Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
1º BACH 2019 Operación "A MEDIO CAMIÑO"
PIENSOSIENTOSOY
Created on May 20, 2019
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Winter Presentation
View
Hanukkah Presentation
Transcript
OPERACIÓN "A MEDIO CAMIÑO!"
DE 1º Bach A 2ºBach ... e máis alá!
ORIENTAMUGARDOS. XUÑO 2019BLOG: http://piensosientosoy.blogspot.com FACEBOOK:@piensosientosoyorientadora
OPERACIÓN "A medio Camiño!"
Esta presentación é un pequena introdución dos contidos do Caderniño de Orientación Profesional de 1ºBacharelato. Moitas das pantallas son interactivas, preme nos enlaces para saber máis. Lembra consultar máis información no caderniño, ok?
TODOS OS CAMIÑOS LEVAN A ROMA?
Esta frase ben nos vale para indicar que PODES CHEGAR A UNHA META DESDE DIFERENTES ITINERARIOS.Todo depende dos teus intereses, das túas motivacións, das capacidades nas que destacas, dos teus concidicionantes persoais (económicos, familiares, valores, etc). A un destino pode chegarse nun tren máis rápido ou máis lento, ou... en coche ou en avión. Pode que teñas que facer paradas, incluso que perdas un tren, que o teu percorrido sexa dificultoso ou teña imprevistos, pero escollas o itinerario que escollas poderás chegar a Roma ou donde ti queiras ;) ,
Opcións de ACCESO DIRECTO
4º ESO
FP: GRAO MEDIO
BACHARELATO
FP: GRAO SUPERIOR
GRAO UNIVERSITARIO
PRIMEIROS OBXECTIVOS BACHARELATO:1º PROMOCIONAR, LOGO TITULAR
PROMOCIONO A 2º CURSO
TITULO, SON BACHILLER!!
Para promocionar a 2º tes que aprobar todo ou suspender como máximo dúas materias.
DEBES APROBAR TODO, TODO!!
LEMBRA que con carácter xeral so podes repetir unha soa vez por curso no réxime ordinario.Excepción: con informe favorable do equipo docente. En ocasións, o 1º curso serve para tomar decisións sobre cambios na ruta e o GPS. Pode que a túa modalidade sexa outra ou que prefiras iniciar un Ciclo Medio. Máis adiante verás estas posibilidade.
Se suspendes algunha materia, terás que repetir. En 2º de Bacharelato podes repetir o curso enteiro ou repetir so das materiass suspensas.Se vas a realizar a ABAU ten en conta que te pode vir ben un repaso ás demáis materias ou incluso subir nota (gárdanche a nota das aprobadas).
CAMBIO DE MODALIDADE
CANDO E DONDE SE SOLICITA?Solicítase á dirección, con carácter xeral: - durante os dous primeiros meses do 1º curso - antes do comezo das actividades lectivas do 2º curso.
MATERIAS QUE HAI QUE TER CURSADAS E SUPERADAS AO FINALIZAR 2º - todas as materias xerais do bloque de materias troncais de cada un dos cursos da modalidade pola que rematas - catro materias de opción do bloque de materias troncais das que polo menos tres deben ser da modalidade pola que rematas, das cales dúas serán de segundo curso; -Educación Física -Lingua Galega e Literatura -un mínimo de catro do bloque de materias específicas das cales dúas serán de 1º e dúas de 2º
CAMBIO DE MODALIDADE AO PROMOCIONAR A 2º
a) Debes cursar, da nova modalidade ou do novo itinerario, as materias xerais do bloque de materias troncais de 2º e, de ser o caso, as de 1º que non tiveses superado. b) Debes cursar a materia xeral do bloque de materias troncais propia do 1º curso da nova modalidade ou do novo itinerario. c) Non precisas superar a materia xeral do bloque de materias troncais propia do 1º curso da modalidade ou do itinerario que abandonas. d) Deberá cursar, da nova modalidade, dúas materias do bloque de materias troncais de opción de 2º curso e, polo menos, unha de 1º curso. e) As materias troncais de opción de 1º curso superadas, da modalidade que abandonas, poderán computarse: unha delas como materia troncal de opción da nova modalidade, e outra, como materia específica de 1º da nova modalidade. f) A materia xeral superada do bloque de materias troncais propia da modalidade ou do itinerario que abandonas de 1º curso poderá computarse como materia específica de 1º curso da nova modalidade ou do novo itinerario.
