Want to create interactive content? It’s easy in Genially!
Clases de palabras para dummies
A Profa - Pilar Ponte
Created on May 4, 2019
Start designing with a free template
Discover more than 1500 professional designs like these:
View
Vintage Advent Calendar
View
Professional Advent Calendar
View
Interactive Event Microsite
View
January School Calendar
View
Genial Calendar 2026
View
Annual calendar 2026
View
School Calendar 2026
Transcript
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
Como saber a clase dunha palabra sen ter nin idea
Método para iniciarse no coñecemento das clases de palabras
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
- Ten pasado - presente - futuro
Exemplo: estudar estudei (pasado) / estudo (presente) / estudarei (futuro) VERBO
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
- Ten xénero propio
Exemplo: mesa (é unha palabra feminina na que o xénero non depende de ningún outro elemento) SUBSTANTIVO
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
- O xénero depende doutro elemento
- Podes facer unha imaxe mental do concepto
Exemplo: - montaña alta (o xénero de "alta" depende do substantivo "montaña" e podes imaxinar o concepto de "alta") ADXECTIVO
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
- O xénero depende doutro elemento
- Non podes facer unha imaxe mental do concepto
- Vai soa
Exemplo: - De todas as mazás eu prefiro esta. (O xénero depende de "mazás" e non podes imaxinar "esta") PRONOME
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
- O xénero depende doutro elemento
- Non podes facer unha imaxe mental do concepto
- Vai acompañando outra palabra
Exemplo: - De todas as mazás eu prefiro esta mazá.DETERMINANTE
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
- Especifica o significado do verbo
Exemplo: - A universidade abriu onte os prazos de matrícula. ("onte" especifica en que momento "abriu") ADVERBIO
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
- Une palabras
Exemplo: - A universidade abriu onte os prazos de matrícula. ("de" serve para unir "prazos" e "matrícula") PREPOSICIÓN
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
- Une conxuntos de palabras
Exemplo: - Fixo o exame e aprobou cun dez. ("e" serve para unir "Fixo o exame" con "aprobou cun dez")CONXUNCIÓN
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
- Non é ningunha das anteriores
Exemplo: - Ai! Cortei o dedo e agora non para de sangrar. INTERXECCIÓN
CLASES DE PALABRAS PARA DUMMIES
Así de fácil!