Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
plantamos xudías
sil
Created on May 7, 2019
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Smart Presentation
View
Practical Presentation
View
Essential Presentation
View
Akihabara Presentation
View
Pastel Color Presentation
View
Visual Presentation
View
Relaxing Presentation
Transcript
xudías
Aulas de 3º e 4º
A finais de Xaneiro, os nenos e nenas de 3º e 4º plantamos xudías. Primeiro, as profes compraron: as macetas, a terra, a vermiculita e as sementes de xudía amarela. Plantamos a variedade “ Marabilla de Venecia”.
como plantamos?
Botamos un pouco de terra na maceta, engadimos un pouco de compost, logo fixemos un burato na terra e metémoslle a semente. Despois, tapamos o burato, botámoslle vermiculita e regámolas.
Logo, subímolas á clase e coidámolas con auga, sol e cariño. Pasaron uns días e comezaron a nacer.
Logo, tivemos que poñer uns paus para que medraran dereitas.
Como os paus quedaban pequenos, as profes atáronlle un fíos colgados do teito.
As plantas íanse enrolando polo fío a medida que medraban.
Fóronlle saíndo follas verdes e flores entre rosas e violetas.
Co tempo, as flores foron secándose e saíron xudías pequeniñas.
As xudías foron medrando e cambiaron de cor verde a amarela.
Como xa estaban listas para recoller cortamos as xudías polo pecíolo e botámolas nunha caixa. Logo, puxémolas no frigorífico do comedor.
Así foi a nosa primeira recolleita. Preme nas imaxes para velas máis grandes.
Trouxemos da casa receitas das nosas familias. Escollemos a que máis nos gustou. En terceiro, foi a de Felipe.
Na clase de 4º a receita elexida foi a de Xabi.
Obradoiro de mates con xudías
O día antes de preparalas, a profe foi ao supermercado a comprar todo o que nos facía falta. En mates pesámolas, medímolas, debuxámolas… e resolvemos algúns problemas
Ao día seguinte cociñámolas e comémolas. Estaban riquísimas, exquisitas!!, tanto as de terceiro como as de cuarto.
Pero non rematamos aquí, porque despois puxémonos científicos/as...
moitas grazas!!
Alumnado de 3º e 4ºcurso 2018/19 SÍGUENOS EN...
http://abibliodeestrela.blogspot.com/
CEIPP ENRIQUE BARREIRO PIÑEIRO