O EXPEDIENTE: TES CLARO O IMPORTANTE QUE É?
NOTAS E CONVOCATORIAS PERMITEN ACADAR SONOS
UNIVERSIDADE -No acceso á universidade podes acadar ata 6 puntos de 14 co teu expediente. -A maior nota máis posibilidades de conseguir praza nun Grao Universitario -Nas titulacións máis demandas poden agotarse as prazas na convocatoria de XUÑO. Se aprobas en XULLO disminúes as túas probabilidades de entrar!!
CICLOS DE FPE E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL -A maior nota máis posibilidades de conseguir praza. -Nas titulacións máis demandas poden agotarse as prazas na convocatoria de XULLO. Se aprobas en setembro disminúes as túas probabilidades de entrar!!
PARTICIPACION NOUTRAS CONVOCATORIAS E PROGRAMAS Ter boa nota permite o acceso a convocatorias de programas e becas, e optar a matrículas de honra e premios extraordinarios.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS E MATRICULA DE HONRA
LEMBRA QUE DESDE O CURSO 18-19
A convocatoria extraordinaria de setembro pasa a ser en XULLO. Este cambio será tanto para a convocatoria de Bacharelato como da ABAU. Intenta levar as materias ao día porque terás poco tempo para rectificar e mellorar notas.
Supero 1º Bacharelato e...agora que!?
Supero 1º Bacharelato e...agora que!?
...e preguntar dúbidas á ORI. Contrasta a información con ela, non te quedes con información que escoitas na rúa
Pois toca coñecer as miñas opcións, que materias escoller, afondar nas decisións dos estudos posteriores, plantexarme cambios se é preciso, etc
Acceso a outras ensinanzas
O título de Bachiller permite o acceso a...
GRAO UNIVERSITARIO
ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO (con proba de acceso específica)
CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN (con proba de acceso específica)
CICLO GRAO SUPERIOR FPE
CICLO GRAO SUPERIOR ENSINANZAS DEPORTIVAS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO (proba de acceso específica )
ARTE DRAMÁTICO (con proba de acceso específica)
Quero cursar FPE
23 FAMILIAS PROFESIONAISCada familia inclúe Ciclos de diferentes Graos
Mundo laboral
TÍTULOS-Básico (CB) -Técnico (CM) -Técnico Superior (CS)
- Grao Básico
- Grao MEDIO
- Grao SUPERIOR
CICLO GRAO MEDIO
CICLO GRAO SUPERIOR
GRAO UNIVERSITARIO
- Duración: 2 anos
- 2000 horas en practicamente todos os ciclos
ACCESO -DIRECTO: CM: ESO (70 % das prazas) ou FP Básica (20% das prazas) CS: CM (10% das prazas), Bach (70% das prazas) -MEDIANTE PROBA (cando non tes título esixido): 17, 19 anos (10% das prazas)
- Co título de Técnico e Técnico Superior podes acadar o título de Bacharelato matriculándote das materias troncais xerais do Bach.
