das Iridaceae, sendo unha das bulbosas perennes máis comúns de orixe europea. Moi apreciada en xardinería pola súa varidade cromática, florece desde a primavera ata o verán.
Iris
A deusa Iris é filla do titán Taumante e de Electra, unha oceánide. Exercía as funcións de mensaxeira, sobre todo de Hera, a principal deusa do Olimpo. É a personificación do arco iris que anuncia o pacto entre os humanos e os deuses, e tamén o fin da tormenta. Está casada con Céfiro, deus do vento do oeste. Por orde de Zeus, leva un xerro con auga da Estixia, coa que fai durmir a todos os que perxuran. Os seus atributos son o caduceo e un vaso. É unha deusa alada e o seu peplo é iridiado. Tamén se lle soe representar fornecendo ás nubes coa auga que necesitan para empapar o mundo.
Pandorea jasminoides
É un arbusto trepador da familia Bignoniaceae orixinaria de Australia. Son plantas que alcanzan os 5 metros de altura e teñen brillantes follas pinnadas de forma lanceolada. O máis interesante son as súas flores tubulares atrompetadas que se presentan en racimos colgantes e son de cor branco ou rosado co centro vermello ou rosa fucsia. Florecen de primavera a outoño.
Pandora
Segundo o mito grego, Pandora é a primeira muller. Foi feita por Hefesto tras unha orde de Zeus para castigar a Prometeo. Cada deus concedeulle a Pandora unha cualidade como beleza, graza, persuasión e habilidade manual, entre outros; pero Hermes (mensaxeiro dos deuses e intérprete da vontade divina) puxo no seu corazón a mentira e a falacia. Zeus regaloulle unha ánfora e advertiuna de que non a abrise. Pero ela, curiosa, non puido resistirse, abriuna e deixou que os males inundaran a terra. Cando conseguiu pechala, o único que quedaba era a esperanza.
Posidonia oceánica
Esta planta acuática de orixe mediterránea, pertence á familia Posidoniaceae. Non é un alga, pois diferénciase delas en que dispón de follas, talo e raíces, ademais de producir flores e froitos. As pradeiras de posidonia son unha especie endémica do mar Mediterráneo e xogan un importante papel porque forman un verdadeiro ecosistema que acolle infinidade de especies.
Poseidón
Poseidón, deus das tormentas e terremotos, era irmán de Zeus, Hades e Poseidón. A súa esposa é unha divindade mariña, Anfitrite, que era a que dirixía o coro das súas irmás, as Nereidas. Poseidón viuna un día mentres danzaba coas súas irmás, namorouse dela e raptouna para convertela na súa esposa. Tiveron un fillo chamado Tritón, a parte superior do seu corpo era humano pero a inferior tiña a forma dun peixe.
Outros fillos famosos de Poseidón foron Pegaso, un cabalo con ás nacido de Medusa, e Polifemo, o cíclope enganado por Ulises.
Tamén Poseidón foi vencido por Atenea na loita polo patrocinio da cidade de Atenas.
Artemisia Absinthium
Coñecida vulgarmente como absenta, esta planta perenne, herbácea e medicinal da familia Asteraceae, é orixinaria de Europa meridional e central e de Asia septentrional. Presenta un rizoma leñoso e duro, follas espiraladas e flores en capítulo de cor amarela. No seu uso medicinal, serve para tratar as afeccións gástricas.
Artemisa é a deusa da caza, os bosques e os animais. Filla de Zeus e Leto, irmá xemelga de Apolo. A mitoloxía preséntaa como unha deusa nova e virxe, que renuncia ao matrimonio con deuses ou mortais e protexe aos mozos que elixen este estado. Tamén se identificou coa lúa, como o seu irmán Apolo co sol. Castigaba aos homes que alardeaban de ser mellores cazadores que ela. A Acteón, que a viu espida, transformouno nun cervo que foi atacado polos seus propios cans, producíndolle a morte. E a Orión soltoulle un escorpión que logrou acabar coa vida do xigante.
Ranunculus parnassifolius
Esta planta, coñecida comúnmente como botón de neve, pertence á familia das Ranunculaceae e é orixinaria de Europa do sur e do Próximo Oriente. Presenta follas a miúdo palmeadas, enteiras ou máis frecuentemente dentadas, lobadas ou multisectas e pecíolos a miúdo envainadores, con flores brancas, rosadas ou amarelas.
Parnaso
Na mitoloxía grega, Parnaso foi fillo de Poseidón e da ninfa Cleodora, heroe epónimo da cadea montañosa que se estende entre os territorios dos dorios e os focenses. Atribúeselle a fundación do oráculo de Delfos, que máis tarde habería de ocupar Apolo, na ladeira do denominado monte Parnaso. Alí tiñan a súa morada as Musas, que acudiron chamadas por este deus procedentes do monte Helicón. Por esa razón considérase ao Parnaso como a patria simbólica dos poetas. Ademais, das súas ladeiras brotaban varias fontes, como a Castalia, onde se purificaba a Pitia, e que tamén favorecía a inspiración dos poetas.
Hebe
Máis coñecida como Verónica, esta planta arbustiva perenne que se caracteriza polas súas flores en forma de racimo de cor púrpura, pertence á familia Scrophulariaceae e é orixinaria de Nova Zelanda.
Hebe era a deusa da xuventude, filla de Zeus e Hera. Seus irmáns eran Ares e Ilitía. Era a axudante dos deuses: enchía as súas copas con néctar, axudaba a Hera a enganchar os cabalos ao seu carro e bañaba e vestía ao seu irmán Ares. Despois de que Deianira envelenase ao seu esposo Heracles e este ascendese ao Olimpo, Hebe foi asignada como nova esposa de Heracles. Tiña o poder de rexuvenecer aos vellos e de envellecer aos nenos.
Hyancinthus Orientalis
O xacinto é unha planta bulbosa da familia das Liliaceae, orixinaria da rexión mediterránea e África meridional. Alcanzan os 20-30 centímetros de altura, as súas follas son anchas e as flores acampanadas agrúpanse en racimos de vistosas cores.
Xacinto era un hermoso príncipe espartano, fillo de Amiclas e de Diomedes que despertou a pasión amorosa de Céfiro, pero el amaba a Apolo. Un día no que Apolo ensinaba ao rapaz a lanzar o disco, o vento, cegado polos celos, apoderouse do disco e lanzouno contra o cráneo do príncipe. Pero antes de que iste morrera, Apolo impediulle que Hades reclamara a alma do seu amado, e do sangue derramado fixo brotar unha flor, o xacinto
Achillea millefolium
Popularmente coñecida como milenrama, é unha planta herbácea da familia das Asteraceae, orixinaria de Eurasia. Medra en ladeiras e zonas boscosas temperadas do hemisferio Norte. As súas flores xúntanse en capítulos compactos que dan a sensación de ser unha soa flor. É unha planta medicinal con excelentes propiedades anticatarrais e astrinxentes.
Aquiles, fillo da deusa Tetis e do mortal Peleo, foi o heroe máis recoñecido dos que loitaron na Guerra de Troia. Tivo que elexir entre vivir unha longa vida pasando desapercibido, ou morrer novo, pero ser recordado por todas as xeneracións de humanos. El escolleu esta última posibilidade, e foi derrotado ao noveno ano da guerra polo príncipe troiano Paris, quen lle disparou unha frecha envelenada.

Antigonon leptopus
Esta fanerógama da familia das Polygonaceae, orixinaria de América central, é unha planta trepadora, semileñosa que pode alcanzar ata 10 metros de lonxitude. Presenta follas espiraladas en verde escuro e flores rosadas ou brancas en racimo. Produce tubérculos que poden ser comestibles.
Antígona é a filla de Edipo e de Iocasta e irmá de Ismene, Eteocles e Polinices. Acompañou ao seu pai Edipo, rei de Tebas, ao exilio e, á súa morte, volveu á cidade. Alí os dous irmáns de Antígona morreran nun duelo polo poder, pero o seu tío, o rei Creonte, deixou sen enterrar o cadáver de Polinices, prohibindo baixo pena de morte que calquera o fixera. Só Antígona se atreveu a facelo, pero o rei encerrouna nunha cova sen alimentos. Máis tarde, arrepentido, foi na súa busca pero a rapaza xa se aforcara, o que provocou o suicidio do fillo do rei, prometido a Antígona, e da nai deste.
Tritonia Crocata
Esta planta bulbosa, orixinaria de África do Sur, pode chegar a alcanzar cincuenta centímetros de altura e dez centímetros de anchura. As súas flores están dotadas de unidades reprodutivas hermafroditas. A especie Tritonia crocata desenvólvese mellor en chans con pH acedo, neutro ou alcalino. A súa parte subterránea medra con vigor en soportes con textura arenosa, franca ou arxilosa.
Tritón é o mensaxeiro das profundidades mariñas. Fillo de Poseidón e Anfitrite, é representado normalmente como unha versión masculina das míticas Nereidas. Así, aparece coa parte superior de home unida cunha cola de peixe, moitas veces dúas. Din de Tritón que tiña o poder de tranquilizar as augas soprando a través dun corno. Tamén poseía un tridente, regalo de Apolo a Xasón, e que lle foi entregado por este a Tritón despois de que o deus guiase aos Argonautas cara a saída do Mediterráneo cando estaban encerrados no mar de Libia.
Astraeus hygrometricus
Tamén coñecido como estrela da terra, é un fungo basidiomiceto da familia Diplocystidiaceae. Este fungo medra en terreos arenosos e aparece nas tempadas de verán e outono. Presenta unha caixa de esporas redonda que se asenta sobre follas como raios puntiagudos. O seu interior é blanco e carnoso pero non se recomenda o seu consumo.
Astreo é un titán de segunda xeneración, fillo de Crío e Euribia. Era unha divinidade astrolóxica e se lle relacionaba co vento da alba, de aí que se lle considerase un axente fecundador. A esposa de Astreo era Eos, a deusa da aurora, e os seus fillos son os catro Anemoi (vientos): Bóreas, Noto, Euro e Céfiro. Ademais era o pai dos cinco planetas e da estrela matutina, solitaria no ceo.
Ninfoides peltata
A Nymphoides peltata é unha planta rizomatosa acuática da familia Menyanthaceae, nativa de Eurasia. Ten follas de talo delgado flotantes e cordadas que sosteñen unha inflorescencia laxa de flores amarelas.
Ninfas
As ninfas eran fillas de Zeus. Diferentes dos deuses, as ninfas adoitan considerarse espíritos divinos que animan a natureza. Habitan os campos, as augas e os bosques. Segundo o lugar que habiten chámaselles Nereidas, Melíades, Náyades, Oréades ou Dríades. Aínda que nunca envellecen nin morren por enfermidade, e poden procrear dos deuses fillos completamente inmortais, elas non son inmortais. Nos mitos gregos actúan moi a miúdo como axudantes doutros deuses, tamén xogando cos sátiros, acompañando á deusa Artemisa, cazando con ela ou tecendo nas súas covas ou vixiando o destino dos mortais.
Lagerstroemia indica
A árbore de Xúpiter é unha planta arbustiva de follas pequenas, verdes é brillantes na primavera e verán, e de cor amarela avermellada no outono. As súas flores son pequenas pero moi vistosas polas súas cores rosáceos, púrpuras ou brancos. Pertence á familia Lythraceae e é de orixe chinesa.
