Want to create interactive content? It’s easy in Genially!

Get started free

Maio 2019 Operación "Futuro" 3º -4ºESO copia copia copia

PIENSOSIENTOSOY

Created on May 11, 2019

Start designing with a free template

Discover more than 1500 professional designs like these:

Smart Presentation

Practical Presentation

Essential Presentation

Akihabara Presentation

Pastel Color Presentation

Winter Presentation

Hanukkah Presentation

Transcript

OPERACIÓN "FUTURO de indicativo"

DE 3º a 4º ESO e... máis alá!

ORIENTAMUGARDOS. MAIO 2019BLOG: http://piensosientosoy.blogspot.com FACEBOOK:@piensosientosoyorientadora

1001 preguntas e as súas respostas

Esta presentación é un pequena introdución dos contidos do Caderniño de Orientación Profesional de 3º ESO. Lembra que hai pantallas interactivas, (teñen imaxe dunha man na esquina superior dereita) preme nelas para ampliar a información.

TODOS OS CAMIÑOS LEVAN A ROMA?

Esta frase ben nos vale para indicar que PODES CHEGAR A UNHA META DESDE DIFERENTES ITINERARIOS.Todo depende dos teus intereses, das túas motivacións, das capacidades nas que destacas, dos teus concidicionantes persoais (económicos, familiares, valores, etc). A un destino pode chegarse nun tren máis rápido ou máis lento, ou... en coche ou en avión. Pode que teñas que facer paradas, incluso que perdas un tren, que o teu percorrido sexa dificultoso ou teña imprevistos, pero escollas o itinerario que escollas poderás chegar a Roma ou donde ti queiras ;) ,

Opcións de ACCESO DIRECTO

FP Básica

4º ESO

FP: GRAO MEDIO

BACHARELATO

FP: GRAO SUPERIOR

GRAO UNIVERSITARIO

PRIMEIROS OBXECTIVOS:PROMOCIONAR A 4º

EXCEPCIÓNS

PROMOCIONO A 4º

Se APROBO TODO ou, SUSPENDO UNHA materia.

Con tres materias ou con dúas cando estas son L.Galega+Matemáticas e L. Castelá + Matemáticas

Se suspendo como MÁXIMO DÚAS materias que NON SEXAN simultaneamente: -L. Galega e Literatura + Matemáticas ou -L. Castelá e Literatura +Matemáticas E O EQUIPO DOCENTE DECIDE que teño superados os obxectivos e competencias da etapa. LEMBRA: as materias coa mesma denominación de diferentes cursos considéranse como materias diferentes e, que a nota de relixión conta para promocionar de curso e titular.

As decide o profesorado en función de:

- Que se considere que o alumno/a pode recuperar e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa. -Que se apliquen medidas de atención educativa .

TITULO: SON GRADUADO/A EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

Se APROBO TODO OU SUSPENDO COMO MÁXIMO DÚAS MATERIAS SEMPRE QUE...

REPETICIÓNS ORDINARIAS E EXTRAORDINARIAS

...NON SEXAN simultaneamente: -L. Galega e Literatura + Matemáticas ou -L. Castelá e Literatura +Matemáticas E O EQUIPO DOCENTE DECIDA que teño superados os obxectivos e competencias da etapa.

Na etapa podes REPETIR: 2 veces. 4º ESO é o único curso que se pode repetir 2 veces se non se repetiu na etapa.

OLLO: TITULAS con MATERIAS SUSPENSAS EN SETEMBRO. Lembra que en xuño se cubren as prazas dos ciclos máis demandados.

O EXPEDIENTE: TES CLARO O IMPORTANTE QUE É?

NOTAS E CONVOCATORIAS PERMITEN ACADAR SONOS

ESO

NOTA DE 4º + CONVOCATORIA NA QUE APROBAS: decisivas para conseguir praza nun CICLO MEDIO. Nas titulacións máis demandas esgótanse as prazas na convocatoria de XULLO.

CONVOCATORIAS, PROGRAMAS, PREMIOS

Convocatorias como as becas Amancio Ortega, os campus científicos, campos de profundización, e recoñecementos e premios como as matrículas de honra e os premios extraordinarios dependen da túa nota de expediente .

Supero 3º ESO e...agora que!?

...e preguntar dúbidas á ORI. Contrasta a información con ela, non te quedes con información que escoitas na rúa

Pois toca coñecer as miñas opcións e tomar decisións para elexir materias e itinerarios de 4º...

4º ESO no IES MUGARDOS

Acceso a outras ensinanzas

O título de Graduado en ESO permite o acceso a...