- Módulos PROFESIONAIS
- Módulos COMÚNS a tódolos ciclos: FOL, Empresa e iniciativa emprendedora
- FCT
MODALIDADES: - Ordinaria - Modular (a distancia, presencial) - Dual (se tes entre 16-29 anos)
- ERASMUS
- CONCURSOS
CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA
GALICIA: 23 FAMILIAS PROFESIONAIS
Preme en cada familia para coñecer todos os Ciclos Básicos, Medios e Superiores
Oferta fora de Galicia: no blog, ir ao enlace "TODOFP"
FP GRAO SUPERIOR
Os CICLOS DE GRAO SUPERIOR relaciónanse coas modalidades de Bacharelato
Consulta a táboa de VÍNCULOS
Vínculo C. Superiores -Bacharelato
Quero cursar ENSINANZAS DEPORTIVAS
ENSINANZAS DEPORTIVAS
- Duración: 2 anos
- 2000 horas
• CM Esquí Alpino CS Esquí Alpino • CM Esquí de Fondo CS Esquí de Fondo • CM Snowboard CS Snowboard • CM Fútbol CS Fútbol • CM Fútbol Sala CS Fútbol Sala • CM Atletismo CS Atletismo • CM Baloncesto CS Baloncesto • CM Balonmán • CM disciplinas hípicas Salto, Doma e Concurso Completo • CM disciplinas hípicas Resistencia, Orientac e Turismo Ecuestre CS Hípica • CM Salvamento e Socorrismo CS Salvamento e Socorrismo • CM Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo • CM Vela con Aparello Fixo • CM Vela con Aparello Libre • CM Judo e Defensa Persoal • CM Piragüismo de Augas Tranquilas • CM Piragüismo de Augas Bravas • CM Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas • bloque común actividades de formación federacións deportivas
REQUISITOS DE ACCESO: -Ter a titulación esixida: CM (Graduado), CS (Bach) ou, superar unha proba de madurez -Superar unha proba específica deportiva (salvo exencións)
TÍTULOS-Técnico Deportivo (CM) -Técnico Deportivo Superior (CS)
Acceso a...
GRAO UNIVERSITARIO(no caso de CS)
CICLO GRAO SUPERIOR (no caso do CM)
Mundo laboral
Quero cursar ENSINANZAS ARTÍSTICAS
- Duración: 2 anos
- 2000 horas
ENSINANZAS PROFESIONAIS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
CM Serigrafía CM Procedementos Xoiaría artística CS Arquitectura efémera CS Cerámica artística CS Dourado, prateado e policromía CS Ebanistería artística CS Escultura aplicada ao espectáculo CS Fotografía artística CS Gravado e técn. de estampación CS Ilustración CS Serigrafía Artística CS Xoiaría Artística
REQUISITOS DE ACCESO -Cumprir coa titulación esixida: CM (Graduado), CS (Bach) ou, superar unha proba de madurez. -Superar proba ESPECÍFICA ARTÍSTICA (ver exencións)
Mundo laboral
TÍTULOS-Técnico (CM) -Técnico Superior (CS)
CICLO GRAO SUPERIOR
GRAO UNIVERSITARIO
ENSINANZAS PROFESIONAIS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
ENSINANZAS SUPERIORESARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
- Duración: 4 anos
- EQUIVALENTE A GRAO UNIVERSITARIO
-Deseño GRÁFICO -Deseño de INTERIORES -Deseño de MODA -Deseño de PRODUTO
REQUISITOS DE ACCESO -Cumprir coa titulación esixida: Bacharelato ou, superar unha proba de madurez. -Superar proba ESPECÍFICA ARTÍSTICA (ver exencións)
CONSERVAC. E RESTAURAC.BENS CULTURAIS
ARTE DRAMÁTICO
Dirección Dramaturxia Esceonografía
Arqueoloxía Escultura Pintura
GRAOS-RAMAS-MODALIDADES E MATERIAS
Os GRAOS organízanse en RAMAS: Hai cinco:1. Artes e Humanidades 2. Ciencias 3. Ciencias da Saúde 4. Enxeñaría e Arquitectura 5. Ciencias Socias e Xurídicas
As materias de 2ºde Bacharelato vincúlanse coas de 1º Bach e estas coas de 4º ESO.
Cada RAMA vincúlase con materias de 2º dunha ou máis modalidades do Bacharelato
Debes saber...
MATERIAS CON CONTINUIDADE, son: • as acompañadas dun número romano (I), • Bioloxía-Xeoloxía e, • Física-Química A continuidade implica que para poder cursar a materia de 2º debes ter cursada a de 1º curso. Poderás matricularte da materia de 2º curso sen cursar a correspondente materia de 1º curso, sempre que o profesorado considere que reúnes as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de 2º. En caso contrario, debes cursar a materia de 1º como pendente
Matriculación condicionada por: - o número de alumnos/as que escollen a materia (5 ou 10 alumnos/as segundo os casos). -o número de profesores/as que nos autorizan a impartila materia.