Xúpiter é fillo de Cronos e Rea. A súa nai salvouno de ser devorado polo seu pai inmediatamente despois do seu nacemento. Foi criado polos Curetes e as Ninfas nunha gruta de Creta. Empuña sempre o cetro ou o raio, con frecuencia vai acompañado da aguia, a súa ave favorita. É o rei dos deuses, do trono e o ceo, por tanto representa os fenómenos atmosféricos. A súa muller é a deusa Hera.
Tamén é o deus da xustiza e o gobernador supremo do Olimpo xa que destronou ao seu pai e estableceu o seu poder sobre o mundo, non sen antes loitar contra os Xigantes.
Dionaea muscipula
Tamén coñecida como Venus atrapamoscas, a dionea é unha planta carnívora da familia das Droseraceae, orixinaria de Nortamérica. Esta planta é capaz de atraer insectos para alimentarse. Está cuberta de glándulas nectaríferas nas súas follas, con dous lóbulos abisagrados na vea central e pelos sensitivos que forman a trampa para os insectos.
Dione é unha deusa da primeira xeneración, filla de Urano e Xea. Ás veces identificase con Rea, e o seu nome ten a mesma raíz que Zeus. Considérase a nai de Afrodita, enxendrada por Zeus. Nun episodio da Guerra de Troia vemos á deusa do amor sendo atacada por Diomedes, cando ela tentaba protexer ao seu fillo Eneas. Tras ser ferida nunha man, Afrodita volve ao Olimpo, e refúxiase nos brazos da súa nai Dione, que a acaricia e a cura.
Acrisione denticulata
Tamén coñecida como Pao de egua, este arbusto endémico da familia Asteraceae, orixinaria de Chile, comprende dous tipos de especies que medran en altura. Teñen ramas fráxiles con follas verdes de borde aserrado e flores amarelas agrupadas en racimos.
Acrisio
Acrisio, fillo de Abas, rei de Argos, e de Ocalea, casou con Eurídice, de quen tivo a Dánae. Sabendo por un oráculo, que o seu neto ía matalo, encerrou a Dánae nunha torre. Pero Zeus logrou penetrar na habitación baixo a forma dunha choiva de ouro, e despois Dánae deu a luz a Perseo.
Acrisio entón meteu á filla e ao seu neto nun cofre, que lanzou ao mar. Milagrosamente, o cofre chegou á praia de Séfiros e nai e fillo instaláronse alí. Pasados uns anos, en Lansa (Tesalia), e nuns xogos olímpicos, atopáronse, sen recoñecerse, Acrisio e Perseo. Este, querendo demostrar a súa habilidade en lanzar o disco, lanzouno forte sen pensar, e o disco foi contra o seu avó, que morreu do golpe recibido.
Phaeogalera oedipus
Fungo da familia das Strophariaceae que desenvolve corpos frutíferos de ata 4 cm de diámetro, de cor gris pardo. Carne moi escasa, de anchura moi inferior á das láminas. Inodora e insípida, non amarga. Láminas pouco prietas con tons grises moi claros e ao final de cor pardo. Pé de ata 4 cm, con tonalidades claras e sombreiro marrón.
Edipo
A Laio, rei de Tebas, vaticináralle o oráculo de Delfos que un fillo seu sería o seu asasino; pouco despois a súa muller Iocasta deu a luz un neno que foi abandoado e recollido por un pastor que o entregou ao rei de Corinto, quen o adoptou e chamouno Edipo. Cando Edipo medrou foi visitar o oráculo que vaticinou que sería o asasino do seu pai e casaría coa súa nai, polo que, para evitar que o vaticinio se cumprise, fuxiu cara a Tebas. De camiño, discutiu cun condutor dun carro e matouno, cumpríndose así a predición do oráculo. Máis tarde apareceu nas proximidades de Tebas un monstro coñecido como Esfinxe, que devoraba a todos os viaxeiros que non solucionaban o enigma que lles expuña. Quen conseguise descifar o enigma que esta propuña sería o rei de Tebas, e así foi como Edipo se converteu en rei, casando con Iocasta, a súa propia nai e tendo fillos con ela, sen sabelo ata moito máis tarde.
Russelia equisetiformis
Coñecida como Bágoas de Cupido, é unha planta orixinaria de México e pertence á familia das Scrophulariaceae. Trátase dun arbusto ornamental dunha altura máxima de 100 cm cuxas ramas delgadas parecidas a escamas agudas e estendidas, terminan en flores tubulares diminutas amarelas ou vermellas.
Cupido é fillo de Mercurio e Venus, representa o poder do amor sobre os deuses e os homes, e ademais é a personificación do desexo físico. O seu símbolo son o arco e as frechas. Sempre acompaña a Venus, e coas súas armas fai que tanto deuses como homes se namoren. Moitos téñenlle medo xa que usa dous tipos de frechas, as de ouro, que fan que te namores perdidamente, e as de chumbo, que fan que despreces á persoa que queira estar contigo.
Daphne Mezereum
O mecéreo é un arbusto orixinario de Eurasia, de ata 1,5 metros de altura, que ten un froito de cor vermella brillante moi velenoso. Este arbusto florece de marzo a xuño. Pertence á familia Thymelaeaceae. No seu aspecto medicinal, úsase como ungüento para tratar as afeccións reumáticas.
Dafne
Dafne era filla de Peneo, deus dun río. Ao igual que Artemisa, era unha ninfa virxe da caza e da natureza. Na historia máis famosa, o deus Apolo namorábase dela contra a súa vontade.
O motivo para que isto ocorrese foi que Apolo insultara a Eros, o deus do amor. Apolo, que presumía do seu manexo do arco e das frechas, creía que Eros era un mal arqueiro e este vengouse lanzándolle ao corazón unha frecha bañada en ouro que lle fixo namorarse de Dafne sen ser correspondido. Eros tamén lanzou unha frecha a Dafne, pero bañada en chumbo, o que a fixo desprezar ao seu namorado. Apolo, fora de si, empezou a perseguila. Dafne no puido escapar de Apolo e ao final, desesperada, rogoulle ao seu pai que a liberase do corpo que despertara a paixón de Apolo, polo que Peneo converteuna nunha árbore de loureiro.
Mentha piperita
Comúnmente chamada menta, menta negra ou menta melissa, é un xénero de plantas aromáticas vivaces, pertencente á familia das Lamiaceae. Trátasedunha planta europea, perenne, con talos moi ramificados, de entre 30 e 70 cm de altura, follas peludas e flores lilas ou rosadas. É unha planta medicinal con grandes propiedades dixestivas, analxésica e antiséptica.
Menta
Menta era unha ninfa do mundo inferior, filla do río Cocito. Foi o amor ilícito de Hades, o deus do submundo, ata que o descubriu Deméter, nai da celosa muller de Hades, Perséfone. Cando manifestou que ela era máis fermosa que a esposa de Hades, esta atacouna violentamente ata despedazala. Dos seus restos Hades (ou segundo outras fontes, a deusa mesma) creou a planta da menta.
Hamadryas Argentea
A Hamadryas argentea, tamén chamada copa plateada, é unha especie de planta con flor da familia Ranunculaceae. Trátase dun especimen monotípico dentro do xénero Hamadryas, sendo endémica das Illas Malvinas. Os seus hábitats son arbustais con clima temperado en áreas de pastos e costas rochosas.
Na mitoloxía grega, as Hamadríades son ninfas que nacen coa árbore que protexen e comparten o seu destino. Son similares ás Dríades, agás que están relacionados cunha única árbore e morren cando esta é cortada. Tamén son seres mediadores entre mortais e inmortais. Por esta razón, as Dríades e os deuses castigan aos mortais que perxudican as árbores, como Erisictón, que talou un bosque de Deméter, e foi castigado a sufrir unha fame devoradora que non se podía mitigar.
Asclepias curassavica
A Asclepia, tamén chamada comunmente algodoncillo, é unha planta herbácea e perenne da familia Apocynaceae, que procede de Centroamérica. Trátase dun subarbusto que medra ata 1 m de altura, posúe tallos grises pálidos, e follas opostas, lanceoladas ou oblongas.
Asclepio
Asclepio, Esculapio para os romanos, era o deus grego da Medicina. Era fillo de Apolo e Coronis. Coronis era unha fermosa mortal de Tesalia que se entregou ao deus Sol Apolo e quedou embarazada, aínda que casou con Ischis. Apolo, sentíndose agraviado pola infidelidade, matou a Ischis, e Artemisa, irmá de Apolo, matou a Coronis. Antes de que Coronis ardese na pila funeraria, Apolo sacou do seu ventre a Asclepio e entregoullo ao centauro Quirón, quen educou ao neno e ensinoulle todo o referente ás artes curativas, especialmente o relativo ás plantas medicinais.
Asclepio alcanzou tal habilidade que podía devolver a vida aos mortos. Zeus, temeroso de que o máis aló quedase despoboado, matouno cun raio. Asclepio entón foi levado ao Olimpo, convertido en deidade.
Paris quadrifolia
Esta especie pertencente á familia Melanthiaceae pode chegar a alcanzar cincuenta centímetros de altura. As súas flores de cor branco emerxen dun pedicelo sobre follas en forma de paraugas e están dotadas de unidades reprodutivas hermafroditas. É orixinaria de Asia Menor.
Paris
Paris era fillo de Príamo, rei de Troia, e de Hécabe. Súa nai tivo un horrible soño, a consecuencia do cal abandonou ao seu fillo lonxe de Troia. Así, o pequeno foi criado por un pastor e despois volveu ao seno familiar. O príncipe Paris seguiu a súa vida de pastor no monte Ida, onde atendía o gando do seu pai. Alí se lle acercaron Hera, Atenea e Afrodita para pedirlle que fose xuíz na competición de beleza durante a voda de Tetis e Peleo. Eris, a deusa da discordia, lanzou unha mazá de ouro coa lenda «para a máis bela». As tres deusas cre¬ron que a mazá lles pertencía e entón Zeus decidiu que Paris fora o que dese o veredicto final. As deusas trataron de sobornalo: Hera prometeulle poder, Atenea, éxito na batalla, e Afrodita a muller máis bela do mundo. El deulle o premio a Afrodita e escolleu a Helena que xa estaba casada con Menelao. Paris levouna a Troia e unha vez alí casou con Helena sen a aprobación da maioría dos habitantes. Os heroes gregos reuniron unha flota e foron en busca de Helena, e así comezou a Guerra de Troia.
Hipericum perforatu
O Hipericum perforatum ou hipérico é unha planta medicinal de folla perenne moi coñecida por ser considerada un antidepresivo natural.
É unha planta herbácea da familia das Hipericaceae orixinaria de Europa. Os pétalos da flor son de cor amarela dourada con pequenas motas negras nos seus bordes, xeneradas por un aceite esencial, que lle da o nome de perforatum.
Hiperión, o que camiña nas alturas ou o que vai por riba da Terra, é un dos titáns, fillo de Urano e e Xea. Como divinidade da luz solar, é considerado o deus da observación. Os primeiros poetas procuraron diferenciar a Hiperión de Helios, considerando ao primeiro o proxenitor do segundo. Casou coa súa irmá Tea, e tiveron tres fillos: Helios (o Sol), Selene (a Luna) e Eos (a Aurora). .
Glaucium flavum
É orixinaria do leste e sur de Europa, Asia e noroeste de África. Vive nas praias y codolares de ríos, sobre todo en lugares alterados polo home.