CICLO GRAO MEDIO RÉXIME ESPECIAL DE:-ENSINANZAS DEPORTIVAS -ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO Precisas superar proba de acceso específica)

CICLO GRAO MEDIOFPE

BACHARELATO

Quero cursar o Bacharelato

GRAO UNIVERSITARIO

  • Duración: 2 cursos
  • Repeticións: unha por curso

CICLO GRAO SUPERIOR FPE

CICLO GRAO SUPERIOR ENSINANZAS DEPORTIVAS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO (proba de acceso específica )

  • Artes
  • Ciencias
  • Humanidades e Ciencias Sociais

Permite o acceso a....

  • Materias troncais xerais
  • Materias troncais de opción
  • Materias específicas
  • Materias de Libre Configuración

ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO (con proba de acceso específica)

ARTE DRAMÁTICO (con proba de acceso específica)

Título de Bachiller subtítulo

CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN (con proba de acceso específica)

1º-2º Bacharelato no IES MUGARDOS

BACHARELATODE ARTES

Libera da Proba de Acceso específica a Ensinanzas artísticas de Réxime Especial

Elección Materias 4º: Oriconsellos en función de estudos posteriores

ESTUDOS UNIVERSITARIOS: GRAOS

Os GRAOS organízanse en RAMAS: Hai cinco:1. Artes e Humanidades 2. Ciencias 3. Ciencias da Saúde 4. Enxeñaría e Arquitectura 5. Ciencias Socias e Xurídicas

As materias de 2ºde Bacharelato vincúlanse coas de 1º Bach e estas coas de 4º ESO.

Cada RAMA vincúlase con materias de 2º dunha ou máis modalidades do Bacharelato

Podes elexir as materias de 4º en función dos estudos posteriores.

Vínculo Graos Universitarios - materias de 4ºESO

Consulta os GRAOS UNIVERSITARIOS do Sistema Universitario Galego (SUG)

Quero cursar FPE

23 FAMILIAS PROFESIONAISCada familia inclúe Ciclos de diferentes Graos

Mundo laboral

TÍTULOS-Básico (CB) -Técnico (CM) -Técnico Superior (CS)

  • Grao Básico
  • Grao MEDIO
  • Grao SUPERIOR

CICLO GRAO MEDIO

CICLO GRAO SUPERIOR

GRAO UNIVERSITARIO

  • Duración: 2 anos
  • 2000 horas en practicamente todos os ciclos

ACCESO -DIRECTO: CM: ESO (70 % das prazas) ou FP Básica (20% das prazas) CS: CM (10% das prazas), Bach (70% das prazas) -MEDIANTE PROBA (cando non tes título esixido): 17, 19 anos (10% das prazas)

  • Co título de Técnico ou Técnico Superor podes acadar o título de Bacharelato matriculándote das materias troncais xerais do Bach.
  • Módulos PROFESIONAIS
  • Módulos COMÚNS a tódolos ciclos: FOL, Empresa e iniciativa emprendedora
  • FCT

MODALIDADES: - Ordinaria - Modular (a distancia, presencial) - Dual (se tes entre 16-29 anos)

  • ERASMUS
  • CONCURSOS

CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA

GALICIA: 23 FAMILIAS PROFESIONAIS

Preme en cada familia para coñecer todos os Ciclos Básicos, Medios e Superiores

Oferta fora de Galicia: no blog, ir ao enlace "TODOFP"

FP GRAO SUPERIOR

Os CICLOS DE GRAO SUPERIOR relaciónanse coas modalidades de Bacharelato

Consulta a táboa de VÍNCULOS

Vínculo C. Superiores -Bacharelato

Quero cursar ENSINANZAS ARTÍSTICAS

  • Duración: 2 anos
  • 2000 horas

ENSINANZAS PROFESIONAIS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

CM Serigrafía CM Procedementos Xoiaría artística CS Arquitectura efémera CS Cerámica artística CS Dourado, prateado e policromía CS Ebanistería artística CS Escultura aplicada ao espectáculo CS Fotografía artística CS Gravado e técn. de estampación CS Ilustración CS Serigrafía Artística CS Xoiaría Artística

REQUISITOS DE ACCESO -Cumprir coa titulación esixida: CM (Graduado), CS (Bach) ou, superar unha proba de madurez. -Superar proba ESPECÍFICA ARTÍSTICA (ver exencións)

Mundo laboral

TÍTULOS-Técnico (CM) -Técnico Superior (CS)

CICLO GRAO SUPERIOR

GRAO UNIVERSITARIO

ENSINANZAS PROFESIONAIS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

ENSINANZAS SUPERIORESARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

  • Duración: 4 anos
  • EQUIVALENTE A GRAO UNIVERSITARIO

-Deseño GRÁFICO -Deseño de INTERIORES -Deseño de MODA -Deseño de PRODUTO

REQUISITOS DE ACCESO -Cumprir coa titulación esixida: Bacharelato ou, superar unha proba de madurez. -Superar proba ESPECÍFICA ARTÍSTICA (ver exencións)