As cualificacións de Reforzo de INGLÉS e MATEMÀTICAS figuran integradas na 1ª Lingua Estranxeira e en Matemáticas respectivamente.
1º-2º Bacharelato no IES MUGARDOS
Elección Materias 1º Bach: Oriconsellos en función de estudos posteriores
Vínculo Ramas-Graos Universitarios-modalidades/materias Bach
DIFERENCIA ENTRE A NOTA DE ACCESO E A NOTA DE ADMISIÓN
NOTA DE ACCESO
Puntuación mínima: Igual ou Maior a 5 puntos
Puntuación Máxima: 10 puntos
NOTA MEDIA BACHARELATO X 0,6 + NOTA FASE OBRIGATORIA X 0,4
Puntuación Igual ou Maior a 4 puntos
NOTA DE ADMISIÓN
Puntuación mínima: Igual ou Maior a 5 puntos
Puntuación máxima: 14 puntos
Nota que obtés para cada Grao ao que queres acceder
NOTA de ACCESO + NOTAS MATERIAS PARTE VOLUNTARIA Parámetro de ponderación x nota materia 1 + Parámetro de ponderación x nota materia 2
ABAU: DESDE BACHARELATO
Parámetro ponderación x nota Materia 1 + Parámetro ponderacIón x nota Materia 2
FÓRMULA NOTA DE ADMISIÓN Á UNIVERSIDADE (máximo 14 puntos): 0,6 x nota de EXPEDIENTE + 0,4 x nota PARTE OBRIGATORIA ABAU + 4 puntos PARTE VOLUNTARIA
NOTA EXPEDIENTE bach: non se pode cambiar.Nota máxima: 6 puntos
NOTA FASE OBRIGATORIA E VOLUNTARIA: podes presentarte de novo para subir nota.Notas máximas: 4+ 4 =8
ABAU: DESDE CICLO SUPERIOR DA FPE, ENSINANZAS ARTÍSTICAS OU DEPORTIVAS
FÓRMULA NOTA DE ADMISIÓN Á UNIVERSIDADE (máximo 14 puntos):nota de EXPEDIENTE + fase VOLUNTARIA parámetro ponderación x nota Materia 1 + parámetro ponderacIón x nota Materia 2
NOTA FASE VOLUNTARIA: podes presentarte de novo para subir nota.Máximo: 4 puntos
NOTA EXPEDIENTE CS: non se pode cambiar. Máximo: 10 puntos
ABAU: PARTES DA PROBA
PARTE OBRIGATORIA: VALIDEZ INDEFINIDA
Examinaránche de cinco materias de 2º curso:
Dependendo da modalidade que curses, unha das seguintes: -Ciencias: Matemáticas II -Artes: Fundamentos da Arte II, -Humanidades: Latín II -C. Sociais: Matemáticas Aplicadas CC.SS. I Esta materia conta para a fase obrigatoria e a voluntaria
-Hª de España, -L. Castelá e Literatura II -L. Galega e Literatura II -1ªLingua Estranxeira II
PARTE VOLUNTARIA: VALIDEZ 2 CURSOS SEGUINTES
Materias de opción troncais e de modalidade de 2º curso VINCULADAS á RAMA DO GRAO Universitario que queres estudar (ver táboas parámetros de ponderación). Multiplícase a nota que obtes nestas materias polos parámetros de ponderación 0,2 ou 0,1 (ver táboas). Se suspendes esta parte simplemente non engades nota pero non suspendes a ABAU. Artes Escénicas Grego II Bioloxía Historia da Arte Cultura Audiovisual II Historia da Filosofía Debuxo Técnico II Química Deseño Xeoloxía Economía de Empresa Xeografía Física II Materia de modalidade da que non te examinaches na Parte Obrigatoria: Fundamentos Arte II, Latín II, Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás CC.SS II. Segunda lingua estranxeira alemán, francés, inglés, italiano, portugués
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN
0,1
0,2