Trátase dunha herba bienal de grandes follas basais glaucas con segmentos lobato-dentados. Pertence a familia das Papaveraceae
Glauco
Glauco era o fillo mortal de Poseidón e unha náiade chamada Nais. Vivía como simple pescador en Antedón, Beocia, e un día casualmente, limpando un peixe cunhas herbas, descubriu que a planta tiña a propiedade de devolver a vida. A herba ao parecer fora sementada por Cronos para revitalizar aos esgotados cabalos de Helios, o deus Sol. Glauco, que non sabía nada, decidiu probala e ver que efecto tiña sobre si mesmo. Inxeriuna e ao pouco tempo viu como o seu corpo empezaba a transformarse. Os cabelos e a barba volvéronse de cor verde mar, saíronlle aletas e as súas pernas cambiáronse pola cola dun peixe, e así quedou convertido nun tritón. Amaba á ninfa Escila pero ela non lle correspodía.
Althea officinalis
ou malvavisco é unha planta herbácea euroasiática cultivada desde a Antigüidade polas súas propiedades medicinais antiinflamatorias e antitusivas. Medra en lugares húmidos, como pantanos, cunetas e prados. De tallos leñosos e follas acorazonadas, posúe flores brancas e rosadas moi vistosas.
Altea
Altea era a muller de Eneo, rei de Calidón. Tivo varios fillos, entre eles Meleagro. Cando este era un bebé, as Moiras prediciron que só viviría ata que un tizón, que estaba ardendo no fogar familiar, fose consumido polo lume. Altea ocultou inmediatamente o tizón para salvalo. Pero cando se fixo maior, Meleagro matou aos seus tíos maternos nunha disputa trala cacería do xabarín de Calidón, na que destacou Atalanta, quen recibira a cabeza do animal como trofeo
Zephyra Elegans
Esta especie perenne, endémica de Chile, da familia Tecophilaeaceae, desenvólvese formando manchóns en chairas e quebradas arenosas. De pétalos blancos ou azulados e follas lanceoladas, posúe un gran valor ornamental, o que a expón a unha excesiva recolección.
Céfiro
Céfiro é o benévolo deus do vento do Oeste, que anunciaba a primavera. Os seus pais eran Astreo (uns deus astrolóxico) e Eos (deusa da aurora). Estaba unido á ninfa Cloris, a quen lle concedeu o dominio das flores. O mito máis coñecido de Céfiro é o do espartano Xacinto, de quen se namorou perdidamente; con todo, este preferiu ao deus Apolo, o que causou os celos de Céfiro e durante unha práctica de lanzamento de disco, soprou un refacho de vento sobre Apolo e Xacinto, provocando que o disco golpease ao rapaz causándolle a morte.
Adiantum capillus Veneris
Tamén chamada culantrillo o cabelo de Venus, esta planta pequena e delicada da familia Pteridaceae, da que existen uns 200 xéneros e máis de 7500 especies, é nativa do oeste e sur de Europa, África, Estados Unidos e Centroamérica. Caracterízase polos seus negros e delicados talos que lembran o cabelo dunha muller, e por iso chámase o cabelo de Venus.
Venus, a antiga divindade itálica, deusa do amor e a beleza, identifícase en Grecia con Afrodita. É filla de Urano. O nacemento ten lugar no momento en que Cronos, instigado pola súa nai Xea para arrebatarlle o poder ao seu esposo, corta os xenitais do seu pai Urano e os lanza ao mar, de onde xorde Venus. A continuación foi levada polo vento Céfiro, primeiro a Citera e despois a Chipre, onde as Horas vestírona e guiárona á morada dos Inmortais.
Protea latifolia
É unha planta que recibe este nome en homenaxe ao deus Proteo debido á gran cantidade de formas que presentan as máis de 80 especies que o constitúen. Son unhas plantas arbustivas perennes orixinarias do leste e o sur de África. Destacan polas súas vistosas cabezas florais que poden chegar a medir ata 12 cm de diámetro, sendo de cor rosa purpúrea ou vermella. .
Proteo
Proteo era un antigo deus do mar e pastor das manadas de focas de Poseidón. Converteuse en fillo deste deus na teogonía olímpica, pois antes o consideraban como fillo de Océano ou de Nereo. Tiña o poder de ver a través das profundidades e de predicir o futuro. Pero como era consultado moi a miúdo, cambiaba continuamente de forma para despistar aos demandantes. Cando Menelao regresaba da toma de Troia, perdeuse, e, decicido a atopar o camino, consultou a Proteo, pero este transformouse en varios animais ata que logrou reducilo e así puido averiguar o que necesitaba..
Teucrium fruticans
Coñecido como olivilla, este arbusto perennifolio da familia Lamiaceae, de ata 2 m de altura é orixinaria do entorno mediterráneo. Posúe unhas follas ovaladas de cor verde polo feixe e brancas polo envés. A corola das flores é dunha cor azul moi claro case branco ou violeta moi suave, cunhas veas máis escuras. Os estames e o pistilo son curvados e sobresaen da corola.
.
Andrómeda era filla de Casiopea e de Cefeo. Cando a súa nai afirmou que a beleza da súa filla superaba a das Nereidas, a queixa de estas ante Poseidón fixo que o deus enviase un monstro mariño para destruír o imperio de Cefeo. Un oráculo suxiriu que se ofrecese a Andrómeda ao monstro mariño e, deste modo, ela foi encadeada a unha rocha xunto ao mar, onde Perseo a atopou cando voaba a cabalo de Pegaso. Perseo levaba a cabeza da Medusa Gorgona, e ao ver a Andrómeda namorouse, enfrentándose ao monstro para rescatala. Perseo acabou co monstro grazas á espada que lle forxara Hermes, converteuno en rocha, e Cefeo e Casiopea respiraron tranquilos. Despois destas fazañas, Perseo casou con Andrómeda, pero a voda converteuse nun baño de sangue, pois Cefeo xa comprometera a súa filla co seu irmán Fineo. O heroe gañou a pelexa de novo grazas á cabeza de Medusa, que converteu a Fineo e aos seus seguidores en pedra. Finalmente, Perseo e Andrómeda convertéronse nos reis da cidade de Tirinis en Argos. Despois da súa morte, Atenea converteunos en constelacións do firmamento.
.
Andrómeda
Andrómeda polifolia
Tamén coñecida como romero das turbeiras, este arbusto orixinario de Europa, Asia e América pertence a familia Ericaceae. Posúe follas perennes e as súas flores hermafroditas poden autopolinizarse.
.
Teucro
Fillo de Telamón e da princesa troiana Hesíone. Participou na Guerra de Troia xunto ao seu medio irmán Aiax. Foi un dos guerreiros que se introduciron dentro do Cabalo de Troia e era famoso pola súa habilidade no manexo do arco. Trala caída de Troia, o seu pai Telamón destérrao, acusándoo de non ter sabido evitar a disputa entre Aiax e Odiseo polas armas de Aquiles, causa directa do suicidio de Aiax. Teucro funda na illa de Chipre unha cidade que, en honor á súa patria, bautiza co nome de Salamina. Casa coa princesa Eune, filla do rei Cipro, e funda unha dinastía que reinou durante varios séculos. Ao coñecer a morte do seu pai Telamón, Teucro tenta de novo regresar á súa patria natal, pero será rexeitado por Euriasces, así que decide poñer rumbo á Península Ibérica, onde funda as cidades de Cartaxena e Helenes, na que reside ata o fin dos seus días e será a que na Idade Media vai ser considerada como o emprazamento de Pontevedra.
.
Helianthus annuus
O chamado xirasol é unha planta herbácea anual da familia das Asteráceae, orixinaria de América Central e Norteamérica e cultivada como planta alimenticia, oleaxinosa e ornamental en todo o mundo. Pode medir hasta 3 metros de altura.
.
Mercurialis annua
As Mercuriais son un xénero de plantas con flores pertencente á familia Euphorbiaceae, orixinaria de Eurasia. Inclúe herbas de talo delgado, rizomatoso e leñoso con follas pecioladas e flores masculinas e femininas por separado. Úsase dende época antiga como diurético e purgante.
Mercurio
Hermes o das sandalias douradas, era un dos fillos menores de Zeus. Súa nai era unha ninfa dos montes, a deusa Maia. Cóntase que o día que naceu conseguiu librarse das bandas que lles poñían aos recén nacidos e escapouse sen que a súa nai se dera conta. Polo camiño encontrouse cun rebaño que gardaba o seu irmán Apolo e rouboulle parte do gando. A súa astucia foi mais aló, pois dispúxose a disimular o roubo, colleu unhas ramas e atounas ás patas dos animais para que borrasen as pegadas. Despois de ofrecer un sacrificio aos deuses, ocultou o resto dos animais e regresou á gruta. Alí, atopou unha tartaruga, matouna e deixouna vacía. Coas tripas e os intestinos fabricou unhas cordas, despois tensounas no caparazón e así creou a lira. Apolo, enfadado, foi buscar a Hermes para que lle devolvera o seu gando, pero ao ver o que inventara o neno, cambioullo pola lira e regaloulle o caduceo.
Dionysia involucrata
Esta planta, chamada Dionisia, pertence á familia das Primulaceae, moi popular por acoller plantas de xardín tan coñecidas como as prímulas. O seu hábitat natural son as altas montañas e acantilados de Asia central, onde medran nas fendas e ocos das rochas. Forma unha mata reducida e redondeada, de 20 cm de altura e non máis de 30 cm de diámetro, con follas espatuladas e flores de cor lila, brancas ou amarelas.
.
Dionisos
Fillo de Zeus e de Semele, a filla do rei de Tebas, morta ao converterse Zeus en raio cando a rapaza lle propuxo que se presentase a ela como deus olímpico. Trala morte de Semele, Zeus acolleu o feto do seu fillo nun muslo, e cando se cumpriu o plazo, extraeu ao cativo. Foi criado por ninfas e sátiros ata que de maior descubriu a vide e a arte de facer o viño. Deus da vexetación, do viño e do teatro, Dioniso é o deus da festa e a loucura, da exaltación e o desorde. Segundo o seu culto, morre todos os invernos e nace en primavera. Considérase un deus aliado de mulleres e escravos, aínda que o o seu culto tivo dificultades para ser aceptado en Grecia.
.
Musa acuminata
O plátano malaio, ou plátano vermello é unha planta perenne da familia Musaceae, orixinaria de Asia oriental, que pode alcanzar os 7 metros de altura. Produce retoños a partir de rizomas superficiais, as súas follas son verdes e oblongas e as flores brancas en forma de espigas. Esta planta é un dos proxenitores do plátano común..
.
Musas
As Musas eran fillas de Zeus e de Mnemosine (a memoria), unha titánide. Eran as patronas das artes e as ciencias. Ao igual que seu guía Apolo, as Musas deixábanse convencer a miúdo para participar en competicións musicais cos mortais. As nove fillas do rei Pieros, as Piérides, estaban convencidas de que elas eran mellores cantantes e músicas. Entón propuxéronlles competir ante un xurado de ninfas, pero estas finalmente premiaron ás Musas, e as Piérides, enoxadas, ao tratar de pelexar con elas, foron convertidas en pegas.
.
Scilla maritima
Tamén chamada cebola albarrana, é unha, planta da familia das Asparagacae orixinaria de Europa, África e a India. Trátase dunha planta herbácea cun bulbo de 15 cm. ou máis que pode chegar ao metro e medio de alto. As súas follas aparecen en primavera, e tras caer estas, terminan por nacer as flores, que son de cor branca.