CONSERVAC. E RESTAURAC.BENS CULTURAIS

ARTE DRAMÁTICO

Dirección Dramaturxia Esceonografía

Arqueoloxía Escultura Pintura

Quero cursar ENSINANZAS DEPORTIVAS

ENSINANZAS DEPORTIVAS

  • Duración: 2 anos
  • 2000 horas

• CM Esquí Alpino CS Esquí Alpino • CM Esquí de Fondo CS Esquí de Fondo • CM Snowboard CS Snowboard • CM Fútbol CS Fútbol • CM Fútbol Sala CS Fútbol Sala • CM Atletismo CS Atletismo • CM Baloncesto CS Baloncesto • CM Balonmán • CM disciplinas hípicas Salto, Doma e Concurso Completo • CM disciplinas hípicas Resistencia, Orientac e Turismo Ecuestre CS Hípica • CM Salvamento e Socorrismo CS Salvamento e Socorrismo • CM Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo • CM Vela con Aparello Fixo • CM Vela con Aparello Libre • CM Judo e Defensa Persoal • CM Piragüismo de Augas Tranquilas • CM Piragüismo de Augas Bravas • CM Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas • bloque común actividades de formación federacións deportivas

REQUISITOS DE ACCESO: -Ter a titulación esixida: CM (Graduado), CS (Bach) ou, superar unha proba de madurez -Superar unha proba específica deportiva (salvo exencións)

TÍTULOS-Técnico Deportivo (CM) -Técnico Deportivo Superior (CS)

Acceso a...

GRAO UNIVERSITARIO(no caso de CS)

CICLO GRAO SUPERIOR (no caso do CM)

Mundo laboral

Non supero 3º ESO e...agora que!?

Opción se non supero 3º ESO

REPETIR 3º

3º PMAR

FP BÁSICA

Dirixido ao alumnado con dificultades de aprendizaxe que xa repetiu na etapa ou que repite o próximo curso 3º e se considera que con esta medida pode cursar 4º e TITULAR.

SE TEÑO QUE REPETIR ESTA PODE SER UNHA OPCIÓN

ÁMBITOS: -A.LINGüÍSTICO E SOCIAL: LG, LC, X-H (1 profesor/a) -A.CIENTIFICO E MATEMÁTICO: B-X,F-Q, Mat (1 profesor/a). Os ámbitos e a L. Estranxeira cursanse en grupo pequeno e as demáis materias co grupo de referencia.

PMARPROGRAMA DE MELLORA DA APRENDIZAXE

Nº máximo alumnado: 10

É preciso ter informe psicopedagóxico e informe do titor/a que recomenden esta medida. Autoriza inspección

Curso recomendado despois do PMAR: 4º aplicado. Habería opción de 4º Académico.

FP BÁSICA

Dirixido a alumnado SEN TITULO ESO :- entre 15 (excepcionalmente) e 19 anos -que teña cursado como mínimo 2º ESO (con 15 anos) .

MÓDULOS: 1.Profesionais asociados á unidade de competencia. 2. Formativos: Comunicación e Sociedade, Ciencias Aplicadas. 3. FCT. 4. Tutoría.

Con proposta do equipo docente + conformidade da familia.

EQUIVALENTE NO MUNDO LABORAL AO GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

Permite o ACCESO DIRECTO A CICLOS DE GRAO MEDIO (reserva dun 20% das prazas). Tes preferencia nos ciclos medios vinculados ao C. Básico

Agroxardinería e floraría

É posible ACADAR O TÍTULO DE GRADUADO/A EN EDUCACIÓN SECUNDARIA

MÓDULOS PROFESIONAIS FP BÁSICAAgroxardinería e composicións florais

Preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos; produción e mantemento de plantas en viveiros, instalacións de xardíns, parques e zonas verdes; mantemento de xardíns, parques e zonas verdes.

Actividades de rega, fertilización e tratamentos de cultivos; operacións auxiliares na elaboración de composicións florais e prantas; materiais de floraría.

E se non titulo?

NON te preocupes, vai falar coa ORI. Sei que hai opcións para remontar ou buscar outros itinerarios.

Estou preocupada, non puiden obter o título e a xente di que é a titulación mínima para ter oportunidades de e emprego

Sen título ...que itinerario podo seguir?

Quero ser GRADUADO/A EN ESO

Quero ser TÉCNICO BÁSICO

  • Se cursas un Ciclo Básico podes ter opción a obter o Graduado en ESO.
  • Neste momento, e mentras non haxa pacto educativo, non é preciso superar a proba final de etapa, unicamente tes que demostrar que tes os obxectivos e competencias da ESO.
  • A decisión a toma o equipo docente, a responsiblidade é túa
  • Proba Libre ESO (18 anos)
  • Educación de adultos: presencial, semipresencial, telemática (18 anos, agás excepcións)

Sen título ...que itinerario podo seguir?