Os parámetros son uns valores (0,1 ou 0,2) que se multiplican á nota das materias ás que te presentas na fase VOLUNTARIA da ABAU. A MESMA MATERIA SEMPRE TEN O MESMO PARÁMETRO DE PONDERACIÓN? Non. Tes que consultar os parámetros da materia para cada Grao. PODEN CAMBIAR OS PARÁMETROS DUN ANO PARA OUTRO? Si, aínda que normalmente cambian para mellorar as posibilidades do alumnado SON OS MESMOS PARA TODAS AS UNIVERSIDADES? En Galicia si,pero se queres acceder a outra comunidade autónoma tes que consultar os parámetros no seu portal educativo
EXEMPLO
MATERIAS QUE PODES ESCOLLER PARA CURSAR O GRAO DE BELAS ARTES - MATERIAS QUE CONTAN para a FASE VOLUNTARIA da ABAU: Artes Escénicas, Cultura Audiovisual II, Debuxo Técnico II, Deseño, Fundamentos de Arte II, Historia da Arte e Historia da Filosofía. -PARÁMETROS DE PONDERACIÓN: agás Hª da Filosofía, TODAS ponderan 0,2. É recomendable escoller as que ponderen con 0,2. RELACIÓN MATERIAS DE 2º COAS DE 1º BACH: as que teñen II implica cursar a I en 1º curso.
COMO SE CALCULA A NOTA DA FASE VOLUNTARIA ABAU?. Imaxina que escolles examinarte de Hª da Arte e Hª da Filosofía e obtés as seguintes notas: -Hª da Arte: 8 -Hª da Filosofía: 6 NOTA FASE VOLUNTARIA: multiplica as notas de cada materia polos parámetros de ponderación correspondentes (0,2 ou 0,1) que aparecen na táboa. Verás que o parámetro de ponderación de Hª da Arte para Belas Artes é de 0,2 e o de Hª da Filosofía é de un 0,1 polo que a nota final sería: 8*0,2 + 6*0,1= 1,6+0,6= 2,2 Esta nota engádese á da fase obrigatoria e a do expediente. Ten en conta que canto maior é o parámetro de ponderación, maior é a nota na fase voluntaria
Simulador NOTA ABAU "CALCULATOR"
Existe a posibilidade de validar créditos universitarios por módulos de FP e viceversa. No caso de ter feito un CS e querer realizar un Grao Universitario podes consultar no enlace as validacións. Co mesmo título de FP poden validarte materias diferentes no mesmo Grao Universitario en función da Universidade. Isto é así porque os plans de estudos dunha universidade a outra varían. Hai validacións que son automáticas e outras deben ser estudadas e aprobadas polo MECD.
Validacións entre Ciclos Superiores e Graos Universitarios
GRAO(FORMACIÓN BÁSICA) 4 ANOS salvo excepcións
UNIVERSIDADE
MÁSTER(ESPECIALIZACIÓN) 1-2 anos
DOCTORADOInvestigación e docencia
- Os DOBRES GRAOS pemiten obter dúas titulacións da mesma rama de coñecemento en menos tempo (cinco ou seis anos). Estudarás un programa que inclúe as materias de dous GRAOS. 9
- Normalmente teñen unha nota de corte máis alta
Dobre Grao
USC
UDV
UDC
B1 PARA SER TITULADO/A UNIVERSITARIO
IDIOMAS
GRAOS BILINGÜES: É PRECISO DEMOSTRAR NIVEL DE INGLÉS PARA SER ADMITIDO/A
GRAOS QUE IMPARTEN PARTE DAS MATERIAS EN INGLÉS (MÍNIMO 40%)
- As titulacións propias son titulacións de rango universitario que non son oficiais (aprobadas polo estado; son aprobadas polas universidades) e polo tanto non homologables no espacio europeo.
- Duración e acceso diferente.