Scilla maritima
Escila era unha fermosa ninfa amada por Glauco, un deus marino, pero ela rexeitábao. Desesperado, o deus foi á illa de Circe e pediulle unha poción de amor para que Escila se namorase del. Circe non estaba feliz coa súa decisión xa que estaba namorada do deus. Pero Glauco ignorouna, e Circe vingativa deulle unha poción xurándolle que se a botaba no lago onde Scilla se bañaba, esta ía namorarse del. Pero, ao facelo, Scilla converteuse nun monstro mariño aterrador. Glauco, triste por isto, perdeu o seu interese nela e deixouna soa. Scilla xa convertida en monstro, situouse no estreito de Mesina (entre Italia e Sicilia) xunto a Caribdis, outro monstro mariño que devoraba a mariñeiros e barcos. Nesta ubicación tivo lugar o enfrontamento contra Ulises, que intentou afastar o seu barco dela, pero foi atrapado polo torbellino de Caribdis que tragou a seis dos seus homes.
Helios
Helios, fillo dos titáns Hiperión e Tea, era o encargado de viaxar ao ceo todos os días montado nun carro de lume tirado por cabalos alados, para traer luz e calor aos mortais. El acusara á deusa Afrodita dos amores adúlteros co deus Marte. Furiosa, ela decidiu vingarse: fixo que Helios se namorase da ninfa Leucótoe e que a irmá desta, Clitia, se namorase á súa vez do deus do sol. Así, Helios non miraba a ningunha muller que non fose Leucótoe, e cando Clitia advertiu que o deus adoraba á súa irmá, falou mal dela fronte ao seu pai dicindo que o Sol entrara na habitación da rapaza. O pai, como represalia, enterrou a Leucótoe en vida e nin sequera os poderosos raios de Helios puideron salvala. Entón Clitia pasaba os días só admirando a viaxe do Sol desde o amencer ata a noite sen ser correspondida, ata que finalmente foi convertida na planta do xirasol.
.
Orphium Frutenscens
É unha planta da familia das Gentianaceae de folla perenne, orixinaria de Sudáfrica, que medra verticalmente, a miúdo ata uns 600 mm. As follas e os talos verdes e exuberantes teñen pequenos pelos brancos que lles dan unha sensación aterciopelada. O tamaño das follas varía, pero todas son longas e estreitas, apuntando cara arriba, opostas entre si ata o final dos tallos.
Orfeo
O músico Orfeo era fillo de Apolo e Calíope, musa da poesía épica.Orfeo podía cantar e tocar de tal maneira que conmovía a humanos, animais, árboles, ríos e pedras. Foi un dos Argonautas que viaxaron a Colchis na procura do Vélaro de Ouro. O seu talento foi moi útil na multitude de aventuras, para apaciguar os ánimos durante unha pelexa ou para neutralizar o canto das peligrosas sereas, que coas súas voces irresistibles conducían aos mariñeiros cara a morte. Despois da viaxe dos Argonautas, Orfeo regresou a Tracia, onde se namorou da ninfa Eurídice. Pero o día da voda, unha serpe velenosa mordeu a Eurídice no talón mentres fuxía de Aristeo, un centauro. A consecuencia diso morreu e o inconsolable Orfeo non podía imaxinar a súa vida sen ela, así que baixou ao mundo dos mortos para pedir a Hades e Perséfone que llela devolvesen. As súas melodías implorando ao deus conmovérono e permitiulle levarse á súa amada a condición de que non volvise a vista ata ter saído de alí. Orfeo saíu feliz, seguido de Eurídice, que ía máis despacio debido á dor que lle producía a mordedura da serpe. Pero xusto antes de saír, Orfeo deixouse levar pola impaciencia e mirou atrás, o que provocou que a súa amada se desvanecese na néboa do reino dos mortos, despedíndose del sen que Orfeo puidese facer nada.
Créditos das imaxes
https://bit.ly/2x9tu5m
https://bit.ly/2ZGLErH
https://bit.ly/2Ksx17L
https://bit.ly/2KidwhZ
https://bit.ly/2IfTNgD
https://bit.ly/2WKhQx4
https://bit.ly/2F8N0DN
https://bit.ly/2Is8ygp
https://bit.ly/2MZ3hRT
https://bit.ly/2XZIhvm
https://bit.ly/2jaROhF
https://bit.ly/2x9ujuY
https://bit.ly/2WPut5i
https://bit.ly/2Iu2Ivb
https://bit.ly/2MZsnQL
https://bit.ly/2RriWZ1
https://bit.ly/2FtoFZh https://bit.ly/2N9y2DK https://bit.ly/31RWsow https://bit.ly/2NgQqKS https://bit.ly/2x9HM6f https://bit.ly/2XtELMF https://bit.ly/2IfTNgD https://bit.ly/2J2Sn8u https://bit.ly/2J0KY9W
https://bit.ly/2Fr2uCY https://bit.ly/2YfQo7r https://bit.ly/2X2sJL1 https://bit.ly/2IVw5W4
https://bit.ly/31LlplB
https://bit.ly/2KsyE5n
https://bit.ly/2Itjw5i
https://bit.ly/2XuGNfw
https://bit.ly/2Zzjoab
https://bit.ly/2XZu8yt
https://bit.ly/2Y2lSNV
https://bit.ly/2MXWPdW
https://bit.ly/2IrTUG2
https://bit.ly/2x62BiK
https://bit.ly/2IZ620a
https://bit.ly/2IVJBcp
https://bit.ly/2KY1qdA
https://bit.ly/2x5wG23
https://bit.ly/2IsdUZk
https://bit.ly/31MVGsY
https://bit.ly/2L8Hq84 https://bit.ly/2Xr6fCR https://bit.ly/2xcRi8J https://bit.ly/2WVOwPH https://bit.ly/2L8IM2E https://bit.ly/2ZKCLgS https://bit.ly/2WZmUc8 https://bit.ly/2N6i4uf https://bit.ly/2xbBLpw https://bit.ly/2FttTV1 https://bit.ly/2IDDQBq https://bit.ly/2Yf5auV https://bit.ly/2dyAEEq
https://bit.ly/2Xrobgw
https://bit.ly/2XkTrOp
https://bit.ly/2wjpxeI
https://bit.ly/2Is7zgd
https://bit.ly/2KstOVR
https://bit.ly/2x89tfQ
https://bit.ly/2WX8HMR
https://bit.ly/2MVObfY
https://bit.ly/2WVRpVh
https://bit.ly/2RrmD0u
https://bit.ly/2L4qwYa
https://bit.ly/2L55UPA
https://bit.ly/2WXsI6l
https://bit.ly/2ZD3njD
https://bit.ly/2KBGx8C https://bit.ly/2L8FdJO https://bit.ly/2X3wIa3 https://bit.ly/2Ft0B8O https://bit.ly/2Kyy6uS https://bit.ly/2x5WT0z https://bit.ly/31OOjRM https://bit.ly/2WXmOXw https://bit.ly/2WYrLiR
https://bit.ly/2KzEUYW https://bit.ly/2xds5uA https://bit.ly/2XtaldE https://bit.ly/2KvKXxL https://bit.ly/2qN4XkH
Proxecto realizado polo alumnado deCultura Clásica do IES Xoán Montes curso 2019
Fitomitoloxía
tictiza
Created on June 24, 2019
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Tarot Presentation
View
Vaporwave presentation
View
Women's Presentation
View
Geniaflix Presentation
View
Shadow Presentation
View
Newspaper Presentation
View
Memories Presentation
Explore all templates
Transcript
PROXECTO DOCUMENTAL DE CULTURA CLÁSICA
O XARDÍN DAS HESPERIDES
O olfato, de Rubens e Brueghel, Museo do Prado
Narcissus nevadensis
A planta chamada narciso é unha bulbosa da familia Amaryllidaceae, orixinaria de Europa, Asia e norte de África, que comprende unhas 40 variedades na súa maioría de floración primaveral. Presenta follas alongadas en tonos verde escuro e flores en forma de trompeta. Posúe propiedades medicinais: astrinxentes, eméticas, febrífugas e antiespasmódicas
Narciso
O fermoso rapaz Narciso é pretendido tanto por homes como por mulleres. Una delas é a ninfa Eco que, castigada pola deusa Hera, estaba condeada a falar repetindo as últimas palabras que oía, polo que lle custaba expresar o que sentía. Pero un día ela ocúltase nun bosque e cando Narciso pasa polo lugar, a ninfa fai ruídos, á pregunta do rapaz “hai alguén aquí?”, ela responde “aquí, aquí?”. Despois aparécese ante el cos brazos abertos en claro sinal de amor, pero Narciso rexéitaa e alónxase. Doída, a ninfa Eco reclúese nunha cova ata que desaparece, pero queda a súa voz, que continúa repetindo para sempre xamais as últimas palabras que escoita. A deusa da vinganza, Némesis, condea a actitude de Narciso facendo que este se enamore da súa propia imaxe reflexada nun estanque. Así foi como o rapaz contemplou o seu reflexo e non puido separarse de si, mesmo ata que morreu afogado, atraído e cego pola súa propia imaxe reflexada na agua
Inula helenium
Máis coñecida como helenio, esta planta composta perenne da familia das Asteraceae, é común en moitos lugares de Gran Bretaña, e está presente por todo o sur e o centro de Europa, así como en Asia. Pode alcanzar grandes dimensións e as súas flores hermafroditas son capaces de autopolinizarse.
Helena
Helena era filla de Zeus e de Leda. O seu papel foi fundamental para que se desencadease un dos enfrontamentos épicos máis famosos de Grecia, a Guerra de Troia. Foi esposa do rei Menelao de Esparta. Helena medrou en Esparta, na corte de Tindareo. Cando tiña uns 12 anos, Teseo raptouna ca intención de casarse con ela, pero os seus irmáns Castor e Pólux conseguiron liberala. Finalmente contraeu matrimonio con Menelao, un rei grego. Cando se atopaban alí os príncipes troianos, coñeceu ao príncipe Paris. Ambos os mozos namoráronse e Paris decidiu raptala e levala con el a Troia, a súa patria. Afrodita axudoulle a conseguila grazas a que este a elixiu como a deusa máis fermosa do Olimpo. Menelao, ao ver que a súa esposa fuxira co príncipe troiano, acudiu a todos os reis de Grecia para reunir un gran exército e marchar contra Troia pola afronta á que se viu sometido. Unha vez rematada a guerra, Helena voltou a casa con Menelao.
Ambrosia trifida
É unha planta herbácea da familia Asteraceae, orixinaria de América. Aínda que en Europa é considerada como unha mala herba que medra na maleza húmida ata 6 metros, non obstante os nativos americanos úsana a miúdo como planta medicinal contra dores e problemas gástricos.
Ambrosía
A ambrosía é a comida dos deuses gregos. Comida ou bebida que místicamente está asociada coa inmortalidade: quen a consumise podería vivir eternamente. Só Tántalo tivo a osadía de roubar a ambrosía inmortal para repartila entre os seus amigos, polo que sufriu un castigo sen igual no Tártaro.