- Proba Libre Bachiller (20 anos) - Educación de adultos: presencial, semipresencial, telemática

Quero ser BACHILLER

-Proba de acceso a Ciclos Medios (17 anos): permite o acceso a un ciclo que debes superar para poder titular.-Proba Libre Ciclos Medios (18 anos). Obtes título superando unha proba

Quero ser TÉCNICO ou, TÉCNICO SUPERIOR

-Proba de acceso a Ciclos Superiores (19 anos): permite o acceso a un ciclo que debes superar para poder titular.-Proba Libre Ciclos Superiores (20 anos).Obtés Título superando unha proba .

-Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos ( aínda que non teñas títulos anteriores)

Quero ser UNIVERSITARIO/A

EDUCACIÓN DE ADULTOS

Podes cursar a ESO por adultos se cumpres coas seguintes CONDICIÓNS:-ter 18 anos -ter 16 anos e ser deportista de alto redemento, ter contrato laboral ou algunha circunstancia persoal que o xustifique

Dirixido a persoas que teñan ou cumpran 18 anos o día anterior á celebración da proba.

PARTES da proba: COMUNICACIÓN (Lingua Castelá, Lingua Galega, Lingua Estranxeira), CIENTÍFICO TECNOLÓXICO (Matemáticas, Tecnoloxía, Bioloxía-Xeoloxía, Física e Química e aspectos relacionados coa saúde e o medio natural da materia de Educación Física), SOCIAL (Xeografia e Historia, Economía, Iniciación á actividade emprendedora, e aspectos perceptivos das materias de Música e Educación Plástica)

PROBA LIBRE OBTENCIÓN GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIACurso 18-19

VALIDACIÓNS: se tes materias de 4º ou módulos da ESO podes ter exencións. Consulta á orientadora

CONVOCATORIAS. xuño e setembro

Permite o ACCESO AOS CICLOS MEDIOS, NON SE OBTÉN TITULACIÓN.

IDADE: É preciso ter 17 anos ou cumplilos no ano de realización da proba

PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIOCurso 18-19 Inscrición: 07-22 marzo Exame: 28 maio

PARTES da proba: Sociolingüística (LC, LG, CS), Matemáticas, Científico Técnica (C.N, Tecnoloxía)

APROBADO PARCIAL: manténse a parte aprobada durante 2 convocatorias en Galicia

EXENCIÓNS: ter un ano de experiencia profesional, ou un certificado profesional ou, ter superado o 2º curso ou determinados módulos da FP Básica, ESA, PCPI che pode eximir de facer algunha parte. Consulta á orientadora.l

FORMATO EXAMES: tipo test. As puntuacións incorrectas restan puntuación

LUIS

MARTA

ALICIA

En 3º ESO, con 16 anos, decidiu que quería traballar. Anos despois deuse conta de que sen estudos non podía progresar. Con 25 anos presentouse ás probas de acceso á universidade sen ningún título previo, agora está en 1º curso dun Grao Universitario

Non tiña a ESO e chegou a ser Técnico Superior. Como? Facendo a ESO por adultos, cursando un CM e logo directamente un C.Superior. Agora está dar o salto á universidade.

Cursou un Ciclo Básico, e gustoulle tanto que accedeu a un Ciclo Medio que está a piques de rematar. Non sabe se poñerse a traballar ou, estudar un C. Superior, ou facer as dúas opcións

NON SEI QUE ESTUDAR. RECURSOS PARA ORIENTARSE. O TABOLEIRO DOS SONOS.

NON SEI QUE ESTUDAR. RECURSOS PARA ORIENTARSE. ORIENTA 18-19

Tes dispoñible no Blog piensosientosoy.blogspot.com o enlace do programa online de orientación profesional.

BECAS MECD

BECAS PARA ESTUDAR . Estas becas pódense solicitar en Bacharelato, FP, Universidade... A solicitude faise ONLINE. A convocatoria sae no verán, aproximadamente entre finais de xullo-agosto. A data de fin da solicitude adoita ser en setembro. AXUDAS NEAE Axudas para costear os gastos da atención educativa do alumnado con NEAE (con discapacidade, sobredotación intelectual …) Precisan do informe do Departamento de Orientación, certificado de discapacidade e informe do Ganinete que atende externamente ao alumno/a, polo que de necesitala, é conveniente que vos poñades en contacto coa orientadora antes de que finalice o prazo (setembro).

HEI, QUÉDANME DÚBIDAS!!!

Entón...-ven a a preguntarme -consulta blog de Piensosientosoy -consulta ou pregunta no Face de Piensosientosoy -mándame un email

piensosientosoy.blogspot.com piensosientosoy@gmail.com https://www.facebook.com/piensosientosoyorientadora/