TITULACIÓNS PROPIAS
UDV
USC
UDC
- Deseño textil e moda
- Ciencia e Tecnoloxía ambiental
- Ciencias Policiais
- Detectivo Privado
- Información técnica do medicamento
- Criminoloxía
- Xestión hostelera
- Especialización orquestal
- Arquitectura de Interiores
1º-2º Bacharelato no IES MUGARDOS
NOVOS GRAOS NOS ÚLTIMOS CURSOS
- PAISAXE.UDC-USC (18-19) 19 (19
- GRAO EN XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA.UDC. (18-19) 19 (19
- CRIMINOLOXÍA.USC. (18-19) 19
- ENXEÑERÍA BIOMÉDICA. UV. (18-19)
- CREACIÓN EN EDICIÓN DIXITAL, ANIMACIÓN E VIDEOXOGOS.UDC. (19-20)
- CIENCIA E ENXEÑARÍA DE DATOS. UDC (19-20)
- XESTIÓN DIXITAL DE INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN.UDC. (19-20)
- ENXEÑERÍA INDUSTRIAL, MODALIDADE DUAL.UDC.(19-20)
- ROBÓTICA USC (19-20)
Consulta os GRAOS UNIVERSITARIOS do Sistema Universitario Galego (SUG)
NOTAS DE CORTE
Cada ano publícase o listado das notas de corte de cada titulación no SUG. A NOTA DE CORTE é a nota do último alumno/a que entra nun Grao Universitario. No enlace podes ver que hai titulacións nas que non é posible entrar en setembro, hai outras nas que incluso sobran praza. A nota de corte pode variar cada ano en función da demanda. Debes consultalas para marcarte metas e facer cálculos de que notas precisas conseguir
MOMENTO YOUTUBER
Non supero 1º Bacharelato e...agora que!?
Opción se non supero 1º Bach
REPETIR 1º:Cambio de modalidade?
CICLO DE GRAO MEDIO
E se non titulo?
NON te preocupes, vai falar coa ORI. Sei que hai opcións para remontar ou buscar opcións.
Estou preocupada, non puiden obter o título de Bacharelato
Opción se non supero 2º Bacharelato
EDUCACIÓN DE ADULTOS
CICLO DE GRAO MEDIO
PROBA ACCESO A CICLOS SUPERIORES
Se eres TÉCNICO/A e aprobas as materias Troncais Xerais do bacharelato podes ter o título de BACHILLER!!
Teñen en conta o aprobado no Bacharelato
PROBA LIBRE BACHARELATO
Sen título ...que itinerario podo seguir?
- Proba Libre Bachiller (20 anos) - Educación de adultos: presencial, semipresencial, telemática
Quero ser BACHILLER
-Proba Libre Ciclos Medios (18 anos). Obtes título superando unha proba
Quero ser TÉCNICO ou, TÉCNICO SUPERIOR
-Proba de acceso a Ciclos Superiores (19 anos): permite o acceso a un ciclo que debes superar para poder titular.-Proba Libre Ciclos Superiores (20 anos).Obtés Título superando unha proba .
-Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos ( aínda que non teñas títulos anteriores)
Quero ser UNIVERSITARIO/A
- Dirixido a persoas que teñan ou cumpran os 20 anos o día anterior á celebración da proba.
- A proba está estruturada en 2 EXERCICIOS: 1ºEXERCICIO: L. Galega I e II, materias xerais das materias troncais comúns. 2º EXERCICIO: materias xerais das troncais propias de modalidade e itinerario e, as materias troncais de opción.
- 2 convocatorias: XUÑO, SETEMBRO
- Validacións: se tes materias de Bacharelato podes conseguir validacións. Consulta á orientadora.
- Modelos exame, materiais e máis información: no enlace
- Inscrición: nos centros EPA
PROBA LIBRE Bacharelato(20 anos)
- Permite o ACCESO AOS CICLOS SUPERIORES, NON SE OBTÉN TITULACIÓN.
- É preciso ter 19 anos ou cumplilos no ano de realización da proba
- Partes da proba: PARTE COMÚN (inclúe Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemátícas) e PARTE ESPECÍFICA (hai 3 opcións A, B, C; cada unha dá opción a familias profesionais diferentes e inclúen 3 materias de exame distintas das que te examinas de dúas; ver enlace)
- No caso de aprobar unha parte e non toda a proba mantense o aprobado durante 2 convocatorias en Galicia
- Exencións: ter un ano de experiencia profesional,ou un certificado profesional ou...consulta á orientadora.