Centaurea Cynaus
A Centaurea Cynaus, tamén chamada popularmente aciano, é unha planta herbácea anual da familia das Asteraceae. De orixe europea, posúe longos talos de follas finas e vellosas e flores de tonalidades azuladas. O seu uso medicinal como antiinflamatorio ocular é coñecido dende a Antigüidade.
Centauros
Os centauros son seres fabulosos, mitade cabalos-mitade homes. Naceron da unión de Ixión, rei de Tesalia, e dunha nube que creou Zeus coa forma de Hera. Tiñan fama de violentos e de disfrutar de praceres como o viño, as mulleres e a caza. Eran considerados por todos como os representantes da barbarie e da luxuria masculina. Pero algúns centauros, como Folo e Quirón, escaparon a esta fama de salvaxismo. O mito máis famoso é o da voda de Piritoo, á que asistiron os seus parentes os centauros, e na que, ebrios, intentaron violar á noiva e ás demais mulleres. Os lapitas, coa axuda doutros heroes como Teseo, acabaron por reducir aos centauros.
Euphorbia Flanaganii
Planta fanerógama pertencente á familia das Euphorbiaceae. É un arbusto sen espiñas, con moitas ramificacións, de 5 cm de altura e 30 cm de ancho. É comunmente coñecida como Cabeza de Medusa porque os seus brazos postrados, como serpes, parécense a guedellas de pelos. O talo central fusiónase coas raíces formando un corpo tuberoso (a miúdo chamado caudal) con ramas que irradian del. É nativa da República de Sudáfrica
Medusa, filla de Fortis e Ceto, é un ser mitolóxico con aspecto de muller cuxos cabelos son serpes segundo a mitoloxía grega. Era unha das Gorgonas, a única mortal. Debido a unha maldición, era capaz de converter en pedra a todos aqueles aos que mirase. O heroe Perseo enfrontouse a ela e cortoulle a cabeza ofrecéndolla despois a Atenea, quen a puxo no seu escudo, a éxida. Polo xeral represéntase a Medusa con aspecto monstruoso pero en realidade as fontes clásicas descríbena como unha moza fermosa, sacerdotisa nun templo de Atenea. Pero tras ser violada por Poseidón, a deusa converteuna en monstro. Xunto a ese deus, foi a nai do cabalo Pegaso.
Selenicereus anthonyanus
Tamén chamada raíña da noite, esta trepadora que forma parte da familia das Cactaceae é orixinaria de México. Posúe follas moi carnosas e achatadas, ramas planas de cor verde brillante que chegan a medir ata máis dun metro de largas e flores nocturnas aromáticas de 12 centímetros. Os seus froitos son redondos e ovais.
Selene
Selene é a antiga deusa da Lúa, filla dos titáns Hiperión e Tía. Endimión foi o seu gran amor. Este era un pastor que vivía no monte Latmus cuidando os seus rebaños. Despois dun día agotador, acostábase nunha gruta para descansar e Selene, que estaba rondando os ceos na súa carruaxe, puido observar ao rapaz durmido. A deusa descendeu á terra, e tras iluminar cunha luz prateada, espertou a Endimión cun bico. O pastor observou á deusa brillante ante os seus ollos e naceu en ambos un gran amor apaixonado. Seguidamente Selene subiu ao Olimpo a pedirlle a Zeus que lle concedese un desexo ao seu novo amor. O señor do Olimpo accedeu a tal petición e Endimión puido ser novo para toda a eternidade manténdose durmido, deste xeito podería espertar só cando Selene baixara dos ceos para estar co seu amor.
Iris germánica
Comunmente coñecida como lirio, a Iris germanica é unha planta rizomatosa da familia das Iridaceae, sendo unha das bulbosas perennes máis comúns de orixe europea. Moi apreciada en xardinería pola súa varidade cromática, florece desde a primavera ata o verán.
Iris
A deusa Iris é filla do titán Taumante e de Electra, unha oceánide. Exercía as funcións de mensaxeira, sobre todo de Hera, a principal deusa do Olimpo. É a personificación do arco iris que anuncia o pacto entre os humanos e os deuses, e tamén o fin da tormenta. Está casada con Céfiro, deus do vento do oeste. Por orde de Zeus, leva un xerro con auga da Estixia, coa que fai durmir a todos os que perxuran. Os seus atributos son o caduceo e un vaso. É unha deusa alada e o seu peplo é iridiado. Tamén se lle soe representar fornecendo ás nubes coa auga que necesitan para empapar o mundo.
Pandorea jasminoides
É un arbusto trepador da familia Bignoniaceae orixinaria de Australia. Son plantas que alcanzan os 5 metros de altura e teñen brillantes follas pinnadas de forma lanceolada. O máis interesante son as súas flores tubulares atrompetadas que se presentan en racimos colgantes e son de cor branco ou rosado co centro vermello ou rosa fucsia. Florecen de primavera a outoño.
Pandora
Segundo o mito grego, Pandora é a primeira muller. Foi feita por Hefesto tras unha orde de Zeus para castigar a Prometeo. Cada deus concedeulle a Pandora unha cualidade como beleza, graza, persuasión e habilidade manual, entre outros; pero Hermes (mensaxeiro dos deuses e intérprete da vontade divina) puxo no seu corazón a mentira e a falacia. Zeus regaloulle unha ánfora e advertiuna de que non a abrise. Pero ela, curiosa, non puido resistirse, abriuna e deixou que os males inundaran a terra. Cando conseguiu pechala, o único que quedaba era a esperanza.
Posidonia oceánica
Esta planta acuática de orixe mediterránea, pertence á familia Posidoniaceae. Non é un alga, pois diferénciase delas en que dispón de follas, talo e raíces, ademais de producir flores e froitos. As pradeiras de posidonia son unha especie endémica do mar Mediterráneo e xogan un importante papel porque forman un verdadeiro ecosistema que acolle infinidade de especies.
Poseidón
Poseidón, deus das tormentas e terremotos, era irmán de Zeus, Hades e Poseidón. A súa esposa é unha divindade mariña, Anfitrite, que era a que dirixía o coro das súas irmás, as Nereidas. Poseidón viuna un día mentres danzaba coas súas irmás, namorouse dela e raptouna para convertela na súa esposa. Tiveron un fillo chamado Tritón, a parte superior do seu corpo era humano pero a inferior tiña a forma dun peixe. Outros fillos famosos de Poseidón foron Pegaso, un cabalo con ás nacido de Medusa, e Polifemo, o cíclope enganado por Ulises. Tamén Poseidón foi vencido por Atenea na loita polo patrocinio da cidade de Atenas.
Artemisia Absinthium
Coñecida vulgarmente como absenta, esta planta perenne, herbácea e medicinal da familia Asteraceae, é orixinaria de Europa meridional e central e de Asia septentrional. Presenta un rizoma leñoso e duro, follas espiraladas e flores en capítulo de cor amarela. No seu uso medicinal, serve para tratar as afeccións gástricas.
Artemisa é a deusa da caza, os bosques e os animais. Filla de Zeus e Leto, irmá xemelga de Apolo. A mitoloxía preséntaa como unha deusa nova e virxe, que renuncia ao matrimonio con deuses ou mortais e protexe aos mozos que elixen este estado. Tamén se identificou coa lúa, como o seu irmán Apolo co sol. Castigaba aos homes que alardeaban de ser mellores cazadores que ela. A Acteón, que a viu espida, transformouno nun cervo que foi atacado polos seus propios cans, producíndolle a morte. E a Orión soltoulle un escorpión que logrou acabar coa vida do xigante.
Ranunculus parnassifolius
Esta planta, coñecida comúnmente como botón de neve, pertence á familia das Ranunculaceae e é orixinaria de Europa do sur e do Próximo Oriente. Presenta follas a miúdo palmeadas, enteiras ou máis frecuentemente dentadas, lobadas ou multisectas e pecíolos a miúdo envainadores, con flores brancas, rosadas ou amarelas.
Parnaso
Na mitoloxía grega, Parnaso foi fillo de Poseidón e da ninfa Cleodora, heroe epónimo da cadea montañosa que se estende entre os territorios dos dorios e os focenses. Atribúeselle a fundación do oráculo de Delfos, que máis tarde habería de ocupar Apolo, na ladeira do denominado monte Parnaso. Alí tiñan a súa morada as Musas, que acudiron chamadas por este deus procedentes do monte Helicón. Por esa razón considérase ao Parnaso como a patria simbólica dos poetas. Ademais, das súas ladeiras brotaban varias fontes, como a Castalia, onde se purificaba a Pitia, e que tamén favorecía a inspiración dos poetas.
Hebe
Máis coñecida como Verónica, esta planta arbustiva perenne que se caracteriza polas súas flores en forma de racimo de cor púrpura, pertence á familia Scrophulariaceae e é orixinaria de Nova Zelanda.
Hebe era a deusa da xuventude, filla de Zeus e Hera. Seus irmáns eran Ares e Ilitía. Era a axudante dos deuses: enchía as súas copas con néctar, axudaba a Hera a enganchar os cabalos ao seu carro e bañaba e vestía ao seu irmán Ares. Despois de que Deianira envelenase ao seu esposo Heracles e este ascendese ao Olimpo, Hebe foi asignada como nova esposa de Heracles. Tiña o poder de rexuvenecer aos vellos e de envellecer aos nenos.
Hyancinthus Orientalis
O xacinto é unha planta bulbosa da familia das Liliaceae, orixinaria da rexión mediterránea e África meridional. Alcanzan os 20-30 centímetros de altura, as súas follas son anchas e as flores acampanadas agrúpanse en racimos de vistosas cores.
Xacinto era un hermoso príncipe espartano, fillo de Amiclas e de Diomedes que despertou a pasión amorosa de Céfiro, pero el amaba a Apolo. Un día no que Apolo ensinaba ao rapaz a lanzar o disco, o vento, cegado polos celos, apoderouse do disco e lanzouno contra o cráneo do príncipe. Pero antes de que iste morrera, Apolo impediulle que Hades reclamara a alma do seu amado, e do sangue derramado fixo brotar unha flor, o xacinto
Achillea millefolium
Popularmente coñecida como milenrama, é unha planta herbácea da familia das Asteraceae, orixinaria de Eurasia. Medra en ladeiras e zonas boscosas temperadas do hemisferio Norte. As súas flores xúntanse en capítulos compactos que dan a sensación de ser unha soa flor. É unha planta medicinal con excelentes propiedades anticatarrais e astrinxentes.
Aquiles, fillo da deusa Tetis e do mortal Peleo, foi o heroe máis recoñecido dos que loitaron na Guerra de Troia. Tivo que elexir entre vivir unha longa vida pasando desapercibido, ou morrer novo, pero ser recordado por todas as xeneracións de humanos. El escolleu esta última posibilidade, e foi derrotado ao noveno ano da guerra polo príncipe troiano Paris, quen lle disparou unha frecha envelenada.
Achillea millefolium
Popularmente coñecida como milenrama, é unha planta herbácea da familia das Asteraceae, orixinaria de Eurasia. Medra en ladeiras e zonas boscosas temperadas do hemisferio Norte. As súas flores xúntanse en capítulos compactos que dan a sensación de ser unha soa flor. É unha planta medicinal con excelentes propiedades anticatarrais e astrinxentes.
Aquiles, fillo da deusa Tetis e do mortal Peleo, foi o heroe máis recoñecido dos que loitaron na Guerra de Troia. Tivo que elexir entre vivir unha longa vida pasando desapercibido, ou morrer novo, pero ser recordado por todas as xeneracións de humanos. El escolleu esta última posibilidade, e foi derrotado ao noveno ano da guerra polo príncipe troiano Paris, quen lle disparou unha frecha envelenada.
Antigonon leptopus
Esta fanerógama da familia das Polygonaceae, orixinaria de América central, é unha planta trepadora, semileñosa que pode alcanzar ata 10 metros de lonxitude. Presenta follas espiraladas en verde escuro e flores rosadas ou brancas en racimo. Produce tubérculos que poden ser comestibles.
Antígona é a filla de Edipo e de Iocasta e irmá de Ismene, Eteocles e Polinices. Acompañou ao seu pai Edipo, rei de Tebas, ao exilio e, á súa morte, volveu á cidade. Alí os dous irmáns de Antígona morreran nun duelo polo poder, pero o seu tío, o rei Creonte, deixou sen enterrar o cadáver de Polinices, prohibindo baixo pena de morte que calquera o fixera. Só Antígona se atreveu a facelo, pero o rei encerrouna nunha cova sen alimentos. Máis tarde, arrepentido, foi na súa busca pero a rapaza xa se aforcara, o que provocou o suicidio do fillo do rei, prometido a Antígona, e da nai deste.
Tritonia Crocata
Esta planta bulbosa, orixinaria de África do Sur, pode chegar a alcanzar cincuenta centímetros de altura e dez centímetros de anchura. As súas flores están dotadas de unidades reprodutivas hermafroditas. A especie Tritonia crocata desenvólvese mellor en chans con pH acedo, neutro ou alcalino. A súa parte subterránea medra con vigor en soportes con textura arenosa, franca ou arxilosa.
Tritón é o mensaxeiro das profundidades mariñas. Fillo de Poseidón e Anfitrite, é representado normalmente como unha versión masculina das míticas Nereidas. Así, aparece coa parte superior de home unida cunha cola de peixe, moitas veces dúas. Din de Tritón que tiña o poder de tranquilizar as augas soprando a través dun corno. Tamén poseía un tridente, regalo de Apolo a Xasón, e que lle foi entregado por este a Tritón despois de que o deus guiase aos Argonautas cara a saída do Mediterráneo cando estaban encerrados no mar de Libia.
Astraeus hygrometricus
Tamén coñecido como estrela da terra, é un fungo basidiomiceto da familia Diplocystidiaceae. Este fungo medra en terreos arenosos e aparece nas tempadas de verán e outono. Presenta unha caixa de esporas redonda que se asenta sobre follas como raios puntiagudos. O seu interior é blanco e carnoso pero non se recomenda o seu consumo.
Astreo é un titán de segunda xeneración, fillo de Crío e Euribia. Era unha divinidade astrolóxica e se lle relacionaba co vento da alba, de aí que se lle considerase un axente fecundador. A esposa de Astreo era Eos, a deusa da aurora, e os seus fillos son os catro Anemoi (vientos): Bóreas, Noto, Euro e Céfiro. Ademais era o pai dos cinco planetas e da estrela matutina, solitaria no ceo.
Ninfoides peltata
A Nymphoides peltata é unha planta rizomatosa acuática da familia Menyanthaceae, nativa de Eurasia. Ten follas de talo delgado flotantes e cordadas que sosteñen unha inflorescencia laxa de flores amarelas.
Ninfas
As ninfas eran fillas de Zeus. Diferentes dos deuses, as ninfas adoitan considerarse espíritos divinos que animan a natureza. Habitan os campos, as augas e os bosques. Segundo o lugar que habiten chámaselles Nereidas, Melíades, Náyades, Oréades ou Dríades. Aínda que nunca envellecen nin morren por enfermidade, e poden procrear dos deuses fillos completamente inmortais, elas non son inmortais. Nos mitos gregos actúan moi a miúdo como axudantes doutros deuses, tamén xogando cos sátiros, acompañando á deusa Artemisa, cazando con ela ou tecendo nas súas covas ou vixiando o destino dos mortais.
Lagerstroemia indica
A árbore de Xúpiter é unha planta arbustiva de follas pequenas, verdes é brillantes na primavera e verán, e de cor amarela avermellada no outono. As súas flores son pequenas pero moi vistosas polas súas cores rosáceos, púrpuras ou brancos. Pertence á familia Lythraceae e é de orixe chinesa.
Xúpiter é fillo de Cronos e Rea. A súa nai salvouno de ser devorado polo seu pai inmediatamente despois do seu nacemento. Foi criado polos Curetes e as Ninfas nunha gruta de Creta. Empuña sempre o cetro ou o raio, con frecuencia vai acompañado da aguia, a súa ave favorita. É o rei dos deuses, do trono e o ceo, por tanto representa os fenómenos atmosféricos. A súa muller é a deusa Hera. Tamén é o deus da xustiza e o gobernador supremo do Olimpo xa que destronou ao seu pai e estableceu o seu poder sobre o mundo, non sen antes loitar contra os Xigantes.
Dionaea muscipula
Tamén coñecida como Venus atrapamoscas, a dionea é unha planta carnívora da familia das Droseraceae, orixinaria de Nortamérica. Esta planta é capaz de atraer insectos para alimentarse. Está cuberta de glándulas nectaríferas nas súas follas, con dous lóbulos abisagrados na vea central e pelos sensitivos que forman a trampa para os insectos.
Dione é unha deusa da primeira xeneración, filla de Urano e Xea. Ás veces identificase con Rea, e o seu nome ten a mesma raíz que Zeus. Considérase a nai de Afrodita, enxendrada por Zeus. Nun episodio da Guerra de Troia vemos á deusa do amor sendo atacada por Diomedes, cando ela tentaba protexer ao seu fillo Eneas. Tras ser ferida nunha man, Afrodita volve ao Olimpo, e refúxiase nos brazos da súa nai Dione, que a acaricia e a cura.
Acrisione denticulata
Tamén coñecida como Pao de egua, este arbusto endémico da familia Asteraceae, orixinaria de Chile, comprende dous tipos de especies que medran en altura. Teñen ramas fráxiles con follas verdes de borde aserrado e flores amarelas agrupadas en racimos.
Acrisio
Acrisio, fillo de Abas, rei de Argos, e de Ocalea, casou con Eurídice, de quen tivo a Dánae. Sabendo por un oráculo, que o seu neto ía matalo, encerrou a Dánae nunha torre. Pero Zeus logrou penetrar na habitación baixo a forma dunha choiva de ouro, e despois Dánae deu a luz a Perseo. Acrisio entón meteu á filla e ao seu neto nun cofre, que lanzou ao mar. Milagrosamente, o cofre chegou á praia de Séfiros e nai e fillo instaláronse alí. Pasados uns anos, en Lansa (Tesalia), e nuns xogos olímpicos, atopáronse, sen recoñecerse, Acrisio e Perseo. Este, querendo demostrar a súa habilidade en lanzar o disco, lanzouno forte sen pensar, e o disco foi contra o seu avó, que morreu do golpe recibido.
Phaeogalera oedipus
Fungo da familia das Strophariaceae que desenvolve corpos frutíferos de ata 4 cm de diámetro, de cor gris pardo. Carne moi escasa, de anchura moi inferior á das láminas. Inodora e insípida, non amarga. Láminas pouco prietas con tons grises moi claros e ao final de cor pardo. Pé de ata 4 cm, con tonalidades claras e sombreiro marrón.
Edipo
A Laio, rei de Tebas, vaticináralle o oráculo de Delfos que un fillo seu sería o seu asasino; pouco despois a súa muller Iocasta deu a luz un neno que foi abandoado e recollido por un pastor que o entregou ao rei de Corinto, quen o adoptou e chamouno Edipo. Cando Edipo medrou foi visitar o oráculo que vaticinou que sería o asasino do seu pai e casaría coa súa nai, polo que, para evitar que o vaticinio se cumprise, fuxiu cara a Tebas. De camiño, discutiu cun condutor dun carro e matouno, cumpríndose así a predición do oráculo. Máis tarde apareceu nas proximidades de Tebas un monstro coñecido como Esfinxe, que devoraba a todos os viaxeiros que non solucionaban o enigma que lles expuña. Quen conseguise descifar o enigma que esta propuña sería o rei de Tebas, e así foi como Edipo se converteu en rei, casando con Iocasta, a súa propia nai e tendo fillos con ela, sen sabelo ata moito máis tarde.
Russelia equisetiformis
Coñecida como Bágoas de Cupido, é unha planta orixinaria de México e pertence á familia das Scrophulariaceae. Trátase dun arbusto ornamental dunha altura máxima de 100 cm cuxas ramas delgadas parecidas a escamas agudas e estendidas, terminan en flores tubulares diminutas amarelas ou vermellas.
Cupido é fillo de Mercurio e Venus, representa o poder do amor sobre os deuses e os homes, e ademais é a personificación do desexo físico. O seu símbolo son o arco e as frechas. Sempre acompaña a Venus, e coas súas armas fai que tanto deuses como homes se namoren. Moitos téñenlle medo xa que usa dous tipos de frechas, as de ouro, que fan que te namores perdidamente, e as de chumbo, que fan que despreces á persoa que queira estar contigo.
Daphne Mezereum
O mecéreo é un arbusto orixinario de Eurasia, de ata 1,5 metros de altura, que ten un froito de cor vermella brillante moi velenoso. Este arbusto florece de marzo a xuño. Pertence á familia Thymelaeaceae. No seu aspecto medicinal, úsase como ungüento para tratar as afeccións reumáticas.
Dafne
Dafne era filla de Peneo, deus dun río. Ao igual que Artemisa, era unha ninfa virxe da caza e da natureza. Na historia máis famosa, o deus Apolo namorábase dela contra a súa vontade. O motivo para que isto ocorrese foi que Apolo insultara a Eros, o deus do amor. Apolo, que presumía do seu manexo do arco e das frechas, creía que Eros era un mal arqueiro e este vengouse lanzándolle ao corazón unha frecha bañada en ouro que lle fixo namorarse de Dafne sen ser correspondido. Eros tamén lanzou unha frecha a Dafne, pero bañada en chumbo, o que a fixo desprezar ao seu namorado. Apolo, fora de si, empezou a perseguila. Dafne no puido escapar de Apolo e ao final, desesperada, rogoulle ao seu pai que a liberase do corpo que despertara a paixón de Apolo, polo que Peneo converteuna nunha árbore de loureiro.
Mentha piperita
Comúnmente chamada menta, menta negra ou menta melissa, é un xénero de plantas aromáticas vivaces, pertencente á familia das Lamiaceae. Trátasedunha planta europea, perenne, con talos moi ramificados, de entre 30 e 70 cm de altura, follas peludas e flores lilas ou rosadas. É unha planta medicinal con grandes propiedades dixestivas, analxésica e antiséptica.
Menta
Menta era unha ninfa do mundo inferior, filla do río Cocito. Foi o amor ilícito de Hades, o deus do submundo, ata que o descubriu Deméter, nai da celosa muller de Hades, Perséfone. Cando manifestou que ela era máis fermosa que a esposa de Hades, esta atacouna violentamente ata despedazala. Dos seus restos Hades (ou segundo outras fontes, a deusa mesma) creou a planta da menta.
Hamadryas Argentea
A Hamadryas argentea, tamén chamada copa plateada, é unha especie de planta con flor da familia Ranunculaceae. Trátase dun especimen monotípico dentro do xénero Hamadryas, sendo endémica das Illas Malvinas. Os seus hábitats son arbustais con clima temperado en áreas de pastos e costas rochosas.