- Exames: tipo test. As puntuacións incorrectas restan puntuación
PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR Inscrición: a partir de xaneiro-febreiro
INSCRICIÓN NUN CICLO DE GRAO MEDIO
SOLICITUDE DE PRAZA (PROCESO DE ADMISIÓN)
-DOUS PRAZOS DE ADMISIÓN: -XUÑO -SETEMBRO En cada período hai alomenos dúas ADXUDICACIÓNS, se no te dan praza na primeira poden darche na segunda. -Nº DE SOLICITUDES: SO SE PERMITE UNHA POR MODALIDADE (ordinaria, modular a distancia, modular presencial, dual) -FORMAS de solicitude: vía web ou en papel. -nº de CICLOS a solicitar: ata oito (podes pos diferentes ciclos ou o mesmo en diferentes localidades). Recoméndoche pedir os oito. Cúbreos por orde de preferencia. -PRAZAS LIBERADAS: en cada período de admisión ábrese un prazo no que podes matricularte directamente nas prazas non ocupadas sen ter feito a admisión. -CÓDIGOS: na solicitude tes que por os códigos do ciclo e do centro (aparecen na relación de centros para o próximo curso 19-20, ver enlace a admisión). -Tipos de CENTROS que imparten Ciclos: IES, CIFP, CPR
FORMALIZAR MATRÍCULA (cando che adxudican praza)
Os prazos son moi curtos, debes estar pendente. Non marches de vacacións ata que non formalices a matrícula, se non o fas no prazo indicado perdes a praza.
OFERTA CICLOS MEDIOS FPE
LEMBRA: A OFERTA ACTUALÍZASE A MEDIADOS DE XUÑOPode que haxa novos ciclos e centros que imparten esta formación! Consulta novos folletos no Blog de Piensosientosoy e no enlace (preme na imaxe)
NON SEI QUE ESTUDAR. RECURSOS PARA ORIENTARSE. ORIENTA 18-19
Tes dispoñible no Blog piensosientosoy.blogspot.com o enlace do programa online de orientación profesional.
NON SEI QUE ESTUDAR. RECURSOS PARA ORIENTARSE. O TABOLEIRO DOS SONOS.
DONDE ALOXARSE? CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES (CRD)
QUEN PODE SOLICITAR PRAZA? - alumnado de Ciclos Medios e Superiores e Bacharelato que precisa estudar fora da súa zona de residencia. - alumnado de FP Básica e de Universidade no caso de haber prazas dispoñibles (condicións económicas diferentes). UBICACIÓN Culleredo (A Coruña), Vigo e Ourense. CONDICIÓNS QUE DEBES CUMPRIR -Tes que ter matrícula nun centro público de A Coruña, Culleredo, Vigo ou Ourense. -Non ter posibilidade de cursar esta ensinanza no teu lugar de residencia nin noutra localidade próxima á que poidas desprazarte con facilidade. PREZO En función da renda. Podes ter matrícula gratuíta ou matrícula con prezo reducido. O prezo máximo ronda os 2000 euros por curso.
BECAS MECD
BECAS PARA ESTUDAR . Estas becas pódense solicitar en Bacharelato, FP, Universidade... A solicitude faise ONLINE. A convocatoria sae no verán, aproximadamente entre finais de xullo-agosto. A data de fin da solicitude adoita ser en setembro. AXUDAS NEAE Axudas para costear os gastos da atención educativa do alumnado con NEAE (con discapacidade, sobredotación intelectual …) Precisan do informe do Departamento de Orientación, certificado de discapacidade e informe do Ganinete que atende externamente ao alumno/a, polo que de necesitala, é conveniente que vos poñades en contacto coa orientadora antes de que finalice o prazo (setembro).
HEI, QUÉDANME DÚBIDAS!!!
Entón...-ven a a preguntarme -consulta blog de Piensosientosoy -consulta ou pregunta no Face de Piensosientosoy -mándame un email
piensosientosoy.blogspot.com piensosientosoy@gmail.com https://www.facebook.com/piensosientosoyorientadora/