Na mitoloxía grega, as Hamadríades son ninfas que nacen coa árbore que protexen e comparten o seu destino. Son similares ás Dríades, agás que están relacionados cunha única árbore e morren cando esta é cortada. Tamén son seres mediadores entre mortais e inmortais. Por esta razón, as Dríades e os deuses castigan aos mortais que perxudican as árbores, como Erisictón, que talou un bosque de Deméter, e foi castigado a sufrir unha fame devoradora que non se podía mitigar.
Asclepias curassavica
A Asclepia, tamén chamada comunmente algodoncillo, é unha planta herbácea e perenne da familia Apocynaceae, que procede de Centroamérica. Trátase dun subarbusto que medra ata 1 m de altura, posúe tallos grises pálidos, e follas opostas, lanceoladas ou oblongas.
Asclepio
Asclepio, Esculapio para os romanos, era o deus grego da Medicina. Era fillo de Apolo e Coronis. Coronis era unha fermosa mortal de Tesalia que se entregou ao deus Sol Apolo e quedou embarazada, aínda que casou con Ischis. Apolo, sentíndose agraviado pola infidelidade, matou a Ischis, e Artemisa, irmá de Apolo, matou a Coronis. Antes de que Coronis ardese na pila funeraria, Apolo sacou do seu ventre a Asclepio e entregoullo ao centauro Quirón, quen educou ao neno e ensinoulle todo o referente ás artes curativas, especialmente o relativo ás plantas medicinais. Asclepio alcanzou tal habilidade que podía devolver a vida aos mortos. Zeus, temeroso de que o máis aló quedase despoboado, matouno cun raio. Asclepio entón foi levado ao Olimpo, convertido en deidade.
Paris quadrifolia
Esta especie pertencente á familia Melanthiaceae pode chegar a alcanzar cincuenta centímetros de altura. As súas flores de cor branco emerxen dun pedicelo sobre follas en forma de paraugas e están dotadas de unidades reprodutivas hermafroditas. É orixinaria de Asia Menor.
Paris
Paris era fillo de Príamo, rei de Troia, e de Hécabe. Súa nai tivo un horrible soño, a consecuencia do cal abandonou ao seu fillo lonxe de Troia. Así, o pequeno foi criado por un pastor e despois volveu ao seno familiar. O príncipe Paris seguiu a súa vida de pastor no monte Ida, onde atendía o gando do seu pai. Alí se lle acercaron Hera, Atenea e Afrodita para pedirlle que fose xuíz na competición de beleza durante a voda de Tetis e Peleo. Eris, a deusa da discordia, lanzou unha mazá de ouro coa lenda «para a máis bela». As tres deusas cre¬ron que a mazá lles pertencía e entón Zeus decidiu que Paris fora o que dese o veredicto final. As deusas trataron de sobornalo: Hera prometeulle poder, Atenea, éxito na batalla, e Afrodita a muller máis bela do mundo. El deulle o premio a Afrodita e escolleu a Helena que xa estaba casada con Menelao. Paris levouna a Troia e unha vez alí casou con Helena sen a aprobación da maioría dos habitantes. Os heroes gregos reuniron unha flota e foron en busca de Helena, e así comezou a Guerra de Troia.
Hipericum perforatu
O Hipericum perforatum ou hipérico é unha planta medicinal de folla perenne moi coñecida por ser considerada un antidepresivo natural. É unha planta herbácea da familia das Hipericaceae orixinaria de Europa. Os pétalos da flor son de cor amarela dourada con pequenas motas negras nos seus bordes, xeneradas por un aceite esencial, que lle da o nome de perforatum.
Hiperión, o que camiña nas alturas ou o que vai por riba da Terra, é un dos titáns, fillo de Urano e e Xea. Como divinidade da luz solar, é considerado o deus da observación. Os primeiros poetas procuraron diferenciar a Hiperión de Helios, considerando ao primeiro o proxenitor do segundo. Casou coa súa irmá Tea, e tiveron tres fillos: Helios (o Sol), Selene (a Luna) e Eos (a Aurora). .
Glaucium flavum
É orixinaria do leste e sur de Europa, Asia e noroeste de África. Vive nas praias y codolares de ríos, sobre todo en lugares alterados polo home. Trátase dunha herba bienal de grandes follas basais glaucas con segmentos lobato-dentados. Pertence a familia das Papaveraceae
Glauco
Glauco era o fillo mortal de Poseidón e unha náiade chamada Nais. Vivía como simple pescador en Antedón, Beocia, e un día casualmente, limpando un peixe cunhas herbas, descubriu que a planta tiña a propiedade de devolver a vida. A herba ao parecer fora sementada por Cronos para revitalizar aos esgotados cabalos de Helios, o deus Sol. Glauco, que non sabía nada, decidiu probala e ver que efecto tiña sobre si mesmo. Inxeriuna e ao pouco tempo viu como o seu corpo empezaba a transformarse. Os cabelos e a barba volvéronse de cor verde mar, saíronlle aletas e as súas pernas cambiáronse pola cola dun peixe, e así quedou convertido nun tritón. Amaba á ninfa Escila pero ela non lle correspodía.
Althea officinalis
ou malvavisco é unha planta herbácea euroasiática cultivada desde a Antigüidade polas súas propiedades medicinais antiinflamatorias e antitusivas. Medra en lugares húmidos, como pantanos, cunetas e prados. De tallos leñosos e follas acorazonadas, posúe flores brancas e rosadas moi vistosas.
Altea
Altea era a muller de Eneo, rei de Calidón. Tivo varios fillos, entre eles Meleagro. Cando este era un bebé, as Moiras prediciron que só viviría ata que un tizón, que estaba ardendo no fogar familiar, fose consumido polo lume. Altea ocultou inmediatamente o tizón para salvalo. Pero cando se fixo maior, Meleagro matou aos seus tíos maternos nunha disputa trala cacería do xabarín de Calidón, na que destacou Atalanta, quen recibira a cabeza do animal como trofeo
Zephyra Elegans
Esta especie perenne, endémica de Chile, da familia Tecophilaeaceae, desenvólvese formando manchóns en chairas e quebradas arenosas. De pétalos blancos ou azulados e follas lanceoladas, posúe un gran valor ornamental, o que a expón a unha excesiva recolección.
Céfiro
Céfiro é o benévolo deus do vento do Oeste, que anunciaba a primavera. Os seus pais eran Astreo (uns deus astrolóxico) e Eos (deusa da aurora). Estaba unido á ninfa Cloris, a quen lle concedeu o dominio das flores. O mito máis coñecido de Céfiro é o do espartano Xacinto, de quen se namorou perdidamente; con todo, este preferiu ao deus Apolo, o que causou os celos de Céfiro e durante unha práctica de lanzamento de disco, soprou un refacho de vento sobre Apolo e Xacinto, provocando que o disco golpease ao rapaz causándolle a morte.
Adiantum capillus Veneris
Tamén chamada culantrillo o cabelo de Venus, esta planta pequena e delicada da familia Pteridaceae, da que existen uns 200 xéneros e máis de 7500 especies, é nativa do oeste e sur de Europa, África, Estados Unidos e Centroamérica. Caracterízase polos seus negros e delicados talos que lembran o cabelo dunha muller, e por iso chámase o cabelo de Venus.
Venus, a antiga divindade itálica, deusa do amor e a beleza, identifícase en Grecia con Afrodita. É filla de Urano. O nacemento ten lugar no momento en que Cronos, instigado pola súa nai Xea para arrebatarlle o poder ao seu esposo, corta os xenitais do seu pai Urano e os lanza ao mar, de onde xorde Venus. A continuación foi levada polo vento Céfiro, primeiro a Citera e despois a Chipre, onde as Horas vestírona e guiárona á morada dos Inmortais.
Protea latifolia
É unha planta que recibe este nome en homenaxe ao deus Proteo debido á gran cantidade de formas que presentan as máis de 80 especies que o constitúen. Son unhas plantas arbustivas perennes orixinarias do leste e o sur de África. Destacan polas súas vistosas cabezas florais que poden chegar a medir ata 12 cm de diámetro, sendo de cor rosa purpúrea ou vermella. .
Proteo
Proteo era un antigo deus do mar e pastor das manadas de focas de Poseidón. Converteuse en fillo deste deus na teogonía olímpica, pois antes o consideraban como fillo de Océano ou de Nereo. Tiña o poder de ver a través das profundidades e de predicir o futuro. Pero como era consultado moi a miúdo, cambiaba continuamente de forma para despistar aos demandantes. Cando Menelao regresaba da toma de Troia, perdeuse, e, decicido a atopar o camino, consultou a Proteo, pero este transformouse en varios animais ata que logrou reducilo e así puido averiguar o que necesitaba..
Teucrium fruticans
Coñecido como olivilla, este arbusto perennifolio da familia Lamiaceae, de ata 2 m de altura é orixinaria do entorno mediterráneo. Posúe unhas follas ovaladas de cor verde polo feixe e brancas polo envés. A corola das flores é dunha cor azul moi claro case branco ou violeta moi suave, cunhas veas máis escuras. Os estames e o pistilo son curvados e sobresaen da corola. .
Andrómeda era filla de Casiopea e de Cefeo. Cando a súa nai afirmou que a beleza da súa filla superaba a das Nereidas, a queixa de estas ante Poseidón fixo que o deus enviase un monstro mariño para destruír o imperio de Cefeo. Un oráculo suxiriu que se ofrecese a Andrómeda ao monstro mariño e, deste modo, ela foi encadeada a unha rocha xunto ao mar, onde Perseo a atopou cando voaba a cabalo de Pegaso. Perseo levaba a cabeza da Medusa Gorgona, e ao ver a Andrómeda namorouse, enfrentándose ao monstro para rescatala. Perseo acabou co monstro grazas á espada que lle forxara Hermes, converteuno en rocha, e Cefeo e Casiopea respiraron tranquilos. Despois destas fazañas, Perseo casou con Andrómeda, pero a voda converteuse nun baño de sangue, pois Cefeo xa comprometera a súa filla co seu irmán Fineo. O heroe gañou a pelexa de novo grazas á cabeza de Medusa, que converteu a Fineo e aos seus seguidores en pedra. Finalmente, Perseo e Andrómeda convertéronse nos reis da cidade de Tirinis en Argos. Despois da súa morte, Atenea converteunos en constelacións do firmamento. .
Andrómeda
Andrómeda polifolia
Tamén coñecida como romero das turbeiras, este arbusto orixinario de Europa, Asia e América pertence a familia Ericaceae. Posúe follas perennes e as súas flores hermafroditas poden autopolinizarse. .
Teucro
Fillo de Telamón e da princesa troiana Hesíone. Participou na Guerra de Troia xunto ao seu medio irmán Aiax. Foi un dos guerreiros que se introduciron dentro do Cabalo de Troia e era famoso pola súa habilidade no manexo do arco. Trala caída de Troia, o seu pai Telamón destérrao, acusándoo de non ter sabido evitar a disputa entre Aiax e Odiseo polas armas de Aquiles, causa directa do suicidio de Aiax. Teucro funda na illa de Chipre unha cidade que, en honor á súa patria, bautiza co nome de Salamina. Casa coa princesa Eune, filla do rei Cipro, e funda unha dinastía que reinou durante varios séculos. Ao coñecer a morte do seu pai Telamón, Teucro tenta de novo regresar á súa patria natal, pero será rexeitado por Euriasces, así que decide poñer rumbo á Península Ibérica, onde funda as cidades de Cartaxena e Helenes, na que reside ata o fin dos seus días e será a que na Idade Media vai ser considerada como o emprazamento de Pontevedra. .
Helianthus annuus
O chamado xirasol é unha planta herbácea anual da familia das Asteráceae, orixinaria de América Central e Norteamérica e cultivada como planta alimenticia, oleaxinosa e ornamental en todo o mundo. Pode medir hasta 3 metros de altura. .
Mercurialis annua
As Mercuriais son un xénero de plantas con flores pertencente á familia Euphorbiaceae, orixinaria de Eurasia. Inclúe herbas de talo delgado, rizomatoso e leñoso con follas pecioladas e flores masculinas e femininas por separado. Úsase dende época antiga como diurético e purgante.
Mercurio
Hermes o das sandalias douradas, era un dos fillos menores de Zeus. Súa nai era unha ninfa dos montes, a deusa Maia. Cóntase que o día que naceu conseguiu librarse das bandas que lles poñían aos recén nacidos e escapouse sen que a súa nai se dera conta. Polo camiño encontrouse cun rebaño que gardaba o seu irmán Apolo e rouboulle parte do gando. A súa astucia foi mais aló, pois dispúxose a disimular o roubo, colleu unhas ramas e atounas ás patas dos animais para que borrasen as pegadas. Despois de ofrecer un sacrificio aos deuses, ocultou o resto dos animais e regresou á gruta. Alí, atopou unha tartaruga, matouna e deixouna vacía. Coas tripas e os intestinos fabricou unhas cordas, despois tensounas no caparazón e así creou a lira. Apolo, enfadado, foi buscar a Hermes para que lle devolvera o seu gando, pero ao ver o que inventara o neno, cambioullo pola lira e regaloulle o caduceo.
Dionysia involucrata
Esta planta, chamada Dionisia, pertence á familia das Primulaceae, moi popular por acoller plantas de xardín tan coñecidas como as prímulas. O seu hábitat natural son as altas montañas e acantilados de Asia central, onde medran nas fendas e ocos das rochas. Forma unha mata reducida e redondeada, de 20 cm de altura e non máis de 30 cm de diámetro, con follas espatuladas e flores de cor lila, brancas ou amarelas. .
Dionisos
Fillo de Zeus e de Semele, a filla do rei de Tebas, morta ao converterse Zeus en raio cando a rapaza lle propuxo que se presentase a ela como deus olímpico. Trala morte de Semele, Zeus acolleu o feto do seu fillo nun muslo, e cando se cumpriu o plazo, extraeu ao cativo. Foi criado por ninfas e sátiros ata que de maior descubriu a vide e a arte de facer o viño. Deus da vexetación, do viño e do teatro, Dioniso é o deus da festa e a loucura, da exaltación e o desorde. Segundo o seu culto, morre todos os invernos e nace en primavera. Considérase un deus aliado de mulleres e escravos, aínda que o o seu culto tivo dificultades para ser aceptado en Grecia. .
Musa acuminata
O plátano malaio, ou plátano vermello é unha planta perenne da familia Musaceae, orixinaria de Asia oriental, que pode alcanzar os 7 metros de altura. Produce retoños a partir de rizomas superficiais, as súas follas son verdes e oblongas e as flores brancas en forma de espigas. Esta planta é un dos proxenitores do plátano común.. .
Musas
As Musas eran fillas de Zeus e de Mnemosine (a memoria), unha titánide. Eran as patronas das artes e as ciencias. Ao igual que seu guía Apolo, as Musas deixábanse convencer a miúdo para participar en competicións musicais cos mortais. As nove fillas do rei Pieros, as Piérides, estaban convencidas de que elas eran mellores cantantes e músicas. Entón propuxéronlles competir ante un xurado de ninfas, pero estas finalmente premiaron ás Musas, e as Piérides, enoxadas, ao tratar de pelexar con elas, foron convertidas en pegas. .
Scilla maritima
Tamén chamada cebola albarrana, é unha, planta da familia das Asparagacae orixinaria de Europa, África e a India. Trátase dunha planta herbácea cun bulbo de 15 cm. ou máis que pode chegar ao metro e medio de alto. As súas follas aparecen en primavera, e tras caer estas, terminan por nacer as flores, que son de cor branca.
Scilla maritima
Escila era unha fermosa ninfa amada por Glauco, un deus marino, pero ela rexeitábao. Desesperado, o deus foi á illa de Circe e pediulle unha poción de amor para que Escila se namorase del. Circe non estaba feliz coa súa decisión xa que estaba namorada do deus. Pero Glauco ignorouna, e Circe vingativa deulle unha poción xurándolle que se a botaba no lago onde Scilla se bañaba, esta ía namorarse del. Pero, ao facelo, Scilla converteuse nun monstro mariño aterrador. Glauco, triste por isto, perdeu o seu interese nela e deixouna soa. Scilla xa convertida en monstro, situouse no estreito de Mesina (entre Italia e Sicilia) xunto a Caribdis, outro monstro mariño que devoraba a mariñeiros e barcos. Nesta ubicación tivo lugar o enfrontamento contra Ulises, que intentou afastar o seu barco dela, pero foi atrapado polo torbellino de Caribdis que tragou a seis dos seus homes.
Helios
Helios, fillo dos titáns Hiperión e Tea, era o encargado de viaxar ao ceo todos os días montado nun carro de lume tirado por cabalos alados, para traer luz e calor aos mortais. El acusara á deusa Afrodita dos amores adúlteros co deus Marte. Furiosa, ela decidiu vingarse: fixo que Helios se namorase da ninfa Leucótoe e que a irmá desta, Clitia, se namorase á súa vez do deus do sol. Así, Helios non miraba a ningunha muller que non fose Leucótoe, e cando Clitia advertiu que o deus adoraba á súa irmá, falou mal dela fronte ao seu pai dicindo que o Sol entrara na habitación da rapaza. O pai, como represalia, enterrou a Leucótoe en vida e nin sequera os poderosos raios de Helios puideron salvala. Entón Clitia pasaba os días só admirando a viaxe do Sol desde o amencer ata a noite sen ser correspondida, ata que finalmente foi convertida na planta do xirasol. .
Orphium Frutenscens
É unha planta da familia das Gentianaceae de folla perenne, orixinaria de Sudáfrica, que medra verticalmente, a miúdo ata uns 600 mm. As follas e os talos verdes e exuberantes teñen pequenos pelos brancos que lles dan unha sensación aterciopelada. O tamaño das follas varía, pero todas son longas e estreitas, apuntando cara arriba, opostas entre si ata o final dos tallos.
Orfeo
O músico Orfeo era fillo de Apolo e Calíope, musa da poesía épica.Orfeo podía cantar e tocar de tal maneira que conmovía a humanos, animais, árboles, ríos e pedras. Foi un dos Argonautas que viaxaron a Colchis na procura do Vélaro de Ouro. O seu talento foi moi útil na multitude de aventuras, para apaciguar os ánimos durante unha pelexa ou para neutralizar o canto das peligrosas sereas, que coas súas voces irresistibles conducían aos mariñeiros cara a morte. Despois da viaxe dos Argonautas, Orfeo regresou a Tracia, onde se namorou da ninfa Eurídice. Pero o día da voda, unha serpe velenosa mordeu a Eurídice no talón mentres fuxía de Aristeo, un centauro. A consecuencia diso morreu e o inconsolable Orfeo non podía imaxinar a súa vida sen ela, así que baixou ao mundo dos mortos para pedir a Hades e Perséfone que llela devolvesen. As súas melodías implorando ao deus conmovérono e permitiulle levarse á súa amada a condición de que non volvise a vista ata ter saído de alí. Orfeo saíu feliz, seguido de Eurídice, que ía máis despacio debido á dor que lle producía a mordedura da serpe. Pero xusto antes de saír, Orfeo deixouse levar pola impaciencia e mirou atrás, o que provocou que a súa amada se desvanecese na néboa do reino dos mortos, despedíndose del sen que Orfeo puidese facer nada.
Créditos das imaxes
https://bit.ly/2x9tu5m https://bit.ly/2ZGLErH https://bit.ly/2Ksx17L https://bit.ly/2KidwhZ https://bit.ly/2IfTNgD https://bit.ly/2WKhQx4 https://bit.ly/2F8N0DN https://bit.ly/2Is8ygp https://bit.ly/2MZ3hRT https://bit.ly/2XZIhvm https://bit.ly/2jaROhF https://bit.ly/2x9ujuY https://bit.ly/2WPut5i https://bit.ly/2Iu2Ivb https://bit.ly/2MZsnQL https://bit.ly/2RriWZ1 https://bit.ly/2FtoFZh https://bit.ly/2N9y2DK https://bit.ly/31RWsow https://bit.ly/2NgQqKS https://bit.ly/2x9HM6f https://bit.ly/2XtELMF https://bit.ly/2IfTNgD https://bit.ly/2J2Sn8u https://bit.ly/2J0KY9W https://bit.ly/2Fr2uCY https://bit.ly/2YfQo7r https://bit.ly/2X2sJL1 https://bit.ly/2IVw5W4
https://bit.ly/31LlplB https://bit.ly/2KsyE5n https://bit.ly/2Itjw5i https://bit.ly/2XuGNfw https://bit.ly/2Zzjoab https://bit.ly/2XZu8yt https://bit.ly/2Y2lSNV https://bit.ly/2MXWPdW https://bit.ly/2IrTUG2 https://bit.ly/2x62BiK https://bit.ly/2IZ620a https://bit.ly/2IVJBcp https://bit.ly/2KY1qdA https://bit.ly/2x5wG23 https://bit.ly/2IsdUZk https://bit.ly/31MVGsY https://bit.ly/2L8Hq84 https://bit.ly/2Xr6fCR https://bit.ly/2xcRi8J https://bit.ly/2WVOwPH https://bit.ly/2L8IM2E https://bit.ly/2ZKCLgS https://bit.ly/2WZmUc8 https://bit.ly/2N6i4uf https://bit.ly/2xbBLpw https://bit.ly/2FttTV1 https://bit.ly/2IDDQBq https://bit.ly/2Yf5auV https://bit.ly/2dyAEEq
https://bit.ly/2Xrobgw https://bit.ly/2XkTrOp https://bit.ly/2wjpxeI https://bit.ly/2Is7zgd https://bit.ly/2KstOVR https://bit.ly/2x89tfQ https://bit.ly/2WX8HMR https://bit.ly/2MVObfY https://bit.ly/2WVRpVh https://bit.ly/2RrmD0u https://bit.ly/2L4qwYa https://bit.ly/2L55UPA https://bit.ly/2WXsI6l https://bit.ly/2ZD3njD https://bit.ly/2KBGx8C https://bit.ly/2L8FdJO https://bit.ly/2X3wIa3 https://bit.ly/2Ft0B8O https://bit.ly/2Kyy6uS https://bit.ly/2x5WT0z https://bit.ly/31OOjRM https://bit.ly/2WXmOXw https://bit.ly/2WYrLiR https://bit.ly/2KzEUYW https://bit.ly/2xds5uA https://bit.ly/2XtaldE https://bit.ly/2KvKXxL https://bit.ly/2qN4XkH